Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Canto de nadal

548 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Canto de nadal

  1. 1. Achégase o Nadal. Máis aláde todo o “natalicio” detempada, volve o Teucanto.Os pastores de entón, oscrentes de hoxe, nenos eadultos de sempre,recibimos, un ano máis, apromesa.Ese grito que desencadeamilagres. Esa raiola queracha muros de néboa conunha luz infinita.
  2. 2. Ese pranto de neno con voz de Deus. A túapalabra, Señor, ti mesmo, encarnado no nosobarro. Esa panxoliña alegre e definitiva, quesegue cruzando os séculos, para facernosespertar.“Gloria a Deus no ceo, e na terra paz aos queama o Señor”.
  3. 3. A túa gloria, Señor, é que a miña vida te reflicta. Que o meu sorriso fale dun Deus sorridente, e a miña inquedanza dun Deus achegado, preocupado polos seus. A túa gloria é a man que tendo, e a que acepto, a palabra que me regala aprecio e esperanza, a ollada que adiviña posibilidades.Decátome de que dalgunha maneira a miña vida pode ser “Gloria” de Deus?
  4. 4. A túa gloria é que se estremezan as miñas entrañas porque descubro que o outro é meu irmán. Que sande a ferida inxusta. E que o verdugo garde a arma para sempre. A túa gloria, Señor, somos nós, capaces de incendiar o mundo co teu Evanxeo.
  5. 5. Canto paz polos que enmudecen porque senten a súa ausencia e a su tardanza, os que sofren, perdida a paciencia, os que calan, cativa a esperanza. Pido paz, que moitos non a alcanzan se falta das súas mesas o sustento, se esqueceron os seus corpos as apertas, se poboan os seus fogares os silencios. Digo paz, e anunciala xa é canto de neno, Verbo, carne e Deus eterno, que incendia con tenruras o apagado, que da lume e abrigo a tanto inverno. Falo paz, panxoliñas e misterio, que converte unha noite en Noiteboa Santa. Rezo paz, miro o mundo e prometo cantar a paz para quen non a canta.O Evanxeo pode ser para min fonte de paz?Como podo construír a paz no meu mundo, contorno, familia, amigos, etc?
  6. 6. Quero amor. Como todos.Quero unha aperta, un alomiño, un sorriso,unha broma, unha conversa profunda, unpaseo en silencio ou unha parolaintrascendente. Rirme moito con quen meaprecia. Chorar por todo o que me desborda,sabendo que o ombreiro en que me apoio érefuxio seguro.E ti, Señor, ámasme así.Quizais non é tan fácil sentirte. Non é físiconin inmediato. É a túa unha presenzadiferente. Pero quéresme con loucura, sencondicións, na fraqueza e na fortaleza. E acada home e muller, neno, mozo e ancián…Non hai desamados para ti. Non estamossós.Creo iso de que Deus me ama?
  7. 7. Botáronme un bico esta mañá,enviáronmo os labios dun neno,e ti sabes canta sede hai na alma,dunha sinxela mostra de agarimo.Botáronme un bico esta mañá,e mira como inflúen estas cousas,que o meu aburrido día de semana,de súpeto... encheuse de bolboretas. Creo iso de que Deus me ama?
  8. 8. Que o nacemento de Xesússexa unha oportunidade para crer e soñar. Alfredo García

×