Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

753 views

Published on

Documento inicial para introducir o tema da mutilación xenital feminina. Informes da OMS e de Amnistía Internacional.

  • Be the first to comment

Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

  1. 1. 1. QUE É A MUTILACIÓN XENITAL FEMININA? Segundo a OMS, A mutilación xenital feminina (MXF) comprende todos os procedementos que, de forma intencional e por motivos non médicos, alteran ou lesionan os órganos xenitais femininos. Estes procedementos non aportan ningún beneficio á saúde das mulleres e nenas. Poden producir hemorraxias graves e problemas urinarios, e máis tarde poden causar quistes, infeccións, infertilidade, complicacións do parto e aumento do risco de morte do recentemente nado. Uns 140 millóns de mulleres e nenas sofren na actualidade as consecuencias da MXF. Na maioría dos casos practícanse na infancia, nalgún momento entre a lactación e os 15 anos. Calcúlase que en África hai 92 millóns de mulleres e nenas de máis de 10 anos que foron obxecto de MXF. A MXF é unha violación dos dereitos humanos das mulleres e nenas. http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs241/es/
  2. 2. 2. TIPOS DE MUTILACIÓN XENITAL FEMININA A mutilación xenital feminina clasifícase en catro tipos principais: 1. Clitoridectomía: resección parcial ou total do clítoris (órgano pequeno, sensible e eréctil dos xenitais femininos) e, en casos moi infrecuentes, só do prepucio (pregue de pel que rodea o clítoris). 2. Excisión: resección parcial ou total do clítoris e os beizos menores, con ou sen excisión dos beizos maiores. 3. Infibulación: estreitamento da abertura vaxinal para crear un selo mediante o corte e a recolocación dos beizos menores ou maiores, con ou sen resección do clítoris. 4. Outros: todos os demais procedementos lesivos dos xenitais externos con fins non médicos, tales como a perforación, incisión, raspado ou cauterización da zona xenital.
  3. 3. 3. CONSECUENCIAS DA MUTILACIÓN XENITAL FEMININA A mutilación xenital feminina (MXF) asóciase a unha maior probabilidade de sufrir problemas durante o parto e de perder o bebé. Considéranse complicacións graves durante o parto a necesidade de realizar unha cesárea, unha hemorraxia perigosamente abundante despois do nacemento do neno, e a hospitalización prolongada despois do parto. No referente á cesárea, as mulleres sometidas á forma máis grave de MXF ("MXF III") sofren como media un 30% máis de cesáreas en comparación con quen non foron sometidas a MXF. Obsérvase así mesmo un 70% de aumento dos casos de hemorraxia posparto entre as mulleres con MXF III en comparación coas outras. Ademais, a MGF pon ao neno nunha situación de perigo considerable durante o parto. Os investigadores detectaron unha maior necesidade de reanimar aos bebés cuxa nai sufrira MXF (aumento do 66% nas mulleres con MXF III). A taxa de mortalidade entre os bebés durante e inmediatamente despois do parto é tamén moito maior entre os nados de nais con MXF: un 15% superior nos casos de MXF I, 32% en caso de MXF II, e 55% en caso de MXF III. Estímase que no continente africano a práctica ocasiona entre 10 e 20 mortes adicionais de bebés por cada 1000 partos.
  4. 4. 4. PAÍSES DE MAIOR INCIDENCIA
  5. 5. 5. A ORIXE É unha forma de violencia contra a muller, polo feito de ser muller; polo tanto entra dentro da chamada violencia de xénero que, nestes casos, é paradóxica, xa que conta coa intervención doutras mulleres, ben consentindo, ben realizando as prácticas, pero propia de sistemas de dominación patriarcais nos que é o home o que impón e decide o que debe facerse, sometendo ás mulleres ao deber de obediencia. A ablación do clítoris é un ritual de iniciación realizado ás nenas dalgúns países de África, Oriente Medio e outros. O costume é de procedencia incerta, aínda que hai algúns autores que afirman que comezou no antigo Exipto e, a partir de alí, estendeuse ao resto do continente africano. Aínda que se localiza sobre todo na zona centroafricana, esta práctica non se limita a este continente, pois esta práctica tamén se produce en varios países de Asia, Europa, América e en Australia. Practicada en moitos casos como rito de iniciación á idade adulta, actualmente está diminuíndo algo debido á prohibición da súa realización en moitos países (porén, moitas familias continúan a facela clandestinamente). Nalgúns casos recórrese a tradicións relixiosas para argumentar no seu favor, pero o certo é que este tipo de mutilación está prohibida no Islam. http://gl.wikipedia.org/wiki/Ablaci%C3%B3n_de_cl%C3%ADtoris
  6. 6. 6. LECTURAS COMPLEMENTARIAS I
  7. 7. II III Amnistía Internacional

×