Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pv outubro 2012

369 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pv outubro 2012

  1. 1. Palabra de VidaOutubro 2012
  2. 2. «Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).
  3. 3. Cando Xesús acabou de ensinar, sentado na barca,díxolle a Pedro: Voga lago adentro, e larga o aparello para pescar.E Simón, a pesar de afirmar que estivera faenando toda a noite sen dar collidoun rabo de peixe, engadiu: «Xa que Ti o dis, largarei o aparello».
  4. 4. E facéndoo, colleron tal cantidade de peixe que o aparello rebentaba. Fixéronlles entón acenos aos compañeiros da outralancha para que lles fosen botar unha man. Foron e encheron as dúas lanchas tanto, que a pouco máis, van a pique.
  5. 5. Simón, moi sorprendido, como o estaban Santiago e Xoán, os seus compañeiros, botouse aos pés de Xesús, dicíndolle: Señor, arreda de min, que eu son un pecador.
  6. 6. Pero Xesús díxolle:Tranquilo, desde agora vas ser pescador de homes. E desde aquel instre, Simón, Santiago eXoán convertéronse nos seus discípulos.
  7. 7. Este é o relato da pesca milagrosa, que simboliza a futura misión dosapóstolos. O comportamento de Pedro serve de modelo non só para os outros apóstolos e para os que os sucederon, senón tamén para cada cristián.
  8. 8. «Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).
  9. 9. Despois dunha noite infrutuosa, Pedro, experto en pesca, podería tersorrido e negarse a aceptar a invitación de Xesús a largar o aparello dedía, momento menos propicio. En troques, máis alá do seu razoamento, fiouse de Xesús.
  10. 10. Esta é unha situación típica pola cal, hoxe tamén está chamado a pasartodo crente, precisamente porque é crente. De feito, a súa fe ponse a proba de mil maneiras.
  11. 11. Seguir a Cristo significa decisión, compromiso e perseveranza, mentres que neste mundo no que vivimos todo parece invitar á relaxación,á mediocridade, ao “deixar pasar”. A tarefa parece demasiado grande, imposible de alcanzar e fracasada anticipadamente.
  12. 12. Necesítase entón forza para ir adiante, para resistir o ambiente,o contexto social, os amigos, os medius de comunicación. É unha proba dura de combater día tras día, ou mellor, hora tras hora.
  13. 13. Pero se a afrontamos e a aceptamos, servirá para facernos madurar como cristiáns, para facernos experimentar que as extraordinarias palabras de Xesús son verdadeiras, que as súas promesas se cumpren, que se podeenprender na vida unha aventura divina mil veces máis fascinante que cantas poidamos imaxinar, na que podemos ser testemuñas, por exemplo, de que mentres no mundo a miúdo a vida é tan desganada, monótona e infrutuosa, Deus ateiga de bens aos que o seguen: dá o céntuplo nesta vida, ademais da vida eterna. Esta é a pesca milagrosa que se renova.
  14. 14. «Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5).
  15. 15. Como poñer en práctica entón esta Palabra?
  16. 16. Facendo nós tamén a mesma elección que Pedro: «Xa que Ti o dis...»Ter confianza na súa Palabra; non poñer en dúbida o que El pide. Máisaínda: apoiar o noso comportamento, a nosa actividade, a nosa vida na súa Palabra.
  17. 17. Así basearemos a nosa existencia no máis sólido e seguro que hai, e contemplaremos, con asombro que, precisamente alí onde calquerarecurso humano mingua, El intervén, e que alí onde é humanamente imposible, nace a vida.
  18. 18. «Xa que Ti o dis, largarei o aparello» (Lc 5, 5). “Palabra de Vida”, “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1983Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 96 linguas e idiomas,incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet. Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española no número correspondente a outubro 2012, onde tamén se encontrarán experiencias e outros artigos de interese sobre a espiritualidade da unidade.

×