Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O canciño coxo

896 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

O canciño coxo

  1. 2. O dono dunha tenda estaba colocando un cartel na porta que dicía: "Cachorros de can en venta” Esa clase de anuncios sempre atraen os nenos,... e axiña apareceu na tenda un neno preguntando......
  2. 3. ” C al é o prezo dos canciños?” o doño contestoulle: "Entre 30 e 50 Euros". O neno meteu a man no seu peto e sacou unhas moedas: "Só teño 2.50... podo velos?".
  3. 4. O home sorriu e asubiou. Da trastenda saíu a súa cadela seguida por cinco canciños. Un dos canciños non podía seguir os demais. O neno inmediatamente sinalou o canciño retrasado que coxeaba. Que lle pasa a ese canciño? preguntou.
  4. 5. O home explicoulle que o canciño nacera cunha cadeira defectuosa e que sempre coxearía. O neno emocionouse e exclamou: Ese é o canciño que eu quero mercar. E o home replicoulle: "Non, se ti realmente o queres, eu regálocho". O neno disgustouse, e mirando aos ollos do home díxolle: Non, eu non quero que vostede mo regale. El vale tanto como os outros canciños e eu pagareille o prezo completo.
  5. 6. De feito, voulle dar os meus 2.50 euros agora e 50 céntimos cada mes ata que llo pague por completo" . O home contestoulle: Non deberías mercalo, xa que nunca será capaz de correr, saltar e xogar como os outros canciños. O neno agachouse e levantou o seu pantalón para amosar a súa perna esquerda, inutilizada, soportada por un gran aparato de metal.
  6. 7. Na vida non importa quen es, senón que alguén te aprecie polo que es, e te acepte e te ame incondicionalmente . Mirou de novo ao home e díxolle: "Ben, eu tampouco podo correr e o canciño necesita a alguén que o entenda". Os ollos do home enchéronse de bágoas... Sorriu e díxolle: “Fillo, só espero que cada un destes canciños teña un dono coma ti".
  7. 8. Eu, acabo de facelo Un verdadeiro amigo é aquel que chega cando o resto do mundo se marchou. Manda esta mensaxe a toda a xente que consideres especial.

×