Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

WPCompostela

95 views

Published on

1ª meetup de WPCompostela
A cargo de Iván Expósito, informático de Dinahosting

Published in: Technology
  • Be the first to comment

WPCompostela

  1. 1. Como escoller o mellor hosting para o teu WP I Meetup Wordpress Compostela
  2. 2. OLA! Chámome Iván. Estudei Enxeñaría en Informática de Sistemas e actualmente exerzo como supervisor dos departamentos Comercial e de Soporte Técnico de dinahosting. Encántanme a administración de sistemas, o desenvolvemento web e a coordinación de proxectos e equipos.
  3. 3. +130.000 clientes +3.000 servidores E DINAHOSTING... Somos unha empresa especializada en aloxamento web e no rexistro e xestión de dominios. +240.000 dominios
  4. 4. QUE OFRECEMOS  Rexistro e xestión de dominios  Servizo de hosting, tanto dedicado como compartido  Outros servizos: ● Consultoría legal sobre temas relacionados con Internet ● Certifcados dixitais ● Servizo de SMS marketing ● ...  E, obviamente, o noso gran de area para o proxecto WP Compostela
  5. 5. INSTRUCCIÓNS DE USO 1. Isto non é un monólogo 2. As preguntas NON poden agardar 3. Se algo é obvio ou se sona a chinés, avisádeme por favor 4. O guión é noso e está para saltalo
  6. 6. O máis básico
  7. 7. QUE É ISO DO HOSTING? Un hosting é un recurso no que depositar o código, bases de datos, imaxes, etc... do teu proxecto. Poderiamos defnilo como “directorio” (de maior o menor capacidade) dentro dun servidor con presencia directa en Internet. Ademais de darlle visibilidade pública á túa web, tamén proporciona servizos adicionais, coma o de correo electrónico.
  8. 8. COMO ESCOLLER UN HOSTING O máis básico: • Tecnoloxías necesarias • Almacenamento • Transferencia • Contas de correo • Copias de seguridade • Soporte técnico • Esixencia de recursos
  9. 9. TECNOLOXÍAS Cada web ou software online está escrito e programado en linguaxes e con tecnoloxías diferentes. WordPress, coma a maior parte das webs, necesita soporte para a linguaxe de programación PHP e o sistema de bases de datos MySQL sobre un sistema operativo Linux (aínda que pode admitir algunha variación).
  10. 10. ALMACENAMENTO Debes revisar dous puntos:  Canto espazo precisas? A túa web almacena contidos multimedia ou falamos dunha pequena web corporativa? Tes un buzón de correo xigantesco?  Sempre que che sexa posible, escolle provedores con discos SSD. O rendemento da túa web mellorará e, polo tanto, obterás un benefcio directo no teu posicionamento.
  11. 11. TRANSFERENCIA Moitos plans de hosting marcan un límite de datos transferidos cada mes (como sucede en telefonía). Revisa as estatísticas de tráfco da túa web para asegurarte de que un posible exceso de transferencia non che ocasione gastos inesperados ou paradas no servizo.
  12. 12. CONTAS DE CORREO Cada plan de hosting establece un límite ao número de direccións de email que permite crear e xestionar. Cada provedor tamén pode ter unha política sobre o tamaño das contas, opcións de ampliación e posibled interrupcións do servizo en caso de acadar unha cota ou realizar un uso excesivo do servizo. Ten en conta as posibles opcións de webmail que che ofreza
  13. 13. COPIAS DE SEGURIDADE Obtén datos dos días de antigüidade dos que o teu provedor gardará copias (se as fai), de que contidos constan (por exemplo, pode ser que exclúa os emails), de que método de recuperación dispón ou de se contar con backups implicará algún gasto adicional.
  14. 14. PANEL DE CONTROL Revisa que interfaz de traballo terás dispoñible: será a túa ferramenta de traballo habitual.  Paneis comerciais (CPanel, Plesk, etc...)  Paneis propios
  15. 15. LEXISLACIÓN APLICABLE Nalgúns proxectos precisarás estar atento á ubicación xeográfca do teu servidor e a súa IP. Afectará á lexislación pola que se rixan as webs aloxadas nel. Especial mención aos e-commerce ou ás webs que deban coidar escrupulosamente a LOPD por recoller datos dos seus usuarios.
  16. 16. SOPORTE TÉCNICO Pide referencias sobre o servicio postventa e de soporte técnico que che poida brindar o teu provedor. Ten en conta factores como a dispoñibilidade horaria, os métodos de contacto que proporciona, o idioma de atención ou a posible diferencia horaria co tu país.
  17. 17. RECURSOS (compartido VS dedicado) Analiza o teu tráfco e o seu volume. Ás veces, no canto dun hosting, pode facer falla un servidor enteiro (ou varios!) para manter un proxecto online. Outra veces, en lugar de por un tema de recursos, pode vir dunha esixencia administrativa ou dun software concreto a obligatoriedade de non compartir máquina con outros hostings.
  18. 18. Algo máis avanzado
  19. 19. AUTOINSTALADOR Se o teu provedor de hosting che pode facilitar un servizo de instalación automático aforrarás tempo na posta en marcha de cada proxecto. A considerar:  Versión de WP instalada  Plugins instalados “de serie”  Confguración de seguridade por defecto
  20. 20. AUTOUPDATE/MONITOR Un servizo de monitor pode controlar:  Updates do core  Updates de plugins, temas e traducións  Control de cambios en entradas e páxinas  Sistema de reportas/uptime O servizo de autoupdate debería ser fexible e permitir distintas políticas defnidas polo webmaster. Ambas opcións poden ser facilitadas polo hoster, por plugins ou por desenvolvementos propios.
  21. 21. ENTORNO STAGING/URL ALTERNATIVA Un entorno de staging permite sacar unha copia da web actual para dispoñer dunha plataforma sobre a que facer cambios sen afectar á “web titular”. Estes cambios – unha vez verifcados - poderanse levar posteriormente ao entorno de produción. Normalmente conta cunha URL de acceso alternativo (habitualmente mediante un subdominio diferente). As URLs alternativas tamén se adoitan empregar na construción inicial da web.
  22. 22. CONTROL DE VERSIÓNS En desenvolvementos con múltiples entornos de proba ou con cambios “picados a man” pode ser útil contar cunha plataforma como SVN ou Git. No caso de existir un entorno de staging é habitual que este teña algún tipo de integración cun sistema de control de versións.
  23. 23. ACCESO SSH SSH proporciona un acceso alternativo – e moito máis axil – que FTP aos contidos do hosting. Destaca na comodidade para operacións de:  Manipulación de permisos e propietarios  Descompresión de contidos  Descarga (ex: wget)  Filtrado de logs de acceso e de erro Ademais proporciona unha capa de cifrado coa que FTP non sempre conta.
  24. 24. WP-CLI Os hostings que facilitan acceso por SSH tamén poden dar acceso a esta ferramenta. Permite lanzar por consola todas as operacións aplicables mediante o backend de WP. Especialmente útil para:  Operacións bulk de confguración  Scripts de monitorización e update propios  Procesos de desinfección  Procesos de análise de recursos
  25. 25. OPTIMIZADOR DE IMAXES Existen ferramentas nativas do servidor que poden contribuír a un dos principais penalizadores na velocidade da carga das webs (especialmente en dispositos móbiles): o tamaño das imaxes. A alternativa clásica para este problema adoita ser o uso de plugins como EWWW Image Optimizer.
  26. 26. CERTIFICADOS DIXITAIS Benefcios:  Seguridade  SEO  Posibilidade de utilización de http2 A considerar:  Tipos de certifcados e custo  Autoridades certifcadoras  Posibilidade de instalación de certifcados externos
  27. 27. PROTOCOLO HTTP2 O protocolo http2 apóiase – dunha forma moi simplifcada – en que non ten por que haber un sincronismo secuencial nas peticións intercambiadas entre cliente e servidor. Aporta benefcios evidentes na velocidade de carga das webs. Unha medida global de distintos benchmarks estima esta mellora nunha redución dos tempos de carga entre un 39% e un 55% (dependendo da web).
  28. 28. SISTEMA DE CACHÉ Dous tipos de contidos básicos a cachear:  Contidos estáticos (imaxes, css, js, etc...). Sistemas de caché convencionais (en cliente, disco e memoria).  Contidos dinámicos (execucións provistas de scripts). So en memoria (ex: Varnish)
  29. 29. PLATAFORMAS MULTIVERSIÓN Posibilidade de escoller a versión das plataformas software de cada hosting co fn de poder obter as últimas melloras de seguridade/rendemento ou manter retrocompatibilidade con código antigo. Principais variables:  Versión de PHP (recomendable 7.0 ou superior). Escolla mediante FPM.  Versión de MySQL (recomendable 5.6 ou superior).
  30. 30. ANTI-DDoS, WAF e ANTIMALWARE  Protección contra ataques distribuídos  Firewall para rangos potencialmente peligrosos  Firewall de aplicación adaptado a CMS  Sistemas antivirus  Reportes de spam, phishing, etc.
  31. 31. CDN Unha CDN (rede de distribución de contidos) é un sistema que replica os contidos da nosa en distintas ubicacións xeográfcas. O obxectivo e que os distintos elementos da web sexan servidos ao visitante dende o nodo máis cercano (menor latencia) ou dende o que teña unha caché máis recente do mesmo. O fn último sempre será acelerar a velocidade de carga da web.
  32. 32. DNS XEODISTRIBUÍDO É o equivalente a unha CDN a nivel de resolución de nome de dominio. Antes de comezar a carga da web debemos resolver sempre a IP do servidor que a vai servir. Se contamos cun servidor de DNS próximo á nosa ubicación este primeiro paso será máis inmediato. Dous obxectivos:  Manter redundancia do sistema DNS  Acelerar os “trámites previos” á descarga dos contidos web
  33. 33. DNSSEC Este sistema incorpora unha validación mediante un sistema de clave pública-clave privada ao proceso de resolución DNS. Basicamente, serve para evitar ataques por spoofng (suplantación de identidade). É unha medida especialmente recomendable para proxectos que recopilen datos sensibles de clientes (como métodos de pago, datos persoais, etc...).
  34. 34. FAILOVER Trátase dun conxunto de sistemas que permiten que se continúe co funcionamento do servizo (de xeito transparente ao visitante) aínda no caso dunha caída do sistema. Existen numerosos método para conseguir este fn (os máis habituais son os de redundancia ou replicación de datos na mesma ou en diferente ubicación xeográfca). Especialmente recomendado para proxectos grandes ou críticos que non admiten paradas no servizo.
  35. 35. Graciñas! Iván Expósito Responsable Att. ao Cliente iexposito@dinahosting.com

×