Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Evolución e xenética de poboacións

156 views

Published on

Evolución e Xenética de poboacións

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Evolución e xenética de poboacións

  1. 1. EVOLUCIÓN E XENÉTICA DE POBOACIÓNS Profesor: Adán Gonçalves
  2. 2. 1. A EVOLUCIÓN BIOLÓXICA A evolución biolóxica é o proceso continuo de transformación das especies ao longo do tempo. Actualmente, ninguén (ou case) discute o proceso evolutivo, xa que temos probas irrefutables, pero non sempre foi así... A cabalo entre os séculos XVIII e XIX dous xeitos de ver o mundo natural enfrontáronse. Estas dúas correntes de pensamento son o fixismo e o evolucionismo.
  3. 3. O fixismo afirma que as especies son inmutables, é dicir que non sufriron cambios dende que foron creadas. Ao longo da historia houbo e todavía hai, distintas teorías fixistas baseadas nesta idea: Creacionismo (Linneo), Catastrofismo (Cuvier) e o Deseño intelixente. As características das teorías fixistas son:  Visión antropocéntrica do mundo.  Idea dunha Terra duns 6000 anos de antigüedade.  Falsas evidencias de “sentido común” p.e.: a escala humana as especies non cambian. 2. FIXISMO: AS TEORÍAS FIXISTAS
  4. 4. Fixismo: Creacionismo No século XVIII o botánico sueco, Carl Von Linné (Linneo), consideraba que as especies foran creadas dunha maneira independente, permanecendo invariables ao longo do tempo. Sostiña que “existen tantas especies diferentes como formas creou o Supremo Creador”. Sobre esta idea construíu o gran Sistema Natural de clasificación de plantas e animais, que aínda se usa hoxe en día. Fixismo: Catastrofismo En 1798, outro naturalista, o francés Cuvier, propuso unha modificación da teoría anterior aproveitando o descubrimento dos fósiles. O catastrofismo de Cuvier explicaba a existencia de fósiles como mostra dos seres vivos que se extinguiran debido a grandes catástrofes, como a do diluvio universal da Biblia. Despois de cada cataclismo, Deus creaba novas especies animais e vexetais.
  5. 5. Fixismo: O Deseño Intelixente O deseño intelixente parte da idea de que non é posible explicar a complexidade da vida e das distintas especies que habitan o planeta por simple azar. Establece polo tanto que hai un máximo facedor (Deus: o deseñador da vida) que é o responsable da biodiversidade. Vídeos: “A Herdanza do vento”
  6. 6. 3. EVOLUCIONISMO: AS TEORÍAS DA EVOLUCIÓN Xa no século XVIII hai naturalistas e científicos que defenden unha idea evolucionista, entre eles destacan Buffon (fala da evolución por dexeneración e os cambios para adaptarse) e Erasmus Darwin (o avó de Charles Darwin, que fala da transmutación das especies). Buffon Erasmus Darwin
  7. 7. Evolucionismo: o lamarckismo A primeira teoría evolucionista é o lamarckismo. As súas ideas básicas son: •Os organismos cambian necesariamente, tendendo a unha maior complexidade e perfección. •Os cambios nas condicións ambientais fan que as especies modifiquen os seus hábitos. Os hábitos dos seres vivos determinan os cambios que se producen neles: se un órgano se emprega moito, desenvólvese, mentres que un que non se usa atrofiarase. (Lei do uso e o desuso). A necesidade pode incluso crear un órgano novo. (A función crea ao órgano). •Os cambios adquiridos desta maneira, transmitiríanse á descendencia. (Herdanza dos caracteres adquiridos) Da acumulación progresiva destes cambios xurdiría unha nova especie.
  8. 8. A evolución do colo das xirafas segundo Lamarck Os antepasados das xirafas tiñan o colo pequeno, e alimentábanse de follas de arbustos e ramas baixas das árbores. Cando comezaron a escasear, un impulso interno levounas a estirar cada vez máis o colo, para así poder chegar ás ramas situadas a máis altura. Estes alongamentos, herdados xeración tras xeración, durante millóns de anos, conduciron a aparición da especie actual. Evolucionismo: Lamarckismo
  9. 9. O lamarckismo chamouse tamén teoría dos caracteres adquiridos, resaltando con iso un dos seus principais erros, xa que as modificacións corporais adquiridas por un individuo non son transmisibles á descendencia. Só poden transmitirse as modificacións xenéticas que afectan aos seus gametos. Cada persoa fórmase a partir da célula ovo ou zigoto que se orixina na fecundación, por unión dun óvulo e un espermatozoide. A información xenética que transmiten os pais aos fillos é aportada soamente por esas células, polo que calquera modificación que non lles afecte non poderá ser transmitida aos descendentes. A información xenética está contida no ADN, unha molécula con forma de dobre hélice que se atopa fundamentalmente no núcleo de todas as células e tamén nos gametos. • A información contida no ADN para as distintas características dos seres vivos chámase xenotipo. O xenotipo é o conxunto de instrucións que dirixen o desenvolvemento do organismo. • As características que amosen os diferentes seres vivos dependen do seu xenotipo, pero tamén están determinadas polos factores ambientais. Para referirnos ás características que amosa un individuo (resultado da interacción do xenotipo co medio no que se atopa) utilizamos o termo fenotipo. Evolucionismo: Os erros do Lamarckismo
  10. 10. Evolucionismo: Darwinismo O naturalista británico Charles Darwin (1809- 1882), cando só tiña 22 anos, formou parte da expedición científica que a bordo do Beagle deu a volta ao mundo en 5 anos. Durante esta viaxe tivo ocasión de recoller moitos datos a partir dos cales deduciu unha nova teoría da evolución, que publicou en 1859, estimulado pola competencia de Alfred R. Wallace, que chegara ás mesmas conclusións ca el. Na súa obra A orixe das especies, Darwin explica que o proceso evolutivo baséase en dous factores: a variabilidade da descendencia e a selección natural. Charles Darwin Russel Wallace
  11. 11. Os naturalistas Charles Darwin e Alfred Russel Wallace ofreceron unha nova visión da evolución. Esta teoría denominada darwinismo está actualmente aceptada. Ambolos dous científicos, por separado, chegaron as mesmas conclusións para tentar explicar a orixe da biodiversidade. A evolución, segundo a súa teoría sucede por azar e sen unha finalidade. Antecedentes do darwinismo  Unha viaxe: Darwin nas illas Galápagos e Wallace no arquipélago malaio obtiveron probas claras da evolución.  Un economista: Thomas Malthus. Do que extraeu Darwin a idea da loita pola supervivencia.  Un xeólogo: Charles Lyell. Do que recolle Darwin a idea do cambio gradual ao longo do tempo. Evolucionismo: Darwinismo
  12. 12. As ideas desta teoría son:  Nacen máis individuos de calquera especie que os que poden sobrevivir (os recursos son limitados).  Entre os individuos existen diferenzas herdables.  Prodúcese unha selección natural, de maneira que os organismos que posúen unha característica vantaxosa sobre os demais sobrevivirán e reproduciranse máis cós outros. Polo tanto o motor da evolución é a selección natural.  A poboación vai cambiando gradualmente, xa que cada vez haberá máis individuos coa variación vantaxosa.  Eso si, os máis adaptados nunhas circunstancias poden non selo noutras. Evolucionismo: Darwinismo
  13. 13. Na poboación inicial todas as xirafas teñen o colo curto Na poboación inicial hai xirafas con colo de diferentes tamaños A necesidade de chegar ás ramas altas fai que o colo vaia aumentando de tamaño A capacidade de chegar ás ramas altas proporciona unha vantaxe ás xirafas de colo longo, que sobrevivirán e se reproducirán máis cás outras. Co paso do tempo, as xirafas terán colos longos Co paso do tempo, as xirafas terán colos longos Contraposición: Lamarckismo-Darwinismo
  14. 14. Os problemas e apoios do Darwinismo na súa época Problemas:  Darwin non foi quen de explicar a orixe da variabilidade entre os individuos.  As ideas de Darwin chocaron frontalmente coas ideas predominantes na súa época. Apoios:  Houbo unha amplia aceptación na comunidade científica.  A coincidencia nas conclusións cos estudos de Wallace no arquipélago malaio.
  15. 15. Aínda que Mendel foi contemporáneo de Darwin, este non coñeceu o seus descubrimentos sobre as leis da herdanza. O descoñecemento da xenética foi unha das principais limitacións da teoría de Darwin, que non explicaba como se orixinaba a variabilidade entre os individuos dunha poboación nin como se transmitían as variacións vantaxosas. Darwin e Mendel
  16. 16. Para que haxa evolución precísase variabilidade. Os mecanismos que permiten que haxa variabilidade son a mutación e a recombinación xenética (nos organismos con reprodución sexual). Ambolos dous mecanismos supoñen cambios no ADN, e polo tanto transmisión aos descendentes. Estos cambios poden supoñer unha vantaxe adaptativa, unha desvantaxe ou ser neutros dende o punto de vista adaptativo. As mutacións e a recombinación xenética xeran as variacións herdables sobre as que actúa a selección natural. 4. A ORIXE DA VARIABILIDADE
  17. 17. 5. A PRESIÓN DE SELECCIÓN E A ADAPTACIÓN O medio influe de xeito decisivo nos seres vivos. En ocasións, a supervivencia é difícil, especialmente cando as condicións cambian. Aqueles factores que afectan de maneira negativa á supervivencia dos individuos denomínanse presión de selección, e a súa consecuencia é a selección natural. Os individuos dunha poboación están continuamente sometidos á presión de selección do medio. Aqueles individuos que presenten algunha variedade que supoña unha vantaxe para superar unha determinada presión de selección sobrevivirán e a súa probabilidade de reproducirse será maior. Despois de moitas xeracións, os individuos dunha poboación estarán adaptados ao seu medio; este proceso que se produce nas poboacións como consecuencia da presión de selección e a selección natural chámase adaptación. A variabilidade inflúe de xeito decisivo na capacidade de superación da presión de selección, e polo tanto, na supervivencia da especie.
  18. 18. 6. A EVOLUCIÓN: UN FEITO OU UNHA TEORÍA? En ocasións dise que a evolución é un feito contrastado, pero tamén se fala de "teorías" evolutivas. Significa isto que hai discrepancias entre os científicos á hora de valorar a evolución e a súa consistencia? En ciencia, un feito é algo que está confirmado. Por exemplo, que a Terra xira arredor do Sol. Os feitos deben ser explicados por teorías; éstas poden facelo mellor ou peor, pero non poden negalos. En calquera caso, que unha teoría non consiga explicar ben un feito, non anula nin permite cuestionar ese feito. Así, os científicos poderán explicar ben ou mal porque xira a Terra arredor do Sol, pero a Terra non deixará de xirar se a explicación é incorrecta. Os datos e argumentos que se achegaron a favor da evolución son tantos e tan concluíntes que a evolución considerase un feito histórico. Ningún científico actual nega a evolución, non existe debate ningún na comunidade científica. O que se debate é como se produciu a evolución, é dicir, a explicación teórica deste feito.
  19. 19. 7. AS PROBAS DA EVOLUCIÓN Probas Paleontolóxicas Baséanse no estudo dos fósiles (restos de seres vivos que viviron no pasado e quedaron preservados). Os fósiles máis antigos correspóndense cos organismos máis sinxelos. Actualidade Hai 540 millóns de anos
  20. 20. Probas Paleontolóxicas En certos casos existen multitude de fósiles que fan posible reconstruír con detalle o proceso evolutivo seguido por certas especies, como por exemplo os restos fósiles do cabalo. Noutros casos, os restos fósiles permítennos mostrar os estadíos de transición dun grupo de seres vivos a outro. Por exemplo, o fósil Archaeopterix ten características intermedias entre aves e réptiles, o que pon de manifiesto que as aves actuais derivan dos réptiles primitivos. Evolución extremidades nos cabalos Archaeopteryx, tiña plumas e peteiro como as aves e cola e dentes como os réptiles
  21. 21. As similitudes estruturais das extremidades anteriores de diferentes mamíferos só poden explicarse se se asume que descenden dun antecesor común. Son órganos homólogos e fálase de diverxencia adaptativa. (mesma orixe, distinta función) Os órganos análogos demostran como estruturas de especies non emparentadas evolucionaron de maneira semellante porque desempeñan funcións similares. Falamos neste caso de converxencia adaptativa. (distinta orixe, mesma función) Os órganos vestixiais non teñen función na actualidade, pero son “restos” de órganos funcionais dos antepasados das especies que os presentan. Probas Anatómicas (Anatomía comparada)
  22. 22. Os vertebrados en estadíos temperáns de desenvolvemento presentan moitas semellanzas (branquias e cola), que evidencian a súa orixe común. Probas Embriolóxicas (Ontoxenia-Filoxenia)
  23. 23. Todos os seres vivos están formados polos mesmos elementos químicos. Todos fabrican as súas proteínas a partir dos mesmos 20 aminoácidos, seguindo as instrucións proporcionadas pola mesma molécula: o ADN. A comparación entre secuencias de ADN e proteínas de diferentes especies permite calcular a súa relación evolutiva (a máis semellanza, maior grao de parentesco evolutivo). Árbore filoxenética dos mamíferos. As árbores filoxenéticas representan as relacións evolutivas entre diferentes especies. O parentesco é maior canto máis próximo é o último antepasado común. Probas Moleculares (Bioquímicas)
  24. 24. Os organismos de dúas rexións son máis semellantes canto máis cercanas están. Esas especies próximas proveñen dunha única especie que orixinou as demais, ao irse diferenciando os grupos de individuos por adaptación ás condicións de cada lugar concreto. Un exemplo característico son os pinzóns das illas Galápagos estudados por Darwin, con diferenzas debidas á adaptación a diferentes tipos de alimentos ou as grandes aves non voadoras distribuídas polo hemisferio sur: ñandú sudamericano, avestruces africanas e o emú australiano. Probas Bioxeográficas
  25. 25. A teoría sintética da evolución, formulada a mediados do século XX (Dobzhanski, Mayr e Simpson), reformulou a teoría da evolución por selección natural, aportando os coñecementos da Xenética e outras disciplinas. Esta teoría baséase nos seguintes puntos:  Non evolucionan os individuos, senón as poboacións (a selección natural actúa sobre o conxunto de xenes da poboación).  A orixe da variabilidade está nas mutacións (cambios na secuencia de ADN dos individuos) e na recombinación xenética. Estas mutacións, ao ser ao azar, poden resultar neutras, prexudiciais ou beneficiosas. Neste útimo caso, os individuos que as posúan serán favorecidos pola selección natural. Ao ser cambios no material xenético, as mutacións son herdables. O cambio evolutivo é gradual e lento, debido á acción da selección natural sobre unha poboación ao longo das xeracións. Debido a esta idea, a esta teoría chamóuselle tamén gradualismo. 8. A EVOLUCIÓN DEPOIS DE DARWIN: A TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN
  26. 26. Podemola resumir, polo tanto, nos seguintes puntos:  Rexeita o lamarckismo  A variabilidade xenética débese as mutacións (en todos os organismos) e a recombinación xenética (seres vivos con reprodución sexual)  A selección natural actúa sobre a variabilidade xenética  Evolucionan as poboacións que van cambiando a medida que varían as frecuencias alélicas.  Os factores que fan variar as frecuencias alélicas dunha poboación son a selección natural, as mutacións, as migracións e a deriva xénética.  Para que unha poboación orixine unha nova especie debe existir un illamento reprodutivo.  A evolución é gradual 8. A EVOLUCIÓN DEPOIS DE DARWIN: A TEORÍA SINTÉTICA DA EVOLUCIÓN
  27. 27. 9. O EQUILIBRIO PUNTUADO En 1972, N. Eldredge e S. Jay Gould expuseron a teoría do equilibrio puntuado. Esta teoría baséase esencialmente en datos obtidos do estudo do rexistro fósil:  No rexistro fósil é pouco frecuente atopar formas intermedias.  Tamén se observan longos períodos sen cambios ou con pequenos cambios (equilibrio ou éstase).  Noutros puntos atopamos períodos curtos con grandes cambios. En conclusión, para os defensores desta teoría: o proceso evolutivo non é sempre gradual. Os gradualistas, incluíndo ao propio Darwin, defenden que isto é así porque o rexistro fósil simplemente é incompleto.
  28. 28. Os autores desta teoría do equilibrio puntuado, non negan a existencia dunha evolución gradual, pero indican que ésta so podería xerar a variación dentro dunha especie ou entre especies moi próximas (microevolución) e que as diferenzas entre os grandes grupos taxonómicos deberíanse a cambios máis rápidos e puntuais (macroevolución). En definitiva, a evolución sucede basicamente de forma irregular, con paradas bruscas e aceleróns. Podemos resumir a teoría nos seguintes puntos:  A especiación é en mosaico (ramificada) a partir dun ancestro común e non necesariamente lineal como defenden os neodarwinistas.  No proceso hai períodos longos sen cambios (éstase) con etapas de transformación rápida (especiación)  A formación da nova especie dase nunha subpoboación (tamaño limitado) que quedou illada da poboación orixinal. 9. O EQUILIBRIO PUNTUADO
  29. 29. Cambios graduales Sen cambios éstase Cambios bruscos Cladoxénese Este modelo supón:  O proceso de formación de especies está entre 5.000 e 50.000 anos .  Os fósiles mostran que unha especie non cambia substancialmente na súa existencia (éstase)  O mecanismo evolutivo é rápido e por ramificación (cladoxénese) 9. O EQUILIBRIO PUNTUADO En definitiva o equilibrio puntuado propón basicamente cambios na interpretación do proceso evolutivo en base a dous aspectos:  O ritmo da evolución.  O modo de especiación.
  30. 30. 10. A SIMBIOXÉNESE Coa reprodución o material xenético dos proxenitores pasa á descendencia (transferencia xénica vertical). Pero tamén un organismo pode transferir fragmentos de ADN a outro de distinta especie en determinadas condicións (transferencia xénica horizontal). A simbioxénese é unha teoría evolutiva que foi defendida pola bióloga Lynn Margulis que propón que a especiación está íntimamente ligada a adquisición de xenomas a través da transferencia xenética horizontal cando se produce un proceso de endosimbiose estable a longo prazo. Cando un individuo adquire ADN doutra especie, éste pode estabilizarse e transmitirse pola reprodución a descendencia. Este feito, abre a posibilidade de que o receptor adquira unha característica novidosa. Polo tanto, a simbioxénese propón que é a asociación entre organismos, e non tanto a competencia, o motor evolutivo, e que a simbiose é a principal fonte de variación xenética e de especiación. Os defensores da simbioxénese cuestionan o gradualismo e negan a existencia de elos perdidos no rexistro fósil.
  31. 31. 11. A TEORIA NEUTRALISTA Motoo Kimura propón esta teoría en 1968 despois de observar que na composición de aa dun mesmo tipo de proteínas apreciábanse diferenzas incluso entre individuos da mesma especie. A maior parte das mutacións non son nin favorables, nin desfavorables, senón neutras, polo que non se ven afectadas pola selección natural. Isto implica que estas mutacións neutras poden introducir cambios perdurables no ADN máis rapidamente que as afectadas pola selección. A evolución a nivel molecular dependería máis do chou que da selección natural. Ademais que as taxas de mutación para xenes e proteínas determinadas sexan relativamente constantes en períodos longos reforza segundo os neutralistas esta teoría. Por certo, esto último é o que posibilita a utilización de proteínas e sobre todo xenes como reloxios moleculares.
  32. 32. Supongamos que un segmento de ADN que se atopa en dúas especies se diferenza en catro bases e sabemos que este segmento completo de ADN cambia a unha velocidade dunha base cada 25 millóns de anos. Iso significa que as dúas versións do ADN difiren en 100 millóns de anos de evolución e que o seu antepasado común vivíu hai 50 millóns de anos. Dado que cada linaxe experimentou a súa propia evolución, as dúas especies deben descender dun antepasado común que vivíu hai alomenos 50 millóns de anos. RELOXIOS MOLECULARES
  33. 33. 12. XENÉTICA DE POBOACIÓNS Adícase ao estudo de poboacións xenéticas (conxunto de individuos dunha mesma especie que poden cruzarse entre si, polo que comparte un fondo xenético común). Para este estudo precísanse dous conceptos chave:  Frecuencias xenotípicas: o tanto por un de cada xenotipo na poboación.  Frecuencias xénicas ou alélicas: o tanto por un de cada un dos alelos da poboación. A LEI DE HARDY-WEINBERG En 1908, Hardy e Weinberg postularon que unha poboación en equilibrio xenético non tería evolución porque as frecuencias xenotípicas e xénicas manteríanse constantes. Na natureza non existen poboacións en equilibrio porque entre outras cousas actúa a selección natural, polo que nunca se cumpre esta lei. As variacións nestas frecuencias son as que posibilitan a evolución das poboacións.
  34. 34. 13. FACTORES QUE FAVORECEN A EVOLUCIÓN  As mutacións e a recombinación xenética: Son fonte de variabilidade. As taxas de mutación teñen valores arredor de 10-5.  As migracións: supoñen a aparición de novos alelos nunha poboación dada debido ao fluxo xenético.  A deriva xénética: é a forma de expresar o efecto aleatorio nas frecuencias xénicas cando o nº de individuos da poboación non é suficiente para que estas estean ben representadas. Este efecto é moi evidente cando o tamaño muestral é pequeno como sucede cando se da o denominado efecto fundador: 1) Unha subpoboación (pequena) escíndese dunha poboación 2) As características dos individuos desta subpoboación influirán agora máis que se estivesen na poboación orixinal. 3) En consecuencia a descendencia pode ser moi diferente. Pola mesma razón calquera causa que provoque a diminución dos individuos dunha poboación pode dar lugar a unha grande deriva xenética que afecte as frecuencias xénicas desa poboación (efecto colo de botella).
  35. 35. 13. FACTORES QUE FAVORECEN A EVOLUCIÓN  A selección natural: actúa sobre os fenotipos con menor eficacia biolóxica (dan menor probabilidade de supervivencia). Podemos diferenciar:  Selección direccional, favorece un fenotipo extremo.  Selección estabilizadora, favorece un fenotipo intermedio.  Selección disruptiva, favorece os dous fenotipos extremos.
  36. 36. Se a gran diversidade de organismos existentes procede dun antecesor común, a evolución debe explicar, ademais dos cambios que levan a unha especie a orixinar outra, como a partir dunha especie poden orixinarse dúas ou máis. O proceso polo que a partir dunha especie se forman dúas ou máis chámase especiación. O proceso de especiación comeza coa separación de dúas poboacións (conxunto de individuos da mesma especie que viven xuntos nun determinado momento e lugar) a partir dunha orixinal. A separación pode ser xeográfica (especiación alopátrida) ou debida a outros motivos (por exemplo por illamento comportamental); fálase de especiación simpátrida). Cada unha das dúas poboacións comeza a evolucionar de maneira diferente, acumulando mutacións e adaptándose ás novas condicións. O proceso de especiación finaliza cando as os membros das dúas poboacións orixinais xa non poden cruzarse e ter descendencia fértil. Nese momento, hai dúas especies diferentes. Poboación de escaravellos orixinal A aparición dun río separa á poboación en dúas, que perden o contacto e a capacidade de cruzarse entre elas Despois de moitas xeracións, cada unha das poboacións presenta características xenéticas diferentes Aínda que o río seque, as dúas poboacións xa pertencen a especies diferentes e non poden cruzarse 13. A ESPECIACIÓN
  37. 37. 13. A ESPECIACIÓN Este mecanismo de especiación que acabamos de ver denomínase especiación por illamento ou gradual. Os científicos diferenzan tamén outro tipo de especiación excepcional chamada cuántica que sucede de xeito súbito nunha soa xeración. Un exemplo son as especiacións por poliploidías que aparecen con certa frecuencia en plantas. 14. FILOXENIA A filoxenia é a historia dunha especie ou grupo de especies emparentadas. Os estudos filoxenéticos actuais baséanse en caracteres anatómicos, bioquímicos, no rexistro fósil e sobre todos no ADN. Segundo o nº de linaxes diferenciamos:  Anaxénese ou gradualismo filético: evolución gradual dunha especie noutra de xeito que orixinen un só linaxe.  Cladoxénese ou evolución ramificada: evolución por división do fondo xenético de feito que cada linaxe orixina unha especie diferente.
  38. 38. 14. FILOXENIA Para establecer a filoxenia dunha especie debemos detectar homoloxías e descartar as analoxías. Despois debemos atopar os caracteres derivados compartidos (os propios do grupo que queremos definir) e descartar os caracteres primitivos compartidos. A partir de cladogramas fanse as árbores filoxenéticas.
  39. 39. GRAZAS POR ATENDERME
  40. 40. WEBGRAFÍA  http://www.biografiasyvidas.com/monografia/darwin/fotos/darwin_charles_1.jpg  http://1.bp.blogspot.com/_tMBqqiYK7ak/SuG2f8Cm- NI/AAAAAAAASD0/PcqTTXMhBpM/s400/selecci%C3%B3n+natural.+5.bmp  http://1.bp.blogspot.com/- DCMdIUvIHrI/VkP0fKjlxKI/AAAAAAAAAio/G6ix6gzxvd0/s1600/cladojenezis.jpeg  https://lacienciaysusdemonios.com/2010/06/03/entendiendo-la-evolucion-iii-el- equilibrio-puntuado/

×