Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy

453 views

Published on

Comentario de texto do libro "A estrada" traducción feita pola editorial "Kalandraka" na súa colección Factoría K do título "The Road" do autor estadounidense de Cormac McCarthy
Realizado para a asignatura "Linguaxe Publicitaria" no 1º cuatrimestre do curso 2011/2012

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Comentario de "The Road" de Cormac McCarthy

  1. 1. A Estrada Cormac McCarthy
  2. 2. A Estrada Cormac McCarthyCormac McCarthy (Rhode Island, EUA, 1933) Naceu no seo dunha familia católica estadounidense. Éo terceiro de seis irmáns. Con poucos anos de idade a súafamilia trasladouse a Tennesse, onde creceu e estudou.Empezou a carreira de Humanidades na universidade, peronon a deu rematado, e acabou alistándose nas Forzas Aéreasonde pasou catro anos. Os premios en concursos literarios e os guiónsescritos ofrecéronlle a posibilidade de adicarse en exclusiva áliteratura. Non se coñece moito máis da súa biografía, xa que apenas concede entrevistas.Chamoume a atención un detalle non moi coñecido. Cambiou o seu nome orixinal (Charles)polo do rei irlandés nalgún momento da súa xuventude. Non se sabe se por iniciativa propiaou familiar. É un dos mellores novelistas estadounidenses da actualidade. Entre os moitos premiosque recibiu, destaca o Pulitzer en 2007 pola obra aquí analizada, “The Road”.PRODUCIÓN LITERARIANovelas • O garda do verxel (The Orchard Keeper) (1965) ISBN 0-679-72872-4 • A escuridade exterior (Outer Dark) (1968) ISBN 0-679-72873-2 • Fillo de Deus (Child of God) (1974) ISBN 0-679-72874-0 • Suttree (1979) ISBN 0-679-73632-8 • Meridiano de sangue Blood Meridian Or the Evening Redness in the West (1985) ISBN 0-679- 72875-9 • Triloxía da fronteira: • All the Pretty Horses (1992) ISBN 0-679-74439-8 • The Crossing (1994) ISBN 0-679-76084-9 • Cities of the Plain (1998) ISBN 0-679-74719-2 • Non é terra para vellos (No Country for Old Men) (2005) ISBN 0-375-70667-4 • A estrada (The Road) (2006) ISBN 0-307-38789-5 • O pasaxeiro (The Passenger, libro en proceso, TBA)Guións • O fillo do xardineiro (The Gardeners Son) (1976) ISBN 0-88001-481-4Obras Teatrais • The Stonemason (1995) ISBN 978-0-679-76280-5 • The Sunset Limited (2006) ISBN 0-307-27836-0
  3. 3. A Estrada Cormac McCarthyANTECEDENTES E CONDICIONANTES Os Estados Unidos son un país relativamente xove, e é posible que o factor que máisdetermine a súa cultura é o feito migratorio. Foi a emigración europea (nun primeiromomento) a que sentou as bases da súa cultura1. O proceso de poboamento do país,determinado polo anterior, produciuse de leste a oeste, marcando un camiño material einmaterial, unha ruta cultural que inflúe de feito determinante o seu sentido da vida. Jack Querouac como máximo expoñente da xeración beat2, recolle este legadoadaptándoo como xeito de fuxir do establecido na súa novela “On the road”(1957). Estanovela, considerada entre as mellores da historia, relata as aventuras do autor e amigos aolongo das estradas estadounidenses, sendo clave para mitificar a lendaria Ruta66. A historia,iconificada pola xuventude dos 60-70 inflúe no cine e na literatura mundial, practicamentefunda o xénero das “road-movies”, dentro do que se podería encadrar, con algúns matices,“A estrada” (The Road). Segundo declarou nunha entrevista Cormac McCarthy a inspiración para esta novelachegoulle durante unha visita co seu fillo no 2003 a El Paso, na fronteira dos E.U.A. conMéxico. Imaxinando como podería ser esa cidade no futuro, visualizou os montes de arredorqueimándose, e pensou sobre o seu fillo. Tomou algunhas notas iniciais pero non retomou aidea ata algúns anos despois, en Eire. Alí, a idea fluíu rapidamente a para cristalizar no queagora nos ocupa, dedicándollo ao seu fillo, John Francis McCarthy. Ata esta historia, os personaxes de McCarthy eran tenebrosos ,escuros. Cun pasadoou un presente que condiciona as súas accións. Nesta, dunha situación de destruciónsácalles a humanidade preparándolle unha serie de sorpresas. Case como un deus vingativo,que os pon en situacións límite para darlle no derradeiro momento unha saída momentánea,para prorrogar o seu sufrimento (vida), dándolle novos azos para continuar o camiño. A relixión está presente ao longo de todo o libro. Quizais sexa un paso lóxico candoun perde todo depositar a confianza na existencia dun Máis Alá. O do padecemento na terrapara desfrutar da vida eterna. Porén, débese ter en conta a educación relixiosa recibida poloautor e o entorno social no que se criou e vive (O sur profundo dos dos Estados Unidos).Xa na segunda páxina (páx.10) Ben=fillo. Mal= ao resto. A loita contra a maldade dominantereforza a dignidade do pai, como obxectivo en si mesmo, máis alá da supervivencia.1A “migración”(forzosa) dos escravos africanos configurou o “poder negro” de mediados do século pasado que fai que naactualidade teñan un presidente negro .Agora é a inmigración do sur a que se está a destacar con importancia.2 Movemento cultural estadounidense de mediados do século pasado, composto entre outros por Jack Querouac ou William Burroughs que se caracteriza por loitar contra os valores tradicionalistas e puritanos de Estados Unidos, e promover a liberación espiritual.
  4. 4. A Estrada Cormac McCarthyESTILO LITERARIO Nesta historia non existe unha presentación formal dos protagonistas. Vémonossomerxidos no seu drama, no seu contexto histórico, sen anestesia, “a saco”, sen ningunhaintrodución previa que atenúe o impacto. A escritura de McCarthy, xa de por si amiga de pouco barroquismo, é neste libroprecisa, tensionada, evocadora e concisa ata a omisión. Está chea de silencios quetransmiten (tensión, tristura, fartura, etc.). Céntrase na descrición de elementos simples paraevocar a súa realidade primixenia (cinza, neve, choiva, po, frío, fame, sede...), o seu ancestralobxectivo da supervivencia. As imaxes son crúas , pero non histéricas nin preciosistas en detalles, facendo danarración case unha expresión nihilista. Invítanos a evadirse dun mundo destruído por unhaguerra nuclear para apreciar a beleza do sombrío, da dor e do sufrimento dos dousprotagonistas. Pai e fillo saben o que está a pensar cada un en cada intre. Froito diso os diálogoslimítanse a comentar factores externos ou a tentar cambiar o estado de ánimo de outro. Soncurtos e ,frecuentemente rematan cun silencio incómodo e resignado entre os dous. O relato desenvólvese dun xeito cíclico. A estrutura repítese cambiando certosmatices. Segundo van camiñando e pasan os días esgótanselle os recursos, o que fai que asúa saúde vaia mermando pouco a pouco, ata que nunha situación límite atopan algo quelles permite continuar a súa viaxe; xa sexa unha casa apartada con víveres dentro, un búnker,un barco encallado, a aparición dalguén, etc. Son picos de tensión que salpican a historiafacéndoa máis atractiva, e que á súa vez, se van facendo cada vez máis estremos, atarematar na morte do pai.
  5. 5. A Estrada Cormac McCarthyVALORACIÓN PERSOAL Unha historia é unha narración de eventos nos que se integran uns protagonistas, assúas accións e os seus conflitos. Os conflitos que lle ocorren aos personaxes serven paraque (pola empatía innata no ser humano), nos vexamos implicados na accións que alíocorren. A priori, pode dar a sensación de ser unha narración fría e sen sentimento. Aocontrario. Con este estilo logra conmover coa dureza do relatado. Nesta novela o autor condúcenos con un fío de fraxilidade incómoda. É dicir,catalogámola como unha obra de ciencia-ficción catastrofista, pero...o que se contadebemos ser conscientes de que podería ocorrer nun futuro non moi afastado no tempo,polo que debéramos facer o unha obra literaria de anticipación? A relación entre o pai e o fillo é o eixo baixo o que se move todo o relato. sérvellesaos dous de apoio mutuo para non renderse. O neno sitúase como motor do pai, comoacicate para non renderse e chegar á costa. Case un recordo do ancestral obxectivo dasupervivencia dos xenes, do futuro da especie. Nesta novela, como no noso propioacontecer, a inmobilidade simboliza a morte, mentres que o movemento, o seu camiño, é avida. Un camiño que as veces realízase de forma errática , seguindo coa metáfora, e ten undestino incerto, sen un rumbo fixo que seguir, como lle sucede aos protagonistas. Da historia gústame especialmente a figura do pai. É a personalidade máis traballada.É unha figura atormentada, que coñeceu o mundo anterior (o noso mundo), con todas ascomparacións e reflexións que iso conleva, pero a diferencia da súa xa defunta muller, nonse rendeu, e segue a vivir unicamente polo seu fillo, polo seu deber moral. Aínda así haimomentos nos que se plantexa morrer e así deixar de sufrir. Son os recordos do pai os que lle serven ao neno para construír a súa propia versióndo mundo anterior, xa que el naceu no mundo xa destruído. Estes recordos fanlle albergaresperanzas de que alí a onde se dirixen ese mundo está presente dalgunha forma, a travésda paisaxe, da presenza humana, etc. Cando finalmente o pai morre, extráese do relato unha sensación de fracaso, poisparécese adiviñar a mesma sorte para o fillo. Sen embargo, a aparición providencial dohome que ferira ao pai anteriormente, fai que se todo remate cun final “feliz”, dentro da súasituación, xa que o neno atopa novos coidadores ao tempo que compañía, o seu máisgrande anhelo ao longo do relato. É esta unha gran historia, non porque sucedan grandes cousas, xa que é máis unhanovela de reflexión que de acción. Se non porque o que vai sucedendo sérvelle ao autorpara plasmar interesantes reflexións sobre a soidade, o silencio ou a desesperanza.
  6. 6. A Estrada Cormac McCarthyRECURSOS WEB E BIBLIOGRÁFICOS UTILIZADAS • McCarthy, Cormac ( Tradución de Eva Almazán). A estrada (The Road). Kalandraka Editora. Pontevedra, 2010. 189 páxs. ISBN: 978-84-96957-80-0 • Bergström, Bo ( Tradución de Xavi Faraudo). Tengo algo en el ojo (Essentials of Visual Communication). Promopress. Barcelona, 2009. 240 páxs. ISBN: 978-84-934881-9-9 • http://en.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy (última consulta, 22 novembro 2010) • http://es.wikipedia.org/wiki/Cormac_McCarthy (última consulta, 22 novembro 2010) • http://en.wikipedia.org/wiki/The_Road (última consulta, 10 decembro 2010) • http://gl.wikipedia.org/wiki/Xeraci%C3%B3n_beat (última consulta, 16 de decembro 2010) • http://gl.wikipedia.org/wiki/On_the_Road última consulta, 16 de decembro 2010) • http://stalker.hautetfort.com/archive/2008/11/23/la-carretera-de-cormac- mccarthy.html (última consulta, 10 decembro 2010) • http://elarteinutil.blogspot.com/2007/12/la-carretera-de-cormac-mccarthy.html (última consulta, 10 de decembro 2010) • http://unlibroabierto.wordpress.com/2009/10/20/la-carretera-cormac-mccarthy/ (última consulta, 10 de decembro 2010)

×