Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Tema 7 a idade moderna. os descubrimentos xeográficos

3,144 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Tema 7 a idade moderna. os descubrimentos xeográficos

  1. 1. A IDADE MODERNA. OS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS TEMA 7
  2. 2. 1.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS • O mundo coñecido polos europeos era moi reducido, pois limitábase a Europa, parte de Asia e de Africa e o Mar Mediterráneo. O descubrimento de novos mundos debeuse a diferentes causas: • a)Políticas: os estados cristiáns españoles desexaban novos territorios en Africa. • b)Económicas: Buscábanse novas rutas para acceder ao ouro de Sudán e traer produtos de India e China pois os turcos pecharon o paso por Constantinopla. • c)Científicas e xeográficas: difundíronse libros que sostiñan que a terra era redonda polo que podía chegarse á India navegando polo oeste. • d)Técnicas: A navegación por mar mellorou co compás e astrolabio que permitiu orientarse. Construíronse novos barcos como a carabela e a nao, adaptados para aproveitar o vento e soportar as ondas do Atlántico. • e)Ideolóxicas e relixiosas: a nova mentalidade promoveu o afán de aventuras, fama e riqueza; e a relixiosidade, o desexo de estender a fe por novos territorios.
  3. 3. 2.-OS DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS. Vixaxes portuguesas • Dende mediados do século XV, o infante portugués Henrique o Navegante impulsou a navegación e as viaxes de exploración polas costas africanas. • O obxectivo de Portugal era acceder ao ouro de Sudán e comerciar coa India, bordeando para iso a Costa de África. A rivalidade con Castela nesta zona solucionouse coa firma do TRATADO DE ALCAÇOVAS. Nel, Portugal cedía a Castela a conquista de Canarias e esta aceptaba que Portugal explorase a costa africana ao sur do Cabo Borjador. • En sucesivas exploracións pola costa africana, os portugueses ocuparon as Illas Madeira, Azores e Cabo Verde, pasaron o cabo Borjador e chegaron ao golfo de Guinea. Finalmente, Bartolomé Dias dobrou o Cabo de Boa Esperanza e Vasco de Gama chegou a India. • Nas costas africanas e asiáticas os portugueses fundaron factorías.
  4. 4. 2.-DESCUBRIMENTOS XEOGRÁFICOS. Descubrimento de América • O descubrimento de América debeuse a Cristobal Colón. Este mariño, posiblemente de orixe xenovés, ideou chegar á India navegando polo Oeste. Presentou primeiro o seu proxecto ao rei de Portugal Joao II que rexeitou. Despois, levouno aos Reis Católicos, que o aceptaron e asinaron as Capitulacións de Santa Fe. Este contrato concedíalle a Colón o título de Almirante do mar Océano e de vicerrei e gobernador das terras que descubrise, máis a décima parte das ganancias obtidas. • Colón empredeu a viaxe dende o Porto dde Palos (Huelva), fixo escala en Canarias e o 12 de outubro de 1492 chegou a Guanahaní (Bahamas) que bautizou como San Salvador. Tras volver outras tres veces ao novo mundo morreu crendo que chegar á India. O descubridor de América, como novo continente, foi o navegante italiano Américo Vespuccio. • Os Reis Católicos recibiron do papa a soberanía da India. Para evitar conflitos con Portugal asinaron o Tratado de Tordesillas que trazaba un meridiano a 370 leguas ao oeste de Cabo Verde. As terras situadas ao oeste desta liña serían para Castela, e as situadas ao Leste, para Portugal. Como consecuencia Portugal estableceuse en Brasil.
  5. 5. MONARQUÍAS AUTORITARIAS O REI REFORZA O PODER Unifica Territorio Con alianzas matrimoniais Sometemento De todos os Poderes limitando O poder dos nobres Melloraron A administración Con funcionarios E creando capitais De Estado Teñen un exército Establecen Relacións internacionais
  6. 6. A Vulgata é unha tradución da Biblia ao latín, realizada a finais do século IV (no 382 d.C.) por Jerónimo de Estridón. Foi encargada polo papa Dámaso I dous anos antes da súa morte (366-384). A versión toma o seu nome da frase vulgata editio (edición para o pobo) e escribiuse nun latín corrente en contraposición co latín clásico de Cicerón, que Jerónimo de Estridón dominaba. O obxectivo da Vulgata era ser máis fácil de entender e máis exacta que as súas predecesoras. A Biblia latina utilizada antes da Vulgata, a Vetus Latina, non foi traducida por unha única persoa ou institución e nin sequera editouse de forma uniforme. A calidade e o estilo dos libros individuais variaba. As traducións do Antigo Testamento proviñan case todas da Septuaginta grega.
  7. 7. Pintura renacentista • Temas diversos: relixiosos, mitolóxicos, retratos. • Preocupación pola perspectiva • Representantes destacados: Masaccio, Boticelli, Leonardo da Vinci, Rafael, Miguel Angel.

×