Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
RÚBRICA DE AVALIACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN ORAL CON PRESENTACIÓN
Relatora/or e tema: Nota
4 3 2 1 PUNTOS
Actitude e
comportame...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación

2,243 views

Published on

Rúbrica para ESO e Bacharelato dunha presentación oral planificada acompañada dunha presentación.

Published in: Education
  • Be the first to comment

Rúbrica de avaliación dunha exposición oral con presentación

  1. 1. RÚBRICA DE AVALIACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN ORAL CON PRESENTACIÓN Relatora/or e tema: Nota 4 3 2 1 PUNTOS Actitude e comportamento A súa actitude era segura e positiva e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada e manexou o seu corpo con soltura. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Completou o tempo da exposición. A súa actitude era positiva aínda que un pouco insegura e mantivo sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada sempre aínda que o seu corpo denotaba nerviosismo. Fala co público, só le o documento cando é necesario. Non completou o tempo da exposición pero aproximouse. A súa actitude era moi insegura aínda que conseguiu manter sempre o contacto visual co público. A súa postura corporal foi a adecuada a meirande parte do tempo. Fala co público pero le o documento máis do necesario. Sobroulle máis dun 10% do tempo ou perdeu tempo na exposición. A súa actitude non era positiva. A meirande parte do tempo non mantivo o contacto visual co público. A súa postura corporal era inadecuada para unha situación formal. Non fala co público, dedícase a ler o que está escrito. Sobroulle moito tempo. Lingua empregada O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua careceu de incorreccións de ningún tipo. O volume de voz e a vocalización facilitaban a comprensión. O seu discurso foi fluído e natural. Empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua incluíu algunhas incorreccións de menor importancia. Podíase entender ben aínda que o volume de voz era un pouco baixo. O seu discurso foi pouco fluído e natural. Empregou un rexistro que non sempre foi culto. A súa lingua incluíu bastantes incorreccións. O volume ou a vocalización facían difícil a comprensión do discurso. O seu discurso non foi nin fluído nin natural. Non empregou un rexistro culto nos planos fonético, morfosintáctico e léxico- semántico. A súa lingua incluíu moitas incorreccións. Non se podía entender porque nin o volume nin a vocalización eran correctos. Calidade da explicación Explicou ben o tema afondado nel e amosando dominio da materia. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do seu tema. Explicou ben o tema aínda que non afondou moito na materia de estudo. Saudou, presentouse e despediuse con corrección. Realizou unha valoración correcta do tema. Explicou o tema con dominio desigual das diferentes partes. Saudou, presentouse e despediuse. Realizou unha valoración pobre do seu tema. Non explicou ben o tema nin amosaba dominio da materia. Esqueceu saúdo, presentación e/ou despedida. Non realizou unha valoración do seu tema. Contido da presentación Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada é correcta en todos os seus planos. Engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas. A lingua empregada inclúe algunhas incorreccións. Non engade información ao dito. As diapositivas manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación están ben referenciadas en xeral. A lingua empregada inclúe bastantes incorreccións. Non engade información ao dito ou non é pertinente. As diapositivas non manteñen unha orde lóxica. As fontes de documentación en xeral non están ben referenciadas. A lingua inclúe moitas incorreccións. Aspectos formais da presentación É visualmente atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non resulta moi atractiva. A relación entre texto e imaxe é a correcta. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Vense correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non é demasiado atractiva. Presenza excesiva de texto. Existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada contén todos os seus elementos. Visualmente non é nada atractiva. A relación entre texto e imaxe é incorrecta. Non existe un contraste correcto entre imaxe e fondo. Non se ven correctamente todos os seus elementos dende calquera situación da aula. A portada non contén todos os seus elementos. A Profa, 2006 (reelaboración dun conxunto de materiais previos doutras profesoras e profesores)

×