Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

San xosé festa 19 marzo

928 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

San xosé festa 19 marzo

  1. 1. Presenta: Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga ) Múscka:Yanni-In The Morning Light Presentación: B. Areskurrinaga HC SAN XOSÉ ESPOSO DE MARÍA E PAI DE XESÚS 19 de marzo de 2010 Mateu 1,16.18-21.24a Clic
  2. 2. -O anxo do Señor dille a Xosé: «Xosé..., non teñas reparo en tomar como esposa a María; a criatura súa vén do Espírito Santo» (Mt 1,20).
  3. 3. -Xosé! Quen e que é este home a quen adoitaron presentarnos coma un vello? Cal é o seu cometido na familia de Nazaré? Cal en relación con María? E cal no nacemento de Xesús? Xosé, esposo de María, pai de Xesús, continúa no mundo de hoxe sendo compañeiro de María, sendo procreador de Xesús.
  4. 4. O dito polo anxo a Xosé, pódenos axudar a entender esta frase de Xoán Paulo II: «A Natividade [de Xesús] puxo á vista o sentido profundo da natividade de todo ser humano» (EV 1). Á inversa, estas palabras pódennos axudar a entender o dito polo anxo.
  5. 5. .- Con esa frase, Xoán Paulo dános unha nova clave para entender o nacemento de Xesús. Á vez, tamén para entender a Xosé. Para subliñar a diferenza con respecto a todos os demais, para recalcar o extraordinario do mesmo, o nacemento de Xesús amosáronno como diferente ao noso. Con todo, Xoán Paulo, con esa frase, amósanolo dunha forma nova. Os dous como parecidos.
  6. 6. -A través do nacemento de Xesús, todo nacemento humano maniféstasenos como extraordinario. Xoán Paulo invítanos, non a opoñer o nacemento de Xesús ao noso, senón a ver todos os demais nacemento á luz do de Xesús: O Espírito toma parte no noso nacemento, da mesma forma que tomou no de Xesús.
  7. 7. - Por iso engade isto Xoán Paulo: a alegría que sentimos polo nacemento de Xesús inclínanos a sentila polo nacemento de todos os demais humanos (cf. EV 1)
  8. 8. - A preocupación que lle xorde a Xosé polo dito polo anxo, non se refire a se debe seguir ou non coa súa prometida, senón á súa propia relación coa criatura que está a punto de nacer e a súa misión en relación a Xesús.
  9. 9. - Diríase que o seu sentido relixioso da xustiza lle pedía a Xosé que se retirara daquel asunto; que lle pedía que non tomase parte en todo aquilo; precisamente, para non atribuírse ningún mérito no que era cousa propia do Espírito; que non pretendese ser seu o que era de Deus.
  10. 10. - Pero Deus revélalle que ten necesidade del, de Xosé; como se lle dixese: «Aínda que é verdade que o Espírito vai intervir no nacemento, a ti correspóndeche impoñerlle o nome». Na Biblia, o impoñer o nome é algo máis que un acto burocrático .
  11. 11. - Mateo ten en mente unha realidade máis profunda que unha participación puramente fisiolóxica...; quere dar a entender que toda criatura humana vén do Espírito; que toda paternidade e maternidade implica deixar ver a Deus en toda criatura acabada de nacer.
  12. 12. - A unión do varón e da muller manifesta que o froito do seu acto é algo máis que esa criatura visible: fai ademais que Emmanuel, o «Deus connosco», se revele no mundo; fai ver a Deus mesmo.
  13. 13. - Este versículo de Mateu entendeuse erroneamente: entendeuse como se a acción do Espírito fose en contra das relacións matrimoniais. A verdade, en cambio, é outra: o alento do Espírito vivifica toda procreación. Todo nacemento humano é acción do Espírito, dalgunha maneira. A persoa humana e o Espírito: os dous toman parte na procreación. No nacemento de Xesús e no de todo ser humano.
  14. 14. - Segundo isto, o anxo dille a Xosé: « Non deixes de recibir a María na casa. Non penses, que, polo feito de que o Espírito toma parte na procreación, a túa acción é inútil. Non te afastes polo feito de que Deus vai realizar unha marabilla na túa familia. Ti e o Espírito non sodes contrincantes.
  15. 15. - Nesta festa de Xosé paga a pena recordar estas palabras do Cardeal Lehman: « Nin fabricamos os fillos e fillas, nin os trae unha cegoña. Facemos os fillos e fillas que Deus nos dá e Deus dá os fillos e as fillas que facemos nós ».
  16. 16. - «Cando Deus se revela, o home ten que someterse coa fe. Pola fe o home entrégase enteira e libremente a Deus, ofrécelle a homenaxe total do seu entendemento e vontade, asintindo libremente ao que Deus revela» (Dei Verbum 5).
  17. 17. San Xosé, sé o noso compañeiro para que poidamos vivir a fe.
  18. 18. Presenta: Texto: D. Amundarain (tomado de Xoán Masiá, incluída a súa cita de Radermakers, esexeta belga)

×