Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Non te rendas beleza dos cabalos

646 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Non te rendas beleza dos cabalos

  1. 1. Non te rendas... Mario Benedetti
  2. 2. Non te rendas, aínda estás a tempo de alcanzar e comezar de novo,
  3. 3. aceptar as túas sombras, enterrar os teus medos, liberar o lastre, retomar o voo.
  4. 4. Non te rendas que a vida é iso:
  5. 5. continuar a viaxe, perseguir os teus soños, destrabar o tempo, varrer os entullos e destapar o ceo.
  6. 6. Non te rendas, por favor non cedas,
  7. 7. Aínda que o frío queime, aínda que o medo morda, aínda que o sol se esconda,
  8. 8. e se cale o vento, aínda hai lume na túa alma aínda hai vida nos teus soños.
  9. 9. Porque a vida é túa e teu tamén o desexo porque o quixeches e porque te quero.
  10. 10. Porque existe o viño e o amor, é certo.
  11. 11. Porque non hai feridas que non cure o tempo.
  12. 12. Abrir as portas, quitar os ferrollos, abandonar as murallas que te protexeron. vivir a vida e aceptar o reto,
  13. 13. recuperar a risa, ensaiar o canto, baixar a garda e estender as mans,
  14. 14. despregar as ás e intentar de novo, celebrar a vida e retomar os ceos.
  15. 15. Non te rendas, por favor non cedas,
  16. 16. Aínda que o frío queime, aínda que o medo morda, aínda que o sol se poña e se cale o vento,
  17. 17. Aínda hai lume na túa alma, aínda hai vida nos teus soños
  18. 18. Porque cada día é un comezo novo. Porque esta é a hora e o mellor momento.
  19. 19. Porque non estás só/soa.
  20. 20. Porque eu te quero.
  21. 21. Autor: Mario Benedetti, ensaísta, poeta e escritor (Uruguai, 1920)
  22. 22. PARA TODOS OS MEUS AMIGOS

×