Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Potencia de 10

431 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Potencia de 10

  1. 1. . Aumentando o ZOOM POTENCIA DE 10 DO MICRO AO MACROCOSMOS
  2. 2. Imos facer un paseo viaxando a alta velocidade, saltando distancias en múltiplos de 10. Comezamos con 10 0 equivalente a 1 metro, aumentando proporcións en múltiplos de 10 ou sexa, 10 1 (10 metros), 10 2 (10x10 = 100 metros, 10 3 (10x10x10 = 1.000 metros), 10 4 (10x10x10x10 = 10.000 metros), sucesivamente, ata o límite da nosa imaxinación, en dirección ao macrocosmos. Despois imos retornar, máis rápido aínda, ata o punto de partida e iniciar unha viaxe inversa, ou sexa, diminuír as distancias recorridas en proporcións múltiplos de 10, cara a dentro da materia, do microcosmos. Observa a constancia das leis do universo e reflexiona sobre cómo o ser humano aínda ten moito que aprender...
  3. 3. Boa viaxe!
  4. 4. Distancia ata unha rama de follas, co brazo estirado... 10 0 1 metro
  5. 5. Comezamos a nosa viaxe “cara a arriba” apartándonos da orixe... xa podemos ver a follaxe. 10 1 10 metros
  6. 6. A esta distancia xa podemos ver a forestación ben definida, un anaco do lago e as edificacións 10 2 100 metros
  7. 7. Agora pasamos de metros a km... Xa é posible saltar en paracaídas... 10 3 1 km
  8. 8. A cidade pode ser observada desde arriba. Os grupos de casas xa non poden ser vistas. 10 4 10 km
  9. 9. A esta altura, o Estado de Florida - USA, pode ser visto por completo... 10 5 100 km
  10. 10. Vista desde un satélite 10 6 1.000 km
  11. 11. O hemisferio Norte da Terra, pódese ver parte do hemisferio Sur. 10 7 10.000 km
  12. 12. ATerra comeza a verse pequena... 10 8 100.000 km
  13. 13. Pode notarse a órbita da Lúa arredor da Terra. 10 9 1 millón de km
  14. 14. Parte da órbita da Terra en azul 10 10 10 Millóns de km
  15. 15. 10 11 100 millóns de km Órbitas de: Venus, Terra e Marte.
  16. 16. Órbitas de: Mercurio, Venus, Terra, Marte e Xúpiter. 10 12 1 billón de km
  17. 17. A esta “altura” da nosa viaxe podemos observar todo o Sistema Solar e a órbita dos seus planetas. 10 13 10 billóns de km
  18. 18. 10 14 100 Billóns de km O Sistema Solar comeza a desaparecer no medio do universo...
  19. 19. O Sol pasa a ser unha pequena estrela no medio doutras miles... 10 15 1 trillón de km
  20. 20. Aquí arribamos a outra grandeza... O “ano-luz” A “estrela Sol” aparece moi pequena. 10 16 1 ano-luz
  21. 21. Aquí só vemos estrelas no infinito... 10 17 10 anos-luz
  22. 22. “ Nada”. Só estrelas e nebulosas 10 18 100 anos-luz
  23. 23. 10 19 1.000 anos-luz A esta distancia as estrelas parecen fundirse. Estamos viaxando pola Vía-Láctea, a nosa galaxia.
  24. 24. Continuamos a nosa viaxe dentro da Vía-Láctea. 10 20 10.000 anos-luz
  25. 25. Ahora chegamos á periferia da nosa Vía-Láctea 10 21 100.000 anos-luz
  26. 26. Desde esta inmensa distancia podemos ver toda a Vía-Láctea e tamén outras galaxias... 10 22 1 millón de anos-luz
  27. 27. Desde esta tremenda distancia da orixe, as galaxias parecen pequenos conglomerados e, entre elas, inmensos “espazos baleiros”. Por todas partes é a mesma lei rexendo todos os corpos do universo. Poderiamos continuar viaxando “cara a arriba” coa nosa imaxinación, pero, agora, imos volver “á casa” rapidamente... 10 23 - 10 millóns de anos-luz
  28. 28. 10 22
  29. 29. 10 21
  30. 30. 10 20
  31. 31. 10 19
  32. 32. 10 18
  33. 33. 10 17
  34. 34. 10 16
  35. 35. 10 15
  36. 36. 10 14
  37. 37. 10 13
  38. 38. 10 12
  39. 39. 10 11
  40. 40. 10 10
  41. 41. 10 9
  42. 42. 10 8 Agora imos diminuír a velocidade novamente. Podemos ver outra vez a nosa querida Terra.
  43. 43. 10 7 Toda a epopea da raza humana foi vivida neste planeta azul...
  44. 44. 10 6 Por máis que viaxemos “cara a arriba”, todo estaba xa regulado por leis idénticas
  45. 45. 10 5 O planeta Terra só é unha insignificancia na inmensidade espacial...
  46. 46. 10 4 Preguntas que veñen á nosa mente ... Quen somos? Para onde imos? De onde vimos?
  47. 47. 10 3 Ou... que representamos para o Universo?
  48. 48. 10 2 Nesta viaxe “cara a arriba” fomos á 23ª potencia de 10
  49. 49. 10 1 Agora imos escudriñar na materia, unha viaxe inversa...
  50. 50. Chegamos ao punto inicial. Podemos alcanzar as follas estirando o brazo... 10 0
  51. 51. Arrimándonos a 10 cm podemos delinear una folla da rama. 10 -1 10 Centímetros
  52. 52. A esta distancia é posible observar as primeiras estruturas da folla. 10 -2 1 Centímetro
  53. 53. As estruturas celulares comezan a aparecer... 10 -3 1 Milímetro
  54. 54. A células defínense. Pódese ver a unión entre elas. 10 -4 100 micróns
  55. 55. Comeza a nosa viaxe ao interior da célula ... 10 -5 10 micróns
  56. 56. O núcleo da célula xa é visible. 10 -6 1 micrón
  57. 57. Novamente cambia a unidade de medida para adaptarse ao minúsculo tamaño. Aparecen os cromosomas. 10 -7 1.000 Angstrons
  58. 58. Neste micro universo a cadea de ADN pode ser visualizada. 10 -8 100 Angstrons
  59. 59. Os bloques cromosómicos poden ser estudados. 10 -9 10 Angstrons
  60. 60. Aparecen as nubes de electróns do átomo de carbono. Todo no noso mundo está creado. Pódese notar a semellanza do micro co macrocosmos... 10 -10 1 Angstron
  61. 61. Neste mundo en miniatura podemos observar os electróns no campo do átomo. 10 -11 10 picómetros
  62. 62. Un inmenso espazo baleiro entre o núcleo e as órbitas de electróns. 10 -12 1 Picómetro
  63. 63. Neste incrible e minúsculo tamaño comezamos a “observar” o núcleo do átomo, así de pequeno. 10 -13 100 Fentómetros
  64. 64. Agora temos o núcleo dun átomo de carbono ben en fronte! 10 -14 10 Fentómetros
  65. 65. Aquí xa estamos no campo da imaxinación científica... cara a cara cun Protón. 10 -15 1 Fentómetro
  66. 66. Examinando as partículas ‘quark’. No hai máis para onde ir... Cando menos co coñecemento actual da ciencia. É o límite da materia... 10 -16 100 Atómetros
  67. 67. E agora? Ud. considérase o centro do universo? Un gran ser da Creación? Que haberá despois destes límites? Hai límites? Nota que “cara a abaixo” só conseguimos ir ata a 16ª potencia de 10 e chegamos aos límites da materia... pero “cara a arriba” fomos ata a 23ª potencia de 10 e paramos... pero poderiamos continuar a nosa viaxe polo universo sen límite da nosa imaxinación! Entón? Onde di que estamos sós no universo?
  68. 68. FIN

×