Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

á Miña idade...

569 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

á Miña idade...

  1. 1. Contei os meus anos e descubrín que teño menos tempo para vivir de aquí en adiante que o que vivín ata agora.
  2. 2. Síntome como aquela moza que gañou unha caixa de bombóns; os primeros comeunos con displicencia pero, cando percibiu que lle quedaban poucos, comezou a consumilos amodiño e a gozalos máis.
  3. 3. Xa non teño tempo para lidar con mediocridades. Non quero estar en reunións onde desfilan “egos” inflados. Desprezo os oportunistas e as persoas mentirosas. Non tolero os envexosos que tratan de desacreditar os máis capaces para apropiarse dos seus lugares, talentos e logros.
  4. 4. Xa non teño tempo para proxectos megalomaníacos. Non participarei en conferencias que establecen regras enganosas para erradicar a miseria no mundo.
  5. 5. Non quero que me inviten a eventos onde se pretende solucionar os problemas do milenio.
  6. 6. Xa non teño tempo para reunións interminables onde se discuten: estatutos,normas, procedementos e políticas, sabendo que non se vai lograr nada.
  7. 7. Xa non teño tempo para soportar melindres de persoas que, a pesar da súa idade cronolóxica, son uns inmaduros.
  8. 8. Non quero ver as agullas do reloxo avanzando en reunións de "confrontación", onde só “ poñemos sobre a mesa” as opinións dos poderosos .
  9. 9. Moléstame ser testemuña dos defectos que xera a loita polo “ maxestoso” cargo de Director.
  10. 10. Recordo agora a Mario de Andrade, que afirmou: “ As persoas non discuten os contidos, só os seus títulos".
  11. 11. O meu tempo é escaso como para discutir títulos; quero a esencia. A miña alma ten présa!!!.
  12. 12. Sen moitos bombóns na caixa, quero vivir ao lado de xente humana, moi humana;
  13. 13. que saiba rirse dos seus erros, que non se envaideza cos seus triunfos, que non se considere electa antes de tempo, que non fuxa das súas responsabilidades,
  14. 14. que defenda a dignidade dos marxinados e que desexe tan só andar ao lado de Deus .
  15. 15. Camiñar xunto a cousas e persoas de verdade .
  16. 16. Gozar dun afecto absolutamente sen fraudes, nunca será unha perda de tempo.
  17. 17. O esencial é o que fai que a vida pague a pena.
  18. 18. Quero rodearme de xente que saiba tocar o corazón das persoas.
  19. 19. Xente a quen os golpes duros da vida lles ensinaron a medrar con toques lenes na alma.
  20. 20. Si…. teño présa por vivir coa intensidade que só a madureza pode dar.
  21. 21. Pretendo non desbaldir parte ningunha dos bombóns que me quedan...
  22. 22. … . porque estou seguro que serán máis exquisitos que os que ata agora comín.
  23. 23. A miña meta é chegar ao final satisfeito e en paz con Deus.
  24. 24. E a túa meta,… cal é a túa meta, para este tempo máxico que nos queda? Porque á luz do curto período de vida que se nos concede, debemos buscar tempo para vivir, facer o ben e ser felices . Pénsao
  25. 25. Aproveitemos o noso "tempo Máxico" ... … ..porque o tren da vida segue avanzando….

×