Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Palabra de-vida-agosto-2013

485 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Palabra de-vida-agosto-2013

  1. 1. Agosto 2013 PalabraPalabra dede VidaVida
  2. 2. «Se amades os que vos aman, que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles» (Lc 6,32).
  3. 3. A Palabra de vida deste mes está tomada do Evanxeo de Lucas.
  4. 4. Forma parte desa longa serie de ditos de Xesús que, no Evanxeo de Mateo, se corresponde co sermón da montaña.
  5. 5. Nesta serie, como se sabe, Xesús describe as esixencias do Reino de Deus e os trazos que caracterizan os que pertencen a el, os cales se inspiran e se orientan a imitar ao Pai celestial.
  6. 6. Neste versículo Xesús chama os seus discípulos a imitar a Deus Pai no amor. Se queremos ser fillos seus, debemos amar o noso próximo do modo coma El ama.
  7. 7. «Se amades os que vos aman, que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles».
  8. 8. A primeira característica, a que máis distingue o amor de Deus Pai, é a súa absoluta gratuidade. Nisto contraponse radicalmente ao amor do mundo,
  9. 9. o cal se basa na correspondencia e na simpatía (amar os que nos aman ou nos son simpáticos),
  10. 10. mentres que o amor do Pai celestial é totalmente desinteresado: entrégase ás súas criaturas independientemente da resposta que poida chegar.
  11. 11. É un amor cuxa natureza é tomar a iniciativa e comunicar todo o que posúe. En consecuencia, é un amor que constrúe e que transforma.
  12. 12. O Pai celestial ámanos non porque sexamos bos e espiritualmente belos, e por tanto merecedores de atención e benevolencia; ao contrario, ao amarnos crea en nós a bondade e a beleza espiritual da graza, converténdonos en amigos e fillos seus.
  13. 13. «Se amades os que vos aman, que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles».
  14. 14. Outra característica, do amor de Deus Pai é a súa universalidade. Deus ama a todos indistintamente. A súa medida é a ausencia de todo límite e de toda medida.
  15. 15. Por outra parte, este amor seu non podería ser gratuíto e creativo se non estivese totalmente proxectado ondequeira que haxa unha necesidade ou un baleiro que ateigar.
  16. 16. Precisamente por iso o Pai celestial ama tamén a eses fillos que son ingratos o rebeldes ou están afastados; é máis, séntese especialmente atraído cara a eles.
  17. 17. «Se amades os que vos aman, que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles».
  18. 18. Daquela, como vivir a Palabra de vida deste mes?
  19. 19. Comportándonos como verdadeiros fillos do Pai celestial, é dicir, imitando o seu amor, sobre todo nas características que temos subliñado: a gratuidade e a universalidade.
  20. 20. Procuraremos amar tomando a iniciativa, cun amor xeneroso, solidario, aberto a todos, especialmente cara aos baleiros que podemos atopar ao noso arredor.
  21. 21. Trataremos de amar cun amor despreocupado dos resultados.
  22. 22. Esforzarémonos en ser instrumentos da liberalidade de Deus, facendo partícipes aos demais dos dons naturais e da graza que temos recibido del.
  23. 23. Deixándonos guiar por esta Palabra de Xesús, veremos con ollos novos e cun corazón novo a calquera próximo que pase ao noso carón en calquera ocasión que nos ofreza a vida diaria.
  24. 24. E por ondequeira que pasemos (familia, colexio, lugar de traballo, hospital etc.), sentirémonos empuxados a ser dispensadores deste amor que é proprio de Deus e que Xesús trouxo á terra, o único capaz de transformar o mundo.
  25. 25. «Se amades os que vos aman, que facedes de máis? Os pecadores tamén aman a quen os aman a eles aman» (Lc 6, 32) Texto de Chiara Lubich, publicado en Ciudad Nueva, n. 274 (2/1992), p.33. O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela. Texto de Chiara Lubich, publicado en Ciudad Nueva, n. 274 (2/1992), p.33. O comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, acadando a varios millóns de persoas en todo o mundo a través da prensa, radio, TV e vía internet. Pode verse tamén na revista “Ciudad Nueva” con experiencias vividas por cristiáns dende ela.
  26. 26. e en concreto, durante este mes, ¿qué voe a hacer para que o Plan Pastoral vaea adelante?
  27. 27. Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2012-13: Temos comprendido que a nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”. Sexamos Evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús! E así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva. “A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.). Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico: catequese@planalfa.es). Sede felices. Feliz e evanxélico ANO DA FE. “Creo, Señor, pero aumenta a miña fe”.

×