Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Tarefas. Teatro 1916-1936

160 views

Published on

actividades

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Tarefas. Teatro 1916-1936

  1. 1. 2 .- Despois de ler o argumento da obra e de visionar o seguinte fragmento d’ EL BUFÓN D´EL REI, responde: ► No seu primeiro monólogo, a quen se es- tá a referir indirectamente o bufón can- do fala dos monstros? ► Explica, á luz da relación do seu persona- xe co de Guindamor, as seguintes afirma- cións do bufón: “Bendita a morte que nos ceiba do corpo” e “Ten un aire... a aquel que lle puxo sombras aos meus anos de rapaz” ► Comenta o conflito interior que expresa o bufón antes da aparición da raíña. Cales son os seus sentimentos a respecto dela? O TEATRO DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 1 1 .-Visiona este fragmento d’ O MARISCAL e responde ás seguintes cuestións: ► Que exércitos ameazan ao Mariscal? Que é o lugar da Frouseira do que fala? ► Cal é a actitude dos nobres galegos perante o conflito? ► Busca información sobre o personaxe histórico do Mariscal no artigo”Ascenso e caída do ma- riscal Pardo de Cela” e reflexiona sobre se a súa figura aparece sobredimensionada no texto de Cabanillas e Vilar Ponte Nunha época imprecisa da Idade Media, desenvólvese unha rela- ción amorosa entre o cabaleiro Guindamor e a raíña Iolanda. O bufón, coñecedor do idilio, quere vingarse porque tamén el está namorado da raíña e sabe que Guindamor representa a beleza, a nobreza e a felicidade, mentres que el representa a fealdade, a crueldade e a tristeza. Por conseguinte, propicia que o rei atope os namorados en plena escena amorosa e condene A Guindamor a ser executado.O cabaleiro acaba por perdoar o bufón e este op- ta por defendelo tras ser informado de que é o seu irmán. O bu- fón non o coñecía porque de pequeno el mesmo fora apartado da familia a causa da súa deformidade. Finalmente,acaba pagando a súa traizón: na última escena,a raíña ordena guindalo desde a to- rre do castelo.
  2. 2. O TEATRO DO 1º TERZO DO XX ACTIVIDADES 2 3 .- Le o 2º acto d’ OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE , visiona estes fragmentos do mesmo: VELLOS-1 e VELLOS-2 e responde a estas cuestións: ► Caracterización persoal e social do personaxe do vello ► En medio de que celebración se desenvolve a acción? Cal é a funcionalidade dos choqueiros? ► Cal é o interese da moza a respecto do vello e que consecuencias provoca neste?

×