editorial
Déronnos un premio "Polo constante traballo a prol da nosa cultura, coa
lingua como ben irrenunciable da nosa id...
carreiros
carreiros2
sumario
3memoria
fotográfica.
4retrouso de
viaxe
6os nomes
de ouzande
8a casa do
cura
12memoria da
em...
carreiros3
memoria fotográfica
Esta foto apareceu na Casa de Souto das
Cachopas, e foinos cedida por Tito de Souto. Na
fer...
carreiros4
crónica
Noelia Bouzón Docampo
Retrouso xa é internacional. E é que algúns dos compoñentes do grupo
tivemos a op...
crónicanoelia bouzón docampo
tamén coas nosas. Mesmo conseguimos resolver algún que outro mis-
terio: efectivamente, os ho...
Manuel Rosende Torres
De seguro temos pronunciado moitas veces nomes únicos para falar daqueles luga-
res aos que fomos á ...
A forma que ten o topónimo que nos identifica xa nos fala de que vén de
vello. Haise que remontar á época en que o Imperio...
Xabier Camba Sanmartín
As casas son elas, cos seus muros, as súas trabes as súas ventás, as
medianeiras, a cociña, os cuar...
ción das obras levadas adiante polo crego González de Penela así como
a estimación doutras que se consideraban necesarias....
En 1932 a Paquito de Camba, metéuselle na testa mercar a finca de Eirín
ou tamén coñecida como de Melania, na Vila da Estr...
Tamén foi arranxando cousas a fin de adaptar a casa ás súas necesida-
des e novos usos. Refixo o valo que estaba moi deter...
carreiros12
Manuel Rosende Torres
Ten hoxe 74 anos e vive nun anaco de Ouzande que hai en São Paulo,
pero as súas orixes h...
se esqueceran do gando e que este fora esfameado á procura de man-
xares nas leiras dos veciños pois, como nos recorda Man...
ca camiño de América e desembarca no porto de Santos en compañía
de Angelito de Frei e onde os agardaba Manolo de Cabanas,...
Nesa época chegou ao Brasil Florentino do Rubio coa muller Lola e a filla
Marisa, levaron a Manolo de Chedas a vivir nun b...
No medio de todas estas aventuras tamén levou Manolo unha chácara
que é unha explotación agrícola fóra de São Paulo e na q...
creación literariamanolo de cabanas
carreiros17
Oh! Amigos de miña infancia
Ausencias que doen no peito.
Sen vós, non é do...
recordacións
Perdeu seu compás a batida
E non cicatriza a ferida
Deste vello corazón
Lonxe da aldeia querida
Perdín o prac...
camiños pechados
Están pechados meus camiños
Camiños dos primeiros pasos
Daqueles tempos escasos
Con silveiras cheias de e...
carreiros20
carreiros<#>
a despedida
Eu vou chorar de emoción
Vou despedirme dos meus
Adeus Ouzande querido, adeus
Farei d...
crónicacarreiros
carreiros21
que cesen xa todas as guerras
Senén Campos Maceiras
Moitos manda máis
parecen estarse diverti...
carreiros
carreiros22
crónica
presentación de carreiros 7
Por primeira vez, decidimos facer unha presentación pública da n...
crónicacarreiros
carreiros23
asemblea xeral anual
O 14 de febreiro deste ano 2009, celebramos a Xunta Xeral Anual, na
que ...
carreiros
carreiros24
crónica
ouzande nas beiras do miño
O 31 de maio de 2009 será recordado en Ouzande por unha viaxe que...
crónicacarreiros
carreiros25
e foi levantada enriba da casa deste frade dominico. O máis gratificante
ao visitar Tui é pas...
carreiros
carreiros26
crónica
o lumeiro
Prezados veciños e veciñas:
O meu home é un langrán, como non vale para nada decid...
crónicacarreiros
carreiros27
aí ven o globo!
Viñeron moitos globos o día 9 de
agosto de 2009.
carreiros
carreiros28
crónica
Pasamos medo.
É mellor que non veñades.
unha noite no muíño
crónicacarreiros
carreiros29
II fervenza de músicas
Noite de moita música e festa. O día 11 de setembro, véspera das Festa...
carreiros
carreiros30
crónica
clases de música e baile
A verdade é que a nosa pequena "Escola" de música e baile tradicion...
a fervenza de ouzande, premio san martiño
de normalización lingüística
O 12 de novembro de 2009, no Teatro Principal da Es...
noelia bouzón
xabier de camba
manuel de topete
laura de topete
rosa de cabanas (deseño, ilustracións e maquetación)
Imaxe ...
Carreiros 8 (2009)
Carreiros 8 (2009)
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Carreiros 8 (2009)

1,126 views

Published on

Número 9 da revista Carreiros. Ano 2009. Publicada pola AC A Fervenza de Ouzande (Ouzande, A Estrada, Galiza)

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Carreiros 8 (2009)

  1. 1. editorial Déronnos un premio "Polo constante traballo a prol da nosa cultura, coa lingua como ben irrenunciable da nosa identidade e vehículo de comu- nicación entre as distintas xeracións de veciños e veciñas de Ouzande, así como o exemplo infundido en todas as persoas e entidades estra- denses e comarcais que aglutinan no exercicio da súa actividade." (Fundación Premios San Martiño. Asociación Cultural O Brado) Son palabras bonitas. Por facer o que queremos. Moitas persoas pen- san, e é certo, que vivir en galego, en Galicia, ás 24 horas do día é moi díficil, imposible case. Fixemos dende o principio o que nos era natural, sen máis. É a nosa humilde achega para que non sexa tan difícil, o que debía ser normal e natural. persoas e casas Seguimos neste CARREIROS a contar as vidas das nosas persoas. As que están lonxe. Ás veces as historias das vidas, cando se escriben, adquiren outra dimensión, ao menos para quen as le. Seguramente todos e todas mereceriamos unha novela. Nós, polo menos, queremos que as histo- rias das vidas de quen decidiu marchar, de quen tivo que buscar a for- tuna noutros lugares, se convirtan en novelas vividas. Neste número vai a historia de Manolo de Chedas, que un día tamén cruzou o Atlántico. Encetamos un novo camiño nesta revista. A partir deste número quere- mos contar as historias das casas da parroquia. A casa no significado completo, de morada e de familia. Comezamos pola Casa do Cura. Agardamos contar moitas historias de casas. Se ti queres podes contar- nos a historia da túa. Hai veces que aínda que se queira, non se pode. Desta vez non se puido. Por iso chegamos un pouco tarde. carreiros1
  2. 2. carreiros carreiros2 sumario 3memoria fotográfica. 4retrouso de viaxe 6os nomes de ouzande 8a casa do cura 12memoria da emigración 17literaria: manolo de cabanas 21literaria: senén campos 22carreiros e nadal 23asemblea e antroido 24nas beiras do miño 26rutas e lumeiro 27aí ven o globo 28unha noite... 29fervenza de músicas 30clases... 31premio
  3. 3. carreiros3 memoria fotográfica Esta foto apareceu na Casa de Souto das Cachopas, e foinos cedida por Tito de Souto. Na fermosa imaxe aparecen un grupo de homes nunha obra. A lenda da parte posterior di: Fotografías de Ouzande, Codeseda y Santa Cristina y Guimarey y Cuntis y de Estrada Nombres de ellos todos. 1º Pio Durán Tato Maestro José Peiteado,Manuel Esmoris, Manuel Casais, Ramiro Lodeiro, Benjamín Docampo Casal, Manuel Docampo, José Pazos, Manuel Magariños, Manuel Matalobos, Antonio Puente, Faustino Liste, Abelino Fandiño, Camilo Magariños, Serafín Magariños, José González Pego, Ramón Chedas, Perfecto Durán, Seberino Carballo, Joaquín Magariños, Erundino Docampo Carracedo, José Rodríguez, Manuel Casal, Don José Ulla Carbón Estrada 1926
  4. 4. carreiros4 crónica Noelia Bouzón Docampo Retrouso xa é internacional. E é que algúns dos compoñentes do grupo tivemos a oportunidade o pasado mes de agosto de levar a nosa músi- ca ben lonxe de Ouzande. O destino: Francia, máis concretamente un fermoso pobo da Bretaña chamado Guingamp. O motivo: "Le festival de la danse bretonne", unha gran celebración que ten lugar na vila france- sa por esa época do ano e que reúne a músicos e grupos de diversas procedencias: Escocia, Irlanda, Asturias, Galiza...e como non, tamén agrupacións da zona. A pregunta é: e como foi Retrouso dar á Bretaña? Pois grazas ós nosos amigos do grupo "Pana Raiada" da Gracia (Santiago de Compostela), que nos ofreceron compartir con eles esta experiencia e formar parte da súa "plantilla" en semellante aventura. E menuda acollida tivemos alá en Guingamp! Foi toda unha sorpresa ver tanta xente nas rúas, esperando para vernos pasar e para escoitar aos gaiteiros. Galegos, escoceses ou asturianos…todos disfrutamos dunha grande expectación entre o público francés. Mesmo algún que outro se animou a botarlle un baile… Dez días na Bretaña deron para moito, aínda que (e inclúome no dito) houbo a quen a estancia se lle fixo curta ("Xa marchamos mañá??"). Sería imposible relatar todas as grandes experiencias e os bos momen- tos que alí tivemos, pero pódese facer un intento… Visitamos a vila de Guingamp, "cité médiévale", da cal nos chamou a atención a beleza das rúas empedradas e o feito de que, mirases para onde mirases, todo estaba cheo de flores: os balcóns, os alféizares das ventás, as rotondas…, non vira nunca un pobo tan cheo de cor. Tamén fixemos algo de turismo pola zona. Achegámonos ata a cidade de Saint-Malo, e aproveitamos tamén para visitar o famoso monte Saint-Michel. Levamos connosco o espírito festeiro, como non, e todas as noites armamos foliada. Como escoceses, asturianos e galegos compartiamos residencia, aquilo era unha espléndida mestura de culturas. Intentamos soprar polas gaitas escocesas (que non foi tarefa fácil), e eles probaron retrouso de viaxe
  5. 5. crónicanoelia bouzón docampo tamén coas nosas. Mesmo conseguimos resolver algún que outro mis- terio: efectivamente, os homes escoceses non levan roupa interior por debaixo da famosa saia! Aprendemos que coma na casa non se come en ningún sitio…, e é ben certo que o mundo é un pano: ata coincidimos en Guingamp con Carlos Núñez! Practicamos o noso francés, (en realidade só tres palabras)… As horas de sono foron escasas, xa que despois da primeira noite que- dou claro que o primeiro en durmirse sería a víctima perfecta para todo tipo de bromas nocturnas, a maioría das cales implicaban espertar coa cara totalmente pintarraxeada. Ao volver á casa aínda tardei uns días en acostumarme a durmir cos dous ollos pechados… Que máis se pode dicir? Sinxelamente esta viaxe supuxo un antes e un despois en todos nós, e estou ben segura de que ningún se vai esque- cer nunca. Só queda unha cousa pendente…, repetir outro ano! carreiros5
  6. 6. Manuel Rosende Torres De seguro temos pronunciado moitas veces nomes únicos para falar daqueles luga- res aos que fomos á herba, sachar ou rozar sen sermos moi conscientes de por que se chama así ese sitio, ou quen lle tería posto ese nome tan curioso. Ben certo é que a todos nos gusta escudriñar un pouco no significado dos nomes que nos rodean. Existe unha ciencia que traballa para darnos respostas, chámase onomástica e den- tro dela existe unha parceliña que busca a orixe e significado dos nomes da terra, a toponimia. A relación de Ouzande co chan que pisa é moi estreita, posto que se tra- ballou de sempre para producir aquelo que se consumía. Hoxe en día os tempos van mudando pero os nomes de Ouzande continúan aí, para que identifiquemos veigas e casas, lugares e regatos, presas e muíños, montes e camiños. O noso territorio é, pois, un bo campo de traballo para quen busque orixe e significado dos nomes da terra. Cando alguén investiga estes nomes tan nosos permítenos saber os porques da orixe dos lugares, veñen de moi vello e ás veces son os únicos que nos dan información do que ten pasado nese sitio concreto. Son os elementos máis conservadores do noso modo de falar e por iso son o testemuño da nosa historia; todos sabemos onde está o Castro e, aínda que non hai estudos sobre ese lugar, o topónimo estanos dando unha pista certeira sobre a súa orixe prehistórica. Pero tamén existen inimigos dos nomes propios dos sitios, o máis grande é o esque- cemento polo abandono das terras posto que ao que deixa de ser útil o nome dun sitio a nosa memoria abandónao. Cando se fixo a concentración parcelaria tivemos un avance con efectos secundarios; os cambios de propiedades incluiron parcelas con nome propio dentro doutras máis grandes, enterrando uns nomes debaixo dos outros. Tamén operou o fenómeno da "deturpación", consiste en tratar de traducir nomes de sitios con pouca fortuna. En Ouzande foi escasa pero temos un exemplo nos nomes de casas que pasaron a ser os apelidos dos seus moradores. Houbo unha época na que os da "Casa do Campo" ou "a do Pazo" pasaron de ser os "do Pazo" ou os "de Campos" a recibir unha simplificación máis coincidente co castelán, de aí os apelidos "Pazos" ou "Campos". Hai exemplos de persoas da mesma familia que teñen rexistrado o seu apelido co nome verdadeiro da casa da que provén mentres outros familiares sofriron a deturpación pasando o mesmo apelido ao plural. Todo isto polo azar da persoa que estaba no rexistro e que traballaba con maior ou menor ignoran- cia. Falar dos nomes de Ouzande hanos levar tempo polo que nos demoraremos tanto neste Carreiros coma nos seguintes, de momento facémolo debullando o nome de referencia da parroquia; Ouzande. carreiros6 apuntamentos os nomes de ouzande imaxe de Reimóndez Portela, A Estrada Rural
  7. 7. A forma que ten o topónimo que nos identifica xa nos fala de que vén de vello. Haise que remontar á época en que o Imperio Romano de Occidente se vai debilitando e deixa que as tropas doutros pobos bélicos de Europa ocupen os seus territorios. Aquí estiveron obrigados a faceren un pacto (foedus) cun grupo de guerreiros chegados do norte do continente. Os romanos chamábanlle bárbaros por seren descoñecidos e non falaren o idioma latino; eran os Suevos, un grupo pertencente aos pobos xermáni- cos. Estamos no ano 388 d.C. e estarán asentados sobre a antiga provincia da "Gallaecia" algo máis de cen anos, á nova administración política coñe- céuselle co nome de "Regnum Suevorum". Entre outras cousas foron os encargados en estruturar a nosa xeografía en parroquias. A pesar de adop- taren a lingua latina que xa se falaba aquí, os suevos aportaron moitas palabras e expresións da súa terra, entre os que se destacan os nomes de persoa: Afonso, Elvira, Gonzalo, Luis, Ramón... que rapidamente se puxe- ron de moda daquela e ata o S.XII que, propiciado pola Igrexa, se popula- rizaron os nomes de santos ou bíblicos. Todos estes datos históricos teñen moito que ver con Ouzande porque a medida que os Suevos foron ocupando as distintas terras, déronlle o nome dos seus moradores ás súas explotacións, normalmente chamáballe a "villae" de..., e mailo nome xermánico correspondente, ou mesmo a casa de... quen correspondese. No caso do nome da nosa parroquia habería unha pequena latinización do nome dese morador, cousa que sabemos porque acaba en "e" e correspóndese a un "i" primitivo e que en latín facía referencia a que era unha posesión (xenitivo). En canto ao nome xermáni- co que hai debaixo de "Ouzande" é posible que comezara por AU-; de feito tense escrito que sería unha Ausinda, pero é moi atrevido dicir isto posto que non se pode demostrar, pero é posible que fose así ou mesmo Ausindo en masculino. Nomes coma o da parroquia non hai moitos por Galicia adiante, o máis próximo está en Cervaña (Silleda) e nomea unha aldea ou lugar desa feri- gresía. Noutros sitios encontrámolos parecidos; Ouzasende, Ousende... pero ningún especialista ten descifrado a día de hoxe con seguridade o nome concreto sobre o que se asentan estes nomes de lugar. Asi pois, Ouzande sería un topónimo de orixe xermánica (sueva) que faría referencia a unhas terras pertencentes a un señor con nome xermánico e adaptado na forma de falar da época ao sistema latino para identificar ao propietario. apuntamentosmanuel rosende torres carreiros7
  8. 8. Xabier Camba Sanmartín As casas son elas, cos seus muros, as súas trabes as súas ventás, as medianeiras, a cociña, os cuartos; pero tamén son a súa historia, a his- toria das persoas que as habitan e habitaron. A actual Casa de Camba, no Redondo, foi antes a Casa do Cura, sede da rectoral de San Lourenzo de Ouzande e de San Paio da Estrada. Cando ala nos inicios dos anos trinta do século XX, Paquito de Camba, albanel e veciño da Estrada, marchou coa súa muller, María de Mato e os seus fillos, da casa do lugar de Señoráns na parroquia de Cereixo, seguramente non lle pasou pola cabeza que ía rematar botando raíces na Casa do Cura de Ouzande. Pero imos encetar a historia polo principio ou, cando menos, polo comezo que nós coñecemos. No Alto do Redondo, nun dos lugares pri- vilexiados da parroquia, fronte á Igrexa Parroquial situábase a Casa Rectoral, a Casa do Cura de Ouzande e A Estrada, no medio do igrexa- rio que comprendía, ademais da casa, outras construcións como o Pombal de Xaquina, O Muiño do Cura e o magnífico Hórreo, hoxe des- aparecido. As terras tamén eran extensas pois abranguían todo o Prado, a Finca de Xaquina e boa parte do monte colindante a esta. Non sabemos cando se levantaron todas as edificacións que citamos, pero si descubrimos que a finais do século XIX, entre 1880 e 1890 se fixeron importantes reformas na Casa Rectoral, que debía estar en moi malas condicións, por causa da escasa preocupación dos curas que moraran nela, e tamén dalgún devastador temporal. O promotor daquelas obras foi un cura chamado Francisco González de Penela, que diante do mal estado da casa realizou unha serie de obras de conserva- ción e mellora que resultaron decisivas para a conservación da casa. En 1890, unha comisión eclesiástica formada polos cregos de Ribela, Curantes e Lagartóns, recibiu a encomenda de facer unha "Regulación de la Casa Rectoral de la Villa de La Estrada y San Lorenzo de Ouzande, practicada el día 3 de diciembre de 1890", que viña a ser unha avalia- carreiros8 memoria a casa do cura
  9. 9. ción das obras levadas adiante polo crego González de Penela así como a estimación doutras que se consideraban necesarias. Os membros da comisión declaran que esta debe ser unha "Regulación con la mayor equidad y economía posibles". A copia que conservamos deste docu- mento, permítenos coñecer con bastante detalle cal ela a traza da vella casa do Cura, bastante diferente, por certo da actual Casa de Camba. A edificación respondía a un esquema que nos resulta familiar en casas que inda hoxe manteñen unha estrutura semellante: no exterior, portal de entrada grande e de pedra, porta de castaño, corral rodeado de altos muros, alpendres para a leña, o toxo e algunhas cortes, hórreo de gran tamaño na eira de mallar, etc. No referido á propia casa esta contaba cun amplo patio ou corredor central interior, con enlousado de pedra, e no que había unha pía para os porcos, tamén de pedra. Este corredor actuaba como unha especie de distribuidor que daba acceso á cociña (hoxe palleira) na que había unha lareira (hoxe consérvase o burato da pota do caldo), un forno do pan, do que queda algún resto e un verte- doiro onde se fregaba a louza. A parte baixa da casa estaba ocupada por unha ampla bodega. No sobrado, había un amplo comedor, unha sala principal, un gabinete, unha habitación, un pequeno retrete e un "mira- dor", que debía ser un pequeno cuarto ou recuncho con dúas ventás, unha cara a igrexa e outra cara o Norte (A Estrada). Os criados tiñan a súa propia habitación, á cal accedían desde o corredor ou patio. Os cregos que inspeccionaron as obras deixaron escrito no seu informe que o crego González de Penela fixera moitas melloras pero, que aínda eran necesarias máis, en fiestras, paredes, e no aseo que a casa tiña, así como en algúns dos muros e medianeiras. O caso é que estas obras ou ben non foron pagadas polo crego, ou ben este "reclamaba" que lle fose reintegrado o que gastara nelas, porque non recibira do crego anterior o "inquilinato" correspondente. A fin de contas, os cregos "reguladores" tasaron en 6000 reás os gastos das obras, e descontando o inquilinato do crego, quedaban en 4000. Pois con estes arranxos, a casa debeu ir tirando até metade da década de 1920, cando a sede da rectoral se trasladou á Estrada e as propieda- des da Igrexa en Ouzande se puxeron á venda, repartidas en diferentes parcelas. A casa e as terras e construcións anexas foron adquiridas por unha familia que só puido disfrutar delas até 1932. memoriaxabier camba sanmartín carreiros9
  10. 10. En 1932 a Paquito de Camba, metéuselle na testa mercar a finca de Eirín ou tamén coñecida como de Melania, na Vila da Estrada. Para iso diri- xiuse a Don Nicolás, daquela crego de Ouzande e A Estrada e tamén apoderado da famosa Carballeira e Toxeira de Melania. Don Nicolás qui- toulle a idea da cabeza porque alí non tiña pan para os fillos, pero en Ouzande había, ademais da casa, terras para traballar. A familia que adquirira a Rectoral non puidera satisfacer o prezo acordado coa Igrexa, así que Paquito de Camba tiña que chegar a un acordo con ela, pagar esa cantidade á igrexa e quedar coa propiedade. Pagou trece mil reás e foi coa súa muller e cos fillos (Leonilda, Manolo, Pepe e Domingos para o Alto do Redondo, para a Casa do Cura, hoxe Casa de Camba, e na fami- lia a Casa Darriba. A familia chegou con todos os seus enseres metidos en carros que subían polo lugar, provocando a curisosidade dos viciños. Paquito era albanel e estivera traballando en Cuba varios anos. Os arranxos que lle foi facendo á casa saíron do seu traballo e da súa idea. Os anos no Caribe algo influíron nos seus gustos, tal como se pode apre- ciar hoxe no estilo da fachada este da casa. Unha das primeiras obras que fixo foi a construción dunha pequena habitación, pegada á casa, cara a eira, na que o horreo de 15 metros desaparecera, que serviu durante bastantes anos como escola, e onde dona Pilar lle aprendeu as letras e os números a moitos rapaces e rapazas de Ouzande (Vid Carreiros nº 2). Dona Pilar trabou tamén unha fonda amizade con María, muller de Paquito, a partir de moitas horas de conversa. No soto deste local había un pequeno habitáculo onde o patriarca poñía a secar as follas de tabaco que cultivaba na horta da casa, coas que logo facía os pitos para fumar ou regalarllo a outras persoas. Dunha vez apareceu a Garda Civil, que lle requisou todo o material, e ademais o Xulgado impúxolle unha multa de 600 pesetas, que tivo que pagar para non ir ao cárcere. A escola funcinou ata primeiros dos cincuenta, pero como Paco quería reformar a fondo a vella casa tivo que maquinar un plan para desfacer- se dela, que nese momento xa lle supuña unha carga. Falou co Inspector de Educación, Don Plácido Bergueiro, e chegou á conclusión de que o mellor era provocar desperfectos no cuarto onde se realizaba, para que fose declarado en ruínas. Así foi, armado cunha vara de ferro, provocou destragos no tellado e nas paredes, conseguindo así o seu propósito. xabier camba sanmartín carreiros10 memoria
  11. 11. Tamén foi arranxando cousas a fin de adaptar a casa ás súas necesida- des e novos usos. Refixo o valo que estaba moi deteriorado e instalou- se a cancela. Para iso viu Pepe de Frei que cando facía a obra foi repren- dido por Paquito, que lle dixo que vía "moitas curvas", e Pepe contes- toulle que "a determinada altura as curvas semellan molduras...". Pero como dixemos a transformación definitiva da casa comezou alá polo ano 1953. Os muros botáronse abaixo e levantáronse de novo. Chamou aos Couceiros, canteiros de Santa Baia, que foron os encargados do tra- ballo da pedra. Da albanelería ocupouse el e mais os seus obreiros, e nos traballos participou tamén Ramon de Cabanas e Ramiro do Zoqueiro. Seguramente polo ano 57 xa a casa presentaba un aspecto moi parecido ao actual. Na palleira, antiga cociña, facíanse festas que aínda hoxe recordan os veciños máis maiores. A familia medrou, e aínda chegou un novo fillo, Enrique, aínda que Leonilda morreu inda nova. Isabel, filla de Leonilda, pasou a súa infan- cia e mocidade na casa, e tamén Enrique, fillo de Manolo pasou longas tempadas nela. Domingos* quedou na casa e casou con Carme da Eira da Somoza, e tiveron dous Fillos, Manolo e quen escribe, que tamén quedou na casa, e casou con Rosa de Cabanas. Dolores de Cabanas, a súa avoa, serviu de moza na casa do Cura. Esa é outra historia. *Moitas destas historias contoumas meu pai poucos días antes de morrer. Este artigo é para a súa memoria memoriaxabier camba sanmartín carreiros11
  12. 12. carreiros12 Manuel Rosende Torres Ten hoxe 74 anos e vive nun anaco de Ouzande que hai en São Paulo, pero as súas orixes hai que buscalas no Formigueiro de onde foi seu pai, o Señor Ramón de Chedas e en Sureiros (A Somoza) onde nacería súa nai Jesusa. Este matrimonio formaría unha das familias máis sobrancei- ras de Ouzande; a casa dos de Chedas. Os avós paternos de Manolo eran a Señora Encarnación de Chedas e mais Manuel de Chedas, este último orixinario de Santabaia e quen faleceu en Bos Aires con 53 anos nun accidente de tráfico en 1927. A Señora Encarnación era irmá, ademais, da señora Generosa de Zoqueiro; nai de Lucinda de Zoqueiro e avoa de Lola, Pepe, Esperanza e Eleuterio “O da Compaña”, estes dous últimos faleceron na capital arxentina. Ramón de Chedas tiña catro irmás; Amparo, Flora, Jesusa e Pilar. A primeira foi a nai de Manolo de Cabanas e morreu en 1941, Flora e Jesusa emigraron a Bos Aires onde tamén faleceron e Pilar é a nai de Amparo de Cabanas. O irmán de Manolo que vive en Bos Aires cháma- se Gustavo e é o maior dos tres Chedas; ten hoxe 82 anos, está viúvo da súa muller Lola, quen era de Lugo e que faceleu hai pouco tempo, vive co seu fillo Gustavo e cun neto ao que deron de nome Matías. É posible dedicar unhas letras para falar de Manolo de Chedas neste Carreiros grazas ao seu cuñado Manolo de Cabanas, quen lle fixo unha entrevista en 2009 co obxectivo de que así o poidamos coñecer un pouco mellor na parroquia. A relación familiar que une a estes dous ouzandeses en Brasil partía de Ouzande pois os dous eran netos de “Mamá Encarnación”. Unha vez no país americano hanse estreitar os seus carreiros ao se faceren cuñados pois casaron con dúas irmás orixi- narias dunha aldea que se chama Olmos próximo á vila de Macedo de Cavaleiros no distrito portugués de Bragança. A infancia de Manolo de Chedas transcorrerá en Ouzande ata os 14 anos. Na entrevista lembra con cariño os pequenos detalles que debu- xaban as peripecias propias da dura posguerra na nosa parroquia, coma cando súa nai poñía un colorido pano colgado na ventá para indicarlle que debía regresar coas vacas, el ben o podía ver desde o monte dos Cambeiros. Pero era frecuente que Manolo enredara no Rego das Rans onde se xuntaba coa rapazada para xogar á estornela, á pelota, aos pelouros, buscando niños de paxariños ou collendo mel para matar un pouco aquela longa fame que non só tiñan os nenos de Ouzande, senón tamén as vacas. Non era de estrañar que con tanta xogueta os rapaces polos carreiros do brasil manolo de chedas memoria da emigración
  13. 13. se esqueceran do gando e que este fora esfameado á procura de man- xares nas leiras dos veciños pois, como nos recorda Manolo de Cabanas, naquela altura había máis vacas no monte de Ouzande do que herba polo que xurdían numerosos conflitos. Lémbranse perfectamente en Brasil daquelas vacas que os de Ferreiros pillaban pacendo no millo ou nas coles e encerrábanas nas cortes ata que os pais dos de Ouzande ían pagar polos prexuízos causados. Con 15 anos Manolo deixa de coidar do gando e comeza a traballar na Estrada, nun taller mecánico que había en fronte a onde hoxe se sitúa o antigo chalé das confeccións, chamábase Sanmartín. Bota alí catro anos; o primeiro tivo un contrato de aprendiz polo que non cobraba, máis tarde o seu soldo foi de cinco pesetas da época ao mes. Recórdanos como daquela non había nin vacacións nin se gozaba de dereitos laborais de ningún tipo, estamos no final dos anos corenta e comenzo dos cincuenta e os latexos da guerra e da fame aínda se sentí- an con forza en Ouzande. Cóntanos como con 18 anos quería ir ás festas da redonda coma os outros mozos da parroquia, pero o Señor Ramón era rigoroso na educa- ción dos fillos e só lle deixaba ir ás de Ouzande e ás da Estrada. Como Manolo era enxeñoso, un día fíxose o valente e agardou a que todos na súa casa durmiran; saltou pola ventá do seu cuarto que daba encima do tellado dun cuberto e enfiou pola horta cara á festa. Eran as tres da mañá cando Manolo volvía polo mesmo camiño para a casa, sixiloso, non tivo que atravesar a horta, nin subir ao tellado e menos entrar pola xanela xa que seu pai estaba agardando por el na porta. A bronca foi boa pero desde aquela nunca máis lle prohibiron ir a festa ningunha e mesmo lle daban cartos para que non pasase vergoña diante dos com- pañeiros. Lembra nesta época moitos amigos coma Manolo da Taberna ou os irmáns da casa de Cereiro entre outros moitos cos que compartía as aventuras propias da xente nova, como de cando alugaban unha bicicle- ta para ir cara a Codeseda e Forcarei á procura de cornellos do centeo para logo vendelos na feira da Estrada. E é que daquela Manolo viviu un momento duro da nosa historia con decisión e valentía, unha forza arroutada que o levou á emigración. Se hoxe Manolo vive no Brasil é por un cruce de carreiros que se deu na súa vida aló polo ano 1954. Na Arxentina tiña a seu irmán Gustavo pero como nesa época aquel país xa non permitía mais a entrada de novos emigrantes, el encontrou a solución emigrando para o Brasil máis con- cretamente para São Paulo para onde tiña emigrado un ano antes seu primo Manolo de Cabanas. A intención final era atravesar a fronteira para xuntarse a seu irmán Gustavo en Bos Aires, de maneira que embar- memoria da emigraciónmanuel rosende torres carreiros13
  14. 14. ca camiño de América e desembarca no porto de Santos en compañía de Angelito de Frei e onde os agardaba Manolo de Cabanas, quen os levou para São Paulo. Alí coñeceu á que é a súa muller, polo que xa non pensou en cruzar o Río da Prata máis que para visitar ao máis vello dos irmáns. Que Manolo embarcara cara á emigración non foi por ser a súa unha casa con moitos problemas económicos, pero ao ter a Gustavo aló e mais a procura de melloras persoais e de expectativas empuxárono cara ao porto de Vigo, porta de saída á emigración para moitos galegos. As despedidas son moi dolorosas, pero a do noso protagonista foi espe- cialmente sentida. Acompañouno seu pai até o mesmo porto logo de que súa avoa o despedira en Ouzande dicíndolle unhas palabras que ecoarían posteriormente a milleiros de quilómetros: “adios meu filliño! que non te vou volver ver” Nun momento de despiste por parte de Manolo, seu pai agochouse para esquivar esas últimas verbas de unión familiar, Manolo, ansioso, buscouno coa ollada desde o barco mais non o alcanzou a ver. Así, camiño de América, arrancou o noso veciño coas palabras de súa avoa na cabeza. Ao ano seguinte falecería a Señora Encarnación de Chedas con 82 anos de idade. Manolo chegou ao Brasil polo porto de Santos en compañía de Angelito de Frei, irmán de Clotilde de Antucho; Venancio e Ramón. Manolo de Cabanas recibiunos no desembarco e levounos para a casa onde el vivía; era en São Paulo, na Avenida Angélica, nunha casa que pertencía a unha muller da Estrada que se chamaba Maruja e que era da familia dos de Mariano que tiñan unha Fonda en Bedelle. Este primeiro paso en Brasil foi moi especial para o de Chedas xa que ademais de ser a súa primeira casa en América, tamén había ser onde coñeceu a Lidia, a muller coa que había casar poucos anos despois. O marido de Maruja chamábase Pepe (Jose Carrera), era de Redondela e, por casualidade, tamén era mecánico polo que levou a Manolo a tra- ballar con el. Este primeiro destino laboral era nunha grande empresa autorizada pola marca Ford do Brasil e chamábase O.P. Gonçalves, esta- ba na Rúa Mato Grosso, a cinco minutos da súa casa, polo que Manolo especializouse no oficio de mecánico. Así foi como non fixo coma outros emigrantes que se dedicaron a todo tipo de traballos, non, el volcouse na mecánica que xa tiña aprendido na Estrada. Ao que o matrimonio de Maruja e Pepe se foi para un novo barrio da cidade, tanto Manolo coma os seus primeiros compañeiros de aventu- ra tiveron que buscar novos rumbos; Angelito foi para Uruguai e os dous Manolos, Chedas e Cabanas, alugaron alí preto un cuarto. Foi casualida- de que a rúa na que se quedaron chamábase Baía e tiña unha fermosa praza diante que se chamaba "Buenos Aires" polo que Manolo dicía ás veces rindo: "Ves, vivo en Buenos Aires sen sair do Brasil nin deixar a miña namorada". manuel rosende torres carreiros14 memoria da emigración
  15. 15. Nesa época chegou ao Brasil Florentino do Rubio coa muller Lola e a filla Marisa, levaron a Manolo de Chedas a vivir nun barrio de São Paulo que se chama Vila Clementino, pero como era moi lonxe do taller, Manolo deixou o traballo e púxose a buscar un novo emprego de mecánico na zona á que foi vivir. Non tardou en atopar un na Alameda Santos, nun barrio que para máis ironías do destino se chamaba do Paraíso. As cou- sas íanlle ben a Manolo e non tardou en coñecer un señor de orixe ita- liana co que iría traballar como único empregado nun taller da rúa Domingos de Morais. Cando este home deixou o negocio, Manolo aven- turouse a alugarlle as ferramentas e montar así a súa propia empresa; Mecânica M. Chedas. Estamos no ano 1958 e na rúa Tupinambás de São Paulo. Un ano despois habíase dar un dos días máis felices na vida de Manolo de Chedas; era o dez de febreiro cando entraba pola porta da igrexa de Santo Antonio de Osasco (a dez km da cidade) con Manolo de Cabanas como padriño de vodas, Otilia a madriña, Lidia a noiva e Manolo de Chedas o noivo. Logo do casamento continuou a traballar dous anos máis no seu nego- cio. Daquela coñeceu un taxista chamado Gallasso quen lle ofreceu un préstamo de cartos para mercar un taxi e cambiar así de oficio. Pero o de Manolo era arranxar coches, non guialos. Así o día 3 de outubro de 1961, sendo día de eleccións no Brasil, Manolo, que cobraba por quilo- metraxe, colleu un pasaxeiro militante dun dos partidos políticos que concurría ás eleccións. O destino fixo que este cliente lle fixera parar cada pouco por cuestión da actividade electoral e como se demoraba moito tempo, Manolo protestoulle xa que estaba a perder diñeiro. O cliente, todo dilixente, díxolle “se não gosta do seu trabalho, troque” e Manolo..., trocou, respondéndolle: “o senhor tem toda a ração! Então trate de procurar outro taxi por que eu vou procurar outro emprego!” deixou alí aquel home volvendo deste modo á antiga vida de mecánico. Nos primeiros meses non tiña clientes posto que levaba tempo pecha- do e os antigos usuarios fóronse para outros talleres, pero a vida sorrí- lle a Manolo e aparécelle unha nova proposta: levar a mecánica e man- temento dunha canteira. Meses despois pecha esta empresa e Manolo volve definitivamente para poñer a andar o seu taller. E así até a actua- lidade que continúa a súa actividade no Bairro da Bela Vista .para onde tinha se transladado para a Rua Maria José, 313, e mais tarde mudouse para Rua Rui Barbosa tamen na Bala Vista. Aínda que por idade e saúde xa non traballa, visita constantemente este lugar que el creou e onde continúa o seu fillo Claudio. Naquela altura trasladou a súa residencia para o Bairro da Bela Vista; primeiro na Rúa Santo Antonio, e algúns anos máis tarde, para a Rúa Humberto I, na Vila Mariana. É aquí onde vive a día de hoxe. memoria da emigraciónmanuel rosende torres carreiros15
  16. 16. No medio de todas estas aventuras tamén levou Manolo unha chácara que é unha explotación agrícola fóra de São Paulo e na que tivo unha especie de caseiros nogalláns cos que se deron múltiples anécdotas polo mal coidado de animais e horta. En 2009 Manolo celebrou unha festa moi especial; as súas Vodas de Ouro. Un momento para botar a vista atrás con Lidia, a muller que o acompañou nos momentos felices pero tamén nos difíciles, como cando Manolo foi coñecendo o pasamento dos máis seu pai Ramón de Chedas. A última mala nova que houbo que dixerir non só en América, senón tamén en Ouzande, foi a do pasamento do noso campaneiro Alfonso de Chedas, irmán de Manolo, para quen foi especialmente doloroso posto que era o irmán menor e o gran fío de unión con Ouzande, coa súa orixe, quen o tiña recibido nas súas viaxes á nosa parroquia. Roto este enlace afectivo tan forte, Manolo terá para sempre á súa familia por parte de seu irmán como cordón umbilical con Ouzande. Alfonso non só fixo tanxer sons tristes nas nosas campás senón que tamén nos permite escoitar o seu repinicar grazas a unha das súas últi- mas aportacións a Ouzande ao colaborar no curso A Linguaxe das Campás como campaneiro permitindo que outros aprenderan o idioma do repenique ou que as poidamos escoitar por internet en todo o mundo. No Brasil teñen un significado especial e fálannos daqueles que, coma Manolo, cruzaron o Océano Atlántico para sementar aló unha nova dimensión da parroquia co agromar de novos ouzandeses; os seus fillos Janette, Jesusa e Claudio. A primeira ten unha gardería e está casada con Marcio, ten catro fillos; Diego, Lucas e os xémeos Pedro e Thiago. Jesusa é pedagoga e formou familia con Francisco con quen ten dous fillos; Raele e Renan. Claudio, quen non ten descendencia está casado con Glauce e traballa xestionando Mecânica M. Chedas para orgullo de seu pai. A pesar de ver mermada a súa saúde nos últimos anos, Manolo goza en São Paulo con Lidia vendo os seus fillos medrados e gañándose a vida. De volver atrás, gustaríalle terse demorado máis nas felices vivencias que o moveron por Ouzande, aínda que se sinte moi orgulloso de ter fundido os nosos carreiros cos do Brasil. manuel rosende torres carreiros16 memoria da emigración
  17. 17. creación literariamanolo de cabanas carreiros17 Oh! Amigos de miña infancia Ausencias que doen no peito. Sen vós, non é do mesmo xeito Vivo eterna e dolorosa ansia. De saudades de Pepe de Sueiro Anxelito de Frei e Pepe de Xecobe Vosa ausencia doi e conmove Lembrar de Antonio de Cereiro. Ouzande sen vós vive unha ultraxe Serafín do Castro, Camilo de Felipe Singramos o océano naquel pau a pique Fomos compañeiros do mesmo viaxe. É Xosé da Pucha! Aquel Anxo do Señor Que envelleceu rapaciño Deus puxo en noso camiño Pra testar noso peñor. Marchou sen Ouzande darse conta Vivía solo e abandonado Oxalá nos teña xa perdoado É Deus non nos cobre esa conta. Cantas lembranzas quedaron de vós Alfonso de Chedas, noso campaneiro Cantas recordacións de Marisa de Sueiro Vós xa non estades entre nós. Cando vou polos camiños Sei que andades o meu lado Eu vos falo do pasado De cando iamos aos niños. Nos trapazales das forcavedras Ou xogabamos á estornela Brincadeira tan sinxela Ou os pelouros con cinco pedras. E no campo da Lagoa Ou aló no campo da Doca Xogabamos a pelota Esa lembranza magoa. Di lá no fondo do peito Por que non falades comigo Pero oídes o que eu digo Das cousas que temos feito. Eu quero o toque de Midas Facer dos soños a realidade E poder vivir na inmortalidade. Saber como as tramas, foron urdidas Prá traervos de volta, sandar as feridas Andar nos carreiros da eternidade. marzo de 2009 amigos da miña infancia que xa se foron
  18. 18. recordacións Perdeu seu compás a batida E non cicatriza a ferida Deste vello corazón Lonxe da aldeia querida Perdín o pracer da vida O sentido e a razón. Vivo de súas lembranzas Recordacións e esperanzas É unha única ilusión Retornar nesas andanzas Agarrarme as súas tranzas E revivir a emoción. De mirar seus nove muíños Que fixeron seus veciños Dende o de Roque o Zarabeto Todos no mesmo regueiro Dende o último o primeiro Hoxe resta o esqueleto. De oír os carros cantando Parece que me están chamando Pra que escoite seu lamento Xá ninguén ta se acordando Dos carros que ían cantando Quedaron no esquecimento. Na noite escura ir ao muíño Pra non tropezar no camiño Un fachico prós alumar. Ou a escondite á noite enteira Pra botar auga pra erveira Por que vivir é RECORDAR. xuño de 2009 fragmentos Saír de pandilla pra cantar os Reis No mes de xaneiro polo dia seis, Recollendo cartos pra unha causa nobre Sen dicir pra que, pra que ninguén cobre Ir de casa en casa, ata poñerse rouco, A causa foi un baile na palleira de Souto. Nos domingos a noitiña, ir brincar na carretera As rapaciñas do redondo, estaban a nosa espera Alegres e sorridentes, no esplendor da xuventude As mais bonitas de Ouzande, e tiñan aínda a virtude Querer os mozos de Alemparte, bonitos e intelixentes Con súas caras coradas, súas miradas ardentes. Para probar que o que digo é a mais pura verdade Os que quedaron, casaron e viven na felicidade. Tivo algúns que emigraron, en busca doutro destino. Foron polo mundo afora, foron sen rumbo e sen tino Das rapaciñas que quedaron, unha en súa intimidade Aínda sente miña falta, aínda chora de saudade. xuño de 2009 manolo de cabanas carreiros18 creación literaria
  19. 19. camiños pechados Están pechados meus camiños Camiños dos primeiros pasos Daqueles tempos escasos Con silveiras cheias de espiños Dos tempos sen mañán Tempos de falta de pán O noso pán de cada día Tempos de artesa vacía. Pero feliz adolescencia Dos meus amores primeiros Dos anos da inocencia Dos meus soños sobranceiros Deixei nos camiños gardados Que agora atopo pechados Pola pasaxe dos anos Ocultando desenganos. Eu vou reabrir os camiños Pra pisar nas mesmas pedras Ornamentados con hedras E niños de paxariños Tamén alí deixei amores Que mucharon como flores Amores puros e inocentes Que brotan como sementes. Neste triste corazón Arranco as silvas dos camiños Ferido por seus espiños A dor devólveme a razón Neles non hai mais amores Non renacen como as flores Oh. Meu Deus, ten piedade Arranca deste peito a saudade. maio de 2009 non me esperten do meu sono Non me esperten de meu sono Por que non quero ver como Están as veigas de Ouzande Dende o empalme a Castosande Pra non ver ese abandono Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Pra ver as veigas sen dono Están a monte a maior parte No Redondo ou Alemparte Pra non ver seu triste tono Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Eu quero ver en meu soño Como as veigas eran antes De plantacións deslumbrantes Cada planta con seu pomo Non me esperten de meu sono. Non me esperten de meu sono Non interrompan meu soño Nele vivo unha quimera. De sempre ser primavera Sen inverno nin outono Non me esperten de meu sono. xuño de 2009 creación literariamanolo de cabanas carreiros19
  20. 20. carreiros20 carreiros<#> a despedida Eu vou chorar de emoción Vou despedirme dos meus Adeus Ouzande querido, adeus Farei do choro unha canción. Un canto de despedida Que será a miña ofrenda Ao final desta contenda Meu Ouzande, miña vida. Esta se cumprindo meu fado Eu marcho pra nunca máis Levando meus tristes ais Comigo pra outro lado. Nunca mais retornarei Pra camiñar por teus carreiros Nin verei mais teus regueiros Nin farei o que soñei. Quedar mais tempo contigo Manoliño de Sueiro Ti fuches sempre o primeiro Es o meu millor amigo. Eu teño tanto pra dicir E meu tempo se esgotando Eu sin saber ata cando Deus vai deixarme vivir. Xa non sei mais miña idade Dezaoito anos vivín contigo Os outros foron castigo Foron dor, foron saudade. Oh meu Deus! Devolve este corpo a terra A terra sagrada de Ouzande Leva a dor que no corazón se expande Ven poñer fin a esta guerra. Xa non aguanto o sofrimento Non teño mais incentivo Que Deus me leve morto ou vivo. Pra terra do primeiro alento Teña piedade e non mande Nunca máis saír de OUZANDE. xullo de 2009 manolo de cabanas carreiros20 creación literaria
  21. 21. crónicacarreiros carreiros21 que cesen xa todas as guerras Senén Campos Maceiras Moitos manda máis parecen estarse divertindo pero morremos todos os demais nas guerras que eles están dirixindo. As mulleres, os anciáns, e os nenos andan sempre fuxindo por culpa de todas estas sen razóns e o mundo se está destruíndo e con el tamén moitísimas ilusións. Invéntanse moitas revolucións que ao final non serven para nada cámbianse os resultados das votacións e así todo parécenos unha inocentada. Entramos nunha encrucillada con isto da crise xa famosa non sabemos como acabará a xornada e a nosa vida vólvese penosa. Sofre o feo e sofre tamén a fermosa porque o pasado parécenos moito mellor a sensación de futuro non nos resulta ditosa e o panorama resulta bastante desolador. E nisto que chega Barack Obama... ¡o salvador! Ao que moito... case todos esperamos a ver se ao ser un presidente de cor cesan os racismos e nos irmandamos. A ver se somos por fin humanos e cesan xa as guerras malditas a ver se xa non nos matamos e hai paz entre palestinos e israelitas. A ver se dan convivido catedrais e mesquitas se a paz e o amor son o noso mellor alimento se as grandes cidades cosmopolitas non son para os bonitos bosques o seu tormento. Se perigosas seitas e relixións sen tento libérannos das súas imposibles prisións sentindo todos de novo a felicidade e o contento ao non someternos ás súas enganosas bendicións. Que cesen en fin pois todo tipo de agresións entre todos os seres vivos deste planeta que a dita e a alegría reinen en todos os corazóns e que nunca xamais cale a voz deste poeta. senén campos maceiras creación literaria carreiros21
  22. 22. carreiros carreiros22 crónica presentación de carreiros 7 Por primeira vez, decidimos facer unha presentación pública da nosa revista, e a verdade, foi todo un éxito. Nun principio, pensámolo para facela cadrar co magosto do ano pasado, pero o pasamento de Don Manuel, un dos socios fundadores da nosa asociación fíxonos cambiar de plans e as castañas ficaron para engalanar a mesa do local e para que cada persoa levase unha con cadanseu exemplar de Carreiros. O acto serviu tamén como homenaxe e recordo ao cura Castiñeiras, e así pedí- moslle a Noelia que interpretase unha peza á gaita na súa memoria. Polo demais, foi un acto moi concorrido, con numerosos socios e veci- ños da parroquia que asistiron ao mesmo e no cal disfrutamos dun fer- moso poema que nos enviou Manolo de Cabanas desde o Brasil, grava- do en vídeo. Tamén vimos e rimos moito con fragmentos da entrevista que este lle realizou a Florentino de Chedas, e que serviu para un mag- nífico artigo da man de Manuel de Topete. Ao final todos e todas co noso Carreiros no peto para a casa, a disfrutar del. nadal de cine e fin de ano No pasado Nadal tivemos ocasión de asistir a diversas proxeccións no noso local. O día 4 de xaneiro tivemos a ocasión de ver a entrevista completa de Manolo de Cabanas a Florentino do Rubio, ambos emi- grantes ouzandeses no Brasil. Comprobamos o bo facer xornalístico de Manolo, así como a lucidez e o sentido do humor de Florentino. Ademais serviunos para repasar, a través da azarosa vida do do Rubio, un descoñecido, para moitos, período da nosa memoria colectiva. Nesa mesma sesión tivemos a sorte de ver un pequeno documental no que se recollen as obras realizadas na Igrexa de Ouzande, nos anos 70, e na que aparecen colaborando numerosos veciños da parroquia. fin de ano 08 Xa é tradición ir comer as doce uvas ao campo da festa e logo ir de xolda para o local ata que o corpo aguante e dj adán tamén. Aí quedan as ima- xes.
  23. 23. crónicacarreiros carreiros23 asemblea xeral anual O 14 de febreiro deste ano 2009, celebramos a Xunta Xeral Anual, na que se aprobou o informe económico e de actividades. Traballouse tamén no deseño do programa anual e gozamos coas imaxes das activi- dades de todo un ano de asociación. A participación foi, unha vez máis, moi numerosa e activa, e rematamos a tarde compartindo un rico cho- colate quente con biscoitos. a carroza electoral do entroido Desta volta Ouzande viviu un carnaval cheo de alegría e humor pero coa cor propia das grandes citas electorais ao cadrar nas vésperas das elec- cións ao goberno da Xunta de Galicia e, polo tanto, coa súa campaña electoral. Así foi que o tractor máis entroideiro da bisbarra colleu forma de carro- za... electoral, con lemas que parodiaban todas as opcións políticas dis- frazándoas de botellas de bebidas. Os carteis do "Filloó 2009" pasaron a ser unha botella de gasosas, os do "Touritón" correspondéronse coa botella de cognac do touro. Por último un cartel que presidía a compar- sa lembraba que “a túa forza move este tractor”. Moitas risas mesturadas con globos e adornos de todo tipo subidos ao tractor electoral foron os que puxeron as persoas que a el se subiron vestidos, coma é costume, dos máis variados modos para percorrer os distintos lugares da parroquia. Capitaneados polas coplas dos xa tradi- cionais Cegos do Entroido e acompañados por música ao vivo non dei- xaron títere con cabeza. Ao final da traxectoria e logo de convencer a ninguén para que votara ou bebera unha ou outra cousa, os cegos fixeron unha última parada para cantar as súas coplas na taberna e déronlle paso á degustación de todos os manxares propios desta festa no local parroquial. Despedimos este carnaval 2009 coas palabras que berraban os nosos ceguiños"...e que viva o entroido!!!"
  24. 24. carreiros carreiros24 crónica ouzande nas beiras do miño O 31 de maio de 2009 será recordado en Ouzande por unha viaxe que nos levou ata as augas do río que une Galicia e Portugal para coñecer Tui, capital do Baixo Miño e, xa en terras minhotas, Valença e Monção. Tui é unha desas vilas ás que a historia fai que lle chamemos cidade, unha sufridora nata pola súa condición fronteiriza dende o medievo. O que máis destaca é que se conserve tan ben a súa estrutura e que o cemento e o asfalto respetaran o seu ilustre casco histórico. Tui asénta- se sobre un outeiro xa, posiblemente, dende tempos prehistóricos, pero será entre os séculos XII e XV cando se constitúa como a coñece- mos hoxe, coa súa impoñente catedral dominando a vila. A nosa visita comezou precisamente por aí, pola catedral, coa axuda dun guía que nos ofreceu unha completísima información sobre a mesma. Chamou a atención que presumira tanto de ser de alí, do lugar onde se conservan cousas únicas a nivel europeo. Tanto chamou a aten- ción que mesmo nos deu por sospeitar que fose un pouco esaxerado. O caso é que non mencionou o San Telmo, patrón da cidade, como santo non beatificado, cousa que estivemos agardando e ninguén se atreveu a preguntar para non ferir sensibilidades miñotas. Durante a visita guia- da descubrimos a impoñente fachada occidental, a primeira obra góti- ca da península que recorda á obra do Mestre Mateo no Pórtico da Gloria da catedral compostelá. Sempre levamos estoutro templo na mente e tendemos a comparar, no caso da de Tui cadra coa de Santiago en ter planta de cruz latina ou en conservar capiteis nas columnas deco- rados igualiños aos da igrexa de Ouzande. Pero polo demais, a tudense, é unha obra moi singular ao estar situada aos pés do Río Miño, é o que lle dá ese aire de fortaleza defensiva. Tivemos a oportunidade de subir a unha das torres e gozar coas amplas vistas. Hoxe son os visitantes os que fan uso delas, pero en tempos era un recurso para a defensa da cidade. Paseando polo casco histórico de Tui puidemos ir descubrindo outras das marabillas da cidade. O primeiro en encontrarnos foi o palco de música que foi restaurado a finais do século XIX e así de fermoso se con- serva a día de hoxe. Alí á beira está o monumento a un tudense históri- co, Frei Rosendo Salvado, fundador de Nova Nursia (Australia) e coñeci- do por introducir as primeiras sementes de eucalipto en Galicia. A igre- xa de San Telmo, que está pola parte de atrás da catedral, é a única mostra do estilo barroco portugués ("manuelino") en territorio galego
  25. 25. crónicacarreiros carreiros25 e foi levantada enriba da casa deste frade dominico. O máis gratificante ao visitar Tui é pasear polas súas rúas nese sube-baixa constante, entre escaleiras e pasadizos e, como non, facer unha paradiña a xeito de "sesión vermouth" para compartir conversa cos veciños. O xantar fómolo facer ao monte, e estando no Baixo Miño era fácil a escolla de monte, porque a só sete quilómetros da zona histórica de Tui está o coñecido Monte Aloia, un parque natural cunhas fermosas vistas e zonas de recreo. Bo lugar este para descansar e prepararnos para cru- zar a fronteira camiño de Valença do Minho. Os romanos xa tiñan feito este camiño dende o sur e camiño cara Lugo (Via XIX a Lvcus Augusti) ou cara á costa galega (Per Loca Maritima), sobre as pedras das súas calzadas habían pasar desde o medievo e ata hoxe romeiros e peregrinos camiño de Santiago (Camiño Portugués). En sentido contrario iriamos nós para atravesar o Miño pola ponte de ferro que construíu un discípulo de Eiffel para o paso de persoas, carros e trens. Cunha calor abafante chegamos á fortaleza de Valença do Minho. É este un lugar máis amurallado e pechado que Tui e máis explotado turisticamente. Atravesar a fronteira fixo que afloraran os recordos dos problemas para pasala ou o como era Portugal antigamente. Entre locais de hostelería e comercio podemos atopar distintas igrexas de estilo manuelino, un miliario que sinalizaba en época romana a calzada ou gozar coas inmensas vistas cara a terras galegas. Non hai moito tempo que Valença e Monção estaban unidas por un tren que ía pola beira do Miño río arriba. Ao se perder esta ruta, o goberno portugués construíu unha "ecovía" que une as dúas vilas cun roteiro para facer a pé ou en bicicleta cun entorno e unhas vistas impresionan- tes. Nós fixémola pero en autobús, ao carón da vía vai o Miño e maila estrada nacional pola que nos movemos gozando igualmente desta zona "de alá" tan descoñecida para "os de aquí". A pesar de non ser moi sonada, a vila de Monção é moi populosa, linda con Salvaterra de Miño, coa que está unida por terra dende 1995 por unha ponte. Presume esta vila de ser terra de termas e de alvarinho, posto que se cultiva con forza o mesmo viño que do outro lado ten denominación de Rías Baixas. O turismo que chega a Monçao faino principalmente polas súas augas sul- furosas e polo entorno de parques de recreo e o casco histórico da vila. A nosa visita desembarcou na Avenida da Estação para pasear polo casco histórico; "muralhas", Praza da República, Praza de Deu-la-deu, igrexa, mirador sobre o río... un fermoso lugar para sacarmos unha foto de recordo. Foi este o punto desde o que fixemos o retorno a Ouzande, fantaseando sobre posibles destinos para o ano que vén.
  26. 26. carreiros carreiros26 crónica o lumeiro Prezados veciños e veciñas: O meu home é un langrán, como non vale para nada decidiu coller unha baixa, disque ten lumbago de tantolevar pesos ao lombo. Por este motivo é que me presento eu como a súa substituta no traba- llo que tiña na súa axenda para o martes 23 de xuño á noitiña. Disque lle tocaba tolearvos para que non o queimarades no lumeiro. Non sei se xa estará el dispoñible, de non ser así, habedes de tolear comigo. Vos veredes o que facedes. Se queredes ir de parranda ao campo da festa na noite do lumeiro atédevos ás consecuencias. E isto non é unha ameaza. Sen outro particular saúdavos porque non lle queda outro remedio Saqueta, a Muller do Home do Saco. Esta foi a carta que apareceu en todas as casas uns días antes do 23 de xuño. Nos non lle fixemos caso e fomos, e pasámolo ben. Fomos por flo- res, fixemos a auga, armamos o boneco, levámolo ao lume, queimámo- lo, queimamos todo o malo que quixemos, comemos, bebemos, baila- mos, saltamos fogueira, e lavámonos coa auga das flores. Que ben o pasamos, Saqueta. roteiro do regueiro de arcos O pasado primeiro de maio botámonos a andar polos carreiros de Arcos. Percoremos os camiños de Ferreiros co obxectivo de descubrir as orixes do Río Gallo, o que os ouzandeses chamaban Regueiro de Arcos. Saímos ás 10 da mañá da Taberna de Ouzande para subir en coches ata a aldea de Ferreiros, alí deixámolos para facer uso de varias pistas fores- tais que nos habían levar até o regueiro. Alí marabillámonos da fermo- sura deste espazo e botámonos a andar regueiro arriba, deixámonos seducir polos caprichos da natureza, saltamos coma cabras de penedo en penedo e rimos á esgalla. Vimos o que supostamente é un batán e muíños, moitos muíños. Atravesamos a pontella de Arcos, a que levou a máis dun ouzandés cara Arcos co fin de mocear. Recordamos as histo- rias que moitos escoitamos do medo que daba atravesar esta zona de noite. Dámos creto, debe dar medo. O remate foi nunha fermosa fer- venza, da que tivemos que saír nunha operación de escalada á ouzan- desa..., xa onda os coches esperábanos unha espedición de cabaleiros e cabaleiras da parroquia. O bo tempo axudou a pasarmos unha bonita e animada mañá de primavera en compaña fervenceira. IV ruta das letras Para a tarde do 16 de maio tiñamos preparada unha nova edición da Ruta das Letras, cun bo lote de libros para todos, cedidos por Edicións Xerais. Tamén tiñamos planeado un roteiro ata o Pedroso e a Pedralba, pero subindo por camiños que non exploraramos noutras ocasións, a través do Monte do Topete e da Somoza. Pero choveu moito, moito. Quedamos na taberna a agardar, mais non parou. Gardámola para o 2010.
  27. 27. crónicacarreiros carreiros27 aí ven o globo! Viñeron moitos globos o día 9 de agosto de 2009.
  28. 28. carreiros carreiros28 crónica Pasamos medo. É mellor que non veñades. unha noite no muíño
  29. 29. crónicacarreiros carreiros29 II fervenza de músicas Noite de moita música e festa. O día 11 de setembro, véspera das Festas do Socorro, organizamos a segunda Edición da Fervenza de Músicas en Ouzande. Cinco propostas e moitas ganas de bailar e pasalo ben. O posto do polbo non daba feito, cando a música dos Regato de Matamulleres xa comezara a dar mostra do seu bo facer. Colleron o tes- temuño os Xeitosos de Trazo e Pana Raiada, de Santiago; dúas agrupa- cións moi con moito xeito e calidade, que puxeron a bailar a todo o mundo, e a cantar tamén. Cé Orquestra Pantasma causou sensación, pois a súa orixinal proposta, de home orquestra encandilou á parroquia, e ademais animando moito a festa. Para o final os nosos Retrouso, que firmaron unha actuación soberbia, mostrando cada día os seus progre- sos. Ao final todos xuntos, a tocar, a cantar e a bailar. Por alí andaron tamén as de Antena 3 gravando. Á súa maneira, fixeron festa tamén.
  30. 30. carreiros carreiros30 crónica clases de música e baile A verdade é que a nosa pequena "Escola" de música e baile tradicional estase a consolidar pouco a pouco. Neste curso, case medio cento de persoas, de Ouzande e de outras parroquias asisten ás clases dándolle aos sábados un color musical especial na aldea. Todas as clases incrementaron o número de participantes, especialmen- te as de baile e pandeireta, e mesmo tamén houbo varias incorpora- cións na de gaita, que xa estaba completiña. Ademais este ano iniciaba- mos formalmente as clases de tambor, e temos, a día de hoxe, oito par- ticipantes de todas as idades. Todo un éxito! Agardemos manter este nivel e poñer o noso grao de area na conserva- ción e difusión da nosa música. Queremos tamén manifestar o noso agradecemento aos tres profes, por todo: Marcos Varela (gaita), Silvia Martínez (pandeireta e baile) e Alex Ayude (tamboril). Vémonos nos Campos de Festas!
  31. 31. a fervenza de ouzande, premio san martiño de normalización lingüística O 12 de novembro de 2009, no Teatro Principal da Estrada entregáronnos o premio e Xabier dixo isto: Os compoñentes da Xunta Directiva da Asociación: Natalia de Sueiro, Manuel de Topete, Rosa de Cabanas, Manuel, da Casa do Rubio, Malusa da Cardalda, Julio de Sueiro, Laura de Topete, Manolo da Taberna, Loli de Cabanas, Xabier Adán o Becario, Alex Ayude e Noelia da Casa do Rubio. E tamén quen foron parte e seguen a estar: Ánxel de Chedas, pri- meiro presidente, Conchita de Xestoso , Teri da Cardalda, Belén de Obdulia, Miguel de Sueiro, Adolfo da Rega, e quen lles fala, en nome dos máis de 250 socios e socias da Fervenza de Ouzande, xentes de toda idade, caste e pensamento, queremos expresar o noso sentido agradecemento á AC O Brado e ao Padroado dos Premios San Martiño a con- cesión desta distinción, e as fermosas palabras que nos adicaron na súa xustificación. Poder estarmos á beira de personalidades que forman parte da historia do noso país, como o Fiscal sr. Varela García e o escritor e investigador Sr. Franco Grande, supón para nós unha honra quizais excesiva. A Fervenza de Ouzande naceu o verán de 2001 coa modesta intención de dinamizar a vida sociocomutaria da nosa parroquia, así como para intentar preservar e mellorar o noso patrimonio cultural, arquitectónico e natural. Desde un primeiro momento escollemos a lingua galega como vehículo natural de comunicación, porque queriamos facelo así. Recibir este premio por facer o que queriamos e o que debiamos supón para nós un gran reconforto e ánimo para seguir adiante no noso labor. Unha das actividades que promovemos que goza de máis favor e participación é a excur- sión anual na que imos gozando pouco a pouco dos máis fermosos lugares do noso país: Nun luminoso día de primavera do ano 2005 fomos a Corrubedo e descubrimos que máis alá da duna había un mundo. Serverino de Carlota, daquela un dos socios de máis idade e que nos deixou xa hai algún tempo, volvía a modiño polo carreiro de táboas. Cando che- gou onda nós, díxonos que estaba canso, que daba volta, que fora ata o cumio da duna para ver o que había despois, e aínda había outro tanto. Dixo que era como o conto daquel home que nunca pasara da Pontevea e que cría que alí remataba o mundo. Dunha vez que cruzou para alá volveu dicindo: “Pero canto mundo hai despois, outro tanto como para acá! Nós, un día, fixemos como Severino, subimos ao alto, miramos, mais seguimos para dian- te a ver o que había. E atopamos os camiños da Fervenza e dos Muiños cheos de silvei- ras, intransitables. E fomos limpar para poder andar por eles. E todos os anos volvemos limpar e andar camiños. E atopamos o local social de Ouzande, no soto dun vello palco da música, desfeito e sen vida, e limpamos e pintamos tardes de verán en vez de ir á praia. E construímos a nosa verdadeira cidade da cultura, aínda que cando chove moito teñamos que enxugar a auga que o asolaga coas nosas propias mans. E foi entón lugar de reunión, de festa, de contos, de teatro, de maxia, de música, de libros, de Asemblea, de merenda, de fin de ano, de aprender Astronomía, de Cogomelos, de Saúde, de tecer cestos, de ceas, de clases de música e baile, de facer e refacer a cotío. E tamén aprendemos a vender moitas e fermosas camisetas, viramos en especialistas en carros de viño e polbo e churrasco para facer uns cartiños para ter canda nós tanta músi- ca da nosa, da de sempre e da de agora, na lingua que falamos. E xogamos moito no campo da festa e no adro da igrexa. Con maiores, con nenos e nenas, e por iso cada catro anos, só en Ouzande, temos Xogos Oulímpicos,. E disfrazámonos, e cantamos coplas, e asamos castañas, e queimamos o home do saco, entre todos e todas. Mesmo aprende- mos a tocar as campás, nós e mais os que quixeron, un fin de semana de outono, da man sabia de Alfonso de Chedas, que hoxe ha estar repenicando no ceo os sinos da nosa memoria. E quixemos escribir o noso presente e tamén o pasado para que quedase para o futuro. E tecemos Carreiros, a nosa revista, o libro como lle chaman en Ouzande, e que, cada ano, chega co outono. Ao final, con todo isto e máis, conseguimos algo que non estaba estaba escrito nos Estatutos, sermos un pouco máis felices, coma hoxe. Nesta sala están presentes moitas persoas que teñen a responsabilidade de decidir, de mirar polo ben común. Queremos pedirlles que no desempeño da súa función, sexan xus- tas co noso idioma e a nosa cultura. Humildemente, pensamos que iso non quere dicir manter unha aparente neutralidade. Debe ser neutral o árbitro na contenda, mais non estamos diante de contenda ningunha. Ser xustos é lexislar en favor daquelas realidades que presentan unha maior fraxilidade social. E, nalgúns ámbitos, esa é a situación do gale- go. Ser xustos é favorecer ao idioma, sen que isto supoña prexuízo para nada nin para nin- guén. Mais, como a lingua tamén a construímos todos e todas, queremos facer extensivo o noso rogo a todos nós, a pais e nais, e pedirlles que non releen a formación dos seus fillos. Que non lles troncemos os azos con que afrontar o futuro. Quitarlles a posibilidade de medrar no que lles é propio, no que os nosos pais e as nosas nais nos aprenderon non garante nin mellor educación, nin tan sequera máis felicidade. Para ir rematando, queremos dedicar este premio a todas as persoas que encetaron o camiño con nós, que nos aprenderon a coidar e a amar o noso, e que hoxe xa non están. No seu nome quixeramos citar a dúas delas que nos deixaron nos últimos meses: En primeiro lugar a Don Manuel, o crego de Ouzande e mais da Estrada. Socio fundador, e a quen debemos en gran parte o nome da nosa asociación, “porque fervenzas hai moi- tas, pero a nosa e a nosa”. Manuel Castiñeiras foi un constante é cómplice valedor desta asociación, colaborador activo na vida asociativa. Os veciños e veciñas de Ouzande, temos ademais, moitos motivos para recordar con agradecemento a súa xenerosa contribución ao desenvolvemento material e social da nosa parroquia. E en segundo lugar, a Carme Sanmartín, nacida Carmiña da Eira de Castrorramiro da Somoza, tamén socia fundadora e colaboradora entusiasta deste noso proxecto. Ademais, Carme gardaba na súa memoria o tesouro das palabras da lingua, e entre outras moitas cousas, e perdoen que agora fale en primeira persoa, aprendeume o que era un ganduxo, e a botalo tamén. Eles dous han estar tan orgullosos coma nós, ou se cadra máis, no día de hoxe. Remato dando unha vez máis as grazas por este recoñecemento, e mentres tanto nós coma sempre, seguimos a andar, seguimos a falar. Nunca menos. crónicacarreiros carreiros31
  32. 32. noelia bouzón xabier de camba manuel de topete laura de topete rosa de cabanas (deseño, ilustracións e maquetación) Imaxe do consello de redacción acompañado polo noso colaborador en Brasil Manolo de Cabanas, e a súa neta Nataly. Fotografías: Arquivo Carreiros e Noelia Bouzón (Retrouso de viaxe). Fotografía páxina 3: Tito Durán. Fotografías artigo Manolo de Chedas: cedidas por Manolo de Chedas. Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración. Tamén agradecemos a colaboración de Manolo de Cabanas, que realizou a entrevista a Manolo de Chedas, base do artigo de Manuel Rosende, así como os seus poemas. Agradecemos tamén o poema de Senén Campos. carreiros carreiros32 consello de redacción publicación promovida pola ac a fervenza de ouzande ouzande a estrada www.carreiros.blogspot.com carreirosouzande@gmail.com subvencionado por: compartimos fervenza dende o principio até o final

×