Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pv marzo 2012

529 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pv marzo 2012

  1. 1. Palabra de Vida Marzo 2012
  2. 2. « Señor, onda quen imos ir?Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  3. 3. Á multitude que acudía a El, Xesús faláballes do Reino de Deus.Facíao con palabras sinxelas, mediante parábolas tomadas da vida cotiá; e aínda así, as súas palabras tiñan un atractivo moi especial. A xente quedaba impactada pola súa ensinanza porque ensinaba como alguén que ten autoridade, non como os escribas.
  4. 4. Incluso os gardas que foron arrestalo, cando os sumos sacerdotes e os fariseos lles preguntaron por que non tiñan executado as ordes, responderon: «Ninguén falou xamais coma este home».
  5. 5. O Evanxeo de Xoánrefire coloquios luminosos con algunhas persoas,como Nicodemo ou a samaritana.
  6. 6. Cos seus apóstolos Xesús profundiza aínda máis: fala abertamente do Pai e das cousas do Ceo sen recorrer xa asímiles. Conquistados polas súas palabras, non dan marcha atrás nin sequera cando non as comprenden totalmente ou cando estas parecen demasiado esixentes.
  7. 7. «Esta ensinanza é inadmisible», dixéronlle algúns discípuloscando oíron que lles ía dar a comer o seu cuerpo e a beber o seu sangue.
  8. 8. Vendo que os discípulos se botaban atrás e xa non ían conEl, Xesús preguntoulles aos doce apóstolos: «Tamén vosoutros queredes deixarme?»Pedro, cativado xa para sempre e fascinado polas palabras que lleoíra pronunciar desde o día en que o coñeceu, respondeulle no nome de todos:
  9. 9. «Señor, onda quen imos ir?Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  10. 10. Pedro comprendera que as palabras do seu Mestre eran diferentes ás dos demais mestres. Aspalabras que proceden da terra, son da terra e teñen na terra o seu destino.
  11. 11. As palabras de Xesús son espíritu e vida porque veñen do Ceo, son unha luz que descende do Alto e ten o poder do Alto. Posúen unha riqueza e unha profundidade que asdemais palabras non teñen, xa sexan de filósofos, de políticos, ou de poetas. Son palabras de «vida eterna» porque conteñen, expresan e comunican a plenitude dunha vida que non ten fin porque é a mesma vida de Deus.
  12. 12. Xesús resucitou e está vivo. Aínda que pronunciou as súas palabras hai tempo, non son un simple recordo, senónpalabras que hoxe nos dirixe a todos nós e a cada persoade calquera tempo e cultura: palabras universais, eternas.
  13. 13. As palabras de Xesús! Deberon de ser a súa maior obra dearte, por así dicilo. O Verbo falando en palabras humanas... Que contido, que intensidade, que acento, que voz!
  14. 14. Conta, por exemplo, san Basilio o Grande: «Un día, como espertándome dunlongo soño, mirei a luz marabillosa daverdade do Evanxeo e descubrín a vaidade da sabedoría dos príncipes deste mundo».
  15. 15. E Tareixa de Lisieuxescribe nunha carta do 9 de maio de 1897: «Ás veces, cando leo certos tratados espirituais..., o meu pobre espírito fatígase moi axiña, pecho o douto libro que me quebra a cabeza eme deseca o corazón e tomo nas miñas mans a Sagrada Escritura. Daquela todo me parece luminoso, unha soapalabra abre na miña alma horizontes infinitos, a perfección paréceme fácil».
  16. 16. Si, as palabras divinas sacian o espírito, feito para o infinito; iluminan interiormente non só a mente senón todo o ser, porque son luz, amor e vida. Dan a paz ‑ a que Xesús chama súa: «A miña paz» ‑ incluso nos momentos de turbación e de angustia.
  17. 17. Dan alegría plena incluso no medio da dor que a vecesatenaza a alma. Dan forza, sobre todo cando sobreveñen o abatemento ou o desánimo. Fannos libres porque abren o camino da Verdade.
  18. 18. «Señor, onda quen imos ir?Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68).
  19. 19. A Palabra deste meslémbranos que o único Mestre ao que queremos seguir é Xesús, aínda que as súas palabras poidan parecer duras ou demasiado esixentes: ser honestos notraballo, perdoar, poñerse ao servizo do outro en lugar de pensar egoistamente nun mesmo, permanecer fieis na vida familiar, asistir a un enfermo terminal sen ceder á idea da eutanasia...
  20. 20. Hai moitos mestres que nos incitan a solucións fáciles, acompoñendas. Queremos escoitar o único mestre e seguilo porque só El di a verdade e as súas palabras «dan vida eterna». Así poderemos repetir nós tamén as palabras de Pedro.
  21. 21. Neste tempo de Coresma no que nos preparamosá gran festa da Resurrección, debemos seguir de verdade a ensinanza do único Mestre e facernos discípulos seus.
  22. 22. Tamén en nós debe nacer un amor apaixonado pola palabra de Deus:acollámola atentamente cando seproclame nas igrexas, leámola, estudiémola, meditémola...
  23. 23. Pero sobre todo estamos chamadosa vivila tal como ensina a Escritura mesma: «que poñades enpráctica esa palabra enon simplemente que aoiades, enganándovos a vós mesmos». Por iso cada mes fixámonos nunha en particular edeixamos que penetre en nós, que nos moldee, que “nos viva".
  24. 24. Ao vivir unha palabra de Xesús vivimos todo o Evanxeo, porque en cada palabra súa El se dá completamente, vén El mesmo a vivir en nós. É como unha pinga de sabedoría divina do Resucitado quelentamente penetra e substitúe o noso modo de pensar, de querer e de obrar en todas as circunstancias da vida.
  25. 25. «Señor, onda quen imos ir? Ti tes palabras de vida eterna» (Xn 6,68). “Palabra de Vida”, Texto de: Chiara Lubich, publicado en marzo de 2003.Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas,incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, televisión e internet.
  26. 26. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostelapara o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uníndose á diocese, é “A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”: “Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! e así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así nos evanxelizaremos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). GRAZAS.

×