Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Para un nadal diferente

555 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Para un nadal diferente

  1. 1. Un Nadal diferente
  2. 2. Invítote a celebrar un Nadal distinto, con algo máis de conciencia de, que en Nadal, Xesús é quen cumpre anos e loxicamente todos queremos honrar ao Homenaxeado, pero o certo é que sendo o Aniversario de Xesús, agasallámonos entre nós soamente. Hoxe quero que xunto a esta experiencia, vivas o Evanxeo e direiche cómo facelo.
  3. 3. Cando saias de compras para eses regalos que irán debaixo da árbore, dispoñerás dunhas moedas máis para mercar un regalo extra, ese regalo tamén irá debaixo da árbore pero a etiqueta ou tarxeta dirá, “Para Xesús que vive en Ti”, só iso dirá, non importa o que conteña o regalo.
  4. 4. Se a túa economía é boa, mercarás un xoguete ou unha prenda de vestir nova, se a túa economía é pequena, mercarás uns doces soamente, non importa o valor do que hai no interior, o valor estará na etiqueta ou tarxeta que poñerás externamente.
  5. 5. Cando teñas ese paquetiño listo, poñeralo debaixo da árbore de Nadal, e o día en que se repartan os regalos a todos, o único que deberá quedar debaixo da árbore será o de Xesús, porque é para El. A partir do día 26 levarás no bolso ou maletín ese regalo contigo ou deixaralo na túa casa, esperando a que Xesús o veña retirar, iso o elixes ti
  6. 6. Seguramente neses días, alguén, algún pequeno, algunha persoa con carencias, alguén que necesita, te dirá que o axudes. Ese é Xesús que vén buscar o seu regalo. Dállo, pero sobretodo que a tarxeta ou etiqueta estea no presente. Entón esa persoa lerá o que ti escribiches: “Para Xesús que vive en Ti”.
  7. 7. Podo asegurar que te emocionarás, e esa persoa, que Deus puxo no teu camiño, xamais esquecerá o que alí lerá e por sempre lle quedará na súa alma. Entón alí se terá cumprido o Evanxeo "Todo o que fagas ao máis pequeno, a Min mo fas".
  8. 8. Xuntos fagamos que este Nadal nos deixe unha ensinanza na alma. Sei que todos teñen problemas económicos, cando menos a gran maioría, pero un doce... non fará máis pobre a ninguén de nós e asegúrolles que será o doce máis doce do mundo.
  9. 9. Reenvía esta mensaxe, quizais a alguén lle faga ben recibilo e poñelo en práctica. Se somos 1,000,000 de almas facendo isto, daremos 1,000,000 de regalos a Xesús, qué tal? Un só non pode facelo todo, pero todos podemos facer feliz a Xesús en cada home e muller da terra.
  10. 10. Gloria a Deus nas alturas, e na terra paz aos que gozan da súa boa vontade. Lucas 2:14

×