Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O tren da vida 2

377 views

Published on

En galego

Published in: Spiritual
  • Best dissertation help you can get, thank god a friend suggested me ⇒⇒⇒WRITE-MY-PAPER.net ⇐⇐⇐ otherwise I could have never completed my dissertation on time.
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

O tren da vida 2

  1. 1. O tren da vida 2
  2. 2. Nunha viaxe de tren, ao longo do traxecto, poden suceder unha gran diversidade de situacións.
  3. 3. A nosa existencia terreal pode ser comparada a unha desas viaxes, máis ou menos longas.
  4. 4. Primeiro, porque está chea de embarques e desembarques, algúns accidentes, sorpresas agradables nalgúns embarques, e grandes tristezas nalgunhas partidas.
  5. 5. Cando nacemos, entramos no tren e encontrámonos con persoas que desexamos que sigan sempre connosco: os nosos pais.
  6. 6. Infelizmente, iso non vai suceder: nalgunha estación eles descenderán e deixarannos orfos dos seus cariños, amizade e compaña insubstituibles.
  7. 7. Mais durante a viaxe, outras persoas especiais embarcarán e seguirán viaxe connosco: os nosos irmáns, amigos, amores e fillos.
  8. 8. A viaxe non é igual para todos. Algúns fan un paseo, outros só ven tristezas, e outros aínda circulan polo tren, prontos para axudar a quen precise.
  9. 9. Moitos descenden e deixan nostalxias eternas... Outros pasan dunha forma que, cando desocupan o seu asento, ninguén se decata.
  10. 10. Curioso é constatar que algúns pasaxeiros que nos son queridos, se acomodan en vagóns distantes do noso, o cal non impide, está claro, que durante o percurso nos aproximemos a eles e os abracemos, aínda que xamais poidamos seguir xuntos, porque haberá alguén ao seu lado ocupando aquel lugar.
  11. 11. Mais iso non importa, pois a viaxe está chea de atropelos, soños, fantasías, esperas, despedidas. O importante, é que fagamos a noso viaxe da mellor maneira posible, buscando relacionarnos ben cos demais pasaxeiros, vendo en cada un deles o mellor que teñen.
  12. 12. Debemos acordarnos sempre que, nalgún momento do traxecto, eles poderán fraquear e precisamos entendelos, pois nós tamén fraquearemos moitas veces e queremos que haxa alguén que nos entenda.
  13. 13. A gran diferenza, ao final, é que no tren da vida, nunca sabemos en que estación teremos que descender, e moito menos en que estación descenderán os nosos amores, nin aínda aquel que está sentado ao noso lado.
  14. 14. É posible que, cando teñamos que desembarcar, a morriña nos veña facer compaña. Porque non é fácil separarnos dos amigos, nin deixar que os fillos sigan viaxe sós.
  15. 15. Mentres tanto, nalgún lugar, hai unha estación principal para onde todos seguimos. Alá nos reencontramos todos. E cando chegue esa hora, teremos grandes emocións en poder abrazar os nosos amores e matar a morriña que nos fixo compaña por longo tempo...
  16. 16. Que a nosa breve viaxe sexa unha grande oportunidade de aprender e ensinar, entender e atender a aqueles que viaxan ao noso lado, porque non foi o azar que os colocou alí..
  17. 17. Que aprendamos a amar e a servir, comprender e perdoar, pois non sabemos canto tempo aínda nos resta ata a estación onde teremos que deixar o tren.
  18. 18. Se a súa viaxe non transcorre exactamente como esperaba, déalle unha nova dirección.
  19. 19. Observe a paisaxe marabilosa con que Deus adornou todo o traxecto... Busque unha maneira de dar utilidade ás súas horas.
  20. 20. Preocúpese con aqueles que siguen viaxe ao seu lado.
  21. 21. Deixe de lado as queixas e faga que o seu traxecto quede marcado con rastros de luz.
  22. 22. Pense niso... e boa viaxe!
  23. 23. Música - Armazing Grace

×