Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

A história poderia ter sido outra

744 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

A história poderia ter sido outra

  1. 1. É interesante observar que a historia da humanidade podería ter sido diferente se os feitos tivesem acontecido doutra forma. E desta maneira ben poderiamos dicir que:
  2. 2. Hipócrates e Galeno, os pais da Medicina, nunca soñaron coas vacinas, antibióticos, hospitais, transfusións de sangue, e demais avances daMedicina. E máis: Nunca imaxinaron que existisem bacterias ou virus. E setivesem coñecido a Luis Pasteur, quizais o tivesen considerado como unha especie de semideus.Os faraóns de Exipto non coñecían os guindastres, oaceiro nin o cemento armado, non tiñan ferramentaspesadas para construír as pirámides... Pero elas aícontinúan perdurando século tras século.
  3. 3. Imaxinen agora o que tería acontecido, se Tales de Mileto, Sócrates, Platón e Aristóteles, puidesen ter contado cunha gravadora! Imaxinemos tamén a Virxilio coas súas Églogas e as súas Bucólicas. e a Horacio coas súas Sátiras.Ah, e as imortais Traxedias de Sófocles, Esquilo,Eurípides e Aristofanes, todas elas gravadas endisco. Que marabilla!
  4. 4. Xulio César e Alexandre Magno noncoñeceron nin canóns nin pólvora, nintampouco gozaron dunha boa pizza, dunhapelícula ou da televisión. E pensar no quepodería ter acontecido no tempo de Nerón seexistisen equipos de fútbol a competir noColiseo?
  5. 5. A historia tería sido outra se os catro evanxelistas (Mateu, Lucas, Marcos e Xoán) tivesen ordenadores individuais. Imaxinen soamente! Os textos e fotografías do momento poderíam tersido difundidos, en tempo real, por todos os lugares da terra a través de internet.
  6. 6. Lembremos tamén que nin Cervantes, Dante,Shakespeare, Dostoyevsky, Tolstöi e Oscar Wilde tiveron algunha vez unha máquina de escribir. É importante sabermos que os Vikingos viajaron sen compás e que Cristovo Colón non puido levar alimentos enlatados, nin sequera unha simplexeladeira para transportar unhas cervexas fresquiñas para a viaxe...
  7. 7. A pesar de todo o seu poderío e dos seus luxosos palacios,os reis de Francia nunca souberon o que era un cuarto de baño, ou un simple servizo (nin papel). Os xardins deVersalles eran uns labirintos artísticos para que as damas da corte puidesem esconderse e levantar as súas volumosas saias para satisfaceren as súas necesidades.
  8. 8. Palafox, Simón Bolívar, San Martín, Napoleón e Pancho Villa nunca tiveron nas suas mans unha AK-47, nin a imaxinabam sequera. George Washington e Benxamín Franklin nunca puideron coller un táxi ou conducir unha moto para chegaren máis rapidamente ao destino, nin contaron nunca cun comprimido para as dores de cabeza. Beethoven Mozart Beethoven, que viviu os últimos anos da súa vida totalmente xordo, non puido usar auscultadores para oír as súas proprias composiciónsnun equipamento de alta fidelidade. E Mozart, Donizzeti, Verdi e Puccini non puideron oír nunca as súas óperas gravadas nun disco compacto para gozalas tranquilamente nas súas casas.
  9. 9. Imaxinemos agora que diferente tería sido a historia se Herodoto, Plinio o Vello, Marco Polo e Bernal Díaz del Castillo tivesen disposto de cámaras de filmar para rexistaren as súas vividas descricións históricas.Tamen as seis esposas de Henrique VIIIde Inglaterra talvez tivesem salvado a vida,ou tido mellor sorte, se naquela épocaxa existise o divorcio.
  10. 10. Todo, tería sido diferente!Se as costureiras da Idade Média tivesen máquinas de coser;se Carlos Magno tivese uns binóculos para dirixir as batallas;se Hernán Cortés tivese un dicionario bilingüe e Josefa Ortiz de Domínguez tivese un móbil...
  11. 11. Ah, entón... a historia tería sido outra! Imaxinen o que o Mundo non tería avanzado se Pitágorasdispuxese dunha calculadora e Moisés duns lentes escuros para protexerse do sol durante a súaa famosa e longa viaxe do Éxodo polo deserto. Se Carlos Lindbergh tivese un rádar no seu avión e os czares daRusia unha televisión para veren as imaxes das provincias que se revolucionaban.
  12. 12. Ah, mais o máximo tería sido, se fose posible,transmitir por televisión naquelas épocas pasadas “en rede nacional, ao vivo e a cores” estes grandes acontecementos da historia: Eses si, terían sido exitos extraordinarios! O Sermón da Montaña, a conquista de Constantinopla polos turcos, o Concilio de Trento, a coroación de Xosefina por Napoleón, a toma da Bastilla e a estrea da ópera Aída na cidade do Cairo.
  13. 13. MAIS a pesar de todo, sen compás, guindastres, formigón, técnicas modernas de construción e demais invencións, fixéronse grandes obras. Sen ningunha dúbida! O Partenón Chichén Itzá Palacios e castelos A Grande Muralla da China Machu Pichu O Taj Mahal
  14. 14. NON OBSTANTE, en vez de estarmos agradecidos polo que temos, queixámonos de mil e unha insignificancias: que non temos todo o que queremos, que esta vida é “insoportable” e moitas cousas máis. Hai aquí algunhas cousas que hoxe nos son comúns:Bolas! Acabou o rolo de papel; queimouse o pan na torradeira; cortáronmeo teléfono; non encontro os lentes; estes zapatos estanme apertados; a batería docoche foi abaixo; non hai lugar para estacionar; roubáronme a antena; o tráfico estálento; o voo está atrasado; que chuvia inoportuna; non hai maneira de me pasaresta maldita gripe; alá se foi a luz; que raio de barullo; cálenme ese can; o reloxoadiántase; a entrada é moi cara; esgotáronse as pilas do mando; o ordenador nonvai; a televisión avariou; teño unha roda firada; o microondas non funciona; ¡uuf!Estou a morrer de calor; hai xente demais na fila de entradas... e mil cousas máis! Non é así? Mais isto non ten importancia ningunha! E aquí transcribo as palabras sabias de meu pai, que as profería medio a brincar e medio a serio: “Como quer que sexa, estamos mellor que se estivésemos peor.”
  15. 15. Ah, mais ninguém presta atención (ou polo menos non comenta) a tantas cousas agradables que nos rodean, porque lles prestamos pouca ou mesmo nada de atención Por exemplo:Que fermoso día! Que agradable brisa corre hoxe; que ben se ve ohorizonte; que lindas nubes; que ben canta aquel paxariño; que belapaisaxe; que ben recenden estas flores; mmm! Que prato tan saboroso;que harmoniosa música está a tocar; que belo sorriso o desa meniña;que ben che acae esa cor. E finalmente: que bela é a vida! Por que non podemos ser así? Que fermoso solpor!
  16. 16. Hai que meditar que na realidade temos máis vantaxes, facilidades e comodidades hoxe en día que as que tiveron os nosos antepasados, e debemos dar grazas a Deus por iso. Temos que recoñecer esta verdade. Todos deberiamos interrogarnos: “Merezo máis do que teño, ou teño máis do que merezo?”REFLEXIÓN FINAL: A nosa pasaxe por este mundo é moi curta enon deberiamos perder o tempo con queixiñas e a criticar a Vida. Ela fai o que pode... e o que nós permitimos que ela faga. PENSEN BEN NISTO! Fin

×