Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Análise da campaña electoral do pp de pontevedra nas xerais 2011

351 views

Published on

Published in: News & Politics
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Análise da campaña electoral do pp de pontevedra nas xerais 2011

  1. 1. ANÁLISE DA CAMPAÑA CARA O 20N PARA O PARTIDO POPULAR DE PONTEVEDRA Trala revisión da análise de medios feita na pasada campaña electoral ás eleccións xerais do 20de novembro, na que nos centramos na candidatura do PP pola provincia de Pontevedra ,extraéronse algunhas conclusións interesantes: Esta campaña foi un tanto anómala respecto as anteriores: o Partido Popular contaba cunha amplavantaxe nas sondaxes, o que lle permitía ter unha actitude conservadora e non arriscar,; tiñasuficiente con resistir os embates dos socialistas e do resto dos partidos.. Aínda así, cumpriu cos seus fieis programando unha campaña na que cubriu todo o territorio. Naprovincia, realizáronse actos en tódalas comarcas, centrándose, como é lóxico, nas principaisentidades de poboación.Distribución xeográfica dos actos de campaña Pontevedra é unha provincia de tamaño medio (sobre o millón de habitantes) que se distribúedemograficamente entorno a dous polos urbanos Vigo e Pontevedra, que concentran o 40 % dapoboación. As súas áreas metropolitanas e de influencia supoñen máis do 75% dos habitantes daprovincia. É lóxico, polo tanto, que a campaña se centre neses dous puntos. Como se aprecia no gráfico osactos de Ana Pastor, Feijóo, Rajoy e compañía concentran os actos neses puntos sabéndoos
  2. 2. decisivos para o resultado electoral. Do mesmo xeito, o partido conservador tivo a necesidade de reafirmarse en concellosrecentemente conquistados nas últimas municipais (En maio deste mesmo ano). Nestas localidades,como Cangas, O Porriño ou Salceda de Caselas o número de actos supera con moito o seu pesodemográfico. Con isto preténdese, ademais de consolidar o voto, dotar de relevancia aos alcaldesdentro do aparato do partido e de cara á opinión pública en xeral, pola conseguinte aparición nosmedios. Cangas, xunto con Lalín e O Porriño, virían a ser as vilas representativas das do resto daprovincia. A parte de ser localidades dun tamaño medio (20.000 – 30.000 habitantes) son polos deatracción dentro das súas comarcas e teñen características propias do seu entorno que lle permitenrepresentar ao mesmo. Cangas é unha vila costeiras cun sector marítimo moi desenrolado e cun sector turísticoincipiente. Lalín é o polo de desenvolvemento do interior pontevedrés, centrado na a agricultura e o sectorgandeiro. O Porriño é o concello industrial de referencia en Galicia, aproveitando a súa proximidade a Vigoten unha implantación de empresas secundarias e terciarias moi destacable. De entre os 15 primeiros concellos en canto a poboación cabe destacar a presenza de actos entodas eles, excepto en 2: A Estrada e Nigrán. A explicación é ben distinta: O primeiro municipio é, segundo os resultados obtidos nas eleccións municipais, o concello máisgrande da provincia no que o Partido socialista foi a forza máis votada. Trátase por tanto dunterritorio “hostil” dentro do que, seguindo a campaña conservadora e de perfil baixo que fixo o PP,non interesa visitar. Na segunda localidade a explicación pode ser un pouco máis complexa. Podería pasar polo feitode que na anterior lexislatura (a finais de 2006), o alcalde popular de Nigrán e gran parte do seuequipo de goberno foron imputados nun caso de corrupción urbanística. Ao Partido Popular,seguindo o comentado anteriormente, non lle convén reavivar eses recordos. Omitir esta localidadedo seu percorrido de campaña é unha boa solución para iso.Distribución cronolóxica dos actos de campaña A nosa análise dos actos de campaña (que vai do 26 de outubro ao 19 de novembro) poderíasedividir cronoloxicamente en tres etapas ben diferenciadas: A primeira delas ocupa o período de pre-campaña (26 de outubro a 3 de novembro). A principalcandidata céntrase en Pontevedra (cidade que visita ata en 3 ocasións neste curto espazo de tempo),e nas vilas-medias tipo (Cangas, Lalín e O Porriño). Ana Pastor adícase nestes actos a darse acoñecer e a difundir as liñas mestras do que serán posteriormente as súas mensaxes de campaña. A segunda etapa dáse entre o 4 e o 11 de novembro, coincidindo coa primeira semana decampaña. Nela adica un espazo crecente a Vigo sen esquecer Pontevedra nin os pequenos actosnoutras localidades. Lánzanse aí as mensaxes específicas e as súas propostas para a provincia, senesquecer as loas á figura de Mariano Rajoy como candidato e as críticas ao PSOE, e en concreto aJosé Blanco, aproveitando a saturación informativa respecto ao caso “Campeón”. A terceira e ultima correspóndese coa segunda semana de campaña (11 a 18 de novembro) e PPprovincial centra tódolos seus esforzos en Vigo como gran caladoiro de votos a nivel provincial (6actos nesa semana na cidade). As mensaxes focalízanse polo tanto para esta urbe, tentando desgastara figura do alcalde, Caballero e da súa concelleira (e candidata do PSOE), Carmela Silva.Tipos de actos realizados Como en calquera campaña electoral, os candidatos involúcranse en distintos actos para adecuara súa mensaxe ao público obxectivo da mesma. Neste caso Ana Pastor e o resto de representantes do
  3. 3. seu partido víronse envoltos en encontros con distintos colectivos, visitas a empresas e polígonosindustriais, paseos polas localidades, comidas, ademais dos xa clásicos mitins de campaña.Mensaxes da campaña Ao longo da campaña a candidata número 1 do PP para congreso pola provincia de Pontevedradesenvolve un discurso baseado en 6 temáticas que a continuación se detallan: Sanidade: Como ex-ministra deste gremio co goberno de Aznar, a candidata vese con autoridadepara falar deste tema tan de actualidade. Propón actuacións para garantir a sostenibilidade dosistema á vez que compromete recursos do futuro goberno central para infraestruturas en proxectopara a zona (Léase novos hospitais de Pontevedra e Vigo). Educación: Móstrase en contra do actual sistema educativo, propoñendo alternativas para amellora do seu funcionamento. Dereitos/Servizos sociais: Respalda reclamacións históricas de colectivos como a dos mariñeirospara o voto para embarcados. Ademais critica a falta de medios para as asociacións benéficas e ponen valor as políticas de benestar do anterior goberno do PP. Emprego/Incentivos empresariais: Para a candidata, estes dous conceptos van unidos: para quehaxa máis emprego debe mellorar a situación do empresariado. Propón medidas de reforma fiscal eimpositiva á vez que aposta polos sectores clave na provincia (naval, pesqueiro, tecnolóxicas,
  4. 4. gandeiro, etc.) Corrupción/críticas ao goberno: Favorecida pola actual situación económica e pola “oportuna”aparición nos medios da suposta implicación do ministro de Fomento (o galego José Blanco) naoperación “Campeón”, a ex-ministra non escatima críticas tanto para o goberno e as súas actuaciónscomo para o Blanco. Infraestruturas de comunicación: Relacionándoo co anterior apartado, Ana Pastor expón as súasopinión respecto a actividade do ministro de Fomento en Galicia. Critica a parada de infraestruturasbásicas para o desenvolvemento da comunidade, como o AVE a Madrid, o proxecto de reforma doentorno da ponte de Rande, as alternativas comunicativas a ese proxecto como a A-57, etc.Repercusión en medios tradicionais (radio, prensa e TV)Prensa En tódolos diarios aparece unha sección propia para campaña electoral. Nesta, a maior parteadícaselle aos candidatos estatais, pero soen aparecer unha axenda de actos no entorno, e nos díasposteriores unha cobertura do acto, que pode ir dunha pequena reseña a unha ampla reportaxe. A prensa escrita no entorno provincial (e tamén no estado) ten unha marcada tendenciaconservadora, o que lle facilita moito a aparición á candidata popular respecto ás dos outros partidosmaioritarios (BNG e PSOE). Calquera declaración de Ana Pastor vai aparecer como titular oudestacada na sección da campaña. Esta tendencia é especialmente notable no Faro de Vigo (o diario de maior difusión na provinciae , en xeral no sur) e en La Voz (o de maior lectura en Galicia, segundo o EGM). O diario de Pontevedra, máis centrado na comarca pontevedresa, a campaña non ten unhapresencia tan destacada, pero os actos e a axenda están tamén presentes para a lectura do cidadán.Radio e TV Nos tramos locais de tódalas cadeas infórmase de xeito cumprido da axenda diaria de campaña,adícanselle espazos de entrevistas aos candidatos (Non só a Ana Pastor, tamén Telmo Martín enPontevedra, Chema Figueroa e Corina Porro en Vigo, etc.). Doutra banda, búscase un debate directo entre as principais candidatas provinciais , pero este nonse produce pola negativa de Ana Pastor e o seu equipo de campaña, que non o considera adecuadopara os seus intereses.Repercusión en redes sociais e on-line Aínda que non chega de igual maneira á maioría da poboación, a actividade en internet dacandidata resulta bastante aceptable. Ao longo da campaña realiza un par de encontros dixitais conpreguntas “abertas” dos internautas a través da web do Faro e de La Voz de Galicia. Dispón dunblogue (supoñemos que de campañas anteriores onde estaba máis de moda), de Facebook e deTwitter. Centrándonos en Twitter e na cabeza de lista por Pontevedra para o Congreso, a ministrable AnaPastor, tivo un uso ben intensivo durante a campaña (seguramente indicado pola dirección dopartido) que agora reduciu de xeito rechamante. A súa utilización da rede de microblogging baseasena descrición da situación e axenda diaria, na repetición das mensaxes de campaña do partido e nasglorias e alabanzas ao seu líder e íntimo amigo, Mariano Rajoy. Responde mensaxes de ánimo efelicitacións, retweeteándoas incluso, pero non se complica a vida respondendo cuestións que nonestean na axenda do partido que de seguro recibiu. Segue con isto a liña branca e conservadora dequen se sabe gañador antes de xogar. En xeral, foxe da confrontación e o debate que ao que lle reta continuamente a cabeza provincial
  5. 5. socialista, Carmela Silva, consciente de que ten moito máis que perder que que gañar nesacontenda.RESULTADOS Como consecuencia da campaña realizada (e de condicionantes externos de moita maiorimportancia) o Partido Popular conseguiu ser a forza máis votada nos 62 municipios da provincialogrando 4 deputados para o Congreso (fronte a 2 do PSOE e 1 do BNG) e 3 senadores (fronte a 1do PSOE). Ricardo Bermúdez Piñeiro

×