SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Matemática iraniana nacida en 1977, foi a primeira muller e primeiro
iraniano en gañar a prestixiosa medalla Fields, coñecida como o Nobel
das Matemáticas. Traballa en xeometría do espazo curvo e co seu
orixinal estilo revolucionou a matemática moderna.
Maryam Mirzakhani
A revolución pausada
Maryam Mirzakhani – A revolución pausada
Investiga a dinámica e a xeometría de superficies
curvadas, as chamadas superficies de Riemann. No
espazo curvo non son válidas moitas regras de
xeometría elemental, como por exemplo, que a
distancia máis curta entre dous puntos sexa a liña
recta. As contribucións de Maryam solucionaron
paradigmas fundamentais e estableceron conexións
inesperadas entre algúns dos problemas máis difíciles
en Matemáticas.
Parte da orixinalidade de Maryam
derívase da súa capacidade para
resolver problemas combinando
principios de distintas áreas
matemáticas (álxebra, xeometría,
cálculo).
Considérase unha persoa lenta e perseverante. Non lle atrae resolver problemas con
rápida brillantez, senón profundar neles. ”Despois duns meses ou uns anos, descobres
aspectos inesperados nun problema.” Dos seus resultados dise que son obras titánicas
que pasan directamente aos libros de texto. A súa investigación sobre as traxectorias das
bólas de billar en colaboración con Alex Eskin abriu unha nova era en Matemáticas.
“Encántame romper as fronteiras imaxinarias que a
xente establece entre distintas áreas. É refrescante.”
“[O meu traballo] é divertido, é como resolver un puzle,
ou ir unindo as pistas nun caso detectivesco.”
Maryam Mirzakhani – A revolución pausada
No seu primeiro ano na escola secundaria, o seu profesor de matemáticas non apreciaba
o seu talento e obtivo malos resultados, o que minou a súa confianza. “A esa idade é
crucial o que os demais ven en ti. Ese ano perdín o meu interese polas matemáticas.”
Lectora voraz, de nena quería ser escritora e
inventaba historias de heroínas abocadas a
un destino grandioso.
“Investigar en matemáticas é como escribir
unha novela. […] A historia evoluciona, e
cando volves a observar un personaxe,
sorpréndeste de que é completamente
diferente a como ti crías inicialmente.”
Maryam de nena
“Na escola secundaria pedimos á directora que
nos ensinaran problemas de matemáticas
idénticos aos das escolas masculinas.” A
directora loitou por conseguilo, e a súa
determinación marcou a Maryam. “Ensinoume
que, se algo che interesa, non importa romper
moldes.”
A súa casa está chea de enormes follas de papel nas que
fai debuxos para profundar nas súas ideas.
Maryam Mirzakhani – La revolución pausada
Estudos:
- Estudos elementais na Escola Nacional para
Talentos Excepcionais (NODET), Teherán.
- 1999: Diplomatura en Matemáticas, Sharif
University of Technology, Teherán, Irán.
- 2004: Doutoramento en Matemáticas, U.
Harvard Massachusetts, USA.
Postos profesionais:
- 2004/8: Investigadora invitada, Instituto Clay
de Matemáticas , Oxford, UK.
- 2008/: Profesora asociada, U. Princeton, New
Jersey, USA.
- 2013-...: Profesora U. Stanford, California,
USA
Premios notables:
1994: Medalla de ouro nas Olimpíadas
Matemáticas Internacionais.
1995: Dobre medalla de ouro nas Olimpíadas
Matemáticas Internacionais.
2009: Premio Blumenthal da Sociedade
Americana de Matemáticas.
2013: Premio Satter da Sociedad Americana
de Matemáticas.
2014: Medalla Fields.
Premio de investigación Clay, do Instituto
Clay de Matemáticas, Oxford.
Está casada con Jan Vondrák, físico teórico
computacional, e teñen unha filla.
A igualdade de xéneros en
Matemáticas é un problema antigo e
arraigado. En particular, a medalla
Fields, que se concede a matemáticos
menores de 40 anos, resulta difícil de
acadar para as mulleres, que nesa
idade interrompen a súa carreira para
coidar dos seus fillos.
Thomas Linn. Quanta Magazine.
Reportaxe sobre os gañadores da medalla Fields 2014.

More Related Content

More from Trini Pazos

More from Trini Pazos (10)

Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Turing
TuringTuring
Turing
 
Exer13 pax157
Exer13 pax157Exer13 pax157
Exer13 pax157
 
Traslacion de hiperbolas
Traslacion de hiperbolasTraslacion de hiperbolas
Traslacion de hiperbolas
 
Traslacion de parábolas
Traslacion de parábolasTraslacion de parábolas
Traslacion de parábolas
 
El muelle
El muelleEl muelle
El muelle
 
Bajura altura
Bajura alturaBajura altura
Bajura altura
 
La marea
La mareaLa marea
La marea
 
La pesca
La pescaLa pesca
La pesca
 
Funcions elementais
Funcions elementaisFuncions elementais
Funcions elementais
 

Maryammirzakhani

  • 1.
  • 2. Matemática iraniana nacida en 1977, foi a primeira muller e primeiro iraniano en gañar a prestixiosa medalla Fields, coñecida como o Nobel das Matemáticas. Traballa en xeometría do espazo curvo e co seu orixinal estilo revolucionou a matemática moderna. Maryam Mirzakhani A revolución pausada
  • 3. Maryam Mirzakhani – A revolución pausada Investiga a dinámica e a xeometría de superficies curvadas, as chamadas superficies de Riemann. No espazo curvo non son válidas moitas regras de xeometría elemental, como por exemplo, que a distancia máis curta entre dous puntos sexa a liña recta. As contribucións de Maryam solucionaron paradigmas fundamentais e estableceron conexións inesperadas entre algúns dos problemas máis difíciles en Matemáticas. Parte da orixinalidade de Maryam derívase da súa capacidade para resolver problemas combinando principios de distintas áreas matemáticas (álxebra, xeometría, cálculo). Considérase unha persoa lenta e perseverante. Non lle atrae resolver problemas con rápida brillantez, senón profundar neles. ”Despois duns meses ou uns anos, descobres aspectos inesperados nun problema.” Dos seus resultados dise que son obras titánicas que pasan directamente aos libros de texto. A súa investigación sobre as traxectorias das bólas de billar en colaboración con Alex Eskin abriu unha nova era en Matemáticas. “Encántame romper as fronteiras imaxinarias que a xente establece entre distintas áreas. É refrescante.” “[O meu traballo] é divertido, é como resolver un puzle, ou ir unindo as pistas nun caso detectivesco.”
  • 4. Maryam Mirzakhani – A revolución pausada No seu primeiro ano na escola secundaria, o seu profesor de matemáticas non apreciaba o seu talento e obtivo malos resultados, o que minou a súa confianza. “A esa idade é crucial o que os demais ven en ti. Ese ano perdín o meu interese polas matemáticas.” Lectora voraz, de nena quería ser escritora e inventaba historias de heroínas abocadas a un destino grandioso. “Investigar en matemáticas é como escribir unha novela. […] A historia evoluciona, e cando volves a observar un personaxe, sorpréndeste de que é completamente diferente a como ti crías inicialmente.” Maryam de nena “Na escola secundaria pedimos á directora que nos ensinaran problemas de matemáticas idénticos aos das escolas masculinas.” A directora loitou por conseguilo, e a súa determinación marcou a Maryam. “Ensinoume que, se algo che interesa, non importa romper moldes.” A súa casa está chea de enormes follas de papel nas que fai debuxos para profundar nas súas ideas.
  • 5. Maryam Mirzakhani – La revolución pausada Estudos: - Estudos elementais na Escola Nacional para Talentos Excepcionais (NODET), Teherán. - 1999: Diplomatura en Matemáticas, Sharif University of Technology, Teherán, Irán. - 2004: Doutoramento en Matemáticas, U. Harvard Massachusetts, USA. Postos profesionais: - 2004/8: Investigadora invitada, Instituto Clay de Matemáticas , Oxford, UK. - 2008/: Profesora asociada, U. Princeton, New Jersey, USA. - 2013-...: Profesora U. Stanford, California, USA Premios notables: 1994: Medalla de ouro nas Olimpíadas Matemáticas Internacionais. 1995: Dobre medalla de ouro nas Olimpíadas Matemáticas Internacionais. 2009: Premio Blumenthal da Sociedade Americana de Matemáticas. 2013: Premio Satter da Sociedad Americana de Matemáticas. 2014: Medalla Fields. Premio de investigación Clay, do Instituto Clay de Matemáticas, Oxford. Está casada con Jan Vondrák, físico teórico computacional, e teñen unha filla. A igualdade de xéneros en Matemáticas é un problema antigo e arraigado. En particular, a medalla Fields, que se concede a matemáticos menores de 40 anos, resulta difícil de acadar para as mulleres, que nesa idade interrompen a súa carreira para coidar dos seus fillos. Thomas Linn. Quanta Magazine. Reportaxe sobre os gañadores da medalla Fields 2014.