CIRCULOS DE EMPREGO PARA ODESENVOLVEMENTO DAESTRATEXIA DE MELLORA CONTINUADO PROXECTO                                 INFO...
Índice1. INTRODUCCIÓN.................................................................................................... ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                             ...
INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO                                                                                      Atenció...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Informe atención dependencia

212 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
212
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Informe atención dependencia

  1. 1. CIRCULOS DE EMPREGO PARA ODESENVOLVEMENTO DAESTRATEXIA DE MELLORA CONTINUADO PROXECTO INFORME DO CIRCULO DE EMPREGO SOBRE ATENCION A DEPENDENCIA 1
  2. 2. Índice1. INTRODUCCIÓN.................................................................................................... 22. CONTIDOS A TRATAR ........................................................................................... 53. METODOLOXÍA. ................................................................................................... 64. RESUMO DA SESIÓN ............................................................................................. 6 4.1 Fase expositiva ......................................................................................................... 6 4.2 Fase de discusión ...................................................................................................... 9 4.3 Priorización liñas de mellora………………………………………………………………………………… ..10 1
  3. 3. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a Dependencia1. INTRODUCCIÓN.O proxectoRede Xiana é un proxecto de emprego promovido pola Deputación da Coruña en colaboración cosconcellos da provincia, dirixido a persoas en situación de desemprego que combina formación paramellorar as súas competencias persoais e profesionais con asesoramento persoalizado e a realización deprácticas non laborais en empresas e entidades da provincia. Ten como obxectivo principal, mellorar asposibilidades destas persoas de atopar un emprego e favorecer unha inserción laboral de calidade.No marco do proxecto estase a desenvolver unha estratexia de mellora continua que pretendeintroducir melloras nas estructuras, nos procesos de traballo e nos resultados. Esta estratexia estábaseada no desenvolvemento de círculos de calidade, configurados como grupos de traballo capaces deidentificar liñas de mellora na xestión do proxecto a través dunha retroalimentación productiva entre osdiferentes axentes que interveñen na súa execución, que posibiliten o establecemento dun plan demellora, para a súa implantación en posteriores proxectos de natureza similar, e mesmo para oestablecemento dunha guía maestra a ter en conta no deseño de futuros proxectos de inserciónsociolaboralUn círculo de emprego é un encontro entre demandantes de emprego (vinculados ao proxecto RedeXiana) con empresarios representativos do sector no que se formaron específicamente os beneficiariosdo proxecto, para fomentar o debate e intercambio de ideas entre os asistentes, en materia deposibilidades de emprego e criterios de valoración por parte das empresas participantes.Dentro nesta estratexia encaixase o círculo de emprego “Atención á dependencia”. O obxectivo docírculo consistiu na identificación de accións de mellora nos procesos de identificación e selección detraballadores por parte das empresas especializadas no sector da dependencia.Data, lugar e horario de realización 2 de Maio de 2012. 10:00 a 14:00 horas. Estancias da Deputación da Coruña (A Milagrosa)Participantes:Nome Posto OcupadoDiego Rodríguez Piñón Responsable Municipal – Concello CerdidoMª Carmen Villar Rodríguez Técnica Proxecto Rede XianaSofía Agrafojo Rey Técnica Proxectos Deputación da Coruña 2
  4. 4. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a DependenciaAdela García Villadoniga Asistente sociosanitaria a domicilioLuisa Lista Ameneiro Coordinadora Proxectos Deputación da CoruñaPaula Guzmán Pereira Directora Residencia Pena da Sela (O Irixo)Rita Fraga Orjales Asistente sociosanitaria a domicilioCarmen Glez-Prosón Flores Directora SIAD 24, S.L.Equipo de apoioCristina Sampayo Fernández Técnica xestión da calidade Gesan S.L.Montserrat Rodríguez Arufe Técnica xestión da calidade Gesan S.L.Gustavo Marcos Cancelas Moderador do grupoDistribución horaria:O desenvolvemento da sesión de traballo levouse a cabo en base ao seguinte cronograma:10.00 h: AperturaUnidade de Xestión de Proxectos do Servizo de Planificación, D.T e UE10.15 h: Presentación da ActividadeCarmen Villar Rodríguez. Técnica de Proxectos do Servizo de Planificación, DesenvolvementoTerritorial e Unión Europea.Presentación de participantes, exposición de obxectivos do círculo de emprego e resumo de acciónsdesenvolvidas no marco do proxecto.10.30 h: Exposición das normas de funcionamento do círculo de empregoGustavo Marcos Cancelas. Moderador do CírculoObxectivos de cada parte implicada. Regras de participación e intervención. Elementos metodolóxicosdo círculo de emprego.10.45 h: Fase expositiva por parte das empresasCada unha das empresas fará unha exposición dunha duración de 20 minutos aproximadamente.Preguntas e comentarios.12:00 h: Pausa Café.12.30: Fase de discusiónValoracións por parte dos asistentes ao círculo de emprego das temáticas propostas polo moderador.Análise crítico das mesmas e identificación de posibles melloras.13:45: Conclusións e priorización das propostas de mellora e fin da actividadeGustavo Marcos Cancelas. Moderador do Grupo de TraballoLiñas de mellora xerais identificadas no desenvolvemento do círculo de emprego. 3
  5. 5. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a Dependencia2. CONTIDOS A TRATARNo círculo de emprego expuxéronse e debatíronse os seguintes contidos: 1. En relación aos programas formativosAnálise crítico sobre a idoneidade dos programas formativos, tanto dende a experiencia dosbeneficiarios, en canto foron alumnos cursos, como dende o punto de vista dos ResponsablesMunicipais e Representantes das Empresas, en canto á súa opinión sobre as características desexablespara un programa formativo de carácter ocupacional. Neste sentido abordaríanse os diferentes tipos decontidos que se poden atopar nun curso desta tipoloxía: • Contidos específicos da especialidade formativa: valorando cuestións como a adaptación de contidos ao perfil académico dos beneficiarios; a importancia do deseño de contidos enfocados ao desempeño no posto de traballo. • Contidos transversais: valoración das diversas áreas consideradas como transversas, como por exemplo novas tecnoloxías, igualdade, medioambiente e emprendemento.2. En relación á metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe:Valoración das metodoloxías habituais, a fin de identificar novas liñas de enfoque que podan dotar deunha maior efectividade e éxito á experiencia formativa: • Alternancia de contidos teóricos e prácticos no aula: identificación da tipoloxía de métodos de ensinanza mais adaptados a determinado tipo de contidos. • Prácticas en empresas: valoración das experiencias vividas polas partes interesadas no desempeño de prácticas profesionais tras o cursos, e aportación de liñas de mellora que axuden a mellorar o aproveitamento dos períodos de prácticas tanto por parte da empresa como por parte do alumnado.3. En relación á aplicabilidade dos coñecementos:Desenvolvemento dun enfoque base para asegurar unha dobre vertente de utilidade do itinerarioformativo do Proxecto REDE XIANA e similares: • Formación para a inserción: baseada na adquisición dos coñecementos, habilidades e actitudes necesarios para o desenvolvemento dunha labor profesional no ámbito da especialidade formativa. • Formación para a articulación dun itinerario formativo personalizado: baseado na adquisición de coñecementos, habilidades e actitudes xenéricas que aporte un valor engadido á formación, e que faga da mesma unha ferramenta posta a disposición do alumnado para a consecución de beneficios formativos mais aló da adquisición de competencia profesional no ámbito da especialidade formativa, como poden ser a superación das probas de competencias clave, obtención de carnets profesionais, habilidades sociais, etc. 4
  6. 6. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a Dependencia3. METODOLOXÍA.A metodoloxía de traballo articúlase nas seguintes fases:I. Presentación da sesión e as súas dinámicas de participaciónNo inicio da sesión explicouse aos asistentes á estrutura de traballo da sesión, destacando os valoresdo traballo en grupo.II. Fase expositivaBreve exposición das empresas en torno ás características dos procesos de selección de persoal, e dosrasgos identificativos dos candidatos idóneos para a ocupación dos postos de traballo an súaorganización. Tras a exposición, procedeuse a unha quenda de preguntas aos representantes dasempresas por parte dos asistentes, a fin de clarificar ou profundizar en algún dos temas abordados namesmaIV. Fase de DiscusiónPor último, o moderador realizou unha presentación das diferentes temáticas a abordar, en torno asdiferentes características das accións formativas de carácter ocupacional, que son susceptibles demellora, e deuse paso á abordaxe crítica de cada unha delas, propiciando a posta en común dasdiferentes perspectivas de opinión que poden aportar os asistentes. En base a esta posta en comúnidentifícanse liñas de mellora posibles para o perfeccionamento do deseño e impartición das acciónsformativas dentro de futuros proxectos de características similares a Rede XIANA4. RESUMO DA SESIÓNA continuación recollemos unha síntese da dinámica de traballo establecida, expoñéndose ainformación máis relevante obtida en base á aplicación da metodoloxía descrita, ao tratamento críticodos contidos propostos para a sesión.4.1 Fase expositivaAs empresas participantes nesta sesión foron SIAD24 e Residencia PENA DO SELO. A fase descriptiva decada unha é a seguinte:EMPRESA SIAD 24, S.L.1.Breve presentación das empresas participantes no círculo de emprego: área de actividade,localización, dende cándo desenvolve as súas actividades.Nome da Empresa: SIAD 24, S.L.Fundada na Coruña no ano 1997, é unha das empresas pioneiras no sector. Foi a primeira empresa queacadou a certificación –expedida por AENOR- en Axuda Domiciliaria.Na actualidade xestiona 7 centros de día, e adícase a formación como outra línea de negocio.Conta cunha plantilla de 84 persoas.2.Perfiles profesionais mais demandados pola empresa: postos mais ofertados e características mínimasesixidas aos candidatos 5
  7. 7. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a DependenciaOs perfís demandados persoal de atención para os centros de día que xestiona, e as características maisvaloradas son: - Lealtade, entendida “de parte a parte” (empresa-traballador e traballador-empresa) - Gratitude, o valor de ser agradecido ne mesma dimensión “de parte a parte” - Respeto mutuo tanto aos usuarios dos centros de día coma aos copañeiros de traballo - Capacidade de adaptación: saber afrontar continxencias, mesmo para abordar temas que non estean contemplados nas tarefas directas do posto.3.Descrición do proceso de recrutamento e selección de persoal:O reclutamento de persoal nesta empresa, pasa pola recepción de curículums (maioritariamente porcorreo electrónico na actualidade), apuntando que con maior éxito vía orientadores laborais dosconcellos onde a empresa ten presencia.Proceso de Selección:A empresa conta cunha psicóloga que fai a primeira criba dos CV. O obxectivo é preseleccionar aosmellores perfís, valorándose que conten con boas referencias, mesmo ainda que non teñan o títulohomologado (esta política poden mantela ata o ano 2015)A seguinte fase é a realización dunha proba escrita que consta de 5 preguntas básicas a desenvolver,seguido dunha entrevista grupal a que acceden da orde de 10-12 candidatos preseleccionados.Na entrevista en grupo valórase sobre todo a actitude e a primeira impresión que causan os candidatos.A última fase é a entrevista individual (a que acceden os seleccionados da proba escrita mais aentrevista en grupo), onde coa presencia da psicóloga abórdanse aspectos das cualidades dapersonalidade do candidato.O que se lles traslada sempre nestes procesos de selección aos candidatos é que a empresa desexa terunha bolsa de traballo da que poder chamar en función de necesidades de contratación.A empresaria manifesta que nesta fase final de axuste fino, ambos (a empresa e o candidato) xógansemoito. A imaxe da empresa vai quedar en mans dese traballador ou traballadora que será o que deprimeira man atenda aos usuarios e tamén contribuía a un bo clima de traballo co resto dostraballadores, de ahí que no perfil demandado aluda a un respeto exquisito aos usuarios e tamén aoscompañeiros.4.Erros mais habituais dos candidatos nos procesos de selecciónA empresaria identificou catro erros principais que se presentan con moita frecuencia, a saber: - Os nervios. Os candidatos adoitan estar moi nervosos no proceso, ata o punto de que ás veces contribuen a ocultar unha manifesta valía profesional. - Respostas con monosílabos. Quizais vinculado ó anterior, os entrevistados adolecen de respostas extensas ou descritivas; costa arrancarlles respostas cara aavnzar na entrevista. - Tendencia extrema a “infravalorarse” ou “supravalorarse”. A empresa prefire un término medio. - Falar mal de outras empresas, por exemplo nas que estiveran anteriormente. Isto supón un VETO inmediato para o candidato a esta empresa.5.Recomendacións para superar con éxito un proceso de selección de persoal.As recomendación que aporta esta empresa son as seguintes: - Dar respostas claras - Sinceridade - Non suplicar o traballo contando temas persoais - Falar sempre en positivo, con asertividade. - Preguntar todas as dúbidas que se teñan na entrevista. 6
  8. 8. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a DependenciaEMPRESA: RESIDENCIA PENA DA SELA1.Breve presentación das empresas participantes no círculo de emprego: área de actividade,localización, dende cándo desenvolve as súas actividades.Nome da Empresa: Residencia Pena da SelaEsta residencia está ubicada no concello do Irixo, comarca do Ribeiro. Está vencellada a Fesan -queiniciou a sua actividade en 1.998- como filial de Servisenior.Xestiona centros de día do Consorcio e centros privados mais fogares residenciais. Tamén realizaactividades de formación. Ten a sede central en Santiago e actividade por toda Galicia.A Residencia Pena da Sela atende a terceira idade en formato residencial 24 horas, ofrecendo todos ossercicios complementarios: animación, fiosioterapia, médico, enfermería, ..etc. A capacidade máxima éde 80 prazas.Na experiencia da directora da residencia, o precio é o factor principal para as familias á hora deseleccionar unha residencia.2.Perfiles profesionais mais demandados pola empresa: postos mais ofertados e características mínimasesixidas aos candidatosOs perfís demandados son xerocultoras para a Residencia.O requisito curricular é o título correspondente e en canto aos requisitos actitudinais destaca: - A lealtade - A empatía - Amosar optimismo - Ser áxil (especialmente para as movilizacións dos residentes)3.Descrición do proceso de recrutamento e selección de persoal:Recepcionan os CVs tanto por coreeo electrónico como “a man”. Evidencia que moitos currículums nonreúnen os requisitos mínimos. De feito ten detectado que en ocasións míntese sobre o Certificado deProfesionalidade, chegando a detectar dez casos que en realidade non tiñan tal certificado.De cara a selección, prefiren candidatos sin experiencia previa frente a outros que veñan con viciosadquiridos.Proceso de Selección:Procédese a filtrar os CVs, cun horizonte de acadar 5 finalistas que pasan a fase de entevista persoal. Aseguinte secuencia é pasar a 3 finalistas, dos que o axuste fino permitirá que quede so un.Os aspectos mais valorados na entrevista persoal son: Capacidade de comunicación Flexibilidade horaria Empatía Capacidade de traballo en equipo 7
  9. 9. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a DependenciaManifesta preferencia por seleccionar persoal que fixera prácticas na residencia, dado o elevado valorengadido que aporta poder ver e valorar o traballo feito nesa fase de prácticas (mesmo en ocasiónspoden valorar o interés amosado polos usuarios sobre unha persoa que está en prácticas).O papel das traballadoras seleccionadas é clave para a empresa, de feito fírmase un acordo deconfidencialidade coas persoas seleccionadas.4.Erros mais habituais dos candidatos nos procesos de selecciónOs erros detectados son: - Chegar tarde á entrevista - Mala imaxen persoal (pearcings, etc) - Postura incorrecta (en ocasións motivada polos nervios) - Descalificar a excompañeiros de traballo. - Falta de sinceridade no CV, ao falar del na entrevista. - Non apagar o te léfono móvil - Acudir a entrevista acompañados (pola parexa ou os nenos) - Redes sociais: erros en relación á vida que se publica nestes ámbitos e os amigos que se amosan.5.Recomendacións para superar con éxito un proceso de selección de persoal.As recomendación que aporta esta empresa son as seguintes: - Ser natural - Transmitir unha linguaxe positiva - Usar palabras con seguridade: “é” en vez de “..creo que”4.2 Fase de DiscusiónNesta fase da sesión de traballo, procedeuse a análise crítica das accións formativas, sendo de especialimportancia as aportacións de duas alumnas que fixeron o curso dentro do proxecto Rede Xiana. Istopermitiu recoller aportacións de primeira man sobre o programa formativo e sobre a metodoloxía deensinanza así como da aplicabilidade dos coñecementos adquiridos.En canto aos contidos e metodoloxía, as beneficiarias do programa manifestan que moi ben tanto oscontidos específicos coma os transversais do curso. Pola sua banda o Responsable Municipal pon demanifesto que os contidos da formación ofertada dentro de Rede Xinana son os recollidos no certificadode profesionalidade, co hándicap da non homologación, frente a AFD que sí aporta homologación,mesmo sen facer prácticas.Ponse de manifestó que as prácticas (tanto na aula coma nas empresas) son un elemento diferencial deRede Xiana, en tanto son favorecedoras da inserción laboral.Xurden interesantes aportacións na discusión sobre a formación en relación a diferentes aspectos: - Que os docentes delimiten na aula as funcións e limitacións que pode facer o persoal, e que nas prácticas lles quede claro o que teñen e “non teñen que facer (por exemplo non facer tarefas que sexan para un licenciado en Farmacia) - Acredítase que na formación hai moita carga en materia sanitaria, e iso conleva o risco de que se convirtan en diagnosticadores de enfermidades, en vez das tarefas que están chamados a facer. 8
  10. 10. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a Dependencia - Unha posible idea de mellora sería acometer unha formación con dous niveles (Nivel un e Nivel dous), en vez de solo o Nivel dous, xa que detéctase que o sector podería admitir este axuste fino en base as función dos postos de traballo que se precisan. - Un problema detectado é que o curso de atención domiciliaria non habilita para o exercico profesional no ámbito residencial.Na línea de discusión sobre as prácticas apúntanse os seguintes elementos: - Limpar unha lámpara non é unha práctica - Nas residencias ven ao practicando coma un potencial competidor polo posto de traballo - A rotación nas prácticas permitiría unha mellora para acometer: limpeza e atención aos dependentes - Hai que ter presente que aos usuarios non lles gusta grandes rotacións de persoal, moitas veces prefiren ao coidador titular. - Necesidade de delimitar as tarefas a facer nas prácticasOutro aspecto que se someteu a valoración por parte dos asistentes foi o relacionado coa selección dosbeneficiarios. Nesta línea, identificada coma un elemento clave, concluiuse a idoneidade de que oresponsable municipal poda contar coa axuda dun representante da empresa de formación na fase deselección, de cara a acertar coa idoneidade de beneficiarios cara a súa empregabilidade.Análogamente acometeuse a valoración dun seguemento personalizado do itinerario formativo,concluindo que é unha función esencial por parte dos responsables municipais. Isto representa unimportante valor engadido en materia de favorecer a empregabilidade via convocatorias, bolsas detraballo, formación en especialización, certificados de profesionalidade, ..etc.4.3 Lliñas de mellora propostas polos asistentes Nun proxecto coma o REDE XIANA, que ten o espíritu de facilitar a grave problemática da inserción laboral por unha banda e por outra de fomentar o traballo en rede, parece razonable que as recomendacións aportadas polas empresas participantes neste Círculo de Emprego sexan recollidas e trasladadas a toda a Rede e aos interlocutores nos propios concellos, cara poñelas en valor ante os posible beneficiarios que teñan que afrontar un proceso de selección de persoal. A maiores, identifícanse as seguintes liñas de mellora: CÍRCULO DE EMPREGO “Atención a Dependencia” LIÑAS DE MELLORA PROPOSTAS POLOS ASISTENTES “Homologación dos cursos de atención a dependencia” Dende o Círculo de Emprego creese que efectivamente é necesario facer os esforzos precisos para conseguir a homologación da formación impartida dentro de Rede Xiana, 9
  11. 11. INFORME DO CÍRCULO DE EMPREGO Atención a Dependenciatoda vez que os contidos abordados na formación son os recollidos no Certificado deProfesionalidade. A maiores disto, existen as prácticas en empresas como elementodiferenciador, co que a formación final recibida está nos estándares ou superior a outrassemellantes que sí ofrecen a homologación correspondente.“Selección dos beneficiarios”Os asistentes consideran que a selección é un elemento clave cara unha próximaempregabilidade dos beneficiarios. Nesta liña, sería recomendable que os ResponsablesMunicipais puideran contar coa axuda do persoal das empresas de formación na fase deselección e entrevista a beneficiarios do proxecto.“Prácticas en empresas”Os asistentes ao Círculo de Emprego consideran que as prácticas representan unelemento diferencial de REDE XIANA, en tanto que son favorecedoras da inserciónlaboral. En relación as prácticas propóñense as seguintes melloras: a. Que os docentes delimiten de xeito claro as tarefas e funcións que os alumnos teñen que facer. b. Que se incremente a rotación nas mesmas, de xeito que os alumnos combinen prácticas de atención aos dependentes xunto con tarefas de limpeza.“Itinerarios personalizados”O seguemento personalizado amósase como un elemento clave para acadar unha maiorporcentaxe de éxito na inserción laboral. A figura dos Responsables Municipais comoactores principais no deseño de itinerarios personais e adaptados a cada usuario(Formación especializada, Convocatorias, bolsas de traballo, ..etc) quedaron postos demanifesto no presente Círculo de Emprego. 10

×