Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Can e coello

435 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Can e coello

  1. 1. Un señor mercoulle uncoello a seus fillos. Pola súa banda, os fillos do veciño pedíronlle unha mascota a seu pai. O home mercoulles un cachorro de pastor alemán. O veciño exclamou: Pero o can comerá o meu coello!
  2. 2. De ningunha maneira, o meu pastor é um cachorro. Medrarán xuntos, e seránamigos. Eu entendo moito de animais. Non haberá problemas. E parece que o dono do can tiña razón. O cachorro e o coello creceron xuntos efixéronse amigos. Era normalver o coello no patio do can e ao revés.
  3. 3. - Un venres, o dono do coello foi pasar un fin de semana na praia coa súa familia. O domingo á tardiña o dono docan e a súa familia tomaban unha merenda, cando entrou o can á cociña. Traía o coello entre osdentes, sucio de sangue e terra, eademais morto. Case matan o can da malleira que lle deron.
  4. 4. Dicía o home: - O veciño tiña razón, e agora que faremos? A primeira reacción foi botar oanimal da casa como castigo, por enriba dos golpes que xa llederan. Nunhas horas os veciños ían chegar. Todos se miraban,mentres o can fóra lambía as súas feridas.
  5. 5. Un deles tivo a seguinte idea: - Bañemos o coello, deixámolo ben limpo, despois secámolo co secador epoñémolo na súa casiña no patio. Así o fixeron; ata lle puxeron perfume aoanimaliño. Quedou lindo! Parecía vivo,dicían os nenos, e alá o puxeron, con as patiñas cruzadas como se estivese durmindo. Logo ao chegar os veciños oíronse os gritos dos nenos.
  6. 6. Non pasaron cinco minutos cando odono do coello veu tocar na porta,algo estrañado.- Que pasou?, díxolle o seu veciño.- O coello morreu.- Morreu?- Si, morreu o venres.- Morreu o venres?- Si, foi antes de que viaxaramos. Osnenos enterrárono ao fondo do patio...
  7. 7. Autor Descoñecido O gran personaxe desta historia é ocan. Imaxínate o pobre animal, desdeo venres buscando en van o seu amigoda infancia. Despois de moito olfatear, descubriu o corpo enterrado. Que fai el? Probablemente co corazón partido, desenterra o amigo e vai amosárllelo aos seus donos, imaxinando poder resucitalo.
  8. 8. O home ten a tendencia de xulgar anticipadamente os acontecementos sen verificar o que ocorreu realmente. Cantas veces sacamos conclusiónsequivocadas das situacións e nos cremos donos da verdade? Pensemos ben antes de xulgar as accións dos demais e de emitir xuízos sobre as situacións, pero non dubidemos en someter a un severo xuízo os nosos propios pensamentos e actitudes. “A xente pode dubidar do que ti dis, pero sempre crerá no que ti faz”. Extraído de “O libriño de instrucións de Deus”.
  9. 9. COMO SEMPRE TEMOS QUEAPRENDER DAS SITUACIÓNS QUE DEMOSTRAN QUE O HOME É IMPULSIVO SEN DETENERSE APENSAR NO PORQUÉ DAS COUSAS.
  10. 10. DEUS DERRAME MOITASBENDICIÓNS SOBRE TI E OS TEUS SERES QUERIDOS.AMÉN….. AMÉN… AMÉN…

×