Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Manifesto 25 novembro 2016

885 views

Published on

MAniesto elaborado polo alumnado de 1º de Pacharelato do IES Félix Muriel de Rianxo contra a violencia machista

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Manifesto 25 novembro 2016

  1. 1. MANIFESTO 25 Novembro 2016 Máis alá do machismo hai unha vida digna para as mulleres Sen ánimo de adoutrinar nin de mostrar fachenda, o inconformismo dun grupo de mozos e mozas de Rianxo fai esta chamada á nosa comunidade contra os prexuízos e a discriminación cara as mulleres. Non nos erguemos en nome dunha data sinalada no calendario. Hoxe poñémonos en pé, tentando facer unha protesta forte, densa e implacable contra o machismo. A pesar de que, popularmente, O MACHISMO é considerado unha ideoloxía contraria ó feminismo, en realidade, o machismo é unha actitude de prepotencia, de superioridade dos homes respecto das mulleres. Os machistas defenden a supremacía do macho e non aceptan a igualdade entre homes e mulleres, atentando contra a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A orixe do machismo está nun prexuízo sexista, do cal xorde un estereotipo da muller como ser débil, como ser inferior. O prexuízo machista, como todos os prexuízos, é unha opinión previa ao coñecemento, carece de fundamento, nace da ignorancia. Todo isto configura os diversos tipos de violencia contra as mulleres, afondando no sexismo, que non só se dirixe cara as mulleres, senón tamén cara os transexuais e intersexuais. Nós non pertencemos a ningún grupo feminista, pero, como cidadáns e cidadás dunha sociedade democrática, reclamamos a igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Ollando ao noso arredor, semella que ninguén é machista. Mais, cando se aborda o asunto, é doado escoitar EU NON SON MACHISTA, PERO... Nós preguntámonos: Pero que? Se non es machista non o es e punto! Non se pode poñer un “pero” tras dicir “eu non son machista”. Para quen non é machista non hai pero que valla!
  2. 2. Nós arrenegamos de todos aqueles que din: • Eu non son machista, pero creo que as mulleres deben atender do fogar. • Eu non son machista, pero os homes son máis racionais e as mulleres máis sentimentais. • Eu non son machista, pero se un neno xoga con bonecas paréceme afeminado e se unha nena xoga ao fútbol paréceme un marimacho. • Eu non son machista, pero opino que muller ao volante, perigo constante. • Eu non son machista, pero non contrataría na miña empresa a unha muller por se queda embarazada. • Eu non son machista, pero creo que moitas das mulleres agredidas buscárono elas mesmas con escotes e minisaias. Este falso argumentario constitúe un enorme conxunto de paradoxos, falacias e contradicións, que nos levan de cabeza aos MICROMACHISMOS, que de micro non teñen nada! Nós arrenegamos dos roles sexistas e dos que nolos implantan. Dende que nacemos somos encarcerados por muros de tixolos nun determinado molde ao que nos debemos axustar para ser aceptados. Para as nenas, bonecas e cociñas; para os nenos, balóns e coches. Os nenos non choran; as nenas non pegan. Os pais fan a patria; as nais fan a cama. Nós arrenegamos da Lei do Costume. Cada vez que se produce un comportamento machista, afundímonos máis e máis nos vellos tempos. Nós arrenegamos dos temas obrigados. É vergoñoso seguir escandalizándose ao saber de casos de violencia de xénero cando nós mesmos, no día a día, fomentamos o machismo con pequenos xestos aparentemente inofensivos pero que constitúen o xermolo da violencia contra as mulleres. NÓS estamos cansos, estamos cansas de percorrer camiños vellos xa fracasados; estamos cansas xa de que a sociedade permita e tolere os
  3. 3. comportamentos machistas; estamos cansas de que cada 25 de Novembro sexan lidas excelentes declaracións institucionais contra a violencia machista e, ao acabar a lectura, seguir recortando recursos públicos para loitar contra a violencia de xénero. En pleno século XXI, cremos que os tempos da igualdade son chegados, para poder vivir sen medos e decidir por nós mesmas. Nós non esquecemos que O MACHISMO MATA. Nos últimos vinte anos, case 1500 mulleres foron asasinadas en España. Desde 2007, 612 mulleres morreron a mans dos seus maltratadores. No que vai de ano, levamos 44 mulleres asasinadas. É dicir, cada semana morre unha muller en España por causa da violencia machista. En Galicia, a pesar de que a taxa da violencia de xénero é das máis baixas do estado, o número de denuncias aumentou case un 6%, contabilizándose 1389 no segundo trimestre do ano. En consecuencia, RECLAMAMOS: • Reclamamos unha fala que non estea pervertida pola linguaxe sexista! • Reclamamos que os medios de comunicación eviten o sensacionalismo e non se sirvan de imaxes manipuladas polo sexismo. • Reclamamos que a prevención sexa prioritaria e que comece na escola, pero que non quede aí, porque non só o alumnado, tamén o profesorado e os nosos pais e nais deben ser formados. Impedindo que a ignorancia sexa un bo pretexto para o machismo. • Reclamamos que as mulleres poidan tomar libremente as decisións referentes ao seu corpo, á súa sexualidade e á súa fecundidade. • Reclamamos que esta loita non se dirixa só á violencia da parella ou ex-parella contra a muller, senón que tamén vaia dirixida contra todas as violencias machistas en xeral, incluídos os
  4. 4. micromachismos. RIANXEIROS E RIANXEIRAS! Agora cómprevos dicir, veciños e veciñas de Rianxo, se pensades seguir indo costa abaixo polo tempo ou encamiñarvos cara un futuro de xustiza e igualdade onde a muller poida ter os mesmos dereitos laborais e sociais que o home. Se queredes liberarvos do xerme do Machismo e da Morte. Se queredes adornarvos da Igualdade ou seguir sacrificándoa no altar dos Prexuízos. Non esquezades que o Machismo Mata e a metade da Humanidade ten que seguir vivindo. Queremos seguir vivindo!. Por iso non podemos permitir un asasinato máis. Cómpre romper a marcha pola mesma estrada que fagamos cos nosos pasos, xuntos, xuntas, e afrontar nela unha peregrinación sen chegada, porque en cada relanzo do camiño agárdanos unha voz que nos berra: "Máis alá do machismo hai unha vida digna para as mulleres!" En Rianxo a, 25 de Novembro de 2016 Asinado polo alumnado de 1º de Bacharelato – A do IES Félix Muriel

×