Ramos na casa 2020 parroquia os tilos

CELEBRACIÓN DO DOMINGO
DOMINGO DE RAMOS
PARROQUIA DE OS TILOS
1.- ENCONTRO EN FAMILIA
SAÚDO DE BENVIDA
Benvidos sexamos todos a esta oración. Reunímonos no nome do Pai, e do
Fillo e do Espírito Santo.
Co Domingo de Ramos iniciamos a celebración da Pascua do Señor.
Queremos acompañar a Xesús no seu camiñar nestes días. Imos cara a
Xerusalén.
A entrada de Xesús en Xerusalén é unha entrada triunfal: un Rei que chega
ao seu pobo e que trae a esperanza da vida nova, a derrota do pesimismo e a
desgana. Un Rei aclamado por todos, grandes e pequenos, que o acollen na
súa vida.
Dende a soidade das nosas casas, tamén nós queremos compartir ese triunfo
da esperanza que nos trae Xesús e que uns sinxelos ramos sexan o mellor
dos símbolos para expresar que tamén nós estamos preparados para acoller
con alegría ao Señor que entra no corazón de cada un de nós para
DARNOS VIDA.
Compartindo en familia a nosa fe nesta esperanza pola chegada da Pascua
do Señor que xa está aquí, queremos acollelo na nosa casa. Noutros anos
isto facíamolo achegándonos á porta do noso templo parroquial, hoxe a
nosa casa é IGREXA e por iso agora achegámonos á porta do noso fogar
dispostos a acoller a Cristo como escoitaremos que o acolleron os veciños e
veciñas de Xerusalén.
Collemos a cunca con auga e o loureiro e imos para a porta da casa. Alí, en
pé, escoitamos o evanxeo.
LECTURA DO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a aldea de Betfagué, ao pé
do monte das oliveiras, enviou Xesús a dous discípulos, dicíndolles:
- “Ide á aldea de enfronte e deseguida atoparedes uns burros atados.
Soltádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle
fan falta ao Señor e que deseguida llos mandará de volta”.
Isto sucedeu para que se cumprira o que fora dito polo profeta: Dicídelle
á filla de Sión:
Velaí o teu Rei que vén a Ti,
humilde e montado nunha asna,
nun burro, fillo de animal de carga.
Foron os discípulos e fixeron o que Xesús lles mandara. Trouxéronlle os
burros, botáronlle os mantos enriba, e Xesús montou.
Moita xente estendeu os mantos no camiño, outros cortaron polas das
árbores e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante e mailos
que o seguían gritaban:
- ¡Hosanna ao Fillo de David! ¡Bendito o que vén no nome do
Señor¡ !Hosanna no ceo¡
E ao entrar en Xerusalén toda a cidade conmovida preguntaba: -
¿Quen é este?
A xente respondía:
- Este é o profeta, Xesús, o de Nazaret de Galilea.
Palabra do Señor
BENDICIÓN DA CASA
Bendicir é unha maneira de facernos conscientes de que o espazo no que
vivimos é sagrado. A nosa casa é terra sagrada. A auga o domingo pasado
usámola como signo de vida e con ela regamos unha planta. Hoxe que
empezamos a Semana Santa imos bendicir esta auga para que sexa presenza
de Deus no medio de nós, nas nosas casas, o espazo no que levamos xa
moitos días confinados. Coa auga bendicida, percorreremos logo diferentes
espazos da casa para facernos conscientes de que son lugares de
confinamento, pero tamén terra sagrada, lugar da presenza de Deus.
Collemos a auga e rezamos coa man estendida sobre ela:
Xesús díxolle á samaritana que quen bebera da súa auga
endexamais tería sede, pois no seu corazón abrollarían fontes de
auga viva. Así tamén Deus bendí está auga, que a Terra nos regala,
para que sexa signo da súa presenza salvadora nos nosos fogares.
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
Botamos auga á porta da casa e dicimos:
Señor, fai que a nosa sexa unha casa de portas abertas, que maila o
confinamento, saibamos ver e acudir ás necesidades dos nosos
veciños.
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
Imos agora á mesa na que comemos, o espazo no que nos sentamos para
saborear a comida que preparamos con agarimo e na que compartimos a
vida coas persoas da casa.
botámoslle auga e dicimos:
Señor, que na Nosa mesa e en ningunha mesa falte o pan. Veñen
tempos duros, a crise económica está ás portas: que saibamos ser
pan para outros!
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
Imos agora á tele, diante da que pasamos moito tempo das nosas vidas,
botámoslle auga e dicimos:
As tecnoloxías comunícannos co mundo dun xeito diferente.
Señor, que sirvan para construírnos por dentro. Non permitas que
por elas se coen nos nosos fogares o medo, o odio ao diferente nin
a maledicencia.
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
Imos agora ao noso cuarto, bendicímolo con auga e dicimos:
Señor, este é o lugar da nosa intimidade máis secreta, dos nosos
soños e tamén dos nosos pesadelos. Ilumínanos para que o amor
presida e reine no centro dos nosos corazóns, para que non nos
avergoñemos da Nosa corporeidade, obra túa, e a vivamos dende
o amor a nós mesmos e aos demais.
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
Rematamos as nosas bendicións na ventá, o signo da apertura da nosa casa
ao exterior. Botamos auga e rezamos:
Señor, que a Nosa sexa Unha casa de ventás abertas, polas que entre o
ar fresco dos cambios que fan que a Nosa vida medre e se expanda.
Que non teñamos medo, Señor, ao que vén de fóra, e saibamos acoller
as diferenzas e as novidades como novo pulo para unha vida que
quere achegarse cada vez máis a ti.
Imos volvendo para a mesa da celebración cantando.
CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz.
2.- PROCLAMACIÓN DA
PALABRA DE DEUS
LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS
O Señor Deus concedeume lingua de discípulo, para saber instruír o
cansado cunha palabra que o anime na mañá.
El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
O Señor abriu o meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
Ofrecín o lombo aos que me azoutaban, e a miña cara aos que me
arrincaban a barba.
Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
Pero o Señor axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña
cara coma un diamante, pois sei que non me avergonzarei.
Palabra do Señor
CANTO: Eu sei de quen me fiei.
https://www.youtube.com/watch?v=SItJoJVuWYM&feature=youtu.be
LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO
Lemos o relato da Paixón: Mt 26, 14 – 27, 66
Despois da lectura do Evanxeo, facemos silencio e miramos que din nos
nosos corazóns. Compartimos brevemente as nosas reflexións e vivencias
PROFESIÓN DA FE
Neste encontro de fe na casa, camiño da Pascua, renovamos a nosa vida de
fogar, e damos resposta da fe dicindo:
Creo Señor, pero aumenta a miña fe.
Cres en Deus Pai, Deus de esperanza e non de medos, Deus de saúde e non
de enfermidade, Deus de vida e non de morte?
Creo Señor, pero aumenta a miña fe.
Cres en Xesucristo, o seu fillo benquerido, que no camiño da paixón e
entrega na vida nos amosa un amar sen límites?
Creo Señor, pero aumenta a miña fe.
Cres no Espírito Santo, que nos alumea no corazón para acoller e dar vida a
cantos homes e mulleres sofren na cruz dunha pandemia que nos enche de
desacougo?
Creo Señor, pero aumenta a miña fe.
Cres na Igrexa feita dende a casa, comunidade que peregrina cara a Pascua,
cara a vida, no camiño de Cristo resucitado?
Creo Señor, pero aumenta a miña fe.
ORACIÓN UNIVERSAL
Señor, co xesto de acollida que fixemos antes na porta da nosa casa:
queremos hoxe camiñar á túa beira, queremos deixarte camiñar á nosa
beira, e queremos tamén achegarnos aos que sofren e cargan cruz na vida
nestes días de pandemia, e aos que se esforzan por facernos a vida mellor:
sanitarios, corpos de seguridade, voluntarios..., por iso seguindo os teus
pasos dicímosche:
Señor, camiñamos contigo
Para que, coma Ti, coas nosas palabras, sexamos exemplo de ilusión e
esperanza para as persoas que se senten frustradas e crucificadas na vida,
oremos
Señor, camiñamos contigo
Para que, coma Ti, coas nosas mans, sexamos capaces de ter palabras e
feitos de esperanza para quen se sente fracasado, oremos
Señor, camiñamos contigo
Para que, coma Ti, dende o corazón, sexamos capaces de estar á beira de
cantos hoxe se senten afectados polo virus, e poidan sentirse coidados,
oremos
Señor, camiñamos contigo
Para que, coma Ti, dende as nosas cruces, non deixemos de confiarnos ás
mans de Deus Pai, e atrevámonos a acompañar as cruces dos demais,
oremos
Señor, camiñamos contigo
Polos profesionais da sanidade, para que non decaian no seu esforzo e
saiban mostrar esperanza e amor aos que teñen ao seu coidado. Oremos.
Señor, camiñamos contigo
Señor, Ti que nos queres vivos e dando vida, non deixas que as cruces e os
medos de hoxe nos convertan en persoas mortas e baleiras. Ti que vives e
reinas por sempre eternamente. Amén.
3.- OS SIGNOS DA COMUÑÓN CON DEUS
EN FAMILIA
NOSO PAI E SIGNO DE PAZ
Deus está no medio de nós, no espazo das nosas casas, nos nosos
corazóns que latexan xuntos desde a distancia. Como Xesús, querendo
pousar as nosas vidas nas mans do Pai, queremos hoxe ser testemuñas do
seu DAR VIDA dicindo:
Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome. Veña o
teu Reino. Fágase a túa vontade así na Terra coma no ceo. Danos
hoxe o pan de cada día. Perdoas as nosas ofensas como tamén
perdoamos nós a quen nos ten ofendido. Non nos deixes caer na
tentación máis líbranos do mal.
Celebrar a fe lévanos a comprometernos na vida e acompañar a Xesús e ao
mundo, no camiño da paixón. Con Xesús entramos en Xerusalén xuntos,
coma irmáns, porque queremos construír un mundo de Paz.
Na certeza de que Deus vive con nós, dámonos un signo de paz mentres
cantamos:
CANTO: Unha xuntanza de amor
4.- ORACIÓN FINAL
Señor, ao celebrar a vida do teu Fillo, fasnos esperar o que nos promete
a nosa fe. Concédesnos chegar pola súa resurrección á VIDA QUE
ESPERAMOS. Por Cristo noso Señor. Amén
Coma Cristo crucificado dando vida, queremos nós dar vida na
comunidade, no mundo rural, coas nosas xentes, aínda que nos parezan
poucas e maiores.
Con Cristo crucificado queremos dar grazas ás persoas que se sacrifican
polos demais, na hora da enfermidade, no tempo da soidade e no medio
dunha pandemia que por momentos nos supera.
Con Cristo Crucificado queremos achegarnos á vida dos que malviven a
traxedia dos refuxiados, dos que sofren violencia de xénero, dos que se
senten mortos e enterrados na miseria, na fame e na pobreza.
Que teñamos un bo día, unha boa semana,
e o Señor nos bendiga, † nos garde de todo mal
e nos leve á vida eterna. Amén.
Rematamos a nosa celebración cantando a María.
CANTO: Virxe María, naiciña do ceo
1 of 5

Recommended

CELEBRACIÓN 26 DE ABRIL by
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILCELEBRACIÓN 26 DE ABRIL
CELEBRACIÓN 26 DE ABRILparroquiadostilos dos
1.3K views6 slides
V domingo coresma 2020 na casa by
V domingo coresma 2020 na casaV domingo coresma 2020 na casa
V domingo coresma 2020 na casaparroquiadostilos dos
1K views6 slides
Xoves santo na casa 2020 os tilos by
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosparroquiadostilos dos
1.3K views4 slides
Hora santa xoves 2020 by
Hora santa xoves 2020Hora santa xoves 2020
Hora santa xoves 2020parroquiadostilos dos
1.3K views3 slides
1 advento celebración 1 by
1   advento celebración 11   advento celebración 1
1 advento celebración 1Nuria M Núñez Elissetche
262 views2 slides
17º domingo toc 2013 noso pai by
17º domingo toc 2013 noso pai17º domingo toc 2013 noso pai
17º domingo toc 2013 noso paiNuria M Núñez Elissetche
768 views12 slides

More Related Content

What's hot

Canto de nadal by
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadalNuria M Núñez Elissetche
495 views8 slides
4º advento c 2012 by
4º advento c 20124º advento c 2012
4º advento c 2012Nuria M Núñez Elissetche
912 views10 slides
31º defuntos tob 2015 bene pagola by
31º defuntos tob  2015 bene pagola31º defuntos tob  2015 bene pagola
31º defuntos tob 2015 bene pagolaNuria M Núñez Elissetche
259 views14 slides
Cancioneiro galego by
Cancioneiro galegoCancioneiro galego
Cancioneiro galegoManuel Lage Lorenzo
6.7K views66 slides
Canto de nadal by
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadalNuria M Núñez Elissetche
496 views8 slides
Canto de nadal by
Canto de nadalCanto de nadal
Canto de nadalNuria M Núñez Elissetche
363 views8 slides

What's hot(20)

Similar to Ramos na casa 2020 parroquia os tilos

Evanxeo de nadal a by
Evanxeo de nadal aEvanxeo de nadal a
Evanxeo de nadal aNuria M Núñez Elissetche
368 views3 slides
Ano da fe. sor mª celina by
Ano da fe. sor mª celinaAno da fe. sor mª celina
Ano da fe. sor mª celinaNuria M Núñez Elissetche
271 views18 slides
Misericordiosos como o pai by
Misericordiosos como o paiMisericordiosos como o pai
Misericordiosos como o paiNuria M Núñez Elissetche
443 views41 slides
Coresma unha viaxe en clave de oración. by
Coresma unha viaxe en clave de oración.Coresma unha viaxe en clave de oración.
Coresma unha viaxe en clave de oración.Nuria M Núñez Elissetche
355 views18 slides
Boletin decembro 2013 by
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013parroquiadostilos
473 views2 slides
17º domingo toc 2016 by
17º domingo  toc 201617º domingo  toc 2016
17º domingo toc 2016Nuria M Núñez Elissetche
235 views11 slides

Similar to Ramos na casa 2020 parroquia os tilos(20)

More from parroquiadostilos dos

Calendario parroquial 1920 by
Calendario parroquial 1920Calendario parroquial 1920
Calendario parroquial 1920parroquiadostilos dos
1.1K views1 slide
Parroquial 1920 by
Parroquial 1920Parroquial 1920
Parroquial 1920parroquiadostilos dos
916 views2 slides
Boleton parroquial nadal by
Boleton parroquial nadalBoleton parroquial nadal
Boleton parroquial nadalparroquiadostilos dos
803 views2 slides
Boletin semana santa by
Boletin semana santaBoletin semana santa
Boletin semana santaparroquiadostilos dos
1.1K views2 slides
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELA by
Boletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELABoletin ARCHIDIÓCESIS  SANTIAGO DE COMPOSTELA
Boletin ARCHIDIÓCESIS SANTIAGO DE COMPOSTELAparroquiadostilos dos
756 views6 slides
Bolenovembro18 by
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18parroquiadostilos dos
720 views2 slides

Ramos na casa 2020 parroquia os tilos

  • 1. CELEBRACIÓN DO DOMINGO DOMINGO DE RAMOS PARROQUIA DE OS TILOS 1.- ENCONTRO EN FAMILIA SAÚDO DE BENVIDA Benvidos sexamos todos a esta oración. Reunímonos no nome do Pai, e do Fillo e do Espírito Santo. Co Domingo de Ramos iniciamos a celebración da Pascua do Señor. Queremos acompañar a Xesús no seu camiñar nestes días. Imos cara a Xerusalén. A entrada de Xesús en Xerusalén é unha entrada triunfal: un Rei que chega ao seu pobo e que trae a esperanza da vida nova, a derrota do pesimismo e a desgana. Un Rei aclamado por todos, grandes e pequenos, que o acollen na súa vida. Dende a soidade das nosas casas, tamén nós queremos compartir ese triunfo da esperanza que nos trae Xesús e que uns sinxelos ramos sexan o mellor dos símbolos para expresar que tamén nós estamos preparados para acoller con alegría ao Señor que entra no corazón de cada un de nós para DARNOS VIDA. Compartindo en familia a nosa fe nesta esperanza pola chegada da Pascua do Señor que xa está aquí, queremos acollelo na nosa casa. Noutros anos isto facíamolo achegándonos á porta do noso templo parroquial, hoxe a nosa casa é IGREXA e por iso agora achegámonos á porta do noso fogar dispostos a acoller a Cristo como escoitaremos que o acolleron os veciños e veciñas de Xerusalén. Collemos a cunca con auga e o loureiro e imos para a porta da casa. Alí, en pé, escoitamos o evanxeo.
  • 2. LECTURA DO EVANXEO SEGUNDO MATEO Cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a aldea de Betfagué, ao pé do monte das oliveiras, enviou Xesús a dous discípulos, dicíndolles: - “Ide á aldea de enfronte e deseguida atoparedes uns burros atados. Soltádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ao Señor e que deseguida llos mandará de volta”. Isto sucedeu para que se cumprira o que fora dito polo profeta: Dicídelle á filla de Sión: Velaí o teu Rei que vén a Ti, humilde e montado nunha asna, nun burro, fillo de animal de carga. Foron os discípulos e fixeron o que Xesús lles mandara. Trouxéronlle os burros, botáronlle os mantos enriba, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no camiño, outros cortaron polas das árbores e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante e mailos que o seguían gritaban: - ¡Hosanna ao Fillo de David! ¡Bendito o que vén no nome do Señor¡ !Hosanna no ceo¡ E ao entrar en Xerusalén toda a cidade conmovida preguntaba: - ¿Quen é este? A xente respondía: - Este é o profeta, Xesús, o de Nazaret de Galilea. Palabra do Señor BENDICIÓN DA CASA Bendicir é unha maneira de facernos conscientes de que o espazo no que vivimos é sagrado. A nosa casa é terra sagrada. A auga o domingo pasado usámola como signo de vida e con ela regamos unha planta. Hoxe que empezamos a Semana Santa imos bendicir esta auga para que sexa presenza de Deus no medio de nós, nas nosas casas, o espazo no que levamos xa moitos días confinados. Coa auga bendicida, percorreremos logo diferentes espazos da casa para facernos conscientes de que son lugares de confinamento, pero tamén terra sagrada, lugar da presenza de Deus. Collemos a auga e rezamos coa man estendida sobre ela: Xesús díxolle á samaritana que quen bebera da súa auga endexamais tería sede, pois no seu corazón abrollarían fontes de
  • 3. auga viva. Así tamén Deus bendí está auga, que a Terra nos regala, para que sexa signo da súa presenza salvadora nos nosos fogares. CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. Botamos auga á porta da casa e dicimos: Señor, fai que a nosa sexa unha casa de portas abertas, que maila o confinamento, saibamos ver e acudir ás necesidades dos nosos veciños. CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. Imos agora á mesa na que comemos, o espazo no que nos sentamos para saborear a comida que preparamos con agarimo e na que compartimos a vida coas persoas da casa. botámoslle auga e dicimos: Señor, que na Nosa mesa e en ningunha mesa falte o pan. Veñen tempos duros, a crise económica está ás portas: que saibamos ser pan para outros! CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. Imos agora á tele, diante da que pasamos moito tempo das nosas vidas, botámoslle auga e dicimos: As tecnoloxías comunícannos co mundo dun xeito diferente. Señor, que sirvan para construírnos por dentro. Non permitas que por elas se coen nos nosos fogares o medo, o odio ao diferente nin a maledicencia. CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. Imos agora ao noso cuarto, bendicímolo con auga e dicimos: Señor, este é o lugar da nosa intimidade máis secreta, dos nosos soños e tamén dos nosos pesadelos. Ilumínanos para que o amor presida e reine no centro dos nosos corazóns, para que non nos avergoñemos da Nosa corporeidade, obra túa, e a vivamos dende o amor a nós mesmos e aos demais. CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. Rematamos as nosas bendicións na ventá, o signo da apertura da nosa casa ao exterior. Botamos auga e rezamos: Señor, que a Nosa sexa Unha casa de ventás abertas, polas que entre o ar fresco dos cambios que fan que a Nosa vida medre e se expanda. Que non teñamos medo, Señor, ao que vén de fóra, e saibamos acoller as diferenzas e as novidades como novo pulo para unha vida que quere achegarse cada vez máis a ti. Imos volvendo para a mesa da celebración cantando. CANTO: So ti señor es fonte de auga viva e na túa auga nós vemos a Luz. 2.- PROCLAMACIÓN DA PALABRA DE DEUS LECTURA DO LIBRO DO PROFETA ISAÍAS O Señor Deus concedeume lingua de discípulo, para saber instruír o cansado cunha palabra que o anime na mañá. El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo. O Señor abriu o meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás. Ofrecín o lombo aos que me azoutaban, e a miña cara aos que me arrincaban a barba. Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas. Pero o Señor axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante, pois sei que non me avergonzarei. Palabra do Señor CANTO: Eu sei de quen me fiei. https://www.youtube.com/watch?v=SItJoJVuWYM&feature=youtu.be
  • 4. LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO Lemos o relato da Paixón: Mt 26, 14 – 27, 66 Despois da lectura do Evanxeo, facemos silencio e miramos que din nos nosos corazóns. Compartimos brevemente as nosas reflexións e vivencias PROFESIÓN DA FE Neste encontro de fe na casa, camiño da Pascua, renovamos a nosa vida de fogar, e damos resposta da fe dicindo: Creo Señor, pero aumenta a miña fe. Cres en Deus Pai, Deus de esperanza e non de medos, Deus de saúde e non de enfermidade, Deus de vida e non de morte? Creo Señor, pero aumenta a miña fe. Cres en Xesucristo, o seu fillo benquerido, que no camiño da paixón e entrega na vida nos amosa un amar sen límites? Creo Señor, pero aumenta a miña fe. Cres no Espírito Santo, que nos alumea no corazón para acoller e dar vida a cantos homes e mulleres sofren na cruz dunha pandemia que nos enche de desacougo? Creo Señor, pero aumenta a miña fe. Cres na Igrexa feita dende a casa, comunidade que peregrina cara a Pascua, cara a vida, no camiño de Cristo resucitado? Creo Señor, pero aumenta a miña fe. ORACIÓN UNIVERSAL Señor, co xesto de acollida que fixemos antes na porta da nosa casa: queremos hoxe camiñar á túa beira, queremos deixarte camiñar á nosa beira, e queremos tamén achegarnos aos que sofren e cargan cruz na vida nestes días de pandemia, e aos que se esforzan por facernos a vida mellor: sanitarios, corpos de seguridade, voluntarios..., por iso seguindo os teus pasos dicímosche: Señor, camiñamos contigo Para que, coma Ti, coas nosas palabras, sexamos exemplo de ilusión e esperanza para as persoas que se senten frustradas e crucificadas na vida, oremos Señor, camiñamos contigo Para que, coma Ti, coas nosas mans, sexamos capaces de ter palabras e feitos de esperanza para quen se sente fracasado, oremos Señor, camiñamos contigo Para que, coma Ti, dende o corazón, sexamos capaces de estar á beira de cantos hoxe se senten afectados polo virus, e poidan sentirse coidados, oremos Señor, camiñamos contigo Para que, coma Ti, dende as nosas cruces, non deixemos de confiarnos ás mans de Deus Pai, e atrevámonos a acompañar as cruces dos demais, oremos Señor, camiñamos contigo Polos profesionais da sanidade, para que non decaian no seu esforzo e saiban mostrar esperanza e amor aos que teñen ao seu coidado. Oremos. Señor, camiñamos contigo Señor, Ti que nos queres vivos e dando vida, non deixas que as cruces e os medos de hoxe nos convertan en persoas mortas e baleiras. Ti que vives e reinas por sempre eternamente. Amén.
  • 5. 3.- OS SIGNOS DA COMUÑÓN CON DEUS EN FAMILIA NOSO PAI E SIGNO DE PAZ Deus está no medio de nós, no espazo das nosas casas, nos nosos corazóns que latexan xuntos desde a distancia. Como Xesús, querendo pousar as nosas vidas nas mans do Pai, queremos hoxe ser testemuñas do seu DAR VIDA dicindo: Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome. Veña o teu Reino. Fágase a túa vontade así na Terra coma no ceo. Danos hoxe o pan de cada día. Perdoas as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendido. Non nos deixes caer na tentación máis líbranos do mal. Celebrar a fe lévanos a comprometernos na vida e acompañar a Xesús e ao mundo, no camiño da paixón. Con Xesús entramos en Xerusalén xuntos, coma irmáns, porque queremos construír un mundo de Paz. Na certeza de que Deus vive con nós, dámonos un signo de paz mentres cantamos: CANTO: Unha xuntanza de amor 4.- ORACIÓN FINAL Señor, ao celebrar a vida do teu Fillo, fasnos esperar o que nos promete a nosa fe. Concédesnos chegar pola súa resurrección á VIDA QUE ESPERAMOS. Por Cristo noso Señor. Amén Coma Cristo crucificado dando vida, queremos nós dar vida na comunidade, no mundo rural, coas nosas xentes, aínda que nos parezan poucas e maiores. Con Cristo crucificado queremos dar grazas ás persoas que se sacrifican polos demais, na hora da enfermidade, no tempo da soidade e no medio dunha pandemia que por momentos nos supera. Con Cristo Crucificado queremos achegarnos á vida dos que malviven a traxedia dos refuxiados, dos que sofren violencia de xénero, dos que se senten mortos e enterrados na miseria, na fame e na pobreza. Que teñamos un bo día, unha boa semana, e o Señor nos bendiga, † nos garde de todo mal e nos leve á vida eterna. Amén. Rematamos a nosa celebración cantando a María. CANTO: Virxe María, naiciña do ceo