Paixón do señor.a. mt 27

590 views

Published on

De Andrés García Vilariño

Published in: Spiritual
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
590
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
3
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Paixón do señor.a. mt 27

1. 1. Paixón do Señor Mateo 27, 11-54 Automático – Son
2. 2.

Naquel tempo, compareceu Xesús diante do gobernador, que lle preguntou:

‑ ¿Es ti o rei dos xudeus?

Xesús contestou:

‑ Ti o dis

3. 3.

E aos cargos que lle facían os sumos sacerdotes

e mailos senadores, non respondeu nada.

4. 4.

Entón preguntoulle Pilato:

‑ ¿Seica non oes todo o que están testemuñando contra ti?

Pero non respondeu a pregunta ningunha, deixando ao gobernador moi estrañado.

5. 5.

Resulta que pola festa tiña o costume de ceibar o preso que a xente lle pedise. Tiñan daquela un preso de moita sona chamado Barrabás.

Barrabás
6. 6.

Pilato dirixiuse ao pobo reunido:

‑ ¿A quen queredes que vos solte, a Barrabás ou a Xesús, chamado o Cristo?

Pois el ben sabía que llo entregaran por envexa.

Barrabás
7. 7. Mentres estaba sentado no tribunal, a súa muller mandoulle a dicir: ‑ Deixa en paz a ese xusto, que hoxe sufrín moito en soños por cousa del.
8. 8.

Pero os sumos sacerdotes e mais os anciáns persuadiron á xente, para que reclamasen a Barrabás e acabasen con Xesús.

9. 9.

O gobernador insistiu:

‑ ¿A quen queredes que vos libere?

Eles dixeron:

‑ A Barrabás.

10. 10.

Díxolles Pilato:

‑ ¿E que fago eu con Xesús, chamado o Cristo?

E responderon todos:

‑ ¡Que o crucifiquen!

11. 11.

El replicou:

‑ Pero, ¿que mal fixo?

Pero eles berraban máis forte dicindo:

‑ ¡Que o crucifiquen!

12. 12.

Vendo Pilato que non conseguía nada, senón que, pola contra, o barullo ía a máis, tomou auga e lavou as mans diante de todos dicindo:

‑ Alá vós, eu non son responsable deste sangue.

13. 13.

Todo o pobo respondeu dicindo:

‑ Pois que recaia o seu sangue sobre nós e sobre os nosos fillos.

Entón soltoulles a Barrabás, e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.

14. 14.

Os soldados do gobernador levaron a Xesús ao Pretorio, e reuniron toda a compañía. Espírono, botáronlle enriba un manto escarlata; e, trenzando unha coroa de espiños, puxéronlla na cabeza, e na man dereita unha cana.

15. 15.

Axeonllándose diante del, dicíanlle moqueándose:

‑ ¡Saúde, rei dos xudeus!

Cuspíanlle e coa canivela dábanlle vergallazos na cabeza.

16. 16. Ao saíren atoparon un home de Cirene, chamado Simón; e obrigárono a levar a cruz de Xesús.
17. 17.

Despois de faceren riso del, quitáronlle o manto e puxéronlle a súa roupa e quitárono para fóra para o crucificar.

18. 18.

Cando chegaron a un lugar chamado Gólgota, é dicir, lugar da Caveira, a Xesús déronlle de beber viño mesturado con fel; el probouno, pero non o quixo beber.

19. 19.

Despois de que o crucificaron, repartiron os seus vestidos botándoos a sorteo e, estando alí sentados, vixiábano.

20. 20.

Enriba da súa cabeza puxeron escrito o motivo da súa condena: "Este é Xesús, o Rei dos Xudeus".

21. 21.

Crucificaron tamén con el dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda.

Os que pasaban por alí insultábano, abaneando a cabeza…

22. 22.

… e dicindo:

‑ Ti que destrúes o templo e o reconstrúes en tres días, sálvate e ti mesmo;

se es Fillo de Deus, baixa da cruz.

23. 23.

Do mesmo xeito, os sumos sacerdotes, cos letrados e cos senadores, burlándose del dicíanlle:

24. 24.

‑ “ Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo. É rei de Israel; que baixe agora de cruz e creremos nel. “

25. 25.

“ Confía en Deus; pois que Deus o salve agora, se tanto lle quere, xa que dixo: "Son Fillo de Deus".

Tamén o aldraxaban os bandidos que estaban crucificados con el.

26. 26.

Desde o mediodía, a escuridade cubriu toda aquela terra ata as tres da tarde.

E ao redor desta hora, clamou Xesús e, con voz resoante, dixo:

27. 27.

‑ Elí, Elí, ¿lemá sabactaní?

Isto é: "Meu Deus, meu Deus, ¿por que me abandonaches?"

28. 28.

Algúns dos que estaban alí oíron e comentaban:

‑ Ese está chamando por Elías.

29. 29.

Inmediatamente un deles foi correndo coller unha esponxa, enchoupouna de vinagre, espetouna nunha cana, e dáballe de beber.

Pero os demais dicían: ‑ Deixa, a ver se vén Elías salvalo.
30. 30.

Logo Xesús, clamando outra vez con voz resoante, entregou o espírito.

31. 31.

Entón o veo do Santuario rachou en dous de arriba abaixo. Tremeu a terra, as rochas fenderon, e abríronse os sepulcros.

32. 32.

Moitos corpos dos santos que estaban mortos resucitaron. E despois que el resucitou saíron dos sepulcros, entraron na cidade santa e aparecéronselles a moitos.

33. 33.

O centurión e mailos que con el gardaban a Xesús, vendo o terremoto e todo o que pasaba, dixeron aterrados:

34. 34. Verdadeiramente este era o Fillo de Deus.