Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Advento ven señor xesús.ppt.

462 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Advento ven señor xesús.ppt.

  1. 1. CARA AO ENCONTRO clic SALMO DA MIÑA SERENIDADE
  2. 2. Iº Cada día, Señor, é un regalo. Un don divino da túa man "humana".
  3. 3. A que deu a luz a tantos ollos cegos, cando a súa noite escura iluminaba. A que deu seiva nova aos tolleitos e agarimou a area da praia.
  4. 4. A que partía o pan. A que unha tarde quedou inmóbil, sanguenta e encravada.
  5. 5. A que volveu a nós da morte, para cambiar a angustia en esperanza, e a Tomé enraizou a súa fe dubidosa, cando "tocou" a palma tradeada... A que sinto nos meus ombreiros cada día: o doce peso da túa man “humana”!
  6. 6. IIº Cada día, Señor, xa é un regalo: un regalo a miña vida e a miña alma.
  7. 7. Na miña terra vai morrendo o sol e no meu espírito nace a alborada sen cadeas, con fe, sen morriña...
  8. 8. O que vivín foi fermoso... Faime sentir que será moito máis o que me agarda. Hai que deixar... Deixar? Quero esquecereme de que existe sequera esa palabra. Deixar a vida? Non! Encontrar a Vida!: cambiar a noite escura pola alba!
  9. 9. IIIº Cada día, Señor, xa é un regalo...
  10. 10. Polo río, cara ao mar, vou na miña barca. Non teño remos, nin temón, nin vela: tan só a corrente é a que manda. Ninguén detén o río, ninguén pode parar o seu ritmo, nin durmir as súas augas. É imposible pretender facelo; como aire entre as mans, que se me escapa!
  11. 11. Afastada xa a fonte, cerca o mar: cada vez máis onte, menos mañá. e tranquilo, sabendo que Ti guías, polo río –cara ao mar- vou na túa barca.
  12. 12. IVº Cada día, Señor, xa é un regalo: unha paz expectante e acougada...
  13. 13. O mar bravo de onte, case durmido; O sangue roxo e novo... case branco. A furia das miñas arelas e ambicións, se algunha vez ruxiu, xa está domada!
  14. 14. Estou en paz... contigo? Non o sei. Comigo, si. Con fe e con esperanza de que o amor inmenso que te teño encontrará o Amor con que me amas.
  15. 15. Que importa nada se, ao final, a morte é a vida de novo recobrada. Se, ao cerrarse, os meus ollos ven a túa luz enchéndome de soles a mirada.
  16. 16. e se o fin é principio, qué alegría saber que aquilo empeza se isto acaba!
  17. 17. Vº Cada día, Señor, Ti me renaces. Cada hora, Señor, Ti ma regalas...
  18. 18. Canto aceite, Señor, queda na aceiteira? Canta area na beira da miña praia? Canto brillo nos meus ollos? Canta luz? Canto sol roxo, canta lúa branca …?
  19. 19. Pregunto e... non me importa a resposta … É por falar contigo. As palabras quedan no aire... Ti óelas. É por falar contigo: alma con alma!
  20. 20. Presíntote máis cerca, máis amigo; estreméceme unha doce confianza. Síntome desterrado do desterro, mais dentro do teu amor, e iso para min basta!
  21. 21. Cada minuto máis, xa é un regalo... Ti es a miña luz, o meu fin e a miña esperanza. E por iso, feliz, cara ao encontro, polo río -cara ao mar- vou na túa barca …
  22. 22. Texto: J. M. Guervós, o. p. Música: Marana Tha (L. Deiss) Montax: P. L. Pascua, o. p.

×