Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Domingo 3 to b-bene-pagola 2012-01-22

469 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Domingo 3 to b-bene-pagola 2012-01-22

  1. 1. 22 de xaneiro de 2012 3º Tempo ordinario Marcos 1, 14-20 Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Difunde a Boa Noticia de Deus. Pásao. José Antonio Pagola Música: CarrosdeFuego; present: B.Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain OUTRO MUNDO É POSIBLE
  2. 2. Non sabemos con certeza como reaccionaron os discípulos do Bautista cando Herodes Antipas o encarcerou na fortaleza de Maqueronte.
  3. 3. Coñecemos a reacción de Xesús. Non se ocultou no deserto. Tampouco se refuxiou entre os seus familiares de Nazaré. Comezou a percorrer as aldeas de Galilea predicando unha mensaxe orixinal e sorprendente.
  4. 4. O evanxelista Marcos resúmeo diciendo que «marchou a Galilea proclamando a Boa Nova de Deus» .
  5. 5. Xesús non repite a predicación do Bautista, nin fala do seu bautismo no Xordán. Anuncia a Deus como algo novo e bo. Esta á súa mensaxe..
  6. 6. «Cumpriuse o prazo» . O tempo de espera que se vive en Israel rematou. Rematou tamén o tempo do Bautista. Con Xesús comeza unha era nova. Deus non quere deixarnos sós ante os nosos problemas, sufrimentos e desafíos. Quere construír xunto connosco un mundo máis humano.
  7. 7. «Está cerca o Reino de Deus» . Cunha audacia descoñecida, Xesús sorprende a todos anunciando algo que ningún profeta se atrevera a declarar: “ Xa está aquí Deus, coa súa forza creadora de xustiza, tratando de reinar entre nós".
  8. 8. Xesús experimenta a Deus como unha Presenza boa e amigable que está buscando abrirse camiño entre nós para humanizar a nosa vida.
  9. 9. Por iso, toda a vida de Xesús é unha chamada á esperanza. Hai alternativa. Non é verdade que a historia teña que decorrer polos caminos de inxustiza que lle trazan os poderosos da terra. É posible un mundo máis xusto e fraterno. Podemos modificar a traxectoria da historia.
  10. 10. «Convertédevos» . Xa non é posible vivir como se nada estivese sucedendo. Deus pide aos seus fillos e fillas colaboración. Por iso grita Xesús: "Cambiade de maneira de pensar e de actuar". Somos as persoas as que primeiro temos que cambiar. Deus non impón nada pola forza, pero está sempre atraendo as nosas conciencias cara a unha vida máis humana.
  11. 11. «Crede nesta Boa Nova» . Tomádea en serio. Espertade da indiferenza. Mobilizade as vosas enerxías .
  12. 12. Crede que é posible humanizar o mundo. Crede na forza liberadora do Evanxeo. Crede que é posible a transformación . Introducide no mundo a confianza .
  13. 13. Que fixemos desta mensaxe apaixonante de Xesús? Como a puidemos esquecer? Con que a temos substituído? En que nos estamos entretendo se o primeiro é "buscar o Reino de Deus e a súa xustiza"?
  14. 14. Como podemos vivir tranquilos observando que o proxecto creador de Deus dunha terra chea de paz e de xustiza está sendo aniquilado polos homes?
  15. 15. OuTRO MUNDO É POSIBLE   Non sabemos con certeza como reaccionaron os discípulos do Bautista cando Herodes Antipas o encarcerou na fortaleza de Maqueronte. Coñecemos a reacción de Xesús. Non se ocultou no deserto. Tampouco se refuxiou entre os seus familiares de Nazaré. Comezou a percorrer as aldeas de Galilea predicando unha mensaxe orixinal e sorprendente. O evanxelista Marcos resúmeo diciendo que «marchou a Galilea proclamando a Boa Nova de Deus» . Xesús non repite a predicación do Bautista, nin fala do seu bautismo no Xordán. Anuncia a Deus como algo novo e bo. Esta é a súa mensaxe. «Cumpriuse o prazo» . o tempo de espera que se vive en Israel rematou. Rematou tamén o tempo do Bautista. Con Xesús comeza unha era nova. Deus non quere deixarnos sós ante os nosos problemas, sufrimentos e desafíos. Quere construir xunto connosco un mundo máis humano. «Está cerca o Reino de Deus» . Cunha audacia descoñecida, Xesús sorprende a todos anunciando algo que ningún profeta se atrevera a declarar: “Xa está aquí Deus, coa súa forza creadora de xustiza, tratando de reinar entre nós". Xesús experimenta a Deus como unha Presenza boa e amigable que está buscando abrirse camiño entre nós para humanizar a nosa vida. Por iso, toda a vida de Xesús é unha chamada á esperanza. Hai alternativa. Non é verdade que a historia teña que decorrer polos camiños de inxustiza que lle trazan os poderosos da terra. É posible un mundo máis xusto e fraterno. Podemos modificar a traxectoria da historia. “ Convertédevos”. Xa non é posible vivir como se nada estivese sucedendo. Deus pide aos seus fillos e filljas colaboración. Por iso grita Xesús: "Cambiade de maneira de pensar e de actuar". Somos as personas as que primero temos que cambiar. Deus non impón nada pola forza, pero está sempre atraendo as nosas conciencias cara a unha vida máis humana. «Crede nesta Boa Nova» . Tomádea en serio. Espertade da indiferenza. Mobilizade as vosas enerxías. Crede que é posible humanizar o mundo. Crede na forza liberadora do Evanxeo. Crede que é posible a transformación. Introducide no mundo a confianza. Que fixemos desta mensaxe apaixonante de Xesús? Como a temos podido esquecerr? Con que a temos substituído? En que nos estamos entretendo se o primeiro é "buscar o Reino de Deus e a súa xustiza"? Como podemos vivir tranquilos observando que o proxecto creador de Deus dunha terra chea de paz e de xustiza está sendo aniquilado polos homes? José Antonio Pagola

×