Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Deus ámate xoán paulo ii

442 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Deus ámate xoán paulo ii

  1. 1. Deus ámate! Por S. S. Xoán Paulo II Clic para pasar
  2. 2. Quen queira que sexas ti, calquera que sexa a túa condición existencial, Deus ámate.Ámate totalmente.
  3. 3. A maior proba do amor de Deus maniféstase no feito de que nos ama na nosa condición humana, coas nosas debilidades e as nosas necesidades.
  4. 4. Ningunha outra razón pode explicar o misterio da cruz. Ser cristián non é, primariamente, asumir unha infinidade de compromisos e obrigacións, senón deixarse amar por Deus.
  5. 5. Grazas ao amor e á misericordia de Cristo, non hai pecado, por grande que sexa, que non poida ser perdoado, non hai pecador que sexa rexeitado. Toda persoa que se arrepinta será recibida por Xesucristo con perdón e amor inmenso (se a túa alma o necesita, non esperes máis para asistir ao sacramento da confesión)
  6. 6. O amor de Deus cara a nós, como Pai noso, é un amor forte e fiel, un amor cheo de misericordia, un amor que nos fai capaces de esperar a graza da conversión despois de ter pecado.
  7. 7. O home ten íntima necesidade de encontrarse coa misericordia de Deus hoxe máis que nunca, para sentirse radicalmente comprendido na debilidade da súa natureza ferida; e sobre todo para facer a experiencia espiritual dese amor que acolle, vivifica e resucita á vida nova
  8. 8. Nas vosas dificultades, nos momentos de proba e desalento, cando parece que toda dedicación está como baleira de interese e de valor, tede presente que Deus coñece os vosos afáns!
  9. 9. Deus ámavos un por un, Está achegado a vós, compréndevos! Confiade nel, e nesta certeza encontrade a coraxe e a alegría para cumprir con amor e con gozo o voso deber.
  10. 10. Volvede a encontrar o camiño que leva a Deus. Non a un Deus calquera, senón ao Deus que se manifestou Pai no rostro amabilísimo de Xesús de Nazaré.
  11. 11. Recordade certamente a aperta tenra e afectuosa do Pai cando volve encontrar o «fillo pródigo». Deus ámate! Se vos deixades encontrar por El, o voso corazón atopará a paz.
  12. 12. Para entender, abonda pensar en Xesús sobre a cruz e no ladrón crucificado con El, ao seu lado. Xesús aseguroulle: “ Hoxe estarás comigo no paraíso!”
  13. 13. Non esquezades que o Señor escoita a vosa oración. No silencio do cárcere, incluso cando vos invade a melancolía e vos sentides oprimidos pola amargura da incomprensión e do abandono,
  14. 14. nada pode impedirvos que abrades o corazón á oración e ao diálogo con Deus, que coñece a verdade da vida de cada un e pode repetir a quen lle confía a súa propia pena e implora a súa axuda:
  15. 15. ” Tampouco eu te condeno. Vaite, e en adiante non volvas pecar!”.
  16. 16. Deus ama a todos sen distinción e sen límites. Ama a aqueles de vós que sodes anciáns, a quen sentides o peso dos anos. Ama a cantos estades enfermos, a cantos sufrides de sida ou de enfermidades relacionadas coa sida. Ama os parentes e amigos dos enfermos, e a quen os coidan.
  17. 17. Ámanos a todos cun amor incondicional e eterno. Pode acaso unha muller esquecerse do seu filliño, non compadecerse do fillo das súas entrañas?
  18. 18. “ Aínda que elas se esquezan, eu non te esquecería!”.
  19. 19. O amor de Deus é tenro e misericordioso, paciente e cheo de comprensión. Na Sagrada Escritura, así como na memoria viva da Igrexa, o amor de Deus é certamente descrito, e foi experimentado, como o amor compasivo dunha nai.
  20. 20. Cristo invita os seus oíntes a poñer a súa esperanza no coidado amoroso do Pai: ” Non andedes preocupados polo que comeredes ou beberedes; non vos preocupedes... O voso Pai sabe moi ben que tedes necesidade de todo iso. Buscade, máis ben, o reino de Deus!”
  21. 21. A paz vén cando aprendemos a descansar na providencia amorosa de Deus, sabendo que o desexo deste mundo pasa, e que soamente o seu reino perdura. Poñer o noso corazón nas cousas que duran é estar en paz con nós mesmos. «Deus é amor.»
  22. 22. Polo tanto, cada un pode dirixirse a Deus coa confianza de ser amado por El.
  23. 23. O amor de Deus é un amor gratuíto, que se adianta á espera e á necesidade do home. «Nisto consiste o amor: non en que nós teñamos amado a Deus, senón en que el nos amou.» Amounos primeiro, tomou a iniciativa.
  24. 24. Esta é a gran verdade que ilumina e explica todo o que Deus realizou e realiza na historia da salvación. Desde sempre, Deus pensou en nós e amounos como persoas únicas.
  25. 25. Coñécenos a cada un de nós polo noso nome, como o Bo Pastor do Evanxeo. Pero o proxecto de Deus sobre cada un de nós revélase gradualmente, día tras día, no corazón da vida.
  26. 26. Para descubrir a vontade concreta do Señor sobre a nosa vida, hai que escoitar a Palabra de Deus, rezar, compartir os nosos interrogantes e os nosos descubrimentos cos outros, a fin de discernir os dons recibidos e facelos producir.
  27. 27. O amor de Deus cara ás persoas non coñece límites, non se detén ante ningunha barreira de raza ou de cultura: é universal, é para todos. Só pide dispoñibilidade e acollida; só esixe un terreo humano para fecundar, feito de conciencia honrada e de boa vontade.
  28. 28. Se desexas recibir mensaxes, relacionadas coa Igrexa: que conteñen diapositivas, vidas de Santos, Evanxeo do Domingo, etc. Escribe a: [email_address] co título subscricións. Servizo Gratuíto. Que Deus te encha de bendicións. e que permanezamos unidos no amor a Xesús .
  29. 29.   Invítote a coñecer os meus dous blogs: "Pequeñas Semillitas"   http ://peque- semillitas.blogspot.com /   "Juan Pablo II inolvidable" http :// juanpabloinolvidable.blogspot.com /     Felipe de Urca Este powerpoint (pps) ha sido realizado por Mónica Eljuri para “Unidos en o amor a Xesús” e por su gentileza lo estamos compartiendo hoe en “Pequeñas Semillitas”

×