SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
Download to read offline
Nota informativa
sobre
contaminación
luminosa
Nota informativa sobre contaminación luminosa
2
Definimos “contaminación luminosa” como a alteración da escuridade natural do
medio nocturno producida polas emisións artificiais de luz. A contaminación luminosa
está provocada entre outras causas pola disipación de luz en zonas que non deben
ser iluminadas, ou a horas ou momentos do ano nas que non é preciso iluminalas, ou
polo uso de intensidades e espectros de luz inadecuados. Maniféstase de diversas
formas, entre elas a intrusión luminosa no medio ambiente e en domicilios particula-
res, o incremento do brillo do ceo nocturno ou os efectos de cegamento que poden
poñer en perigo a seguridade das persoas.
O crecemento desmedido da iluminación artificial da noite que experimentamos nas
últimas décadas ten consecuencias que hoxe en día resultan xa innegábeis:
•	 A contaminación luminosa afecta ao medio ambiente: altera a
vida mariña (pola iluminación indiscriminada das praias), dificulta
ou impide os movementos migratorios das aves e provoca graves
desequilibrios na fauna nocturna e crepuscular.
•	 Supón un sobreconsumo de combustíbeis fósiles, enerxía e recursos
naturais. Gastamos moitísimo máis do que precisamos. Segundo
as estimacións do proxecto Cities at night, cada ano en España
gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite.
•	 A exposición á luz artificial durante a noite afecta á saúde humana
ao desaxustar o “reloxo biolóxico” e inhibir a secreción de melato-
nina, que desenvolve unha gran variedade de funcións no organismo.
A contaminación luminosa non é un asunto menor, un “capricho” de afeccionados
á astronomía na procura de ceos escuros (un patrimonio cultural que é, por outra
parte, máis que merecedor de atención e protección). A contaminación luminosa é
un asunto relevante que convén introducir o máis pronto posíbel no debate público
-con rigor, sosego e espírito construtivo- en favor do ben común.
A necesidade de combater a contaminación luminosa, de feito, xa está recollida na
lexislación española dende 2007. A Ley 34/2007, de 15 de novembro, “de calidad
del aire y protección de la atmósfera”, dedícalle un apartado específico a este asunto
na súa disposición adicional cuarta.
a contaminación
luminosa
Nota informativa sobre contaminación luminosa
3
Ley 34/2007 Disposición adicional cuarta.
Contaminación lumínica.
Las Administraciones públicas, en el ámbito de sus competencias, promoverán la
prevención y reducción de la contaminación lumínica, con la finalidad de conseguir
los siguientes objetivos:
a.	 Promover un uso eficiente del alumbrado exterior, sin menoscabo
de la seguridad que debe proporcionar a los peatones, los vehí-
culos y las propiedades.
b.	 Preservar al máximo posible las condiciones naturales de las horas
nocturnas en beneficio de la fauna, la flora y los ecosistemas en
general.
c.	 Prevenir, minimizar y corregir los efectos de la contaminación lumí-
nica en el cielo nocturno, y, en particular en el entorno de los obser-
vatorios astronómicos que trabajan dentro del espectro visible.
d.	 Reducir la intrusión lumínica en zonas distintas a las que se pretende
iluminar, principalmente en entornos naturales e interior de edifi-
cios.
O ano seguinte aprobouse o Real Decreto 1890/2008, de 14 de novembro, “por
el que se aprueba el Reglamento de eficiencia energética en instalaciones de alum-
brado exterior y sus Instrucciones técnicas complementarias EA-01 a EA-07”, que
determina uns criterios básicos xerais mais tamén instrucións técnicas concretas que
non sempre se están poñendo en práctica de forma correcta.
Ademais destas dúas normas estatais de obrigado cumprimento, hai outros exem-
plos de lexislación a estudar de cara a unha ordenación da iluminación exterior.
Destacamos, en particular, o Decreto 357/2010, de 3 de agosto, polo que se aproba
o “Reglamento para la Protección de la Calidad del Cielo Nocturno frente a la conta-
minación lumínica y el establecimiento de medidas de ahorro y eficiencia energética”
da Junta de Andalucía. Tamén o Decret 190/2015, de 25 de agosto, “de desplega-
ment de la Llei 6/2001, de 31 de maig, d’ordenació ambiental de l’enllumenament
per a la protecció del medi nocturn” da Generalitat de Catalunya.
A iluminación pública, un servizo esencial que as administracións prestan á cidadanía,
consume unha gran cantidade de recursos económicos de moitas entidades locais e
supón unha porcentaxe importante do consumo enerxético da nosa sociedade. Por
iso, e porque a luz non é inocua para o medio ambiente nin para a saúde, cremos que
é fundamental prestar este servizo nas mellores condicións posíbeis. Coa tecnoloxía
actual e as novas lámpadas, luminarias, detectores de presenza, sistemas de control
e mantemento, software de deseño... pódese conseguir que as nosas rúas e prazas
estean ben iluminadas minimizando os impactos que producen no medio nocturno.
Nota informativa sobre contaminación luminosa
4
Criterios básicos contra a contaminación luminosa
A luz artificial ten que usarse só onde se necesita, só cando se necesita, en cantida-
de suficiente e non excesiva e co espectro axeitado. Nestas catro sinxelas regras
resúmense os principios que deberían inspirar calquera normativa de iluminación arti-
ficial. De maneira máis detallada, listamos a continuación os aspectos máis importan-
tes a ter en conta para o control da contaminación luminosa:
•	 O acendido e apagado da iluminación exterior debe vir marcado
pola ausencia da luz solar, que en xeral consideramos asociada ao
crepúsculo civil (intervalo que comeza cando o disco solar se sitúa
6º por debaixo do horizonte, ben posterior á posta de Sol e anterior
á súa saída). Recordamos que os horarios de saída e posta de Sol
son diferentes en cada lugar en función da súa situación xeográfica
(varían coa lonxitude), de tal maneira que os horarios de referencia
válidos para Barcelona, por exemplo, serán sumamente inade-
cuados para A Coruña. Só naquelas rúas e prazas singularmente
escuras por causa do seu trazado urbanístico debería ampliarse o
horario de acendido das luminarias.
•	 Todos os sistemas de iluminación xeral deben incluír mecanismos
para a redución do fluxo a partir de certas horas da noite. En
horario nocturno a iluminación ornamental terá que manterse
apagada.
•	 Con carácter xeral, as luminarias para a iluminación non poden
enviar luz por encima do plano horizontal na súa posición de
instalación (FHSi=0%). As excepcións deben estar debidamente
xustificadas.
•	 Iluminaranse exclusivamente aqueles lugares onde a luz sexa
necesaria. Evitarase a intrusión luminosa en domicilios, espazos
non habitados (ríos, zonas húmidas, campos, bosques, montañas,
praias, costas...) e por suposto a emisión directa ao ceo. A ilumina-
ción de establecementos comerciais deberá permanecer apagada
cando estes non se atopan abertos ao público.
•	 Deberase formular un plan realista e fiábel de divulgación da
normativa e de difusión do coñecemento da contaminación lumi-
nosa. O control do cumprimento da lexislación e a imposición
das sancións que correspondan debe atender a un criterio críbel,
realista e eficaz, que favoreza a aceptación da mesma en beneficio
de todos.
Nota informativa sobre contaminación luminosa
5
•	 Ante os riscos para a saúde asociados á ruptura do ciclo natural
día/noite provocado polo uso abusivo de luz artificial, e en parti-
cular da luz branca con intensa compoñente azul, típica dos LEDs
máis utilizados hoxe, é preciso guiármonos por un principio de
precaución. Iso implica axustar a cantidade de iluminación aos
niveis mínimos suficientes para as tarefas a realizar e utilizar fontes
co espectro adecuado. Cómpre repensar a instalación masiva e
indiscriminada de LEDs brancos que é común na actualidade e
optar, de acordo cos estudos dos que se dispón, por lámpadas de
menor temperatura de cor e luminarias coas características idóneas
para cada espazo.
*Listaxe provisional de entidades que apoian a nota.
Máis información e contacto:
http://www.agrupacionio.com
info@agrupacionio.com

More Related Content

Viewers also liked

Recomanacions estiu2016 biblioteca
Recomanacions estiu2016 bibliotecaRecomanacions estiu2016 biblioteca
Recomanacions estiu2016 bibliotecalluís nater
 
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索Will Huang
 
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéutico
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico TerapéuticoSepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéutico
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéuticoevidenciaterapeutica.com
 
Y6 华文 单元 4 习写作文
Y6 华文 单元 4 习写作文 Y6 华文 单元 4 习写作文
Y6 华文 单元 4 习写作文 慈心 Chan
 

Viewers also liked (7)

Recomanacions estiu2016 biblioteca
Recomanacions estiu2016 bibliotecaRecomanacions estiu2016 biblioteca
Recomanacions estiu2016 biblioteca
 
Pipe Laying Barge
Pipe Laying BargePipe Laying Barge
Pipe Laying Barge
 
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索
DEV208 - ASP.NET MVC 5 新功能探索
 
Thematic Analysis
Thematic AnalysisThematic Analysis
Thematic Analysis
 
Graphic aids (2)
Graphic aids (2)Graphic aids (2)
Graphic aids (2)
 
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéutico
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico TerapéuticoSepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéutico
Sepsis y trombocitopenia immune. Caso Clínico Terapéutico
 
Y6 华文 单元 4 习写作文
Y6 华文 单元 4 习写作文 Y6 华文 单元 4 习写作文
Y6 华文 单元 4 习写作文
 

More from Agrupación Astronómica Coruñesa Ío (10)

Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
Grandes ideas da astronomía. 2ª edición.
 
Astronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións ApolloAstronautas vivos das misións Apollo
Astronautas vivos das misións Apollo
 
Grandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomíaGrandes ideas da astronomía
Grandes ideas da astronomía
 
CEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripciónCEA2020: Guía de inscripción
CEA2020: Guía de inscripción
 
Eclipses na Coruña
Eclipses na CoruñaEclipses na Coruña
Eclipses na Coruña
 
O ceo deste verán
O ceo deste veránO ceo deste verán
O ceo deste verán
 
Un reloxo nocturno
Un reloxo nocturnoUn reloxo nocturno
Un reloxo nocturno
 
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum MetropolitanoRecomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
Recomendacións astronómicas na biblioteca do Fórum Metropolitano
 
Contaminación luminosa: accións divulgativas
Contaminación luminosa: accións divulgativasContaminación luminosa: accións divulgativas
Contaminación luminosa: accións divulgativas
 
Introducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínicaIntroducció a contaminació lumínica
Introducció a contaminació lumínica
 

Nota informativa sobre contaminación luminosa

  • 2. Nota informativa sobre contaminación luminosa 2 Definimos “contaminación luminosa” como a alteración da escuridade natural do medio nocturno producida polas emisións artificiais de luz. A contaminación luminosa está provocada entre outras causas pola disipación de luz en zonas que non deben ser iluminadas, ou a horas ou momentos do ano nas que non é preciso iluminalas, ou polo uso de intensidades e espectros de luz inadecuados. Maniféstase de diversas formas, entre elas a intrusión luminosa no medio ambiente e en domicilios particula- res, o incremento do brillo do ceo nocturno ou os efectos de cegamento que poden poñer en perigo a seguridade das persoas. O crecemento desmedido da iluminación artificial da noite que experimentamos nas últimas décadas ten consecuencias que hoxe en día resultan xa innegábeis: • A contaminación luminosa afecta ao medio ambiente: altera a vida mariña (pola iluminación indiscriminada das praias), dificulta ou impide os movementos migratorios das aves e provoca graves desequilibrios na fauna nocturna e crepuscular. • Supón un sobreconsumo de combustíbeis fósiles, enerxía e recursos naturais. Gastamos moitísimo máis do que precisamos. Segundo as estimacións do proxecto Cities at night, cada ano en España gástanse 950 millóns de euros na iluminación da noite. • A exposición á luz artificial durante a noite afecta á saúde humana ao desaxustar o “reloxo biolóxico” e inhibir a secreción de melato- nina, que desenvolve unha gran variedade de funcións no organismo. A contaminación luminosa non é un asunto menor, un “capricho” de afeccionados á astronomía na procura de ceos escuros (un patrimonio cultural que é, por outra parte, máis que merecedor de atención e protección). A contaminación luminosa é un asunto relevante que convén introducir o máis pronto posíbel no debate público -con rigor, sosego e espírito construtivo- en favor do ben común. A necesidade de combater a contaminación luminosa, de feito, xa está recollida na lexislación española dende 2007. A Ley 34/2007, de 15 de novembro, “de calidad del aire y protección de la atmósfera”, dedícalle un apartado específico a este asunto na súa disposición adicional cuarta. a contaminación luminosa
  • 3. Nota informativa sobre contaminación luminosa 3 Ley 34/2007 Disposición adicional cuarta. Contaminación lumínica. Las Administraciones públicas, en el ámbito de sus competencias, promoverán la prevención y reducción de la contaminación lumínica, con la finalidad de conseguir los siguientes objetivos: a. Promover un uso eficiente del alumbrado exterior, sin menoscabo de la seguridad que debe proporcionar a los peatones, los vehí- culos y las propiedades. b. Preservar al máximo posible las condiciones naturales de las horas nocturnas en beneficio de la fauna, la flora y los ecosistemas en general. c. Prevenir, minimizar y corregir los efectos de la contaminación lumí- nica en el cielo nocturno, y, en particular en el entorno de los obser- vatorios astronómicos que trabajan dentro del espectro visible. d. Reducir la intrusión lumínica en zonas distintas a las que se pretende iluminar, principalmente en entornos naturales e interior de edifi- cios. O ano seguinte aprobouse o Real Decreto 1890/2008, de 14 de novembro, “por el que se aprueba el Reglamento de eficiencia energética en instalaciones de alum- brado exterior y sus Instrucciones técnicas complementarias EA-01 a EA-07”, que determina uns criterios básicos xerais mais tamén instrucións técnicas concretas que non sempre se están poñendo en práctica de forma correcta. Ademais destas dúas normas estatais de obrigado cumprimento, hai outros exem- plos de lexislación a estudar de cara a unha ordenación da iluminación exterior. Destacamos, en particular, o Decreto 357/2010, de 3 de agosto, polo que se aproba o “Reglamento para la Protección de la Calidad del Cielo Nocturno frente a la conta- minación lumínica y el establecimiento de medidas de ahorro y eficiencia energética” da Junta de Andalucía. Tamén o Decret 190/2015, de 25 de agosto, “de desplega- ment de la Llei 6/2001, de 31 de maig, d’ordenació ambiental de l’enllumenament per a la protecció del medi nocturn” da Generalitat de Catalunya. A iluminación pública, un servizo esencial que as administracións prestan á cidadanía, consume unha gran cantidade de recursos económicos de moitas entidades locais e supón unha porcentaxe importante do consumo enerxético da nosa sociedade. Por iso, e porque a luz non é inocua para o medio ambiente nin para a saúde, cremos que é fundamental prestar este servizo nas mellores condicións posíbeis. Coa tecnoloxía actual e as novas lámpadas, luminarias, detectores de presenza, sistemas de control e mantemento, software de deseño... pódese conseguir que as nosas rúas e prazas estean ben iluminadas minimizando os impactos que producen no medio nocturno.
  • 4. Nota informativa sobre contaminación luminosa 4 Criterios básicos contra a contaminación luminosa A luz artificial ten que usarse só onde se necesita, só cando se necesita, en cantida- de suficiente e non excesiva e co espectro axeitado. Nestas catro sinxelas regras resúmense os principios que deberían inspirar calquera normativa de iluminación arti- ficial. De maneira máis detallada, listamos a continuación os aspectos máis importan- tes a ter en conta para o control da contaminación luminosa: • O acendido e apagado da iluminación exterior debe vir marcado pola ausencia da luz solar, que en xeral consideramos asociada ao crepúsculo civil (intervalo que comeza cando o disco solar se sitúa 6º por debaixo do horizonte, ben posterior á posta de Sol e anterior á súa saída). Recordamos que os horarios de saída e posta de Sol son diferentes en cada lugar en función da súa situación xeográfica (varían coa lonxitude), de tal maneira que os horarios de referencia válidos para Barcelona, por exemplo, serán sumamente inade- cuados para A Coruña. Só naquelas rúas e prazas singularmente escuras por causa do seu trazado urbanístico debería ampliarse o horario de acendido das luminarias. • Todos os sistemas de iluminación xeral deben incluír mecanismos para a redución do fluxo a partir de certas horas da noite. En horario nocturno a iluminación ornamental terá que manterse apagada. • Con carácter xeral, as luminarias para a iluminación non poden enviar luz por encima do plano horizontal na súa posición de instalación (FHSi=0%). As excepcións deben estar debidamente xustificadas. • Iluminaranse exclusivamente aqueles lugares onde a luz sexa necesaria. Evitarase a intrusión luminosa en domicilios, espazos non habitados (ríos, zonas húmidas, campos, bosques, montañas, praias, costas...) e por suposto a emisión directa ao ceo. A ilumina- ción de establecementos comerciais deberá permanecer apagada cando estes non se atopan abertos ao público. • Deberase formular un plan realista e fiábel de divulgación da normativa e de difusión do coñecemento da contaminación lumi- nosa. O control do cumprimento da lexislación e a imposición das sancións que correspondan debe atender a un criterio críbel, realista e eficaz, que favoreza a aceptación da mesma en beneficio de todos.
  • 5. Nota informativa sobre contaminación luminosa 5 • Ante os riscos para a saúde asociados á ruptura do ciclo natural día/noite provocado polo uso abusivo de luz artificial, e en parti- cular da luz branca con intensa compoñente azul, típica dos LEDs máis utilizados hoxe, é preciso guiármonos por un principio de precaución. Iso implica axustar a cantidade de iluminación aos niveis mínimos suficientes para as tarefas a realizar e utilizar fontes co espectro adecuado. Cómpre repensar a instalación masiva e indiscriminada de LEDs brancos que é común na actualidade e optar, de acordo cos estudos dos que se dispón, por lámpadas de menor temperatura de cor e luminarias coas características idóneas para cada espazo. *Listaxe provisional de entidades que apoian a nota.
  • 6. Máis información e contacto: http://www.agrupacionio.com info@agrupacionio.com