Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Comentario crítico

640 views

Published on

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Comentario crítico

  1. 1. Lingua e Literatura Galega 4ºeso COMENTARIO CRÍTICO 1. Finalidade No apartado do comentario crítico débense xulgar as afirmacións do texto e a visión do autor sobre o tema, confrontándoas cos propios coñecementos e opinións. Na exposición do comentario é especialmente importante o coidado da expresión e da organización das ideas (claridade, distribución de ideas en parágrafos...) 2. Proceso - Seleccionar os contidos principais do texto, especialmente aqueles que presenten unha maior carga polémica (no caso de que non aparezan xa seleccionados na propia formulación da pregunta: Comentar a seguinte afirmación/idea/fragmento...@) - Descifrar e valorar o punto de vista do autor e os mecanismos dos que se serve para a exposición das súas ideas: * Manifesta as súas opinións de maneira clara e directa ou a través de ironía, ambi- güidades, demagoxia, reiteracións, contradiccións... * Subxectividade ou obxectividade: baséase exclusivamente nas propias ideas ou presenta datos que testemuñen as súas afirmacións; é parcial ou imparcial; está ou non directa- mente involucrado no asunto do que fala... * É rigoroso no tratamento do tema ou incorre en falsidades, terxiversacións... * Tenta ou non convencer ao lector, presentando argumentos que o involucren afectiva- mente * Aborda o tema de maneira completa ou deixa aspectos esenciais sen desenvolver - Cotexar as ideas de autor coas propias, mediante un dobre proceso: a) Extensión: sen afastarse dos puntos tocados polo autor, presentar novas argumentacións que corroboren aquelas afirmacións do autor coas que se está de acordo b) Confrontación: rebater aquelas ideas ou argumentos cos que se estea descon-forme, expoñendo a propia visión razoadamente 3. Erros máis frecuentes - Limitarse a realizar unha paráfrase do texto - Tomar o texto como pretexto para argumentacións digresivas - Comentar aspectos non especificamente de contido - Disentir sistematicamente das ideas do autor - Ausencia de ideas propias
  2. 2. Lingua e Literatura Galega 4ºeso ACTIVIDADE ELABORA UN COMENTARIO CRÍTICO DO SEGUINTE TEXTO Premeditadamente ou non, o anglonorteamericano e o inglés son, en virtude da súa mesma difusión planetaria, axentes de primeira orde na destrución da diversidade lingüística natural. Acaso esta destrución sexa a máis irreparable das catástrofes ecolóxicas que caracterizan á nosa época. De xeito máis sutil, a redución do idioma inglés a un esperanto do comercio mundial, da tecnoloxía e do turismo, ten efectos debilitadores sobre o inglés propiamente dito. Ou, para dicilo coa xerga actual, a omnipresencia está xerando unha retroalimentación negativa. Insisto en que é demasiado cedo para aventurar un xuízo sobre o equilibrio dialéctico, sobre a porcentaxe relativa de perdas e ganancias que o inglés obtén a medida en que se converta na lingua franca, na taquigrafía da Terra. After Babel, George Steiner. 1975

×