Briefing publicitario

177 views

Published on

Briefing publicitario dun produto galego: zocos de deseño

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
177
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
17
Actions
Shares
0
Downloads
3
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Briefing publicitario

  1. 1. BRIEFING PUBLICITARIO Anunciante: Eferro, zocos e coiro Produto: zocos de deseño Campaña: Nadal 2013 (Decembro 2013/Xaneiro 2014) Descrición da situación. A empresa. Elena Ferro é a terceira xeración de zoqueiros da súa familia. Grazas á combinación da marroquinería coa elaboración dos zocos, Elena e a súa familia, que traballan baixo a marca eferro poden manter vivo un oficio tradicional actualmente en extinción, facendo del un modo de vida. Para iso, modificou o uso tradicional dunha peza creada para cubrir unha necesidade básica converténdoa nunha peza adaptada ás tendencias actuais da moda. A partir de madeira de ameneiro, coiro de poldro e vaca curtido vexetal e engraxado e cromo encerado, cravos, goma reciclada, grampas, chatolas... Crean unha nova liña de zocos realizada con deseños e cores atrevidos acorde coas tendencias da moda, inspirados na natureza e no mundo animal como os zocos "voa xoaniña voa” que foron galardoados co Premio Artesanía Contemporánea Antón Fraguas, onde o xurado premiou a visión contemporánea, refrescante e sen complexos, demostrando que a tradición e a modernidade son perfectamente compatibles. Os produtos eferro atópanse principalmente en tendas e feiras especializadas, e van dende calzado a todo tipo de complementos como bolsos, carteiras, moedeiros, cintos.... Os seus zocos contan con diferentes tipos de tacóns e plataformas e libre elección en cor e peles...
  2. 2. O produto. Zocos de deseño e complementos. Liña feminina, masculina e infantil.
  3. 3. Zoco infantil: Outros produtos: Antecedentes publicitarios. A publicidade levouse a cabo fundamentalmente en espazos dixitais: blog da empresa e redes sociais. O produto está nunha situación de crecemento. Público obxectivo.
  4. 4. O noso público ocupa unha franxa de idade ampla, desde os 17 ata os 50 anos, e en menor medida, nenos. En xeral xente nova á que lle gusta o deseño e a cor, pero que saben valorar o traballo artesán do coiro. É un público ao que lle gusta Galicia e os seus produtos, coñecedores das súas tradicións pero que as queren actualizar. O feito de que os zocos sexan un calzado tradicional, pero adaptado aos novos tempos pode influír na compra deste sector de público; igualmente, o produto, de se presentar como un deseño anticuado, podería provocar o rexeitamento dun sector do público ao que non lle gusta o concepto de rural ou labrego. Obxectivos publicitarios: TV TV CABLE zocos galegos RADIO INTERNET Presuposto para cada medio: Medios TV TV cable Radio Internet
  5. 5. Beneficio e razón para crelo.

×