Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Lingua, sociedade e cultura.

860 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Lingua, sociedade e cultura.

  1. 1. Normalización lingúística historia e socioloxía da educaciónTema 2:Lingua, sociedade e cultura 1/ A natureza social da fala: a lingua como necesidade e instrumento social A lingua ten, en primeiro lugar, un aspecto puramente utilitario: é o princi- pal instrumento do que os humanos nos servimos para comunicarnos, co que transmitimos información e grazas ao cal constituímos organizacións as cales constitúen, á súa vez, a base da nosa estrutura socio-económica. “A linguaxe é o instrumento decisivo de comunicación e de interacción humana. Toda reunión de individuos pre- cisou até hoxe dunha linguaxe para convivir, traballar e manter relacións sólidas. Calquera actividade en común impón ou presupón unha unidade de linguaxe. O que sig- ni ca que todos os grupos humanos posúen, en degraus diversos, unha individualidade lingüística.” (Rafael L. Nin- yoles, Idioma e poder social, Laiovento, p. 21, 2005) Ademais, a lingua ten natureza simbólica e referencial. Como produto so- cial é un froito da cosmovisión dos seus propios falantes, que transmite e contén os valores, a idiosincrasia, e, en suma, a cultura da comunidade lin- güística. É por isto, logo, que a lingua remata convertíndose en símbolo desta comunidade da que falamos, tanto para ela propia como para os foráneos, e polo que, tamén, funciona como referente, neste caso máis vista desde o exterior. <<as linguas non teñen como función única ou máis importante transmitir conceptos que estarían na mente dos falantes representando cousas do mundo exterior (o que poderiamos denominar “comunicación referencial”),Tema 2 2 Aula Virtual da CIG-Ensino
  2. 2. Normalización lingúística historia e socioloxía da educación senón que ó mesmo tempo, cumpren as funcións expre- siva e fática, polo que serven como elementos funda- mentais para a conformación de identidades persoais e colectivas (a distintos niveis) e para a constitución de co- munidades humanas>>. (Monteagudo, Henrique. Histo- ria Social da Lingua Galega: Idioma, Sociedade e Cultura a través do tempo. Vigo, Galaxia, 1999. páx. 25)2/ A capacidade identificadora e diacríticadas linguas: Comunidade lingüística, linguapropia e ecolingüística Hai varios miles de linguas no mundo e pouquísimas delas se correspon-den cun estado. Na maioría dos casos nun mesmo estado hai varias linguase noutros moitos hai linguas que teñen aos seus falantes repartidos en dife-rentes estados. Nestas situacións a lingua, máis que a raza, grupo étnico,folklore,..., convértese no elemento con maior capacidade identi cadora tantodesde a perspectiva dos propios falantes (que atopan na lingua común o vín- Henrique Mongeagudoculo principal cos seus conxéneres) como desde fóra da comunidade que aemprega para determinar a propia adscrición a esa comunidade. <<o certo é que a xente concibe o mundo dividido en grupos étnicos e linguas discretas. Esta crenza estéase en estereotipos que atopan a súa expresión no emprego de determinadas denominacións, termos que funcionan como símbolos e como instrumentos de identi cación. Debo recoñecer, pois, que existe un elevado grao de con- vencionalismo na delimitación dos obxectos históricos “Galicia” e “idioma galego”. Asemade, estou convencido de que isto non lle resta un ápice de realidade. Xa se dixo antes que, nalmente, o relevante non é unha visión pre- tendidamente “obxectiva” e “externa” das cousas, senón a percepción intrasubxectiva que teñen delas os propios actores>>. (Monteagudo, Henrique. Cit, p. 47) Estes grupos discretos de falantes, estabelecidos ben obxectiva ben con-vencionalmente, constitúen o que denominamos “comunidade lingüística”: <<Un concepto que nos parece nuclear para a So- ciolingüística é o de Comunidade Lingüística. Dado que esta non é unha noción pací ca, digamos rapidamente que concibimos unha comunidade lingüística como un agrupamento social que recoñece como propios un agru- pamento de formas, unhas pautas de uso e unha cultura lingüística basicamente comúns e dalgún xeito especí - cas e minimamente estructuradas [...]. Falamos de grupo social: unha comunidade lingüística constitúe unha das múltiples e non necesariamente excluíntes modalidades de agrupamento humano, a sociedade é un sistema de agrupamentos de diverso carácter e distinto nivel, de ma- neira que cada un dos seus membros se inclúe en varios agrupamentos sociais de distinto tipo, un dos cales resul- ta ser a comunidade lingüística”>>. (Monteagudo, Henri- que. Cit, páx. 23) Así, o “agrupamento” do que fala Monteagudo e que signi ca ser usuariodunha lingua non é absoluto indiferente ou “neutral”, é un agrupamento queresponde a un medio social, e na perspectiva ecolingüística, tamén un mediofísico ou natural. A lingua é tamén unha resposta adaptativa ó medio físico,unha forma única e orixinal de aprehendelo, de facelo propio mediante o seunomeamento e descrición cos recursos que esa lingua concreta forneza.Aula Virtual da CIG-Ensino 3 Tema 2
  3. 3. Normalización lingúística historia e socioloxía da educación A lingua funciona, por todo o que levamos vendo, como risco diacrítico das sociedades e culturas: non só é que determinadas fronteiras administrativas coincidan con isoglosas determinadoras de límites idiomáticos. A lingua é un risco cultural diacrítico porque os seus usuarios senten a fala como adscrición a un determinado grupo social (que pode coincidir con étnico, pero non ten porque selo) e sobre todo a unha cultura. Lingua e cultura convértense así, en moitos casos, en termos intercambiábeis. Hoxe falamos de ecolingüística para estudar a correlación non só entre as linguas se non tamén entre elas e o seu medio ambiente, quer dicir, a socie- dade na que se empregan. Estamos, pois, ante unha nova aproximación teó- rica aos estudos sociolingüísticos que xorde nos anos 90 do século XX e que un dos seus defensores, Alwin Fill, de niu como “a ciencia das interaccións entre a lingua e o mundo”. 3/ Cultura, nación e lingua no caso galego.Alwin Fill A identi cación entre lingua e a comunidade que a fala (a “comunidade lingüística”) convértese en determinadas ocasións en máis estreita: a comu- nidade cultural é tamén unha nación. Nestas circunstancias a lingua é o ele- mento máis claramente delimitador e diferenciador desa cultura-nación. No caso galego é desde a criación das Irmandades da Fala (1916) cando se determina claramente esta relación. Vemos, de feito, que no seu propio ideario a lingua gura no primeiro lugar das súas nalidades: “A Irmandade dos Amigos da Fala tivo feitura na Cruña o día 18 do mes Maio de 1916. Hoxe haina costituida tamén no Ferrol, Santiago, Betanzos, Villalba, Lugo, Monforte, Estrada y-Ourense. Están federadas co’elas a Xuventú de Defensa de Vilagarcía, as Xuven- tudes Nacionalistas de Santiago e de Vigo, e moitas Socieda-dades Agrarias. Poden ingresar n-elas todol-os galegos, homes e mu- lleres, y-os que nono sendo de nacimento o sexan de curazón. As Irmandades teñen por fís: 1º Porpagal-o emprego da língoa galega. 2° Conquerir unha amplia autonomía pra Galicia. 3º Traballar pr’a solución de todol-os probremas coleiti- vos e permanentes da térra galega. 4º Traballar pol-a difusión da cultura centí ca, literaria y-ar-tísteca. 5º Intervir na políteca pra qu’esta se faga en porveito do pobo. Cada Irmandade ten catro seiciós: Seición de Cultura e Fala, Seición d’Economía y estudios sociaes, Seición Agraria e Seición Políteca.”(Risco, Vicente, Teoria do na- zonalismo galego, 1920)Vicente Risco Os irmáns Vilar Ponte e o xa citado Vicente Risco, por exemplo, teñen tex- tos que evidencian que se estaba a iniciar esta toma de conciencia de sermos unha nación precisamente (entre outras cuestións) por termos lingua propia: “Está recoñecido por cantos s’ocupan d’estas cousas, que, de todol-os vínculos sociaes, é a fala a que mais sopara e carauteriza ós pobos, porqu’é o mais espirtual de todos, é o que conforma o pensamento e fai a maneira de ser das xentes. O troque de língoa determina, na maor parte dos casos, a dexeneración espirtual d’un pobo. A cuestión é deferente pr’ós individos do que pr’as naciona- lidades. A proba é qu’a imposición da língoa foi sempre unha violencia que non descoidou ningún imperialismo:Tema 2 4 Aula Virtual da CIG-Ensino
  4. 4. Normalización lingúística historia e socioloxía da educación foi empregada por Austria c’os checas e c’os húngaros, por Prusia e Rusia c’os polacos, por Francia c’os vascos y-os provenzaes, por Castela c’os cátalas e co nosco. Mais a pesar da rabia conqu’o presiguen, o galego vive, falase pol-as catro quintas partes da poboación, y-achas’hoxe n-unha das suas épocas de maor frolece- mento literario, convertíndos’en istru-mento d’espresión cientí ca e de produción losó ca. Agora, o galego y-o portugués son duas formas dialeutaes do mesmo idioma: esto indica que nos temos un maor parentesco con Í ‘or- tugal do que con Castela. Tres falas, tres civilizados; nos per-encemos á civilización da banda oucidental, e cultu- ralmente, pois u’esí é lolóxicamente, nada temos que ver co’as outras duas. Queiramos ou non, esto trábanos fortemente, estreitamente con Portugal e co’a civilización portuguesa” (Risco, Vicente, cit.) “Este direito das nacionalidades á propia vida—ga- rantía necesaria pra qu’elas podan desenvolvel-a sua ci- vilización e contribuir á civilización do Estado ó qu’están xunguidas e mais á civilización do mundo—está xa re- coñecido no direito moderno. Efeutivamente, na Confe- rencia da Paz suscitouse o probrema dos direitos das minorías nacionaes. Enténdese por minorías nacio-naes «os grupos de súditos d’un Estado que son de raza e de língoa deferente das da maoría do Estado». Estes gru- pos, nin poden formar Estados independentes, nin poden ser axudicados ó Estado nacional ó que deberán corres- ponder; teñen pois, que car dentro d’un Estado que non é a sua nación propia. As potencias aliadas creeron que cumpría garantizar ás minorías nacionaes, un mínimum de direitos, y-o prencipal d’eles é o enseño no idioma pro- pio. As minorías nacionaes deberán estar baixo a protei- ción da Liga das Naciós.” (Risco, Vicente, cit.) A situación actual da lingua no noso país, analizada desde a perspectivasociolingüística, incide no feito de ser esta un elemento social polo que non éposíbel estudalo isoladamente: “Imos recordar, en primeiro lugar, uns principios epistemolóxicos previos que xulgamos da maior impor- tancia para comprendermos a cuestión da lingua galega: 1°. A lingua é a estrutura cultural que precisan todas as demais estruturas da cultura, sen que aconteza a in-Aula Virtual da CIG-Ensino 5 Tema 2
  5. 5. Normalización lingúística historia e socioloxía da educaciónO 31 de maio de 2007 a secretariaxeral de Política Lingüística, MarisolLópez, anunciou no Parlamentode Galicia que o vindeiro mes dedecembro quedará constituídoformalmente o Consorcio dePlanificación Lingüística. Nunharesposta oral, ante a ComisiónPrimeira da Cámara galega, aresponsable de Política Lingüísticaapuntou á figura do Consorcio comoo ente máis axeitado para conseguirque o galego sexa a lingua habitual nasrelacións internas da Administración,na comunicación interadministrativae na relación entre Administración ecidadáns.“Os concellos e as deputacións estánobrigados por lei a facer en galegotodos os actos que se poidan derivar dasúa actuación administrativa, xa que ouso do galego na Administración localten carácter imperativo”, explicouMarisol López. Con todo, apuntou que“existen organismos que aínda non ocumpren” e dixo que “desde PolíticaLingüística se están a poñer unhasbases sólidas para que a lexislación deaplicación nas entidades locais sexa versa. Non é, portanto, analisábel en termos de “riqueza”cumprida, dunha vez por todas e nun ou de peza do patrimonio cultural, porque, sendo estrutu-prazo de tempo bastante próximo”. ra basilar de que todo acto humano depende, non é ho-Ao fin frutrouse xa daquela este mologábel con calquera “colección” de asuntos artísticos,organismo semellante aos de estéticos ou culturais.Cataluña e Euzkadi consecuencia das 2°. A entidade lingua requere, sempre, unanimidadecorrelacións de forzas na Galiza e o social. Non é urna criación individual. De aí que falarmosconflito existente. en dereitos lingüísticos implica, antes de mais, falarmos en dereitos colectivos, en dereitos sociais, en de nitivo, en dereitos humanos. 3°. As regras que explican a situación dunha lingua son regras sociolóxicas, non regras lolóxicas. Alias, a lingua vive sempre nun tempo e nun contexto concretos, non nunha “estratosfera” fora das continxencias históri- cas. É así como, na sociolingüística, o primeiro lexemaRafael L. Ninyoles ven a ser epíteto do segundo. 4°. A determinación (determinación, non in uencia) da sociedade galega, portanto, na existencia da súa lin- gua explica que todas as vicisitudes por que atravesou aquela incidisen directamente na fortuna, consideración social, calidade e independencia do código en si”. (Gar- cía Negro, De fala a lingua. Un proceso inacabado, p. 71, Laiovento, 2009) O discurso máis recente, grazas ás achegas teóricas da sociolingüística e máis da clari cación política, é máis complexo que o dos históricos naciona- listas na análise da nosa situación posto que se evidencia como fundamental a posición minorizada da nosa lingua a respecto do castelán nun contexto de con ito e nun marco social, económico e político determinado: “ O uso de dúas linguas nunha sociedade implica un con ito que só pode ser enunciado e resolvido afron- tando os problemas sociais, económicos e políticos que implican a súa estrutura. Calquera estudo dirixido neste senso terá que explicar o papel que exercen as clases superiores na evolución sociolingüística e, nun planoTema 2 6 Aula Virtual da CIG-Ensino
  6. 6. Normalización lingúística historia e socioloxía da educación xeral, a serie de presións sociais e institucionais baixo as que o desenvolvemento do idioma dominado estivo parcialmente comprometido. A análise deste mecanis- mo constitúe, sen dúbida, a condición previa a calquera tentativa de normalización cultural.” (Rafael L. Ninyoles, Idioma e poder social, Laiovento, p. 27, 2005) Tense posto de relevancia, como xa levamos vendo, que no caso galego ocerne do noso con ito lingüístico non é inherente á lingua e/ou a nós mesmoscomo sociedade, senón que se insire nun marco socio-político sobre o quedebe recaer o foco da análise: “Forma parte dos topica admitidos hoxe sen contro- versia conceder lugar central á preocupación pola lingua Mª Pilar García Negro nos históricos do nacionalismo galego. Fóra de bastas confusións (tamén endémicas) entre lingua e gramática, entre lingua e loloxía, entre, en fín, o código e o seu es- tudo, é común resaltar aquel axioma, en termos de senti- mento, moral de aproximación ao povo, estima colectiva e cultivo estético nunha literatura que se pretendía com- pleta e multixenérica. Tense insistido menos, coidamos, noutros aspectos que xulgamos de igual importancia. En primeiro lugar, reparan na lingua porque ela é o ben so- cial, alén de imprescindíbel, máis democrático e gratuíto. En segundo lugar, non é sectorial, nen é facultativo nen é superestrutural. Non depende, nos seus usos primarios, da vontade ou da restauración impulsábel por institucións que existían e operaban mesmamente para desprezala e ignorala. En terceiro lugar, é o instrumento que mellor evidencia a falsía de se tratar, o galego, dun con ito en- dóxeno ou conxénito, mais, iso si, internalizado como tal polos proprios galegos e, por aquí, criador de falsas e ar- ti ciais divisións sociais.” (García Negro, De fala a lingua. Un proceso inacabado, p. 32-33, Laiovento, 2009) TEXTOS ASOCIADOS: 1.- “El Cadiceño”, de Rosalía de Castro (1866) 2.- O feito lingüístico galego. Ramón Vilar Ponte.Aula Virtual da CIG-Ensino 7 Tema 2

×