A pesca

497 views

Published on

presentacion sobre a pesca no mundo

Published in: Education
1 Comment
2 Likes
Statistics
Notes
  • É un traballo estupendo!! Dende o CRA de Bergondo pedímosche que nolo "prestes" para engadilo no noso blogue de O Mundo Enteiro onde estamos a colocar diferentes recursos dos mares e os caladoiros. Moitas grazas e Noraboa pola tarefa que está estupenda!!!
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
No Downloads
Views
Total views
497
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
38
Actions
Shares
0
Downloads
7
Comments
1
Likes
2
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

A pesca

  1. 1. Traballo realizado por Juan Fernández Seara 3º ESO B
  2. 2. ÍNDICE 1.A PESCA. TIPOS DE PESCA 2.ONDE SE PESCA? 3.OS PROBLEMAS DA PESCA 4.A EXPLOTACIÓN SUSTENTABLE DOS RECURSOS MARIÑOS
  3. 3. 1.1. A PESCA Dende tempos remotos, o mar foi unha fonte de recursos para o ser humano. A pesca baséase no aproveitamento dos recursos animais que ofrece o mar. Anualmente extrráense dos océanos máis de 100 millóns de toneladas de peixe e marisco. En función das técnicas empregadas nas capturas, pódense diferenciar dous tipos de pesca:  A tradicional ou artesanal A industrial
  4. 4. Realízase preto da costa Emprega a forza humana e diversos aparellos de pesca de doado manexo, como por exemplo arcos, frechas e arpóns ou trampas como nasas, anzois e redes. É propia de rexións pouco desenvoltas. A súa producción é escasa e serve, basicamnete, para o autoconsumo, xa que só unha pequena parte se destina ó mercado. Nos países ricos, a pesca artesanal practícase para determinadas capturas de moito valor como a langosta.
  5. 5. Ten como obxectivo obter un gran número de capturas. Necesita: Recursos económicos, para o equipamento dos barcos e a investigación en novos sistemas de pesca Unha tecnoloxía avanzada, para aumentar o número de capturas e para que a actividade sexa rendible Unhas infraestructuras portuarias, onde desembarcar e desde onde distribuir a pesca capturada
  6. 6. Segundo o lugar onde se practica a pesca, dstinguimos: A pesca de baixura A pesca de altura A gran pesca
  7. 7. A pesca de baixura. Utiliza barcos pequenos que levan redes e sedelas potentes Pescan preto da costa e as súas capturas, que desmbarcan na lonxa, son cada día menores polo esgotamento mariño.
  8. 8. A pesca de altura Practicada polas frotas máis importantes mediante barcos grandes e ben equipados, que permanecen en alta mar semanas ou meses. Os barcos levan radares para detectar os bancos de peixes e a dirección e mais a velocidade a que estes se desprazan; tamén contan con sonares, para medir a importancia dos bancos detectados. Así mesmo incorporan instalacións de frío para para conservar o peixe a bordo en condicións óptimas.
  9. 9.  A gran pesca Practicada por países como Xapón ou Rusia, que teñen unidades qu e pescan en augas moi afastadas xunto a grandes barcos subministradores. Diariamente saen a pescar embarcacións, que despois volven ao barco subministrador para descargar a pesca. A continuación o peixe clasifícase e procédese á salgadura, conxelación ou fabricación de conservas
  10. 10. Non todas as zonas do mar son igualmente ricas en pesca. As capturas son máis abundantes en determinados lugares denominados caladoiros os cales adoitan situarse en:  Nas zonas onde a plataforma continental é extensa, onde as augas son pouco profundas, están axitadas por correntes mariñas e teñen temperaturas favorables para a vida dos peixes (Mar do Norte a Mar de Xapón) Nas zonas de contacto entre correntes mariñas frías e cálidas (Mar do Xapón e costas de Terranova). Nas zonas costeiras preto das que pasa unha corrente mariña fría, porque a auga fría ten moito plancto vexetal formado por algas unicelulares que captan a radiación solar. (costas do Norte de Chile e do Sur do Perú e as costas do suroeste de África).
  11. 11. “Demasiados pescadores para poucos peixes” Os dous problemas máis graves que se presentan actualmente no sector pesqueiro son: a sobreexplotación e a falta de caladoiros pola ampliación das augas xurisdiccionais. Outro problema é a crecente contaminación da auga das costas, debido ás verteduras tóxicas industriais e ás frecuentes mareas negras ocasionadas polos barcos pesqueiros accidentados
  12. 12. O uso de técnicas cada vez máis eficaces e o número crecente de barcos levaron a unha sobreexplotación dos recursos pesqueiros, de forma que se pon en perigo a reproducción de moitas especies Numerosas zonas de pesca utilízanse ata o límite máximo sustentable. No ano 1950 a pesca mundial apenas acadaba os 21 millóns de toneladas, mentres que actualmente se superan os 100 millóns e se capturan máis de 1100 especies de peixes, moluscos e crustáceos.
  13. 13. Algunhas organizacións internacionais piden que se adopten medidas para preservar os recursos do mar. Para iso propoñen: O uso obrigado de redes de malla ancha para protexer as crías. O control do tamaño mínimo das especies que se capturan. O establecemento de temporadas de veda. A limitación da capacidade das frotas pesqueiras. Nun futuro a pesca pódese ver moi limitada, a menos que o regulamento e a xestión dos recursos mariños e de auga doce se melloren de xeito considerable.
  14. 14. A tradición marítima baseábase na libre utilización dos mares, o que equivalía ao dominio das augas polas potencias navais capaces de aproveitar e explotar os seus recursos. Cando Nacións Unidas recoñeceu o dereito de cad país a dispoñer das súas augas territoriais (200 millas) mariñas, equivalentes a 370 quilómetros), os países con frotas pesquiras importantez tiveron que abandonar algúns dos seus caladoiros tradicionais. Tamén tiveron que reducir a súa frota pesqura ou establecer convenios con países moi afastados dos seus portos de orixe.
  15. 15. Os océanos aseguran o 90% das emisións de osíxeno e constitúen unha reserva alimentaria importante, pero seica se esaxerou sobre a súa capacidade. Hoxe semella claro que os recursos animais e vexetais que ofrece o mar son limitados. Para asegurar unha explotación sustentable dos recursos mariños, considérase urxente substituír o sistema de depredación por unha explotación intelixente e regulamentada do mar.
  16. 16. Algunhas organizacións internacionais e tamén a Unión Europea traballan neste sentido. Para iso establecen normativas de pesca severas, ao tempo que buscan repoboar o mar coa cría artificial de peixes. Tamén propoñen limitar o número de embarcacións de pesca, aínda que sexa necesario mercar as frotas e pagarlles un subsidio ás persoas que queden no paro. Dentro desta política a acuicultura semella ofrecer alternativas interesantes
  17. 17. A acuicultura consiste en substituír a depredación pola cría e engorde de animais e de plantas mariños, en piscinas e estanques ou en zonas costeiras ben delimitadas e cerradas. Esta técnica xa é importante en China, Rusia, Indonesia, India, Estados Unidos e Xapón. Tamén en Galicia, que é a comunidade autónoma máis punteira nesta materia. Actualmente cultívanse algas, e críanse moluscos, crustáceos e peixes, como linguados, douradas, robalizas… que se alimentan con penso e fariña de peixe

×