As orixes do galego

2,099 views

Published on

Published in: Education
0 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
2,099
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
13
Actions
Shares
0
Downloads
26
Comments
0
Likes
2
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

As orixes do galego

  1. 1. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO OBXECTIVOS: 1. Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar información e máis para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico. 2. Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as Bibliotecas, os medios de comunicación social e as TIC , para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións de diversos tipos e opinións diferentes. 3. Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso lingüístico para comprender textos orais e escritos e máis para escribir e falar con adecuación, coherencia e corrección. 4. Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega, afirmándoa como propia de Galiza, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación. CONTIDOS: 1. LINGUA E SOCIEDADE. Tema 7: Dúas linguas nunha sociedade COMPETENCIAS: 1. C. EN COMUNICACIÓN - Saber escoitar, saber ler, saber falar e saber escribir. 2. C. PARA APRENDER A APRENDER -Ler comprensivamente e expresivamente. -Interpretar as informacións de textos ensaísticos. -Autocorrección. Autoavaliación e coavaliación. 3. C. DIXITAL E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN -Uso de programas para o tratamento de textos. -Produción de textos propios tras a selección, análise crítica, esquematización e síntese da información. -Elaboración dunha presentación. 4. C. NA AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL -Manter unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas. -Usar autonomamente os medios de comunicación social (lectura do xornal) 5. C. SOCIAL E CIDADÁ -Comentar de xeito crítico distintos tipos de textos. VOCABULARIO ESPECÍFICO: - substrato, estrato e superestrato. - préstamos lingüísticos e barbarismos. -Castelanismos léxicos, morfolóxicos, sintácticos, ortográfico... ACTIVIDADES:-Exercicios sobre o tema. -Elaboración de definicións adecuadas para o vocabulario específico do tema. -Busca de información sobre as orixes da lingua galega, para realizar o traballo de investigación en torno á Historia da Lingua. Posteriormente elaborar unha ppp para expor na aula. -Historia da lingua galega, ed. A Nosa Terra AVALIACIÓN: A través de cada unha das actividades
  2. 2. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO ELEMENTOS DE SUBSTRATO, ESTRATO E SUPERESTRATO. APORTACIÓNS LÉXICAS DOUTRAS LINGUAS O léxico galego non está constituído unicamente por palabras herdadas do latín, senón que se foi enriquecendo ao longo da súa historia con palabras doutras linguas que tiveron e teñen contacto coa nosa. Estas voces poden clasificarse nos seguintes grupos: a) Elementos de substrato: están constituídos polos vocábulos que perviviron dos antigos pobos que habitaban no noso territorio antes da chegada dos romanos. Son relativamente poucas as palabras procedentes destes pobos, entre os que destacan os celtas (que desenvolveron entre nós a cultura castrexa). A meirande parte delas refírense a conceptos relacionados coa natureza e topónimos: * Plantas e froitos: amorodo, bido, carballo, carqueixa... * Peixes e animais: rodaballo, chicharra, areixa... * Obxectos diversos: cabana, cabazo, billa, berce... * Topónimos: Barallobre, Callobre, Tarascón, A Coruña... * Hidrónimos: Limia, Sar, Deva... b) O estrato lingüístico: o latín é o tronco común de todas as lñinguas románicas, romances ou neolatinas; polo tanto é o elemento básico na formación do galego. c) Elementos de superestrato: están constituídos polas voces procedentes de linguas de pobos que invadiron o noso territorio despois dos romanos. Estes pobos foron os xermánicos (esencialmente suevos e visigodos) e os árabes. Os pobos xermánicos chegaron ao Noroeste da Península Ibérica a partir do comezo do século V (no ano 411 os suevos crean na provincia romana da Galaecia o 1º reino cristián da Europa Occidental). Deixaron no noso vocabulario grande cantidade de topónimos e antropónimos, así como palabras de léxico xeral, moitas delas relacionadas coa guerra. * Obxectos: roupa, roca, xabón, guerra, helmo, frecha... * Topónimos: A Gudiña, Allariz, Recarei, Gondomar, Samil... * Antropónimos: Afonso, Alvaro, Elvira, Luísa, Alberte... Os árabes penetraron na Península no ano 711, pero non chegaron a Galicia ata un século máis tarde. As súas aportacións directas foron escasas. Tan só temos unhas poucas palabras que foran introducidas no galego durante as invasións (argola, laranxa, aceite...), xa que os árabes non se asentaron na Galaecia.. Con todo, moitos outros arabismos entraron no galego indirectamente a partir doutras linguas (principalmente a través do castelán) en distintas épocas, ata o punto de
  3. 3. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO podermos afirmar que o árabe constitúe, despois do latín, a principal fonte de vocabulario para o galego. * Plantas e froitas: arroz, cenoira, limón, alecrín... * Termos científicos: álxebra, cifra, cero, alquimia... * Oficios: alcalde, alcaide, alfaiate, albanel, alférez... * Cabalería: xinete, alazán, albarda, alforxa... * Útiles: alfinete, alicate, almofada, alfombra, tabique... * Topónimos: A Mezquita, A Aldea, Alfoz, Rábade... d) Préstamos doutras linguas: ao longo da historia do galego foron entrando por distintas vías palabras procedentes doutras linguas, principalmente idiomas modernos: - Linguas amerindias: canoa, cacao, puma, pataca, cacique.. - Francés: restaurante, hotel, menú, cheminea, carpeta... - Italiano: concerto, piano, violín, novela, pallaso... - Inglés: bar, revólver, futbol, tenis, túnel, vagón... - Alemán: níquel, blindar, cobalto, wolframio... - Castelán: tortilla, guerrilla, respaldo, bolero... - Catalán: remolcar, bou, turrón, barraca... - Vasco: zamarra, esquerdo, pizarra, gabarra...
  4. 4. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO INTERFERENCIAS EXTERNAS DO CASTELÁN: CASTELANISMOS Por medio do castelán penetraron no galego moitos préstamos procedentes doutras linguas, a maior parte dos cultismos e algúns castelanismos aceptables e necesarios como os citados no apartado 2. Pero, sobre todo, o castelán exerceu e exerce unha influencia negativa sobre o léxico galego que se manifesta de tres maneiras principais: a) A forma castelá convive coa galega, pero restrinxe o seu significado (escoba, grifo e sartén restrinxen o significado de vasoira, billa e tixola). A restricción radicalízase con frecuencia ata o extremo de facer desaparecer da fala as voces galegas. Así, ejemplo, persona, pueblo, abuelo, bueno substitúen as formas galegas exemplo, persoa, pobo, avó, bo. b) Entre dous sinónimos galegos adoita ter máis vixencia aquel que coincide coa forma castelá: comprar, labios e lágrimas serán máis usados que ....................., ..................... e ...................... c) O galego acepta formas castelás disfrazadas de galegas. Estes castelanismos van desprazando e agredindo as voces galegas auténticas: conexo, xaula, carreteira, carcaxada, ceniceiro, axuntamento, concexal... empréganse no canto de ...................., ....................,......................, ....................., ...................., ..................... e ..................... A influencia do castelán non se reduce ao aspecto léxico. Ningún dos diferentes niveis lingüísticos do galego se ve libre da influencia desa lingua. Así, podemos distinguir os diferentes tipos de castelanismos: 1.- Ortográficos: escrita de formas galegas segundo as regras ortográficas do castelán: Enrique, hirmán, chubasco, reventar, él, compróu... 2.- Fonolóxicos: substitución de fonemas galegos por fonemas propios do castelán en certos termos: jefe, general, geografía, en ocasións adaptados incorrectamente: parexa, conexo, baraxa... 3.- Morfolóxicos: alteracións das formas de certas palabras: xénero dos substantivos, formacións de plural, conxugacións verbais, usos pronominais...: o análise, a mel, niveles, tendrei, quenes, cuio... 4.- Sintácticos: construccións conforme á colocación de palabras propia do castelán, uso incorrecto de preposicións...: me dixo que si, imos a facelo agora mesmo... 5.- Léxicos: substitución de palabras galegas polas correspondentes castelás: merluza, pueblo, hielo, ochenta, tartamudo, jueves, iglesia, cuchillo, tenedor, muela, bostezar, pino, abuelo...
  5. 5. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO ACTIVIDADES 1.- Buscar os vocábulos xermánicos que se esconden nos seguintes anagramas: FECHAR ATALLO COAR RAPOU POSTEE ASPERO 2.- Unir os termos árabes cos seus sinónimos correspondentes: ALACRÁN VETERINARIO AZOUGUE ALEGRÍA ALCUME SOBRENOME TABIQUE ESCORPIÓN ALFAIATE MERCURIO ALDRABA BATA ALBOROZO CHAMADOR ALBORNOZ XASTRE ALBEITE PAREDE 3.- Localizar 17 préstamos e citar a lingua da que proceden: R E S T A U R A N TE E V A GON T B A U L V T U R I S MOS N I OS A L L A P U I E T L I D E R K N H N L E V C OV A OS OE OL E I A I V N A R T GA R MOE R L A I V E R C A L L A B A D A N O S A L U I T I A N T N C E A E X N E P C A E 4.- Relacionar a palabra de orixe (indicando a lingua á que pertence) co resultado en galego: SCAGLIUOLA ORGULLO TXATARRA TURISMO
  6. 6. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO PACKET ESCAIOLA PAGLIACCIO IATE AL-FARIS ALFÉREZ URGOLI PALLASO RUBTA PAQUETE TOURISME ROTINA BAK BOORD ROLDA BUC BABOR CHARRA GABARRA YACHT XERRA KABARRA CHATARRA ROUTINE BUQUE 5.- Substituír os estranxeirismos innecesarios polas formas galegas correctas: PUZZLE FERRY CASTING TURNÉ GASOIL DISKETTE HALL ESPÓNSOR LINIER TIFFOSI SHOW COW-BOY SELF-SERVICE INTERVIÚ PARKING 6.- Corrixir os castelanismos: a) É conveniente colocar o cinturón de seguridade b) A Unión Europea recortou o cupo do leite c) Vino eu escrito do seu puño e letra d) Miraba para o exame do compañeiro de refilón e) Déronlle no banco a nova cartilla de aforros f) Tomou un zumo de naranxa con algo de azúcar g) Atrapárono gracias ás huellas dactilares encontradas h) Viña de comprar na tenda unha caxetilla de tabaco i) Os hinchas do Celta enchían as bancadas do estadio l) O entrenador era reacio a facer moitos trocos m) Este ano aumentou o número de alumnos becarios n) Cando chegaron á casa, a torta estaba toda aplastada o) Salou demasiado a comida e esqueceu botarlle o laurel p) Pon o diantal e mete no lavavaxillas os platos que están na mesa q) O recorrido que vai cerca do cauce do río estaba cheo de ranas e renacuaxos r) Debo subraiar que o relieve desta zona cambiou coa construcción deses rascaceos s) Bótalle ao solomillo unha cucharada de mantequilla e un pouco de requesón t) A causa do seísmo a aguxa da brúxula estivo a se mover de ezquerda a dereita
  7. 7. Lingua e Literatura Galega 3ºeso AS ORIXES DO GALEGO u) Os centinelas da cárcel descubriron aos fugados ao faceren a súa ronda rutinaria 7.- Dar as formas correctas correspondentes aos seguintes castelanismos: CAÑÓN SERRÍN ADOQUÍN MANZANILLA DORMILÓN FRESA ATERRIZAR SILLA SONDEO CAMPANADA ESCARABAJO ALFAREIRO CORRESPONSAL CUMPREANOS GRAPAR BUZÓN BACHE INVERSIÓN POLICÍACO SUDOESTE TORNILLO PAÑAL XARABE ANTIFAZ FECHA TOBILLO LATIDO ROXO BECA SALTAMONTES RODAXA SONIDO SEÑAL VASUREIRO TERCIOPELO TEXIDO CHEAR PEATÓN PALADAR 8.- Sinalar o castelanismo de cada serie: a) Acicalar, compoñer, enfeitar b) A queimarroupa, a boca de cano, a bocaxarro c) Apesararse, angustiarse, acongoxarse d) Acribillar, cribar, furar e) Acuciante, perentorio, apremiante f) Atribuíble, achacable, imputable g) Afincarse, establecerse, enraizarse h) Ahinco, empeño, afán i) Altivo, orgulloso, altaneiro l) Añexo, vello, anello m) Acougar, sosegar, apaciguar n) Arreciar, medrar, cobrar forza ñ) Encirrar, azuzar, apurrar o) Barruntar, presentir, intuír p) Materia, disciplina, asignatura q) Situar, colocar, ubicar r) lombo, costas, espalda s) entrenador, adestrador, preparador t) estremecemento, calafrío, escalofrío u) amistoso, amigable, afectuoso

×