Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Traballo. As orixes

703 views

Published on

Guión para o traballo de investigación sobre as orixes da nosa lingua. Curso 2011-12.

Published in: Education
• Be the first to comment

• Be the first to like this

Traballo. As orixes

1. 1. TRABALLO 1ª AVAL
3ºESO (2011-2012)
As orixes do galego.
Substrato, estrato e superestrato
GUIÓN:
I. BUSCA E SELECCIÓN DE INFORMACIÓN
1. Busca de información no Libro de Apoio / nas seguintes páxinas web:
a) http://www.slideshare.net/mosteiro/as-orixes-do-galego
b) http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega
d) http://www.galego.org/
e) http://www.staki.com/matuquin/index.htm
2. Elaboración dun tema (partindo dos resumos das fontes anteriores) que non pase de 40 liñas, no que se recolla a información fundamenteal.
II-a. ELABORACIÓN DUNHA PRESENTACIÓN COA AXUDA DAS TICs
1. Crea diapositivas en “power point” que recollan o tema escrito anteriormente
2. Engade ás diapositivas anteriores as imaxes que foran seleccionadas nas distintas páxinas web relacionadas no primeiro apartado deste guión.
II-b. ELABORACIÓN DUN TRABALLO ARTÍSTICO QUE SIMBOLICE A ÉPOCA Á QUE SE REFIRE O TEMA (cartaz, montaxe orixinal, manualidade...)
III. EXPOSICIÓN DO TRABALLO NA AULA
1. Exposición oral dos contidos do traballo diante dos compañeir@s, na aula, co apoio da proxección da presentación en “Power point”.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Desenvolvemento adecuado da competencia comunicativa (expresión e comprensión oral e escrita)
Desenvolvemento adecuado da competencia dixital e da autonomía persoal ( a travén do uso das TICs e da busca de información na rede)
Desenvolvemento adecuado das habilidades sociais e da competencia para aprender a aprender ( a través da exposición oral do traballo na aula, sendo que de autocorrixirse para aprender dos propios erros)
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN:
O traballo suporá, como se recolle na programación, 1/4 da nota total do trimestre.
DATA DE ENTREGA E EXPOSICIÓN:
Entrega: 28 de Novembro.
Exposición: Primeira-segunda semana de Decembro.
ELEMENTOS DE SUBSTRATO, ESTRATO E SUPERESTRATO.
APORTACIÓNS LÉXICAS DOUTRAS LINGUAS
O léxico galego non está constituído unicamente por palabras herdadas do latín, senón que se foi enriquecendo ao longo da súa historia con palabras doutras linguas que tiveron e teñen contacto coa nosa. Estas voces poden clasificarse nos seguintes grupos:
a) Elementos de substrato: están constituídos polos vocábulos que perviviron dos antigos pobos que habitaban no noso territorio antes da chegada dos romanos. Son relativamente poucas as palabras procedentes destes pobos, entre os que destacan os celtas (que desenvolveron entre nós a cultura castrexa). A meirande parte delas refírense a conceptos relacionados coa natureza e topónimos:
* Plantas e froitos: amorodo, bido, carballo, carqueixa...
* Peixes e animais: rodaballo, chicharra, areixa...
* Obxectos diversos: cabana, cabazo, billa, berce...
* Topónimos: Barallobre, Callobre, Tarascón, A Coruña...
* Hidrónimos: Limia, Sar, Deva...
b) O estrato lingüístico: o latín é o tronco común de todas as lñinguas románicas, romances ou neolatinas; polo tanto é o elemento básico na formación do galego.
c) Elementos de superestrato: están constituídos polas voces procedentes de linguas de pobos que invadiron o noso territorio despois dos romanos. Estes pobos foron os xermánicos (esencialmente suevos e visigodos) e os árabes.
Os pobos xermánicos chegaron ao Noroeste da Península Ibérica a partir do comezo do século V (no ano 411 os suevos crean na provincia romana da Galaecia o 1º reino cristián da Europa Occidental). Deixaron no noso vocabulario grande cantidade de topónimos e antropónimos, así como palabras de léxico xeral, moitas delas relacionadas coa guerra.
* Obxectos: roupa, roca, xabón, guerra, helmo, frecha...
* Topónimos: A Gudiña, Allariz, Recarei, Gondomar, Samil...
* Antropónimos: Afonso, Alvaro, Elvira, Luísa, Alberte...
Os árabes penetraron na Península no ano 711, pero non chegaron a Galicia ata un século máis tarde. As súas aportacións directas foron escasas. Tan só temos unhas poucas palabras que foran introducidas no galego durante as invasións (argola, laranxa, aceite...), xa que os árabes non se asentaron na Galaecia.. Con todo, moitos outros arabismos entraron no galego indirectamente a partir doutras linguas (principalmente a través do castelán) en distintas épocas, ata o punto de podermos afirmar que o árabe constitúe, despois do latín, a principal fonte de vocabulario para o galego.
* Plantas e froitas: arroz, cenoira, limón, alecrín...
* Termos científicos: álxebra, cifra, cero, alquimia...
* Oficios: alcalde, alcaide, alfaiate, albanel, alférez...
* Cabalería: xinete, alazán, albarda, alforxa...
* Útiles: alfinete, alicate, almofada, alfombra, tabique...
* Topónimos:  A Mezquita, A Aldea, Alfoz, Rábade...
d) Préstamos doutras linguas: ao longo da historia do galego foron entrando por distintas vías palabras procedentes doutras linguas, principalmente idiomas modernos:
Linguas amerindias: canoa, cacao, puma, pataca, cacique..
Francés: restaurante, hotel, menú, cheminea, carpeta...
Italiano: concerto, piano, violín, novela, pallaso...
Inglés: bar, revólver, futbol, tenis, túnel, vagón...
Alemán: níquel, blindar, cobalto, wolframio...
Castelán: tortilla, guerrilla, respaldo, bolero...
Catalán: remolcar, bou, turrón, barraca...
Vasco: zamarra, esquerdo, pizarra, gabarra...
CONTIDOS MÍNIMOS PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO