Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Nadal un canto á vida

415 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Nadal un canto á vida

  1. 1. NADAL: UN CANTO Á VIDA
  2. 2. O Neno Deus naceu en Belén. Como todos os nenos pobres, só trae baixo o brazo o pan do amor. E desde o seu berce-presebe … invita os crentes a repartir no seu nome o pan da vida, feito de amor e trigo, de esperanza e millo, de solidariedade e arroz.
  3. 3. Este é o pan que seguen sementando moitas persoas, crentes ou non, tocadas pola febre da solidariedade. E stes, son só uns cantos exemplos, dos que fan posible que “a estrella da vida” volva brillar.
  4. 4. Os misioneiros son os anxos da garda dos pobres. España, ten repartidos polo mundo máis de 17.515 misioneiros. “ Gloria a Deus nas alturas e na terra paz” (Lc 2, 14)
  5. 5. Hai máis de 30.000 “sen teito” en España. Cun novo perfil: mozos, inmigrantes e mulleres que, a miúdo, sofren todo tipo de violencia e agresións. “ Non había sitio para eles na pousada” (Lc 2,7)
  6. 6. “ Vimos a súa estrela e viñemos adoralo ”. (Mt 2,2) Chegan a España desde Oriente e Occidente. E non son reis nin sabios como os Magos. Son persoas que buscan unha vida digna.
  7. 7. Hai nenos e mozos que non teñen case nada e a case ninguén. “ Herodes vai buscar o Neno para matalo” (Mt 2,13)
  8. 8. María, Xosé e o Neno tiveron que saír do seu país e refuxiarse en Exipto para escapar das poutas de Herodes. Unha familia de refuxiados. Érguete, colle o Neno e a súa nai e foxe a Exipto. (Mt 2, 13).
  9. 9. Nenos perdidos, abandonados, tirados. Máis de oito millóns de nenos de todo o mundo viven internados en residencias infantís, sen fogar. O Neno perdido e atopado no templo. ( Lc 2, 41-50)
  10. 10. Querido irmán: Que tamén ti te sumes ao gremio dos panadeiros da vida; ao gremio de aqueles que converten a morte en vida por medio do milagre diario do amor compartido.

×