Successfully reported this slideshow.

Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

734 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Manual Recomendacions Para Coidar As Persoas Maiores V3

  1. 1. COLECCIÓN DE MANUAIS PARA A PRÁCTICA COORDINADOR XERAL Andrés Vázquez Piñeiro. Médico. Director da Área do benestar do Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar. REDACTORAS Encarna Álvarez Gallego Psicóloga. Técnica de Xestión Xerontolóxica do Departamento de Xerontoloxía da Área do Benestar. Ximena Campos Pérez Socióloga e Traballadora Social. Técnica de Xestión Xerontolóxica do Departamento de Xerontoloxía da Área do Benestar. Depósito Legal: C 897-2009
  2. 2. Índice • PROPOSTA DO PRESENTE MANUAL 05 • PRINCIPIOS XERAIS DA ASISTENCIA INTEGRAL ÁS PERSOAS MAIORES EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA 07 • DEREITOS BÁSICOS DAS PERSOAS USUARIAS DOS SERVIZOS DA REDE DE CENTROS DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS MAIORES DO CONSORCIO 09 • ASPECTOS XERAIS PARA A PROMOCIÓN DAS BOAS ACTUACIÓNS PROFESIONAIS 11 • GRANDES ÁREAS DE INTERVENCIÓN 13 A- INTERVENCIÓN NA ÁREA DO CORPO E A SÚA FUNCIONALIDADE 15 Actitudes profesionais correctas 15 Pautas xerais de actuación para o coidado da saúde física e a súa funcionalidade 16 B- INTERVENCIÓN NA ÁREA DO BENESTAR PSICOLÓXICO E RELACIONAL 19 Actitudes e pautas profesionais correctas de comunicación e trato cos/as usuarios/as 19 3
  3. 3. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar Actitudes e pautas profesionais correctas de comunicación e trato cos/as usuarios/as con demencia 23 Actitudes e pautas profesionais correctas de comunicacióne trato cas familias 25 • ASPECTOS A COIDAR ESPECIALMENTE 27 O proceso de adaptación do/a usuario/a ao centro, e viceversa 27 Actuacións ante os problemas de convivencia 28 A supervisión dos/as usuarios/as 29 O traballo en grupo coas persoas maiores 30 A prevención do maltrato nas persoas maiores 31 • EPÍLOGO A UN MANUAL PARA COIDAR A TODA UNHA VIDA 35 4
  4. 4. Proposta do presente manual O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está a conso- lidar unha rede de centros de día, fogares residenciais e vivendas co- munitarias, espallados por todo o territorio galego, para ofrecer así uns servizos profesionalizados e de calidade na atención ás persoas maiores con dependencia, ou en risco de padecela, así como as súas familias. O presente manual ten o propósito de establecer pautas que orienten a acción para ofrecer unha axeitada práctica. Así, propóñense: • Actitudes correctas. • Formas de actuación. • Solucións a problemas sinxelos. • Recollida de consensos implícitos de actuación. • Recomendacións de prácticas posibles. En definitiva, é un breve tratado para a promoción das boas prácticas e de actitudes axeitadas cara o bo trato coas persoas maiores que coi- damos e as súas familias. 5
  5. 5. Principios xerais da asistencia integral ás persoas maiores en situación de dependencia A intervención transdisciplinar vai a ser metodoloxía principal para realizar ese traballo da asistencia integral, compartindo saberes, propósitos e obxectivos. Cando o equipo profesional vai traballar no contorno dunha persoa maior dende o dispositivo do Consorcio que sexa, vai levar realizar un proceso intencional de mellora das condicións de vida desa persoa e da súa familia. Cara a ese gran obxectivo é a onde ten que ir enca- miñada a nosa acción. Tamén teremos que ter en conta que, cando falamos de calidade de vida, vemos que este concepto está estreitamente vinculado, non só á cobertura de necesidades, se- nón de posibilidades reais de participar na vida social e cul- tural. En todas as persoas se asocia un alto grao de satis- facción coa vida cando existe un mantemento das habilidades funcionais e do coidado de si mesmas. Polo tanto, o noso papel de coidadores debemos limitalo, cando sexa posible, a apoiar, supervisar, ou facer por eles, pero non substituír. Non sentirse tentados pola protec- ción excesiva. Asumir os riscos das decisións que cada un toma, é parte da vida. 7
  6. 6. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar Partiremos do global para actuar no local, ou dito doutro xeito, para sermos eficaces nas nosas actuacións debemos tender a unha visión complexa da realidade. Iso non quere dicir que non teñamos en conta a individualidade da persoa, pero esta sempre debe estar enmarcada nun contexto relacional que nos leve a considerar o tecido de afectos, relacións e apoio social que podemos contribuír a crear ou a fortale- cer. 8
  7. 7. Dereitos básicos das persoas usuarias dos servizos da rede de centros de atención ás persoas maiores do consorcio Para poder ofrecer unha asistencia de calidade, temos que ser conscientes dos dereitos que asisten as persoas usuarias. A continuación, relatamos os mesmos e para iso, recollemos os citados na Orde do 16 de outubro de 2006, pola que se aproba a carta de servizos básica para as residencias de persoas maiores da rede pública da Xunta de Galicia. Representan unha boa base para todos os equipamentos dedicados ás persoas maiores do Consorcio. Son os seguintes: • A acceder a centros e servizos e recibir asistencia sen discriminación • A un trato digno, tanto por parte do persoal como das persoas usua- rias • Ao segredo profesional da historia clínica ou socio-sanitaria e á pro- tección dos datos persoais • A manter relacións interpersoais e a recibir visitas de acordo co es- tablecido no regulamento de réxime interno • A un programa de intervención ou de atención individualizado • Á intimidade persoal e á protección da propia imaxe • A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e calquera outra que sexa axeitada para o seu desenvolvemento psicofísico • A elevar aos órganos de participación ou dirección as propostas de mellora • A recibir, en todo momento, a información necesaria e axeitada de acordo coa súa vontade (consentimento informado) 9
  8. 8. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar • A coñecer, en todo momento, o prezo dos servizos e as súas variacións e modifica- cións esenciais na prestación destes • A cesar na utilización dos servizos ou na permanencia no centro • De queixa e libre acceso ao libro de reclamacións • A asociarse para favorecer a participación e defender os seus dereitos • A acceder aos servizos ofrecidos polo centro nas condicións estable- cidas • Aos coidados necesarios establecidos en caso de dependencia ou in- validez • A unha programación de actividades que permita un desenvolvemento persoal axeitado 10
  9. 9. Aspectos xerais para á promoción das boas actuacións profesionais Actuar de forma correcta e profesional, é unha pretensión ca que queremos afrontar o noso traballo cada día. Partiremos, para iso, das seguintes pautas que marcan a diferenza entre un traballo volun- tarioso e un traballo organizado de xeito coherente e con boa praxis. Teremos en conta os seguintes aspectos xerais: • Seguir as pautas marcadas pola dirección do centro. • Procurar, en todo momento, a coordinación das actuacións de todos os profesionais. • Gardar o sixilo debido de canta información confidencial coñezamos dos/as usuarios/as dentro do centro e, por suposto, fóra do mesmo. • Facer saber ao resto do equipo calquera acontecemento que afecte ao funcionamento do centro, ou das persoas usuarias. • Dirixirse os/as usuarios/as, ás súas familias, e aos/ás compañeiros/as con respecto. • Limitar a nosa relación cos usuarios/as á actividade do centro, pro- curando diferenciar a vida profesional (que é o que nos vincula a eles/elas), da persoal. • Non aceptar agasallos por parte dos/as usuarios/as ou as súas fami- lias. • A información que se lles comunique das persoas usuarias ás familias, será o máis consensuada posible polo equipo técnico e pola dirección do mesmo. • No que respecta ao tratamento farmacolóxico da persoa usuaria, 11
  10. 10. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar seguirase estritamente a pauta médica que nos achegue o/a usuario/a ou a súa familia. Das súas variacións debemos ter constancia por escrito do seu facultativo. Ningún persoal do centro pode introducir modificacións do mesmo. • Comunicar ao/á usuario/a calquera circunstancia ou incidencia que lle poida afectar en adiante (exemplo, cambio de habitación nun fogar residencial), tendo en conta quen debe ser o profesional que faga esa comunicación. • Non facer polo usuario/a aquelas cousas que poda facer por si mesmo/a, e pola contra, axudarlles en todas cantas cousas teñan di- ficultades para o seu correcto desenvolvemento. • Favorecer entre os/as usuarios/as á colaboración; non a competencia e a rivalidade. • Non promover a participación dos usuarios/as en xogos lucrativos, quinielas, lotería, etc. Tampouco en calquera actividade que sexa de negocio dentro do centro (venda de produtos). • Cumprir co horario de traballo, tanto de entrada como de saída. • Participar na organización do traballo, así como nas tarefas e actividades a desenvolver. • Falar con discreción ao/á usuario/a do funcionamento do centro. Non transmitirlle queixas sobre outros/as traballadores/as ou sobre a dirección. • Ter unha boa actitude no traballo: de alegría, empatía, de colaboración e de respecto. 12
  11. 11. Grandes áreas de intervención A intervención que imos levar a cabo no noso traballo, ten tarefas e actividades secuenciadas temporalmente. Todas elas van a ter unha intencionalidade e é a de promover cambios que melloren o benestar das nosas persoas usuarias. O noso ciclo de intervención vai supoñer etapas ou momentos esenciais: análise de necesidades, obxectivos, programas, implantación do deseñado, avaliación do planificado e finalmente, toma de decisións sobre a acción interposta. Pero previo a todo ese proceso, os/as profesionais teñen que saber en que aspectos imos intervir e cáles son as actitudes e pautas correctas para facelo. As actuacións que se van realizar nos centros de atención ás persoas maiores do Consorcio, van dirixidas á planificación e intervención en dúas grandes áreas: • Intervención na área da saúde física da persoa maior e a súa funcio- nalidade. • Intervención na área do benestar psicolóxico, social e relacional. 13
  12. 12. A Intervención na área do corpo e a súa funcionalidade Cando dicimos: temos un corpo, non falamos adecuadamente, xa que en realidade somos un corpo. É o principio e o final da nosa indi- vidualidade. É unha das principais características da nosa natureza, a presenza material do noso existir. As persoas maiores que son obxecto da nosa atención van a ter unhas particularidades que temos que coñecer. Elas van a ser moi sensibles ás nosas actitudes cara a eles, por iso, imos destacar algunha delas que temos que coidar especialmente. ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS: I. Coñecer, aceptar e respectar o proceso de avellentamento propio e alleo: como profesionais que nos dedicamos ao traballo cos maiores, debemos coñecer cal é o proceso de avellentamento e as modificacións propias que acompañan a todas as persoas. Tanto aqueles aspectos que están dentro da normalidade do avellentar como as que supoñen unha patoloxía. É para nós de obrigado coñecemento: • As modificacións no aspecto externo • As modificacións nos órganos e sistemas • Os cambios nas capacidades intelectuais • Os cambios na personalidade e no carácter • Os cambios sociais que acompañan o proceso de avellentamento 15
  13. 13. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar II. Se queremos traballar coas persoas maiores con coherencia e ho- nestidade, a primeira medida a adoptar é a de saber aceptar as pegadas do paso do tempo en cada un de nós. Isto é compatible co afán de querer diminuír as perdas, pero non co feito de rexeitar os cambios. III. Favorecer a adaptación da persoa maior ao proceso de avellentamento e, se é o caso, a súa posible situación de dependencia, non sen antes tomar conciencia non traumática do que supoñen as perdas para nós. PAUTAS XERAIS DE ACTUACIÓN PARA O COIDADO DA SAÚDE FÍSICA E A SÚA FUNCIONALIDADE: 1. Promoveremos nas persoas maiores, uns hábitos saudables: exerci- cio físico regular, alimentación nutritiva e variada. 2. Procuraremos unha correcta hixiene animándoas a que elas a fagan, ou axudándoas a facela. Iso inclúe o coidado da imaxe persoal. 3. Trataremos de que a persoa siga vestíndose soa, ao seu gusto, para que manteña a súa imaxe persoal e autoestima. Vestir á xente maior pensando unicamente na comodidade dos coidadores e das coidadoras, non deixa de ser pouco recomendable. 4. Dicirlles en todo momento o que imos facer con elas cando estamos prestándolles unha atención directa (aseo, vestidos, etc.). 5. Teremos en conta que o achegamento íntimo que imos ter coas persoas usuarias, co seu corpo, coa súa pel, (cando as aseamos, vestimos, etc, ) pode espertar nelas sentimentos sexuais. Debemos tomalos con naturalidade e saber reconducilos. É unha idea preconcibida que non obedece á realidade pensar que unha persoa maior non ten desexos sexuais. 16
  14. 14. Recomendacións para coidar ás persoas maiores 6. Favoreceremos o seu tempo de descanso ou de sono mediante un ambiente relaxado, coidando os factores ambientais. 7. Cando o centro sexa residencial, teremos en conta que ninguén debe permanecer na cama todo o día, salvo indicación médica expresa. 8. Cando axudemos a unha persoa maior que ten problemas de inconti- nencia, teremos presente que pode ter sentimentos de vergoña, cul- pabilidade, etc. Debemos procurar ter moito tacto e tranquilizala dicindo que estamos alí para colaborar e axudala. 9. Teremos en conta as po- sibles diminucións dos seus sentidos (vista, oído, olfacto, etc.) para facer a decoración ou sinalización dos ambientes, para man- ter unha conversa con eles, para ter un control dos olores ambientais, en- tre outras cousas. 10. Previremos os accidentes facendo un exame de cantas situacións no centro poidan provocalos: chans escorregadizos, alfombras, mobles, obxectos no medio, bordes cortantes, electrodomésticos, ferramentas cortantes, etc. 11. A persoa maior, posiblemente, terá limitacións en ósos e músculos que lle dificulten a mobilidade, pero debemos animala a que sexa o máis independente posible. Non debemos alentala a que utilice a cadeira de rodas por comodidade dos seus coidadores/as. Unicamente 17
  15. 15. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar cando non se poida garantir o feito de axudala con seguridade a ca- miñar. 12. Debemos reducir os riscos de caídas nas persoas maiores, pero non a costa de diminuír o seu movemento. Procuraremos que este sexa o máis seguro posible e soamente utilizaremos medidas de suxeición baixo prescrición médica, e cando non poidamos estar vixiantes. 13. Animaremos o movemento para que favoreza, entre outras cousas, a actividade muscular xeradora de calor e de enerxía corporal. 14. Promoveremos as revisións de saúde que terán que facer co seu médico/a de referencia. 15. Favoreceremos a promoción e educación da saúde das persoas usuarias e das súas familias. 18
  16. 16. B Intervención na área do benestar psicolóxico, social e relacional O benestar psicolóxico, social e relacional é unha das grandes áreas nas que imos concentrar todos os nosos esforzos pola importancia que lle atribuímos á mesma. Cando falamos da importancia de que as persoas maiores teñan unha boa de calidade de vida, boa parte se xoga no terreo das relacións cos demais, e da percepción subxectiva. É o feito de vincularse a outros, o que fai que lle demos gran estima ó lugar no que estamos, e a vida que vivimos, sentíndomos á vez, seres valiosos. Como profesionais, debemos ser axentes de relacións, e axentes de be- nestar para o cal, debemos manter as seguintes actitudes. ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS: I- Comunicación aberta e coherente: como norma xeral teremos que considerar que a relación que establezamos coas persoas maiores ten que ser bidireccional: se nos preguntamos pola súa vida temos que estar en condicións de dar resposta ás preguntas que nos fagan sobre a nosa. Non ten que ser a resposta exhaustiva, senón mantida nun plano de comodidade do que un queira contar. II- Actitude positiva, colaboradora e optimista: procuraremos a comu- nicación permanente coas persoas maiores que están connosco. Iso non significa falar seguido con eles, senón ter establecida unha complicidade ou formas de actuación que as fagan sentir seguras, aceptadas, queridas, comprendidas e acompañadas. III- Gardar a debida discreción e temperanza: moitas das situacións que vivimos no centros coas persoas usuarias e coas súas familias 19
  17. 17. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar poden causarnos inquedanza ou alterar o noso estado de ánimo, sendo precisa a contención de dicir ou de facer cousas de xeito im- pulsivo das que poidamos logo arrepentirmos. Cando nos comuni- quemos, pensemos que cada quen “é dono do que cala e non do que dí”, o que significa que temos que pensar ben as cousas antes de dicilas. PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓN E TRATO COS/AS USUARIOS/AS: 1. Manter a mirada mentres se fala e mentres se escoita. 2. Se é posible, ter contacto físico: por a man no brazo ou no ombro do/a interlocutor/a. 3. Asegurármonos de que o noso ton de voz é axeitado. As persoas maiores soen ter diminuída a percepción das altas frecuencias, a miúdo berrámoslles para que nos escoiten mellor e ese esforzo agu- dízanos a voz, co cal, conseguimos peor noso obxectivo. Mellor é poñela grave, ronca, para que poidan percibirnos mellor. 4. A nosa expresión facial debe ser amigable, que non revele tensións ou ansiedade. 5. A nosa postura corporal, fronte a fronte, á mesma altura que o/a noso/a interlocutor/a. 6. O lugar para falar ten que ser axeitado, sen interferencias de ruídos, como a radio ou a televisión. 7. Utilizar unha linguaxe sinxela, emitida con calma, deixando tempo para que a outra persoa responda, considerando que o procesamento da información dunha persoa maior pode ser máis lento. 20
  18. 18. Recomendacións para coidar ás persoas maiores 8. Referirémonos a cousas concretas, evitando xeneralizar cando facemos comentarios de algo negativo, pois soan a xuízos que revelan inutilidade. 9. Cando emitamos unha mensaxe, facelo intentando non ferir á outra persoa, pero tampouco pórnos en inferioridade de condicións. 10. Recoñecer os sentimentos da outra persoa á par de recoñecer tamén os nosos para controlarmos que non nos dirixamos de forma pasiva (exemplo cando dicimos “non me importa, non pasa nada se...”) ou ben agresiva, (“vou dicirche a verdade, xa sabes que non calo nada”). 11. Aceptar que o comportamento da outra persoa sexa contrario ao que nos gustaría ou incluso, aos seus propios intereses de saúde. 12. Faremos rexistro de queixas. “Unha queixa é un regalo”, dise no sentido máis positivo, así que estudémolas e atendámolas. 13. Coñeceremos e comprenderemos a situación actual de cada usuario/a, pero tamén a súa vida pasada, tendo en conta a súa forma de entender o mundo, a súas crenzas, valores, as súas nece- sidades, etc. 14. Procuraremos a privacidade nos coidados especiais, a ser posible con persoas que os/as usuarios/as coñezan, nas que confíen. 15. Garantiremos a dignidade de aqueles/as usuarios/as que por mor dunha perda de facultades mentais (demencia) non poden controlar a súa conduta ou o seu aspecto de limpeza, vestido ou relación cos demais. 16. Axudaremos a que os/as usuarios/as se sintan donos do seu propio espazo, o decoren con elementos que eles/as mesmos teñan feito, e asuman unha parte da responsabilidade sobre os espazos comúns. 21
  19. 19. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar 17. Proporcionarémoslles un contorno axeitado as súas características para favorecer a súa seguridade e benestar. 18. Axudaremos e animaremos os/as usuarios/as a que pensen e actúen por si mesmos tendo en conta aos demais e os riscos que asumen. Fomentar a súa toma de decisións. 19. Supervisaremos a situación e o comportamento de cada usuario/a para asegurármonos de que existe un equilibrio razoable entre a súa autonomía e os riscos que asume. 20. Garantiremos que calquera restrición da autonomía que se estableza sexa explicada, consentida e revisada regularmente. 21. Coñeceremos a opinión das persoas maiores sobre aquelas medidas que as afecten na súa forma de vida ou de estancia no centro. 22. Teremos unha clara idea das capacidades físicas e mentais dos/as usuarios/as á hora de que poidan facer eleccións. Ofreceráselles información suficiente e asegurarémonos de que sexan capaces de manexala. 23. Traballar na procura de dar ánimo, de reavivar, achegar enerxía aos demais. Dicía unha muller vella que era atendida por unha coidadora formal: “-O meu agradecemento a esta rapaza non é tanto polo que me axuda no traballo de asearme e vestirme polas mañás, senón porque con ela recibo a dose diaria de alegría para seguir vivindo”. 22
  20. 20. Recomendacións para coidar ás persoas maiores ACTITUDES PROFESIONAIS CORRECTAS NA COMUNICACIÓN E O TRATO COAS PERSOAS CON DEMENCIA: I- Manter, en todo momento, unha actitude de respecto cara a elas. II- Consideración pola situación de enfermidade que lles fai dicir e facer cousas que escapan á súa vontade. III- Procurar a dignificación das súas condicións de vida, do seu vestido, alimentación, lecer, etc. PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓN E TRATO COS/AS USUARIOS/AS CON DEMENCIA: Hai que ter en conta que as persoas con demencia van ter dificultade para expresarse e para comprender o que lles dicimos. Van olvidar ra- pidamente o que se lles di porque o seu sistema de retención da infor- mación está deteriorado. Como xeito de cubrir esas “lagoas” na súa vida, poden inventar historias estrañas. Tamén poden ter alucinacións. Iso é síntoma de que o seu cerebro está danado.Temos que ter todo iso en conta á hora de comunicármonos con elas. Procederemos con elas, tendo en conta as seguintes pautas: 1. Captar a súa atención do resto dos estímulos que hai no ambiente (ruídos, outras voces, etc.). 2. Proporcionarlle seguridade co noso xesto, coa nosa voz, coa nosa postura fronte a fronte. 3. Utilizar un trato axeitado para unha persoa adulta, non tratala como se fose un/unha neno/a. Iso inclúe evitar palabras, expresións, ou tonalidades de voz que utilizamos cos/as cativos/as. 4. Hai que irlle dicindo en todo momento o que imos facer con el/ela, 23
  21. 21. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar e o que desexamos que el/ela faga, exemplo: ”-queda sentada que veño agora”. 5. Facerlles preguntas sinxelas que teñan unha única resposta para que sexa máis fácil a súa comprensión. 6. Utilizar palabras familiares, frases curtas que simplifiquen as men- saxes. 7. Escoitar o que el/ela lle di. Pode ser difícil entendelo, pero o seu afán de comunicación pode estar presente. 8. Canto máis se deteriora a linguaxe verbal (palabras), máis temos que atender a linguaxe non verbal (xestos, postura, ton da voz). De igual modo, as persoas con demencia fíanse máis deses elementos, que hai que coidalos especialmente. 9. A canle de comunicación do contacto corporal permanece ao longo de toda a existencia. 10. Hai que intentar manter a calma ante situacións imprevistas. Se a persoa con demencia nota o noso nerviosismo, ela tamén se vai pór peor. 11. Non é recomendable facer unhas explicacións complicadas das cousas, xa que poden ser de difícil comprensión para el/ela. 12. Procurar non utilizar expresións tales como, “¿non lembras….?”. 13. Os seus tempos de resposta son lentos. Hai que darlle tempo e oportunidade para que busque esa resposta. 24
  22. 22. Recomendacións para coidar ás persoas maiores ACTITUDES PROFESIONAIS AXEITADAS DE COMUNICACIÓN COAS FA- MILIAS DAS PERSOAS USUARIAS: As familias dos/as usuarios/as, en calquera dos equipamentos da rede de centros de atención ás persoas maiores do Consorcio, son un elemento moi importante, polo tanto, teremos que: I- Expor claramente o esencial que se quere comunicar falando, na medida do posible, diante da persoa usuaria. II- Manter unha actitude de colaboración e confianza con elas, téndoas informadas de canto nos soliciten. III- Comprender os seus sentimentos, se é o caso, de desconfianza, medo, etc, de cara a nós e aos servizos xerontolóxicos. Pensemos que posiblemente sexa debido á novidade que representan estes centros na comunidade. PAUTAS PROFESIONAIS CORRECTAS DE COMUNICACIÓN E TRATO CAS FAMILIAS: As nosas pautas de actuación serán as seguintes: 1. Teremos en conta as súas expectativas en canto aos coidados e atencións que se lles van dar aos seus familiares. Forma parte do seu proceso de delegación de confianza cara a nós e está ben que así sexa. 2. Estaremos atentos ás súas peticións e demandas para consideralas e darlles resposta. 3. Procuraremos a súa participación no centro, especialmente en cantas decisións afecten ao seu familiar. 4. Estableceremos reunións con elas e co equipo do centro, cara a facer unha boa coordinación para o coidado. 25
  23. 23. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar 5. Axudaremos a fortalecer, e nalgúns casos restablecer, as relacións que teñan as persoas usuarias cos seus familiares. 6. O trato con elas debe ser en todo momento de colaboración e apoio. 7. Favoreceremos a expresión dos seus sentimentos cunha comunicación aberta e fluída entre o/a familiar e o persoal técnico do equipo. 8. Consideraremos que o/a familiar ten que pasar sucesivas etapas ata conseguir adaptarse ao feito de ter unha persoa querida coidada por profesionais 9. A familia, como grupo social natural, temos que tela sempre en conta e facela partícipe das nosas actuacións. Na medida do posible, animaráselles a que colaboren nalgunha das actividades que faga o centro. 10. Debemos favorecer a transmisión da información ás familias sobre o seu familiar, as circunstancias de coidado, os seus progresos e as variacións que vaia tendo nun sentido ou noutro. 26
  24. 24. Aspectos a coidar especialmente O PROCESO DE ADAPTACIÓN DO/A USUARIO/A AO CENTRO, E VICEVERSA: 1. O ingreso será máis fácil se, previamente, a persoa potencial usuaria, e a súa familia, teñen visitado o centro e implícanse en todo o relativo o proceso de ingreso. 2. No ingreso dun usuario/a despregaranse atencións de achegamento, presentación paulatina do persoal e do resto dos/as usuarios/as. Li- mitaranse no posible, o primeiro día, as entrevistas de avaliación para non sobrecargar á persoa. 3. Teremos en conta que o feito de sermos profesionais non nos dá dereito a facer preguntas directas e excesivamente persoais cando estamos no comezo dunha relación. 4. Amosar un clima de comunicación aberta e fluída, dando a sensación de seguridade. 5. Nos primeiros días serán para nos de especial coidado e atención: orientando en canto os espazos, persoas e actividades, así como facendo a súa estancia agradable e motivadora. 27
  25. 25. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar ACTUACIÓNS ANTE OS PROBLEMAS DE CONVIVENCIA 1. Como recomendación xeral, hai que manter a calma ante una si- tuación de alteración da orde ou a tranquilidade. 2. Se o problema é entre dous ou máis usuarios/as, temos que coñecer ben do sucedido, indagar sobre cal é o problema para in- tentar mediar. 3. Se a incidencia está causado por unha persoa con demencia (conduta de agresividade, por exemplo), procurar controlar a si- tuación mediante o illamento da persoa do resto do grupo. Levala a un lugar onde poida serenarse. 4. Non berrar, nin facer nada que poida aumentar a confusión, como movementos bruscos, ruídos, etc. 5. Non utilizar medidas restritivas de suxeición que poidan aumentar a súa frustración. 6. Non sentir o seu comportamento como un ataque persoal. 7. Informar ao resto do equipo do incidente e rexistralo no libro de incidencias para planificar posibles actuacións ante o sucedido. 8. Comunicar á familia a incidencia, se procede, para o seu coñece- mento. 28
  26. 26. Recomendacións para coidar ás persoas maiores A SUPERVISIÓN DOS/AS USUARIOS/AS 1. As salas ou zonas comúns sempre permanecerán vixiadas por un profesional do centro. 2. Nos espazos como os baños, deberán supervisarse por causa dos/as usuarios/as que non teñan autonomía para acudiren a eles por si mesmos, ben por cuestións físico-funcionais ou cog- nitivas. 3. De ser o caso, no ascensor evitarase que os/as usuarios/as o utilicen sen persoal, sobre todo aqueles que carezan de mobilidade suficiente ou que teñan deterioro cognitivo. 4. Na distribución das cadeiras de rodas, evitarase o seu amoreamento nas portas de entrada ou saída dunha estancia. 5. Nos dormitorios, caso dun centro residencial, soamente perma- necerán sós os/as residentes que teñan autonomía suficiente para o seu desprazamento. 29
  27. 27. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar O TRABALLO EN GRUPO COAS PERSOAS MAIORES 1. Trataremos de buscar as posibilidades relacionais que teñen as persoas, e de facer de catalizadores que están á procura de producir ou de establecer redes de comunicación entre elas. 2. A participación das persoas maiores foméntase a través dunha actitude positiva dos profesionais, valorando o que cada quen pode e quere dar á comunidade do grupo de usuarios/as dun servizo. 3. Teremos respecto á liberdade dos demais e trataremos de estar á escoita das súas necesidades. 4. O ritmo que establece a persoa maior é distinto do noso, profesionais máis novos que desexamos actividade e que imaxinamos que esta é un ben en si mesma. Non debemos supor unha predisposición a co- laborar de forma continuada. Para a acción é preciso elaborar plans concretos así como deixar espazo para non facer nada. 5. Toda actividade que se faga en grupo con elas deberá ir precedida por asegurar un clima afectivo de achegamento e confianza. 6. Os grupos son unha forma privilexiada de traballo. En eles buscarase ás veces a homoxeneidade nas súas características e, noutras ocasións, a heteroxeneidade do grupo achegará unha maior riqueza e posibilidades de aprendizaxe. 30
  28. 28. Recomendacións para coidar ás persoas maiores A PREVENCIÓN DO MALTRATO NAS PERSOAS MAIORES: A dimensión preventiva dos malos tratos a persoas maiores implícanos a todos/as os/as profesionais e a toda a estrutura social. As frontes dun programa preventivo son a información e a formación, así como unhas políticas de planificación de atención xerontolóxica axeitadas. Dentro da formación dos/as profesionais, débese favorecer: • O coñecemento das necesidades específicas das persoas maiores e, especialmente, daquelas que teñan unha situación de dependencia. • A concienciación de que os malos tratos a persoas maiores son unha realidade e que o seu descoñecemento entorpece a prevención. • Considerar os malos tratos como un tema prioritario no que actuar; desenvolvendo programas que fomenten as relacións sociais dos maiores, os encontros interxeracionais e que favorezan o cambio de estereotipos, etc. • Apoiar ás familias coidadoras, especialmente a aquelas que teñan si- tuacións de sobrecarga, xa que a dependencia e o deterioro nas relacións familiares son dous factores relacionados co risco de malos tratos. Nunha institución ou equipamento, serán probas de malos tratos, entre outras, as seguintes actuacións: 1. Uso de psicofármacos fóra da pauta médica prevista. 2. Utilización de medidas de contención física sen prescrición médica nin revisión. 31
  29. 29. ÁREA DE BENESTAR Departamento de Xerontoloxía Consorcio Galego de Sevizos de Igualdade e Benestar 3. Non axeitada atención ás súas necesidades. 4. Utilización innecesaria de medidas que aumentan a dependencia: uso de cadeiras de rodas, cueiros, dar de comer, vestir á persoa por ir máis rápido, etc. 5. Despersonalización na asistencia: non coñecer os seus nomes, tratalos a todos igual, etc. 6. Infantilización no trato ou utilización de expresións vexatorias. 7. Escaso coidado en respectar a intimidade da persoa. 8. Rixidez nas normas e horarios do centros, en canto ás visitas, comida, descanso, etc. 9. Dispor das pertenzas persoais da persoa maior sen o seu consentimento: cartos, roupa, obxectos, etc. En relación ao que poidan ser as actuacións dos familiares ou do/a coidador/a principal, teremos que estar alerta a algún dos seguintes indicadores de sospeita de malos tratos: 1. Retraso en acudir aos servizos sociais ou aos servizos de saúde. 2. Antecedentes de fracturas, lesións, infeccións urinarias ou episodios de insuficiencia cardíaca frecuentes. 3. “Propensión” a ter accidentes na casa. 4. Descoñecemento ou non seguimento da pauta farmacolóxica. 5. Sobredose de psicofármacos. 6. Uso frecuente de servizos de urxencias. 32
  30. 30. Recomendacións para coidar ás persoas maiores 7. Falta de colaboración do/a coidador/a co centro. 8. Manifestacións de confusión, temor, ansiedade da persoa maior ante a presenza deste/a. 9. Aspecto da persoa maior descoidado, con roupa inadecuada, sucio, con mal olor. 10. Signos de desnutrición ou deshidratación. 11. Abandono da persoa maior con dependencia, por espazos de tempo longo no seu domicilio. 33
  31. 31. Epílogo a un manual para coidar a toda unha vida axeitadamente, debemos • Se queremos tratar ás persoas maiores os deles. O modelo comezar por revisar a imaxe que tem estereotipo negativo, é deficitario do avellentamento e o seu as ideas sociais creadas un modelo social creado que prexudica o respecto. atractivas, atraentes, • As persoas maiores precisan resultar máis novas. Nas nosas queridas, tanto ou máis que as persoas iso repercuta no seu mans está facer que se sintan así, e que n. estado de ánimo e na súa revitalizació 35

×