Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A inmaculada 3

498 views

Published on

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

A inmaculada 3

  1. 1. Festa da Inmaculada 8 de decembro 2011
  2. 2. Hoxe a Igrexa invítanos á alegría, para celebrar e cantar cos anxos á Inmaculada Concepción da Virxe María.
  3. 3. Inmaculada significa que estivo limpa de toda mancha desde o primeiro instante da súa concepción. Estar limpa de pecado no plan de Deus, é o mesmo que estar chea de graza.
  4. 4. María entrara no misterio da luz de Deus. Seus pais, Xoaquín e Ana, puxeron a súa parte no corpo; pero Deus infundía a beleza e perfección dunha alma limpa de todo mal, adornada pola Graza.
  5. 5. Que María é Inmaculada non está na Biblia; pero o pobo cristián así o sentía. E o Papa, beato Pío IX, o 8 de decembro de 1854, proclamou, como dogma de fe, que a Virxe María é Inmaculada desde o primeiro instante da súa concepción.
  6. 6. O Papa, para proclamar o dogma, baseouse na Biblia. Desde o principio a humanidade foi contaxiada polo pecado. Pero aparece a promesa dun Redentor e unha Muller que, unida a El, “esmagará a cabeza da serpe”. Esto significa non estar debaixo do pecado nin un só momento.
  7. 7. A ausencia de pecado en María é o primeiro paso para a Reden-ción. O momento do Evanxeo que máis luz dá á Inmaculada é a Anunciación do anxo a María.
  8. 8. Especialmente importante foi o saúdo do anxo: Chea de graza Unha plenitude de graza que ía crecendo segundo a capacidade de oración, de dor, de amor. É como o nome propio da Virxe: un ser unido totalmente a Deus.
  9. 9. “ O Señor está contigo” ten aquí un sentido pleno, porque é consecuencia de que está chea da Graza de Deus. María, dando o seu consentimento a Deus, colaborou para que se fixeses real a Salvación para todos nós.
  10. 10. Moitos teólogos e santos viron a conveniencia de que Deus debía facer á súa Nai limpa de todo pecado. Ela foi redimida de modo adiantado polo Salvador. Nós hoxe cantámoslle cos himnos que a Igrexa nos propón na “Liturxia das horas”
  11. 11. Por seres alba máis alba, amada Virxe María, que a alba que nos aluma, canta a Deus con alegría .
  12. 12. Por seres a nova Eva, amada Virxe María, para a nova humanidade, canta a Deus con alegría.
  13. 13. Por seres nai agarimosa, amada Virxe María, do teu pobo en orfandade, canta a Deus con alegría.
  14. 14. Por seres a escrava humilde, amada Virxe María, con fe fonda e cumpridora, canta a Deus con alegría.
  15. 15. Por seres a gran cantora, amada Virxe María, da victoria dos humildes, canta a Deus con alegría.
  16. 16. Por seres a iniciadora, amada Virxe María, dunha nova humanidade, canta a Deus con alegría.
  17. 17. Por seres da nova estirpe, amada Virxe María, da estirpe do pobo humilde, canta a Deus con alegría.
  18. 18. Por seres a nai do Fillo, amada Virxe María, e o templo do Santo Espírito, canta a Deus con alegría.
  19. 19. Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. E pensábaa tan limpa, tan fermosa e bela, que xa desde a concepción fíxoa de gracia chea.
  20. 20. Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. Con raiolas a tecía. Compraceuse moito nela! A estrela brilla que brilla, mesmo daba xenio vela.
  21. 21. Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. Por divina decisión trocouse a estrela en muller:sen lixo na concepción, inmaculada ao nacer .
  22. 22. Xogaba Iavé un día mentres creaba unha estrela. Deulle por nome María e emparentouse con ela, pois Nai do Fillo sería, e da humanidade enteira.
  23. 23. Eu, cen mil veces caído, suplícovos que me deades a vosa man, e me ergades porque non quede perdido.
  24. 24. E pola vosa concepción, que fue de tan gran pureza, conserva en min a limpieza da alma e do corazón.
  25. 25. Para que, desta maneira suba con vós a gozar do que só pode dar vida e gloria verda-diera. AMEN

×