Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
Loading in …3
×
1 of 13

Que fai deus na cruz

0

Share

Download to read offline

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Que fai deus na cruz

  1. 1. Música:Luz que vence la sombra-Present: José Antonio Pagola
  2. 2. Segundo o relato evanxélico, os que pasaban ante Xesús crucificado sobre a colina do Gólgota burlábanse del e, rindo da súa impotencia, dicíanlle: «Se es Fillo de Deus, baixa da cruz».
  3. 3. Xesús non responde á provocación. A súa resposta é un silencio cargado de misterio. Precisamente porque é Fillo de Deus permanecerá na cruz ata a súa morte.
  4. 4. As preguntas son inevitables Como é posible crer nun Deus crucificado polos homes? ta m os dicindo? o s do que es Decatámon Que fai Deus nunha cruz? Como pode subsistir unha relixión fundada nunha concepción tan absurda de Deus?
  5. 5. Un "Deus crucificado" constitúe unha revolución e un escándalo que nos obriga a cuestionar todas as ideas que os humanos nos facemos dun Deus ao que supostamente coñecemos.
  6. 6. O Crucificado non ten o rostro nin os trazos que as relixións atribúen ao Ser Supremo.
  7. 7. O "Deus crucificado" non é un ser omnipotente e maxestoso, inmutable e feliz, alleo ao sufrimento dos humanos, senón un Deus impotente e humillado que sofre connosco a dor, a angustia e ata a mesma morte.
  8. 8. Coa Cruz, ou acaba a nosa fe en Deus, ou nos abrimos a unha comprensión nova e sorprendente dun Deus que, encarnado no noso sufrimento, nos ama de manera incrible.
  9. 9. Ante o Crucificado empezamos a intuír que Deus, no seu último misterio, é alguén que sofre connosco. A nosa miseria aféctalle. O noso sufrimento salpícao. Non existe un Deus cuxa vida transcorre, por dicilo así, á marxe das nosas penas, bágoas e desgrazas. El está en todos os calvarios do noso mundo.
  10. 10. Este "Deus crucificado" non permite unha fe frívola e egoísta nun Deus omnipotente ao servizo dos nosos caprichos e pretensións. Este Deus ponnos mirando cara ao sufrimento, o abandono e o desamparo de tantas vítimas da injustiza e das desgrazas. Con este Deus encontrámonos cando nos acercamos ao sufrimento de calquera crucificado.
  11. 11. Os cristiáns seguimos dando toda clase de rodeos para non atoparnos co "Deus crucificado". Aprendemos, incluso, a erguer a nosa mirada cara á Cruz do Señor, desviándoa dos crucificados que están ante os nosos ollos.
  12. 12. Con todo, a maneira máis auténtica de celebrara a Paixón do Señor é avivecer a nosa compaixón. Sen isto, dilúese a nosa fe no "Deus crucificado" e ábrese a porta a toda clase de manipulacións.
  13. 13. Que o noso bico ao Crucificado nos poña sempre mirando cara aos que, cerca o lonxe de nós, viven sufrindo.

×