Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Oracion para antes de traballar

500 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Oracion para antes de traballar

  1. 1. Oración para antes do traballo
  2. 2. Pai Celestial, ao entrar no meu lugar de traballo, desexo invocar a túa Presenza.
  3. 3. Para darche grazas por este novo día. Pídoche a túa paz, a túa graza, a túa misericordia e a túa orde perfecta para este lugar de traballo.
  4. 4. Pídoche que bendigas todo o que fale, pense, decida e faga dentro destas paredes.
  5. 5. Bendí os meus proxectos, ideas e todo o que realice, para que incluso os meus máis pequenos logros sexan testemuño da túa gloria.
  6. 6. Bendí, Señor, a meus profesores, compañeiros, e a todas as persoas que neste día se relacionen comigo. Renova as miñas forzas para facer o meu traballo da mellor maneira posible.
  7. 7. Pídoche, neste día, Señor, un corazón xeneroso para atender con amabilidade a todas as persoas, e non ser indiferente ás súas necesidades.
  8. 8. Ollos para descubrir o mellor nos que me rodean.
  9. 9. Unha boca que sorría con frecuencia, que diga frases optimistas e que enmudeza para os rumores e palabras ofensivas
  10. 10. Dúas mans que traballen honradamente e con entusiasmo, para satisfacer as necesidades da miña familia e miñas.
  11. 11. Mente aberta a todas as ideas, para pensar ben dos demais e comprender sen prexuízos os que pensen distinto a min.
  12. 12. Especialmente, Señor, dáme unha fe profunda para crer na túa palabra e unha vontade decidida para actuar correctamente e facer o ben.
  13. 13. Señor, cando estea confundido/a guíame; cando me sinta débil, fortaléceme; cando estea canso/a éncheme coa luz do Espírito Santo.
  14. 14. <ul><li>Pídoche que neste día o traballo que faga e a maneira como o faga, estea </li></ul><ul><li>de acordo coa túa palabra e os teus mandamentos. </li></ul>
  15. 15. e pídoche, Señor, que, cando remate o meu traballo de hoxe, me conduzas con seguridade ata o meu destino.
  16. 16. Bendí a miña familia e cúbrea co teu precioso sangue, coida o meu fogar para que todas as miñas cousas estean como as deixei cando saín da casa.
  17. 17. Señor, agradézoche todo o que fixeches na miña vida, o que fas e o que farás.
  18. 18. No nome de Xesús, douche as grazas polos dons con que me bendicirás o día de hoxe. Axúdame a usalos con responsabilidade na túa honra. Amén.
  19. 19. Comparte esta preciosa oración cos teus compañeiros de traballo e sé ti mesmo unha bendición, enviándoa a aqueles que poidan estar máis necesitados dunha oración.
  20. 20. Recorda: Ora con fe, traballa con entusiasmo e vive con alegría.
  21. 21. Que Deus te bendiga, neste día, con abundancia de … Esperanza, Fe e Caridade!

×