Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Lomce 3

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Lomce 3

  1. 1. LEI ORGÁNICA PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA Lei Wert (3º Borrador: 14/02/2013)
  2. 2. Preámbulo…1º borradorApartado I. 1º parágrafo: A educación é o motor que promove a competitividade da economía e as cotas de prosperidade dun país; o su nivel educativo determina a súa capacidade para competir con éxito na área internacional... (...) ...o que representa unha aposta polo crecemento económico e por conseguir ventaxas competitivas no mercado global. (…) a calidade educativa debe medirse en función do "output" (resultados dos estudantes) e non do "input" (niveis de inversión, número de profesores, número de centros, etc.).
  3. 3. Exposición de motivos…2º/3º borradorApartado I. 1º parágrafo: Os alumnos son o centro e a razón de ser da educación. Aaprendizaxe na escola debe ir dirixida a formar persoas autónomas,críticas, con pensamento propio. (...) Os alumnos serán obxecto deatención na procura do desenvolvemento do talento (6).(...) A educación é o motor que promove o benestar dun país; o niveleducativo dos seus ciudadáns determina a súa capacidade de competircon éxito no panorama internacional e de afrontar os desafíos que sepresenten no futuro. Mellorar o nivel dos cidadáns no ámbitoeducativo supón abrirlles as portas a postos de traballo de altacualificación,o que representaunha aposta polocrecemento económicoe por un futuro mellor.
  4. 4. Exposición de motivos Apartado I. Problemas: • (3º) Os pobres resultados obtidos no informe PISA. • (1º) As elevadas tasas de abandono escolar. • (2º) O reducido número de estudantes que acada a excelencia. (“baixos niveis de calidade”)
  5. 5. Exposición de motivos Apartado I. Características: • Reforma educativa que foxa dos debates ideolóxicos. Pero as declaracións do ministro indican o contrario ao afirmar que pretende españolizar aos cataláns. • Reforma que permita potenciar ao máximo o potencial de cada alumno. Pero as reválidas, a elección de itinerarios aos 15 anos e a imposibilidade de titular se se presenta algún tipo de carencia indican todo o contrario. • Reforma gradualista, prudente, baseada no sentido común e sostible no tempo… Pero ten a toda a comunidade educativa e a boa parte da sociedade en contra. • Reforma como resultado dun diálogo aberto e sincero con toda a comunidade educativa. Pero non houbo tal diálogo, mesmo se tratou de impedir o debate dun dos informes alternativos á Lei no seo do Consello Escolar do Estado, polo que as organizacións sindicais, estudantís, de pais e nais, e os membros da Federación de Municipios e Provincias, por primeira vez na historia da democracia, abandonaron esa xuntanza.
  6. 6. Exposición de motivos Apartado III. Características:• Reforma que mellore a calidade ...é dicir, que os que non teñan talento educativa. Pero, tal e como recolle a serán apartados do sistema Lei, a lóxica da reforma baséase na ...é dicir, que farán unha FP Básica para evolución a un sistema capaz de que se reduzan as taxas abandono escolar canalizar aos estudantes cara ás e ademais desaparezan das listaxes do traxectorias máis adecuadas ás paro súas capacidades, que se convirtan en rotas que faciliten a ...é dicir, non estamos a formar cidadáns, empregabilidade e estimulen o senón súbditos e instrumentos ao servizo dunha sociedade mercantilista: formaremos espírito emprendedor, porque a traballadores co alumnado que careza de economía actual, cada vez máis “espírito emprendedor” e empresarios co global e máis exixente na formación alumnado que posúa “ese” talento. de traballadores e empresarios así o exixe.(...) Non hai maior falta de ...é dicir, ao revés que en Finlandia, que , equidade que un sistema que iguale lonxe de perseguir a “calidade”, procura na mediocridade. que TODO o alumnado acade unha formación media digna
  7. 7. Exposición de motivos Apartado IV. Características e Obxectivos:• Necesitamos propiciar as condicións ...como se consigue isto con 30 que permitan o oportuno cambio alumnos/as por aula, sen ter metodolóxico, que o alumno sexa un formado previamente ao profesorado, sen recursos elemento activo no proceso de materiais nin humanos e cunha aprendizaxe. A globalización e o reválida ao finalizar a etapa que impacto das novas tecnoloxías fan que obriga a centrarse nos requisitos sexa distinta a súa maneira de demandados para superar esa aprender, de comunicarse, de proba e, polo tanto, levará ao concentrar a súa atención ou de docente a abandonar calquera abordar unha tarefa. proxecto ou metodoloxía alternativa ?
  8. 8. Exposición de motivos
  9. 9. Exposición de motivos Apartado VI. Obxectivos:• Reducir a taxa de abandono temperán da educación• Mellorar os resultados educativos de acordo cos criterios internacionais (OCDE) – Tanto no número de titulados en ESO – Como no número de alumnos/as excelentes.• Mellorar a empregabilidade e estimular o espírito emprendedor.
  10. 10. Exposición de motivosApartado VII. Principios. 1. Aumento da autonomía dos centros• Fomento da súa especialización e esixencia do rendemento de contas: • Crearanse distintos tipos de centros segundo a súa especialización curricular, funcional ou por tipoloxía do alumnado. • Os resultados das Probas e das Reválidas serán postos en coñecemento de toda a comunidade educativa, mediante indicadores comúns para todos os centros españois. • As Administracións educativas poderán asignar maiores dotacións de recursos a determinados centros públicos ou privados concertados en razón dos seus proxectos educativos. – Medidas honoríficas • Os centros docentes públicos poderán obter recursos complementarios. – O director disporá de autonomía para xestionar os recursos humanos e os materiais.
  11. 11. Exposición de motivosApartado VII. Principios. 1. Aumento da autonomía dos centrosReforzo da capacidade de xestión da dirección dos centros:• Elimínanse todas as competencias do Consello Escolar que vaian máis alá do feito de avaliar, propor, promover, ser informado, informar, analizar ou coñecer. Todas elas recaen agora no DIRECTOR. O CONSELLO ESCOLAR FICA COMO MERO ÓRGANO CONSULTIVO.
  12. 12. Exposición de motivosApartado VII. Principios. 1. Aumento da autonomía dos centrosReforzo da capacidade de xestión da dirección dos centros:• Profesionalización dos directore dos centros a través dun sistema de certificación.• O director poderá propor o nomeamento de profesorado e sinalar os méritos que debe reunir.• O director poderá rexeitar xustificadamente o nomeamento de profesorado interino.• Cuando exista vacante e financiación adecuada e suficiente, poderán propor o nomeamento de profesores que sexan necesarios para a continuidade de proxectos de calidade.• A elección como director será a través dun concurso de méritos, avaliados por unha comisión na que a Administración contará cunha representación mínima do 50% mentres que os representantes do Consello Escolar non chegarán ao 50% da representación, reservándose a metade destes representantes para o claustro de profesores/as. É dicir, a representación do profesorado na elección da dirección, redúcese, no mellor dos casos, a un 25%.• A actividade realizada polo persoal afecto á execución das accións de calidade educativa cunha valoración positiva deberá serlle recoñecida tanto na provisión de postos de traballo como a efectos de carreira profesional.
  13. 13. Exposición de motivosApartado VIII. Principios. 2. Avaliacións externas de fin de etapa • Avaliación individualizada ao finalizar 2º ou 3º EP. Comprobará o grao de dominio da competencia matemática e da competencia en comunicación lingüística. De resultar desfavorable, o equipo docente deberá adoptar as medidas ordinarias e extraordinarias máis adecuadas. • Avaliación individualizada ao finalizar 6º EP. Comprobará o grao de adquisición das competencias matemática, en Lingua Estranxeira e en Ciencia e Tecnoloxía. Os resultados serán recollidos nun INFORME , expresados en tres graos: baixo, intermedio e alto; terán carácter informativo e orientador. De resultar desfavorable para o conxunto do centro, as Admons. Educativas establecerán Plans Específicos de Mellora. • Consello orientador ao finalizar 1º, 2º e 3º de ESO. Incluirá os obxectivos e competencias acadados e proporá o itinerario máis adecuado, a incorporación a un Programa de Mellora ou á FP Básica. Ao finalizar este 1º ciclo de ESO, ou cursado 2º ESO se o alumno vai a incorporarse á FPB, entregarase un Certificado de Estudos Cursados.
  14. 14. Exposición de motivosApartado VIII. Principios. 2. Avaliacións externas de fin de etapa • Avaliación ao finalizar 4ºESO. (1ª REVÁLIDA ). – Grao de obxectivos e competencias adquiridos nas seguintes materias: • Todas as Troncais e a LGL??????????? • 1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores. – 2 opcións: Aplicadas ou Académicas, con independencia da opción de 4º. – Presentarase o alumnado cun máximo de 3 suspensas, sempre que dúas delas non sexan LGL, LCL ou MAT. No nº de suspensas só entrarán no cómputo as materias que como MÍNIMO o al. deba cursar en cada bloque. No bloque de materias de libre configuración autonómica só computará LGL. As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán consideradas materias distintas. – Serán realizadas polo Ministerio a través de profesorado alleo ao centro. – É preciso un 5 sobre 10, para superar a proba. Poderase repetir a proba, previa solicitude. Celebraranse dúas convocatorias anuais. – Para obter o título de Graduado en ESO, que permitirá acceder a Bacharelato ou a FP de Grao Medio, deberase superar a reválida (pola vía académica ou pola aplicada), que terá un peso do 30% , fronte a un 70% da nota media das materias de 4ºESO – O alumnado que non supere a Reválida non obterá o título, recibirá unha certificación oficial dos estudos cursados.
  15. 15. Exposición de motivosApartado VIII. Principios. 2. Avaliacións externas de fin de etapa • Avaliación final ao finalizar 2ºBACHARELATO. (2ª REVÁLIDA ). – Grao de obxectivos e das competencias nas seguintes materias: • Todas as Troncais e a LGL???? • 1 das Específicas, que non sexan: Ed. Física, Relixión ou Valores. – Alumnado CON TODO APROBADO. Deerá superar as materias que como MÍNIMO deba cursar en cada bloque. No bloque de materias de libre configuración autonómica só computará LGL. As materias coa mesma denominación en cursos distintos serán consideradas materias distintas. – Deberase obter polo menos un 5 sobre 10, para superar a proba. Poderase repetir a proba. Celebraranse dúas convocatorias anuais. – Para obter o título de BACHARELATO, que permitirá acceder á Universidade, deberase superar a reválida, que terá un peso do 40% fronte a un 60% da nota media das materias de 2ºBACH. – O alumnado que non supere a Reválida e non obterá o título, recibirá un CERTIFICADO que terá efectos laborais e académicos, pois permitirá o acceso ao CICLO SUPERIOR DE FP.
  16. 16. Exposición de motivos
  17. 17. Exposición de motivosApartado IX. Principios. 3. Racionalización da oferta educativa, reforzando en todas as etapas a aprendizaxe de materias troncais. MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada.
  18. 18. Exposición de motivosApartado IX. Principios. 3. Racionalización da oferta educativa, reforzando en todas as etapas a aprendizaxe de materias troncais. 1º ciclo / 1º, 2º e 3º ESO) MATERIAS DE LIBRE CONFIGURACIÓN AUTONÓMICA Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada. Poderanse agrupar as materias do 1º curso en ÁMBITOS de coñecemento.
  19. 19. Exposición de motivos 2º ciclo / 4ºESOApartado IX. MATERIAS DEPrincipios. LIBRE3.Racionaliza- CONFIGU-ción da ofertaeducativa, RACIÓNreforzando en AUTONÓ-todas as etapas MICAa aprendizaxede materiastroncais. Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada.
  20. 20. Exposición de motivosApartado IX. MATERIAS DEPrincipios. LIBRE3.Racionaliza- CONFIGU-ción da oferta RACIÓNeducativa, AUTONÓ-reforzando entodas as etapas MICAa aprendizaxede materiastroncais. Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada.
  21. 21. Exposición de motivosApartado IX. MATERIAS DEPrincipios. LIBRE3.Racionaliza- CONFIGU-ción da oferta RACIÓNeducativa, AUTONÓ-reforzando entodas as etapas MICAa aprendizaxede materiastroncais. Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada.
  22. 22. Exposición de motivosApartado IX. MATERIAS DEPrincipios. LIBRE3.Racionaliza- CONFIGU-ción da oferta RACIÓNeducativa, AUTONÓ-reforzando en MICAtodas as etapasa aprendizaxede materiastroncais. Outra materia: a derminar ou escollida das específicas non cursada. HISTORIA DA FILOSOFÍA
  23. 23. Exposición de motivosApartado IX. MATERIAS DEPrincipios. LIBRE3.Racionaliza- CONFIGU-ción da oferta RACIÓNeducativa, AUTONÓ-reforzando en MICAtodas as etapasa aprendizaxede materiastroncais. HISTORIA DA Desaparece FILOSOFÍA do Bacharelato: Ciencias Outra materia: para o a derminar ou Mundo escollida das específicas non Contempo- cursada. ráneo.
  24. 24. Exposición de motivos
  25. 25. Exposición de motivosApartado VIII. Principios. 4. Flexibilización das traxectorias • Substitución do PDC (pensado para que o alumnado con necesidades educativas poida obter o título da ESO) por Programas de Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento (en 2º e 3º ESO), cos que o alumnado con necesidades educativas xeralizadas de ningunha maneira poderá superar un curso ordinario de 4º ESO nin moito menos aprobar a Reválida que lle permita obter o título de Graduado en ESO. – Alumnado que repetira algunha vez en calquera etapa e que non estea en condicións de promocionar a 2ºESO, a 3ºESO ou a 4ºESO.
  26. 26. Exposición de motivos Apartado VIII. Principios. 4. Flexibilización das traxectorias• Anticipación dos itinerarios cara a Bacharelato e FP a 3ºESO, é dicir, aos 15 anos. En que o alumnado deberá escoller: • Matemáticas para o inicio das ensinazas académicas ou Matemáticas para o inicio das ensinanzas aplicadas. Isto supón escoller entre Bacharelato e FP en 3º ESO, aos 14-15 anos.• Transformación de 4ºESO nun curso de iniciación con dúas traxectorias ben diferenciadas. Neste curso o alumnado deberá escoller entre dúas modalidades: • Ensinanzas Académicas (a Bacharelato) • Ensinanzas Aplicadas (a FP)
  27. 27. Preámbulo… Apartado XI. ÁMBITOS: 1. Desenvolvemento das TICs• Uso intensivo das tecnoloxías. • Para personalizar a educación. • Para adaptar o proceso ao ritmo do alumno. • Como reforzo e/ou ampliación. • Para a formación do profesorado. • Para compatibilizar a formación coas obrigas persoais e laborais. (?)• As TICs deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Deberán permitir ao alumnado o acceso desde calquera sitio e en calquera momento.• Creación dun ecosistema dixital de ámbito nacional, que permita o normal desenrolo das opcións de cada administración rexional.
  28. 28. Preámbulo …Apartado XI. ÁMBITOS: 2. Apoio ao plurilingüismo• Para conseguir que os estudantes se desenvolvan con fluidez nunha 1ª Lingua Estranxeira. Apostando ademais pola incorporación curricular dunha 2ª Lingua Estranxeira.• Para cada curso escolar, as Administracións educativas poderán incorporar expertos con dominio en linguas estranxeiras, atendendo ao desenrrolo do plurilingüismo.
  29. 29. Exposición de motivosApartado XI. ÁMBITOS: 3. Impulso da Formación Profesional• Creación do novo Ciclo de FP Básica. – Carácter obrigatorio e gratuíto. – 2 anos de duración. Poderán permanecer nel até 4 anos. – Destinado a aqueles alumnos/as que non aproveiten as aprendizaxes en 1º e/ou 2º ESO. – Substituirá aos PCPI – ACCESO: con 15 anos, tendo cursado o 1º ciclo de ESO ou cursando 2ºESO e tendo repetido algún ano. – MATERIAS: Articúlanse en dous bloques: un de Comunic. e CCSS e outro de CC Aplicadas. Poderán ser ofertadas materias voluntarias (as troncais) que permitan transitar a outras ensinanzas (título de Graduado en ESO), pero non formarán parte do currículo e poderán ser a distancia. – TITULACIÓN: Permite obter o Título de Técnico Profesional Básico, que permitirá acceder ao Grao Medio.
  30. 30. Exposición de motivosApartado XI. ÁMBITOS: 3. Impulso da Formación Profesional• Formación Profesional de Grao Medio: • ACCESO: co Título de Graduado en ESO pola modalidade de Ensinanzas Aplicadas ou pola modalidade Académica se se supera a Reválida pola modalidade de aplicadas. Tamén se pode acceder co Título de Técnico Profesional Básico ou con 17 anos se se supera a proba de acceso. • MATERIAS: recupéranse as materias instrumentais: – Comunic. en LG – Comunic. en LE – Comunic. en L Estranxeira – Matemáticas aplicadas • TITULACIÓN: Permite obter o Título de Técnico en Grao Medio, co que se pode acceder a todas as modalidades de Bacharelato e á FP Grao Superior previa superación dunha proba de admisión.
  31. 31. Exposición de motivosApartado XI. ÁMBITOS: 3. Impulso da Formación Profesional• Formación Profesional de Grao Superior: • ACCESO: Ser admitido polo Centro de FP e ter – Título de Bacharelato, – Certificado acreditativo de ter superadas todas as materias de Bacharelato, – Título de Técnico en Grao Medio e ter superada unha proba de admisión do centro ao que se pretenda acceder. – Superando un curso de formación para acceso a ciclos de grao superior. – Superando unha proba de acceso, con 19 anos. • TITULACIÓN: Permite obter o Título de Técnico Superior, co que se pode acceder aos estudos universitarios de grao.O currículo das ensinanzas de Formación Profesional incluirá unha fasede formación práctica nos centros de traballo: formación dual FP DUAL(empresas + centros docentes)
  32. 32. Exposición de motivos
  33. 33. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartado 5)• DISTRIBUCIÓN DE COMPETENCIAS – Administración Xeral do Estado: • Ordenación xeral do sistema educativo. • Programación xeral da ensinanza • A alta inspección • O deseño do currículo básico • Todo o relativo ao bloque de materias troncais. • Estándares avaliables, criterios de avaliación e horario máximo do bloque de materias específicas. • 55% dos horarios escolares (CCAA con lingua propia) e 65% (resto de CCAA) do currículo de Formación Profesional, 2º ciclo de EI, Ensinanzas Artísticas, Deportivas e de Idiomas. – Administracións Educativas (CCAA): • Completar os contidos do bloque de materias troncais. • Contidos e horario do bloque de materias específicas. • Todo o relativo ás matrias de especialidade. • A metodoloxía didáctica empregada nos centros docentes da súa competencia. • Fomentar a autonomía dos centros, avaliar os resultados e exixir medidas de mellora. – Centros docentes: • Completar os contidos dos bloques de materias troncais, específicas e de especialidade. • Implantar métodos didácticos propios • Determinar a carga horaria correspondente ás diferentes materias.
  34. 34. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartado 27)• PROCEDEMENTOS DE ADMISIÓN EN ENSINANZAS UNIVERSITARIAS: – Calificación final do Bacharelato. – Modalidade e materias cursadas no Bacharelato, en relación coa titulación elexida. – Calificacións obtidas en materias concretas dos cursos de Bacharelato, ou da avaliación final de Bacharelato. – Formación académica ou profesional complementaria. – Estudos superiores cursados con anterioridade. – De forma excepcional poderán establecer avaliacións específicas de coñecementos e/ou de competencias. (SELECTIVIDADE)
  35. 35. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartados 36 e 37)Ensinanzas de Música e danza: – O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza obterán o título de Técnico. – O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza obterán o título de Bacharelato se superan as materias troncais na Reválida . – O alumnado que remate os estudos superiores de música e danza obterán o Título Superior na especialidade de que se trate, que formará parte do nivel 2 do Marco Español de Cualificacións, é dicir, será equivalente ao título universitario de grao. O mesmo ocorrerá cos Títulos Superiores de Arte Dramática, de Artes Plásticas, de Deseño e de Conservación e Restauración de Bens Culturais. – Os maiores de 16 anos poderán acceder directamente ás ensinanzas artísticas superiores mediante a superación dunha proba específica.
  36. 36. Artigo único. Modificación da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE).• CURRÍCULO: – OBXECTIVOS – COMPETENCIAS – CONTIDOS (coñecementos, habilidades, obxectivos, destrezas e actitudes que contribúen ao logro dos obxectivos de cada etapa educativa e á adquisición de competencias. Están ordenados en: asignaturas, clasificadas en materias, ámbitos, áreas, bloques e módulos). – METODOLOXÍA – CRITERIOS DE AVALIACIÓN
  37. 37. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartados 49 e 50)CRITERIOS PARA A ADMISIÓN DE ALUMNADO:• Existencia de irmáns no centro• Nais, pais que traballen no centro• Proximidade ao domicilio ou ao lugar de traballo dalgún dos pais• Rendas anuais da unidade familiar• Concorrencia de discapacidade no alumno ou nalgún dos pais ou irmáns.• Aqueles centros que teñan recoñecida unha especialización curricular, ou que participen nunha acción destinada a fomentar a calidade poderán reservar ao criterio de rendemento académico do alumno até un 20% da puntuación asignada ás solicitudes de admisión a ensinanzas postobrigatorias• Poderán autorizar un incremento de até un 10% do nº máximo de alumnos por aula. Non constitúe discriminación a admisión de alumnado ou a organización da ensinanza diferenciada por sexos.
  38. 38. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartado 55) CONCERTOS – Terán preferencia para acollerse aos concertos os centros que atendan a poboacións escolares en condicións económicas desfavorables ou os que realicen experiencias de interese pedagóxico para o sistema educativo. – O concerto educativo terá unha duración minima de 6 anos en EP e de 4 anos nos restantes casos. – Poderase concertar con carácter preferente a FP Básica. – Singularmente poderá haber concerto para as ensinanzas postobrigatorias.
  39. 39. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartado 65) ENSINANZA DE RELIXIÓN • Axustarase ao establecido nos Acordos suscritos coa Santa Sede. • As outras relixións axustaranse aos Acordos de Cooperación coa Federación de Entidades Relixiosas . • A determinación do currículo e dos criterios de avaliación da materia será competencia das respectivas autoridades relixiosas. A elección de libros de texto e de persoal docente tamén lles compete a elas. • A materia de Relixión, así como a de Valores Culturais e Sociais en E. P. e de Valores Éticos en E. S. O. terá unha carga horaria equivalente á carga horaria media do resto de materias ofrecidas no bloque de materias específicas.
  40. 40. Artigo único. Modificación da LOE. (Apartado 86)LINGUA CASTELÁ, LINGUAS COOFICIAIS E LINGUAS QUE CON PROTECCIÓN OFICIAL• As Admons educativas garantirán o dereito dos alumnos a recibiren as ensenanzas en castelán, lingua oficial do Estado. e nas demais linguas cooficiais• Ao finalizaren a educación básica, todos os alumnos deberán comprender e expresarse, de forma oral e por escrito, na lingua castelá e, e na lingua cooficial.• As Admons educativas deseñarán e implantarán sistemas (MIXTOS) nos que se garantice a impartición de materias non lingüísticas integrando a lengua castelá e a lingua cooficial. Determinarán a proporción de lingua castelá e de lingua cooficial (heteroxénea ).• As Admons educativas establecerán sistemas nos que as materias non lingüísticas sexan impartidas exclusivamente na lingua cooficial. (INMERSIÓN LINGÜÍSTICA). sempre que exista oferta alternativa de ensinanza sostida con fondos públicos en que se utilice a lingua castelá como lingua vehicular. De non ser así, excepcionalmente, mentres non se oferte o sistema elexido, os pais poderán optar por centros privados, correspondendo á Admón educativa sufragar os gastos de escolarización.• A Lingua Cooficial deberá ser avaliada nas avaliacións e reválidas e terase en conta para o cálculo da nota na mesma proporción que a Lingua Castelá.
  41. 41. Para saber máis …• Lei orgánica para a mellora da calidade educativa – 1º BORRADOR LOMCE – 2º BORRADOR LOMCE• Informe do Consello Escolar do Estado (CEE)• Alianza Social Galega• Plataforma galega en defensa do ensino público• Federación de Anpas de Compostela• Movemento Compostelán en defensa do Ensino Público
  42. 42. Que está a suceder coa nosa escola?Que queremos para oensino público?
  43. 43. ANEXOS
  44. 44. FRAGMENTOS INFORME PISA-2009• En equidad, España es uno de los ejemplos más sobresalientes de la OCDE. El entorno socioeconómico y cultural, influye, pero no determina los resultados del alumno. Este factor no impide a un alumno progresar en sus resultados académicos. (...) La variación en los resultados de los alumnos entre centros se sitúa en España en el 19,5%, es el segundo menor porcentaje de la toda la OCDE tras Finlandia.• En cuanto a los resultados relacionados con la variación global que se produce cuando se toma como análisis el rendimiento de los alumnos dentro del mismo centro, España alcanza un 69´8%, porcentaje algo por encima de la media de la OCDE que es del 64´5%.• En cuanto a las Comunidades Autónomas, PISA refleja que los resultados entre unas y otras es mínimo, sólo de un 4%,• En cuanto a los resultados por género: En el conjunto de la OCDE, las alumnas superan a los alumnos en comprensión lectora en 39 puntos, en España la diferencia es de 29 puntos. En competencia matemática los alumnos superan a las alumnas en 19 puntos mientras que en competencia científica no hay diferencias significativas entre alumnos y alumnasEs decir, se constata que el sistema educativo español se caracteriza por una gran equidad.
  45. 45. Fuente: OECD PISA2009 database, Vol. II,Table II.5.1.Elaboración: Institutode Evaluación, Anexo3, Tabla 3.2.PISA 2009. Informeespañol
  46. 46. Elaboración: Institutode Evaluación, Anexo3, Tabla 3.2. a partir delos datos contenidosen OECD PISA 2009database.PISA 2009. Informeespañol
  47. 47. No 2º borrador recoñecen que…• As diferenzas entre os alumnos dun mesmo centro e os distintos centros indican que temos un sistema educativo máis homoxéneo que a media, o que se transforma nunha equidade superior á media da OCDE.Pero seguen insistindo…Porén, o sistema actual non permite progresar cara a unhamellora da calidade educativa, como poñen en evidenciaos POBRES resultados obtidos polos alumnos nas probasde avaliación internacionais como PISA, as elevadas taxasde abandono temperán da educación e a formación, e oreducido número de estudantes que acada a excelencia.
  48. 48. FRAGMENTOS INFORME PISA-2009• En materia de comprensión lectora: El promedio español de 2009 es de 481 puntos, lo que significa que ha subido 20 desde 2006. Con ello, España se sitúa en el mismo nivel de rendimiento (nivel 3 de 6) que el promedio de los países OCDE en el que se encuentran Francia, Alemania, Reino Unido y Estados Unidos.• En cuanto a la competencia matématica, los jóvenes españoles han mejorado ligeramente sus niveles de conocimiento pasando de 476 puntos en el año 2000, a 483 en el 2009. Estos datos reflejan que no hay diferencias significativas con los promedios alcanzados por los jóvenes de países como Reino Unido, Estados Unidos, Portugal e Italia. Al igual que en el caso del análisis de la comprensión lectora, España se sitúa en el nivel 3 de rendimiento, es decir, en la media de la OCDE.
  49. 49. Fuente: OECD PISA2009 database, Vol. I,Table I.2.3 y Table S.I.c.Elaboración: Institutode Evaluación, Anexo2, Tabla 2.1.PISA 2009. Informeespañol
  50. 50. Fuente: OECD PISA2009 database, Vol. I,Table I.3.3 y Table S.I.u.Elaboración: Institutode Evaluación, Anexo2, Tabla 2.2.PISA 2009. Informeespañol
  51. 51. Fuente: OECD PISA2009 database, Vol. I,Table I.3.6 y Table S.I.x.Elaboración: Institutode Evaluación, Anexo2, Tabla 2.3.PISA 2009. Informeespañol
  52. 52. TASAS DE ABANDONO ESCOLAR• A última estatística europea sobre abandono educativo temperán trae novas boas e malas para España. As boas son que España é o segundo país da UE que máis conseguiu reducir nos últimos tres anos a porcentaxe de xoves de 18 a 24 anos que deixaron de estudar sen conseguir, polo menos, un título de bacharerlato ou de FP. A mala noticia é que, a baixada aínda non é suficiente como para sacar a España dos postos de cola nesta estatística: é o segundo país do continente coa taxa máis alta só por diante de Malta (33,5%).• España tivo que recuperar nos últimos 30 anos unha situación de retraso educativo que ven de moitas décadas atrás. En 1999, dous terzos da poboación non remataba a etapa obrigatoria. Hoxe é o 26´5% dos estudantes.• O nivel de gasto público de España en educación é inferior á media da OCDE, pero os recortes orzamentarios como consecuencia da crise dificultan a mellora. Nun momento de economía de guerra, o sistema debe mellorar a eficiencia dos sus recursos e atallar lacras coma o abandono escolar. As administracións e o mundo universitario tamén exploran novas vías de financiación. (La educación no es gasto, es inversión. El País, 25/04/2010)
  53. 53. SOBRE A EXCELENCIA• O informe da OCDE demostra que o éxito escolar non pasa necesariamente por someter ao alumnado a horarios interminables (1.050 horas anuais para un estudante español de 15 anos, fronte ás 856 dun rapaz da mesma idade en Finlandia, que ademais non leva NUNCA “deberes” para casa. Non esquezamos que Finlandia é o país de referencia de éxito nos Informes PISA e na OCDE). Os profesores españois de primaria (de 6 a 12 anos) dadican 880 horas ao ano a dar clase, 101 máis que a media da OCDE, e os de secundaria, 37 máis. (Más horas de clase no aseguran el éxito escolar. El País, 14/09/2012)

×