Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Fe

522 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Fe

  1. 1. Fe
  2. 2. O modelo da fe é a Virxe María:ela cre decontado edeixa obrar a Deus, segundo a súa palabra; Sabela diralle: "Ditosa a que creu na palabra do seu Señor" (Lc 1,v.45).
  3. 3. Se a Encarnación foi o comezo,o feito central e a raíz da fe evanxélica é a Resurrección de Cristo.
  4. 4. O don da fe permanece no que non pecou contra ela (cf. Concilio Trento: DS 1545) Pero, "a fe sen obras está morta“ (St. 2,26): privada da esperanza e da caridade,a fe non une plenamenteao fiel a Cristo nin fai del un membro vivo do seu Corpo.
  5. 5. O discípulo de Cristo non debe só gardar a fe e vivir dela, senón tamén profesala, testimoniala con firmeza e difundila: "Todos vivan preparados para confesar a Cristo diante dos homes, e aseguilo polo camiño da cruz no medio das persecucións que nunca faltan á Igrexa" (LG 42; cf. DH 14).
  6. 6. O servizo e o testemuñoda fe son requeridos para a salvación: "Todo aquel que se declare por min ante os homes, eu tamén me declararei por el ante meu Pai que está nos Ceos, pero a quien me negueante os homes, negareino eu tamén ante meu Pai que está nos Ceos” (Mt 10,32-33)
  7. 7. O home por propia culpa pode perder a fe, don de Deus condicionado a unha actitude humana de aceptación, de resposta, de modo que a falta de correspondenciacontinuada pode levar á perda da fe.
  8. 8. Pola fe cremos en Deus e cremos todo oque El nos revelou e que a SantaIgrexa nos propón como obxecto de fe.
  9. 9. Xesús díxolle a Pedro, cando o recoñeceu como o Mesías: “Ditoso es, Simón, porque iso non cho ensinou a carne nin o sangue,senón meu Pai que está nos Ceos” (Mt. 16, 17).
  10. 10. “A fe é un acto do entendemento, o cal se adhire á Verdade Divina,mediante unha ordeda vontade movida pola graza de Deus”. San Tomé de Aquino.
  11. 11. Santo Agotiñoindícanos como debeser a relación entre a Fe e a razón; para que e como utilizar a nosa intelixencia: “Creo para comprender ecomprendo para crer mellor”.
  12. 12. É un don,unha luz divina pola cal somos capaces de recoñecer a Deus,ver a súa man en canto nos sucede e ver as cousas como El as ve. Polo tanto, a fe non é un coñecemento teórico, abstracto, de doutrinas que debo aprender.A fe é a luz para poder entender as cousas de Deus.
  13. 13. A fe é un encontro con Deus, co seu designio de salvación. Coa fe o homeresponde libremente a ese encontro conDeus entregándose a El, coa intelixencia e a vontade.
  14. 14. A fe é sinxela, non está feita deelucubracións e discursos, senón de verdadeira adhesión a Deus, como María, como Abraham.
  15. 15. A fe é vital, é dicir, debe cambiar a miña vida,demostrarse na miña vida.Por iso, hai que vivir de fe.
  16. 16. A fe é experiencial, é dicir,é un coñecemento de Deus na intimidade. Os que teñenfe gozan de Deus.
  17. 17. Non é un sentimento, senón un coñecementodo espírito que Deus nos concede para intimar con El.
  18. 18. Este coñecemento experimental de Deus ten os seus momentos privilexiados para manifestarse ás almas: no sacrificio, na dor, nos momentos de proba, cando se require humildadee un maior desprendemento de si mesmos.
  19. 19. A fe é obxectiva, é dicir,non se queda a nivel subxectivo, intimista,senón que cremos nun Deus que se revelou a través da Palabra que temos recibido da Igrexa;
  20. 20. Palabra que é preciso coñecer, aprender e facela vida.Os dogmas da Igrexa sonluces no camiño da nosa fe; ilumínano e fano seguro.
  21. 21. A fe termina en compromiso. Compromete avida con Deus na fidelidade á súa Lei e na doazón total a El.
  22. 22. Compromiso dedefendela coa miña palabra e testemuño, alimentala coacontinua asistenciaá Eucaristía, lectura e meditación daBiblia e difundila a meu redor no apostolado.
  23. 23. “A Sabedoría provén de Deus, o mesmo san Tomé de Aquino (de quen a historia da filosofía se mide nun antes e despois del) afirmaba cando llepreguntaban admiradosos seus contemporáneos como san Alberte Magno, san Boaventura, san Raimundo de Peñafort, etc,
  24. 24. que de onde lle viña tanta sabedoría,el sempre afirmou contundentemente: da oración …”.
  25. 25. "De sangue, son albanesa. De cidadanía, India. No referente á fe, son unha monxa Católica. En canto á miñavocación, pertenzo ao mundo. En canto ao meu corazón, pertenzo completamente ao Corazón de Xesús."Beata Madre Tareixa de Calcuta.
  26. 26. O froito do silencio é a oración.O froito da oración é a fe. O froito da fe é o amor.O froito do amor é o servizo. O froito do servizo é a paz. Bata Madre Tareixa de Calcuta.
  27. 27. Se desexas recibir mails relacionados coaIgrexa: que conteñen diapositivas, vida. de Santos, Evanxeo do Domingo, etc Escribe a: unidosenelamorajesus@gmail.com . co título subscricións .Servizo Gratuíto .Que Deus te ateigue de bendiciónse que permanezamos unidos no amor a .Xesús

×