O TEXTO ARGUMENTATIVO.

O texto argumentativo ten como obxectivo expresar opinións
ou rebatelas coa fin de persuadir a un ...
O DESENVOLVEMENTO. Os elementos que forman o corpo
argumentativo denomínanse probas ou argumentos e serven para
apoiar a t...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

O texto argumentativo

404 views

Published on

O texto argumentativo.

Published in: Education
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
404
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
271
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

O texto argumentativo

  1. 1. O TEXTO ARGUMENTATIVO. O texto argumentativo ten como obxectivo expresar opinións ou rebatelas coa fin de persuadir a un receptor. A finalidade do autor pode ser probar ou demostrar unha idea (ou tese), refutar a contraria ou ben persuadir ou disuadir ao receptor sobre determinados comportamentos, feitos ou idea. A argumentación, por importante que sexa, non adoita darse en estado puro, adoita combinarse coa exposición. Mentres a exposición limítase a mostrar, a argumentación intenta demostrar, convencer ou cambiar ideas. Por iso, nun texto argumentativo ademais da función apelativa presente no desenvolvemento dos argumentos, aparece a función referencial ou informativa, na parte na que se expón a tese. O texto argumentativo adoita organizar o contido en tres apartados: introdución, desenvolvemento e conclusión. A INTRODUCIÓN adoita partir dunha breve exposición (chamada "introdución ou encadre") na que o argumentador intenta captar a atención do destinatario e espertar nel unha actitude favorable. Á introdución séguelle a tese, que é a idea en torno á cal se reflexiona. Pode estar constituída por unha soa idea ou por un conxunto delas.
  2. 2. O DESENVOLVEMENTO. Os elementos que forman o corpo argumentativo denomínanse probas ou argumentos e serven para apoiar a tese ou refutala. Á súa vez, os argumentos empregados poden ser de distintos tipos: Argumentos racionais: Baséanse en ideas e verdades admitidas e aceptadas polo conxunto da sociedade. Argumentos de feito: B aséanse en probas comprobables. Argumentos de exemplificación: Baséanse en exemplos concretos. Argumentos de autoridade: Baséanse na opinión dunha persoa de recoñecido prestixio. Argumentos que apelan aos sentimentos:Con estes argumentos preténdese agradar, espertar compaixón, tenrura, odio... A CONCLUSIÓN. É a parte final e contén un resumo do exposto (a tese e os principais argumentos).

×