Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Pantalóns mollados

419 views

Published on

En galego

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Pantalóns mollados

  1. 1.          Un neno de nove anos está sentado no seu pupitre e, de repente, hai un charco aos seus pés e a parte de diante dos seus pantalóns está mollada. Pantalóns mollados.
  2. 2. Pensa que o seu corazón se vai deter porque non pode imaxinarse como isto puido ter sucedido. Nunca antes lle pasara. E sabe que cando os nenos se dean conta non haberá final. Cando as nenas se decaten, non volverán falarlle mentres viva...
  3. 3. O neno pensa que o su corazón se vai deter; agacha a cabeza e di esta oración: “Querido Deus, esta é unha emerxencia! Necesito axuda agora! Dentro de cinco minutos estou morto”.
  4. 4. Ao erguer a cabeza despois da súa oración ve vir á mestra cunha mirada que di que foi descuberto.
  5. 5. Mentras a profesora camiña cara a el, unha compañeira de nome Susana vai cargando un peixe dourado nun acuario cheo de auga. Susana tropeza fronte á profesora e inexplicablemente derrama toda a auga no regazo do rapaz.
  6. 6. O neno aparenta estar anoxado, pero ao mesmo tempo está dicindo dentro de si: “Graciñas, Señor! Graciñas, Señor! Graciñas, Señor!” Agora, de repente, en lugar de ser ridiculizado, o neno é obxecto de simpatía. A profesora lévao rapidamente abaixo e faille poñer un chándal de ximnasia mentres se secan os seus pantalóns.
  7. 7. Todos os outros nenos están axeonllados limpando arredor do seu pupitre. A simpatía é marabillosa. Pero como así é a vida, o ridículo que lle tocaría enfrontar foi pasado sobre alguén máis - Susana. Ela trata de axudar, pero dinlle que se quite. Xa fixeches suficiente, “torpe”!
  8. 8. Ao final da xornada, mentres están esperando o autobús, o neno diríxese a Susana e, nun murmurio dille: “Fixéchelo a propósito, verdade?” Susana respóndelle, tamén cun murmurio: “Eu tamén me ouriñei nos pantalóns unha vez”
  9. 9. Que Deus nos axude a ver as oportunidades de facer ben, que sempre están arredor de nós...
  10. 10. Todos e cada un de nós está pasando por momentos difíciles agora mesmo. Pero Deus está alistándose para bendicirte dunha maneira que só El pode
  11. 11. Conserva a FE. As miñas instrucións foron escoller persoas que quería que Deus bendicise e escollinte a ti. Por favor pasa esta presentación a persoas que queiras que sexan bendicidas e unha copia de regreso para min.
  12. 12. Esta oración é poderosa. A oración é un dos mellores regalos que podemos recibir. Non ten ningún custo pero si moitas recompensas. Sigamos orando os uns polos outros.
  13. 13. A Oración: Pai, pídoche que bendigas os meus amigos, familiares e aqueles por quen me intereso, os que están lendo isto agora mesmo.
  14. 14. Dálles unha nova revelación do Teu amor e poder. Espírito Santo, pídoche que deas azos ao seu espírito neste mesmo momento. Onde hai dor, dálles a Túa paz e misericordia.
  15. 15. Onde hai desconfianza en si mesmos, dálles unha confianza renovada a través da Túa graza. Onde hai carencias, pídoche que satisfagas as súas necesidades. Bendí os seus fogares, familias, traballos, as súas idas e vindas.
  16. 16. Que Deus te bendiga!        

×