Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Os medios naturais de españa e de galicia

453 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Os medios naturais de españa e de galicia

  1. 1. OS MEDIOS NATURAIS DE ESPAÑA E DE GALICIA TEMA 6
  2. 2. 1.-SITUACIÓN, OS LÍMITES E RELEVOS DE ESPAÑA
  3. 3. MAPAS INTERACTIVOS •http://mapasinteractivos.didac
  4. 4. 2.-SITUACIÓN, LÍMITES E O RELEVO DE GALICIA
  5. 5. MAPAS INTERACTIVOS •http://serbal.pntic.mec.es/ealg
  6. 6. 3.-CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS: 3.1.-Elementos do clima • España está na zona temperada do hemisferio norte. • Temperaturas: Verán é a estación máis calorosa e o inverno é a máis fría. Primavera e outono teñen temperaturas intermedias.
  7. 7. • Precipitacións: Distinguimos: – España Húmida, con precipitacións superiores a 800 mm. – España seca, onde son inferiores. • O verán é a estación do ano con menos precipitacións pois España atópase baixo a influencia do anticiclón das Azores. • O inverno: é unha estación chuviosa, aínda que conta con períodos sen chuvias debido ao anticiclón europeo. • A primavera e outono teñen precipitacións variables pois altérnanse borrascas e anticiclóns. 3.-CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS: 3.1.-Elementos do clima
  8. 8. O CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS. 3.2.-Os factores do clima • Latitude: as temperaturas aumentan de norte a sur. As precipitacións diminúen de norte a sur. • Altitude: Fai descender as temperaturas e aumentan as precipitacións. • Distancia ao mar: As temperaturas son máis suaves na costa e máis contrastadas no interior.
  9. 9. O CLIMA E OS MEDIOS NATURAIS. 3.3.-Os climas e os medios naturais
  10. 10. 4.-O MEDIO OCEÁNICO • Exténdes polo Norte e Noroeste da península (Galicia, Cantabria, Asturias, País Vasco e Norte de Navarra) • Relevo montañoso • Costas accidentadas • Temperaturas suaves pola proximidade ao mar. • Precipitacións superiores a 800 mm. • Ríos caudalosos, regulares e curtos de gran forma erosiva por nacer en montañas próximas ao mar. • Vexetación: caducifolia (carballo, faia) logo o mato alto e denso e prados. • Fauna: osos, raposos, xabaríns • Actividades tradicionais: gandería extensiva e explotación e agricultura no fondo dos vales. Agora cultivan horta, hai gandería estabulada para leite e carne e a explotación forestal
  11. 11. 5.-MEDIO MEDITERRÁNEO • Esténdese polo interior peninsular ao sur do medio oceánico e na costa mediterránea. • Relevo é chan e de elevada altitude media. Na zona costeira é máis accidentada. • Temperaturas do interior son contrastadas con invernos fríos e veráns calorosos. Na costa son menos contrastadas, con invernos fríos e veráns calorosos. • Precipitacións escasas, inferiores a 800 mm. • Os ríos teñen caudal irregular con augas baixas no verán. Os que percorren o interior pensinsular son logos e teñen pouca forza erosiva pois descurren por zonas chairas. Os do litoral mediterráneo son curtos e erosivos. • Vexetación: bosque de perennifolio coa aciñeira, sobreira e o piñeiro. Matos e prantas como a xara, tomiño. • Fauna: inclúen coellos, linces, cervos. • As actividades tradicionais eran a gandería trashumante e a agricultura de vide, trigo e oliveira. • As actividades modernas son moi variadas. Agricultura tecnificada, cultivo baixo plástico, gandería estabulada, industria téxtil.
  12. 12. 6.-OS MEDIOS NATURAIS DE CANARIAS • Relevo accidentado e volcánico • Clima subtropical con temperaturas cálidas todo o ano e precipitacións escasas. En referencia ás augas predominan os acuíferos e torrentes. • Vexetación: cardón, a tabaiba, o drago, a laurisilva. • Fauna: lagarto, morcego orelludo. • Actividade tradicional: a agricultura de policultivo de secaño (non se regaba) • Agricultura moderna: agricultura do plátano e tomates e agricultura de invernadoiros (flores, mango, aguacate...)
  13. 13. 6.-OS MEDIOS NATURAIS DE MONTAÑA • O medio natural de montaña localízase nos sistemas montañosos por riba dos 1000 metros. • O relevo é accidentado con acusadas pendentes. • O clima ten temperaturas baixas e precipitacións abundantes que caen en forma de neve. • Os ríos son caudalosos, con enchentes na primavera co desexeo • A vexetación gradúase en altura e sucédense: bosques, matos e prados. • Fauna propia son as cabras, corzos e aves rapaces. • As actividades tradicionais eran a agricultura de policultivo nos vales e gandería extensiva. • As actividades modernas son a explotación de minerais e de rochas para a industria. Aproveitamento de augas e produción de electricidade e turismo de neve.
  14. 14. 7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA • CLIMA: Clima oceánico suave e chuvioso con catro variantes: – Oceánico húmido, propios da costa onde chega o vento húmido. Precipitacións elevadas e contrastes térmicos escasos. – Oceánico continental: propio das chairas e vales do interior onde chega o vento seco. Invernos fríos, veráns calorosos e precipitacións menores. – Oceánico de montaña: propio das serras orientais e centrais con invernos fríos e veráns frescos e precipitacións altas. – Oceánico mediterráneo: Propio dos vales do Sil e Miño. Precipitacións escasas e gran contraste térmico entre invernos fríos e veráns calorosos.
  15. 15. 7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA • RÍOS: Galicia conta cunha densa redes fluvial formada por cursos de auga de réxime regular e lonxitude variable. – Vertente cantábrica: Dende o río Eo ao Cabo Ortegal. • Ríos curtos de menos de 50 km – Vertente atlántica: Dende o Cabo Ortegal ata a desembocadura do Miño. Teñen tamaño mediano e longos.
  16. 16. 7.-O MEDIO NATURAL DE GALICIA • VEXETACIÓN: A vexetación natural de Galicia está constituída por bosques caducifolios nos que predomina o Carballo. Tamén aparecen bidueiros, amieiros, castiñeiros. Boa parte deste bosque foi substituído por eucaliptos e piñeiros para a explotación forestal da madeira. • O sotobosque medran fentos e as landas que é vexetación de matogueira na que abunda o breixo, toxo, xesta. • As praderías ocupan tamén grandes extensións.

×