1. CELEBRACIÓN EN OS TILOS
9 de abril do 2020
XOVES SANTO - A CENA DO SEÑOR
1.- ENCONTRO EN FAMILIA
SAÚDO DE BENVIDA
Nesta tarde santa, aproximadamente ao mesmo tempo que Xesús se reuniu
cos seus discípulos para celebrar a Cea da Pascua, nós, como comunidade
de crentes, tamén nos unimos á súa Mesa, revivindo ese momento íntimo.
Xesús sabía que esa era a súa "última cea". Sabía que a súa morte estaba
decretada. Por iso, antes de despedirse da súa familia, quixo resumir con
xestos o significado da súa vida e da súa Palabra: PARTIU o pan e deulles
aos seus discípulos. Colleu un vaso de viño e REPARTIUNO entre eles:
"Facede isto en memoria de min."
Despois de rematar a Cea, quitou o manto, botou auga nunha palangana e
comezou a lavar os pés dos que estaban con el.
Desde entón, xeracións de cristiáns, de todos os tempos e de todas as
razas, mantivemos vivo este recordos e transmitímolo.
Vivamos este momento con intensidade, permitíndonos transformarnos
pola Palabra de Deus e pola comuñón no seu Corpo, e así crece a
fraternidade entre todos os homes.
CANTO: Unha xuntanza de amor
MONICIÓN.
Nunha cea de despedida, o Señor decidiu quedar connosco a través do seu
corpo e do seu sangue, quixo que o lembráramos compartindo pan e viño
arredor da mesa, por iso hoxe é un día especial, un día de festa que
compartimos en fogar.
Dámosche grazas Xesús por todo isto, dámosche grazas por ti mesmo, que
estás no medio de nós, no pan e no viño, animándonos coa túa presenza.
ORACIÓN PROPIA DO DÍA
Presentamos a Deus as nosas preocupacións e desexos para que nos axude
a camiñar sendo testemuñas da vida alí onde a morte parece vencer:
lembramos aos refuxiados, lembramos ás familias que malviven na
violencia dos abusos, e lembramos tamén a todas as persoas necesitadas de
pan.
Temos moi presentes as vítimas do coronavirus e aos seus familiares que
sofren esta separación dos seres queridos.
(silencio)
Deus, noso Pai, hoxe celebramos a santa cea na que o teu Fillo único,
antes de morrer deunos o banquete do seu compartir e benquerer.
2. Ti fas que pola participación en tan grande misterio recibamos a plenitude
do amor, sabendo agradecerche a vida de cantos comparten mesa e pan á
nosa beira.
Por Xesús, teu Fillo e Irmán noso, que vive e reina por sempre
eternamente. Amén.
2.- PROCLAMACIÓN DA
PALABRA DE DEUS
LECTURA DA CARTAAOS CORINTIOS
Irmáns, eu recibín do Señor, e transmitinvos tamén a vós, que o Señor
Xesús, na noite en que o entregaron, colleu pan e, despois de dar grazas,
partiuno e dixo:
—«Isto é o meu corpo, que se entrega por vós; facede isto en memoria
miña.»
Do mesmo xeito, despois de cear, tomou a copa dicindo:
—«Esta copa é a Nova Alianza, no meu sangue; cada vez que a
bebades, facédeo en memoria miña.»
Polo tanto, cada vez que comedes este pan e bebedes esta copa,
anunciades a morte do Señor, ata que El volva.
Palabra do Señor
CANTO: En ti descansa mi alma. Salmo 61
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Mentres Xesús compartía a cea, cos seus mellores amigos, díxolles:
Como me amou o Pai, así vos amei eu; permanecede no meu amor.
Dígovos estas cousas para que a miña alegría estea en vós e a vosa alegría
sexa plena.
Este é o meu mandamento: que vos amedes uns a outros coma eu vos
amei.
Ninguén ten amor máis grande ca este: que un dea a súa vida polos
amigos. E vós sodes amigos meus se facedes o que vos mando.
Xa non vos chamo servos, a vós trateivos de amigos, pois todo o que lle
oín a meu Pai déivolo a coñecer.
Non me escollestes vós a min, senón que vos escollín eu a vós; e púxenvos
para que vaiades e levedes froito e o voso froito permaneza.
Palabra do Señor
Gardamos uns instantes de silencio para acoller a Palabra no corazón
LAVATORIO
MONICIÓN.
"Logo, se eu o Señor e o Mestre, vos lavei os pés, tamén vós debedes
lavarvos os pés uns a outros" (Xn 13,14).
Lavar os pés é amar o veciño, a veciña.
Lavar os pés é acoller e respectar, coa palabra, cos feitos.
Lavar os pés é pensar nos demais con ideas de ben.
Lavar os pés é comprender e perdoar.
Lavar os pés é facer nosas as penas e bágoas da xente que nos rodea.
Lavar os pés é servir, axudar, colaborar.
Lavar os pés é dar do que é dun para que medre o que é común.
Lavar os pés é visitar o obsequiar o veciño, a veciña.
Lavar os pés é xuntarse, unirse, organizarse, asociarse, para solucionar
mellor os problemas do pobo.
Lavar os pés é falar, compartir as ideas, a vida, os traballos, as ilusións.
Lavar os pés é dar da propia alegría para que medre a alegría de todos e
todas.
Lavar os pés é renunciar á propia comodidade para aliviar o cansazo alleo.
Lavar os pés é coñecer e recordar os nomes da xente e envolver no amor
os seus pasos todos.
3. Lavar os pés é gravar a vida do irmán ou irmá no propio corazón.
Lavar os pés é dicirlle a quen nos acompaña: quérote, quérote ata a fin.
Lavar os pés é inclinarse humilde e reverente ante a súa sucidade e, sen
máis, simplemente, lavarlle os pés.
"Deivos así un exemplo, para que, como eu fixen convosco, así fagades
tamén vós" (Xn 13, 15).
Canto: Lavatorio Adrián.
Mentres Adrián canta lavámonos os pés uns aos outros en silencio e
recollemento, pensando no significado deste xesto.
ORACIÓN UNIVERSAL
Coma seguidores de Cristo imos coa forza do Pai a construír a igrexa do
fogar e do mundo, en irmandade tal como quixo e fixo Xesús, e facémolo
dicindo:
Énchesnos, Señor, do teu amor
1.- Deus Pai, queremos unha igrexa que sexa fogar de amor e xustiza,
para que todos os refuxiados poidan manter a esperanza dun mundo máis
acolledor. Oramos.
Énchesnos, Señor, do teu amor
2.- Queremos formar unhas parroquias sensibles e atentas. Non
calemos os sufrimentos dos máis necesitados. Oramos.
Énchesnos, Señor, do teu amor
3.- Seguindo o camiño do fogar queremos unha igrexa na que todos
sexamos un, na que todos nos sintamos acollidos e as responsabilidades
sexan compartidas. Oramos.
Énchesnos, Señor, do teu amor
4.- Polos sacerdotes, seminaristas, e por todas as persoas que dan unha
man no facer da igrexa, para que sempre se sentan na tarefa de facer crible
o camiño do evanxeo de Xesús de Nazaret. Oramos
Énchesnos, Señor, do teu amor
5.- Polas persoas afectadas polo virus, para que reciban os coidados
sanitarios necesarios para superar a enfermidade. Oramos
Énchesnos, Señor, do teu amor
6.- Hoxe, tamén día da caridade fraterna, recordamos aos profesionais
da sanidade, para que non decaian no seu esforzo e saiban mostrar
esperanza e amor aos que teñen ao seu coidado. Oramos.
Énchesnos, Señor, do teu amor
Deus noso Pai, Ti coñécesnos por dentro e sabes o que aniña no noso
corazón, acolle nesta tarde o que sinceramente che pedimos, e acóllesnos
un día na túa mesa. A Ti que vives e reinas por sempre eternamente.
Amén.
BENDICIÓN DO PAN E O VIÑO
Dámosche as grazas, Señor, porque es bo connosco. Nunha tarde como
esta, reunícheste cos teus amigos e amigas máis íntimos, e realizaches con
eles xestos e palabras fondamente comprometedoras. Déchesnos exemplo
de servizo lavando os pés ao, e deixáchesnos un mandamento novo: que
nos amemos uns a outros. Sentados á mesa, abríchesnos o teu corazón
recoñecendo que Deus é o noso Pai, que nos ama como fillos e fillas.
Nós hoxe así nos sentimos e repetimos nas nosas casas os xestos de Xesús:
lavándonos os pés unas a outros, partindo o pan e repartindo o viño,
mentres dicimos:
Partimos o pan mentres lemos:
Tomade: comede e bebede, pan e viño, corpo e sangue de salvación, que
se parte e reparte como signos de bendición e de perdón.
Facemos este xesto, Señor, como ti nos dixeches, en memoria túa.
4. (Pasamos a copa e bebemos o viño)
Pai bo, estamos reunidos diante de ti e lembramos cheos de alegría todo o
que Xesús fixo para nos salvar. Ao lembrar estes xestos de amor
sentímonos unidos a todos os que cren en Xesús e forman a Igrexa, ao
Papa Francisco e aos nosos bispos, a todos os homes e mulleres de boa
vontade que buscan a verdade, que traballan pola fraternidade, que coidan
da creación, obra das túas mans, e que dedican as súas vidas a servir aos
máis necesitados con entranas de misericordia.
3.- OS SIGNOS DA COMUÑÓN CON DEUS
EN FAMILIA
NOSO PAI
Fiándonos de Xesús compartimos arredor desta mesa, fiándonos del
comprometémonos a ser testemuñas cribles do amor, e poñemos as nosas
vidas nas mans de Deus Pai rezándolle
CANTO: Padre nuestro de la vida
SIGNO DA PAZ
Neste día, Xesús danos un mandato novo "amádevos uns aos outros como
eu vos amei".
Hoxe o noso signo de paz ten que significar o esforzo por amar, acoller e
comprender a todas as persoas, aínda que pensen, vivan ou crean diferente.
Os nosos desexos de paz para todos mostrámolos hoxe recordando a
aqueles veciños que participan outras veces ao noso lado na misa.
CANTO: A paz no e unha pombiña
.- ORACIÓN FINAL
Deus Noso Pai, Ti aliméntasnos coa cea do teu Fillo, e concédesnos
un corazón agradecido con toda a xente que, dende a Parroquia dos
Tilos, compartimos esta mesa nos nosos fogares.
Con Xesús queremos dar grazas ás persoas que se sacrifican polos demais,
na hora da enfermidade, no tempo da soidade e na frustración da morte.
Ti fasnos participar na plenitude do banquete da vida eterna.
Que teñamos unha boa noite tendo ao noso lado a presenza do Señor e
dos irmáns. Amén.
CANTO: No adoreis a nadie