Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Related Books

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all

O comerciante e a bolsa

  1. 1. "Nunca perdas a oportunidade de contemplar algo que sexa belo, porque a beleza é a escritura de Deus. "
  2. 2. O comerciante e a bolsa
  3. 3. Unha historia que nos ensina a practicar a honradez
  4. 4. Certo día un comerciante ambulante ía camiñando cara a unha vila. Polo camiño atopou unha bolsa con 800 euros.
  5. 5. O comerciante decidiu buscar a persoa que perdera o diñeiro para entregarllo pois pensou que o diñeiro pertencía a alguén que levaba a súa mesma ruta.
  6. 6. Cando chegou á vila, foi visitar un amigo.
  7. 7. - Sabes quen perdeu unha gran cantidade de diñeiro? - preguntoulle a este.
  8. 8. - Si, si. Perdeuna Xoán, o noso veciño, que vive na casa de enfronte. O comerciante foi á casa indicada e devolveu a bolsa.
  9. 9. Xoán era unha persoa avara e apenas terminou de contar o diñeiro gritou:
  10. 10. - Faltan 100 euros! Esa era a cantidade de diñeiro que eu che ía dar como recompensa.
  11. 11. Como o colliches sen o meu permiso? Vaite dunha vez. Xa non tes nada que facer aquí.
  12. 12. O honrado comerciante sintiuse indignado pola falta de agradecemento. Non quixo pasar por ladrón e foi ver o xuíz.
  13. 13. O avaro foi chamado ao xulgado. Insistiu ante o xuíz que a bolsa contiña 900 euros. O comerciante aseguraba que eran 800.
  14. 14. O xuíz, que tiña fama de sabio e honrado, non tardou en decidir o caso. Preguntoulle ao avaro:
  15. 15. - Ti dis que a bolsa contiña 900 euros, verdade?
  16. 16. - Si, señor, respondeu Xoán.
  17. 17. -Ti dis que a bolsa contiñía 800 euros, - preguntoulle o xuíz ao comerciante. - Si, señor.
  18. 18. -- Pois ben - dixo o xuíz - considero que ambos sodes persoas honradas e incapaces de mentir.
  19. 19. - A ti porque devolveste a bolsa co diñeiro, podendo quedar con ela.
  20. 20. - A Xoán porque o coñezo desde hai tempo. Esta bolsa de diñeiro non é a de Xoán; aquela contiña 900 euros.
  21. 21. -Esta só ten 800. Así pois, queda ti con ela ata que apareza o seu dono.
  22. 22. - E ti, Xoán, espera que alguén che devolva a túa. Autor: descoñecido

×