Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Oración de fin de ano

449 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Oración de fin de ano

  1. 1. Oprima tecla para pasar á seguinte Ilustrado con fotos de Baixa California Sur por Francisco Arámburo Salas. Música: A s Golondrinas co Mariachi Vargas Adeus e Benvida Agradecemento e Pregaria Oración de Fin de Ano e comezo do Novo
  2. 2. Ao rematar un ano e comezar un novo detémonos, botando unha ollada retrospectiva, avaliamos o pasado e visualizamos o porvir. É daquela cando elevamos a vista ao infinito, pois el inspíranos e estimúlanos o espírito para dar grazas ao Creador. Para tal fin, elevo esta pregaria...
  3. 3. Deus e Señor noso, dono do tempo e da eternidade, teus son o hoxe e o mañá, o pasado e o futuro... Bendícenos!
  4. 4. Ao reamtar este ano quero darche GRAZAS por todo aquilo que recibín de Ti .
  5. 5. Grazas pola vida e o amor, polas flores, o aire e o sol, polas nubes e a aurora, polo onte e o agora, pola alegría e a dor, por canto foi posible... e polo que non puido ser.
  6. 6. Grazas tamén, Señor, por eses pequenos gustos inesperados, por eses repentinos deleites, por ese pracenteiro encontro despois de tantos anos; polas sorpresas agradables que me deches nos meus momentos de tristeza. Mil grazas, bo Señor! E grazas, en fin, por terme dado esa paz interior que me serviu para sortear momentos difíciles e angustiosos.
  7. 7. Ofrézoche canto fixen neste ano, o traballo que puiden realizar e as cousas que pasaron polas miñas mans, e o que con elas puiden construír. Como agradecer os teus favores?
  8. 8. Encoméndoche as persoas que ao longo deste ano amei, as amizades novas e os antigos amigos, os máis achegados a min e os máis afastados, os que me deron a súa man e aqueles aos que puiden axudar, cos que compartín a vida, o traballo, a dor e a ledicia.
  9. 9. Pero tamén, Señor, hoxe quero pedirche perdón; perdón polo tempo perdido, polo diñeiro dilapidado, pola palabra inútil e ofensiva e polo amor malgastado.
  10. 10. Perdón polas obras baleiras e polo traballo mal feito; e perdón polo desánimo con que vivín algunhas veces... ...sen decatarme que Ti estabas sempre ao meu lado.
  11. 11. Tamén perdón, meu Deus, pola oración que pouco a pouco fun aprazando e que ata agora veño presentarche. Perdón por todos os meus esquecementos, descoidos, erros e silencios. Por ter dito “NON” cando puiden ter dito “SI”
  12. 12. Nas próximas horas iniciaremos un novo ano e deteño a miña vida ante o novo calendario, apenas por comezar, e ofrézoche estes días que só Ti sabes se chegarei a rematar. Adeus ao Onte!
  13. 13. Hoxe pídoche para min e os meus — e tamén para os que non coñezo — a paz e a alegría, a claridade e a sabedoría, a forza e a prudencia a dita e a harmonía.
  14. 14. Quero vivir cada día como se fose o último, para que cando chegues a miña porta estea aberta para dar testemuño das túas infinitas bondades.
  15. 15. Q ue cando me fales, os meus oídos estean atentos, e cando me mires o meu corazón estea cheo de luz non só para recibir, senón para compartir; non só para compadecer senón para remediar, e non só para oír senón para comprender e consolar.
  16. 16. Pecha os meus oídos a toda falsidade, e sela os meus beizos a palabras mentirosas, egoístas, mordaces ou ferintes. Pídocho, Señor!
  17. 17. Que o meu espírito se encha só de bondade e boa vontade, e que as derrame ao meu paso. Abre en cambio o meu ser a todo o que é bo, e toca a miña alma coa túa divina presenza. Quixer ser lembrado como alguén que nunca tivo a intención de magoar nin facer mal a ninguén.
  18. 18. Ateigame de fe, de optimismo, de dita e de alegría, para que cantos convivan comigo ou se acheguen a min atopen na miña vida un pouquiño de Ti.
  19. 19. Dános un ano feliz e ensínanos a aceptar o panorama que nos ofreces, asimilar as palabras que nos dis e a valorar o amor que sempre nos dás. E que así sexa.
  20. 20. Ledo Aninovo 2009, e que veña cheo de saúde, paz, amor, dita e ledicia! Eses son os meus desexos Xa está tocando á porta o mes de xaneiro...
  21. 21. ...pois hoxe comeza de novo a vida Especialmente para ti, con todo o meu agarimo Ata pronto! [email_address] © Copyright. Queda prohibido todo cambio o alteración al contenido de esta obra.

×